06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

4 novas da bisbarra

Brión paga en 18 días a provedores

A cifra é a media conseguida no terceiro trimestre do presente ano

Desde o pasado mes de xullo

a intervención dos concellos

están obrigadas por lei a emitir

informes periódicos sobre o

prazo que se tarda en pagar aos

distintos provedores, é unha

fórmula de control que serve

para calcular a eficiencia do

municipio e da propia intervención

que emite o documento.

En Brión os datos enviados

ao ministerio de facenda

deixan un récord en canto a

cumprimento de compromisos

de pago xa que se conseguiu

reducir a 17,16 días a media de

O paro é un dos principais

problemas da sociedade e non

ten unha solución inmediata, a

formación é fundamental tanto

na procura de emprego como á

hora de mellorar as capacidades

se un ten a sorte de estar a traballar.

O concello de Ordes pon en

marcha un novo plan de formación

distribuído en distintas

áreas, lecer e tempo libre, seguridade

e saúde, e sanidade e

agricultura; monitor ou director

tempo que se tarda en abonar

as facturas.

O alcalde José Luís García

mostrábase satisfeito por uns

datos que “demostran que estamos

moi por debaixo dous trinta

días naturais que contempla

a lexislación actual, o que é un

bo síntoma dá boa saúde económica

do Concello de Brión

e tamén unha boa noticia para

todos os nosos provedores, que

reciben un pronto pago dous

seus produtos ou servizos”; ao

longo deste último trimestre,

xullo a setembro, Brión pagou

máis de 308.000 € a provedores.

Este é o primeiro informe

que o concello envía cumprindo

o decreto emitido polo

ministerio de facenda en xullo;

aqueles concellos que non

cumpran os obxectivos fixados

nun máximo de 30 días

no pago a provedores corren o

risco de que o propio goberno

central reste o diñeiro das débedas

que manteñan das achegas

que se fan periodicamente.

Novo plan de formación en Ordes

Destinado á procura de emprego e á mellora de competencias

de tempo libre, prevención de

riscos para obter o carné profesional

da construción, emprego

de desfibrilador, manexo de carretillas

elevadoras, aplicador de

biocidas de uso fitosanitario ou

curso sanitario de benestar animal

son algúns dos programas

que se impartirán. O tamaño

dos cursos varía e vai das 6 horas

até as 200 nos máis longos e

que inclúen formación práctica e

teórica.

Para participar nos cursos hai

Fonte: concello de Brión, Lindeiros

que residir no concello de Ordes

e cumprir os requisitos do curso

ao que se queira acceder, maioría

de idade e títulos académicos

mínimos. A ficha de inscrición

cos datos persoais entregarase

xunto cunha fotocopia do documento

nacional de identidade e

a copia do cartón de demandante

de emprego, para recibir máis

información poderase contactar

no teléfono 981 680 002.

A Xunta non harmonizará os horarios

do corredor de Pontevea - Cacheiras

O concello solicitou unha reunión urxente coa Directora Xeral

Despois de asegurar que os

horarios se harmonizarían para

dar un mellor servizo na AC

841 a Dirección Xeral de Mobilidade

deu un novo paso atrás co

lóxico enfado dos veciños, unidos

na plataforma Teobus, e do

propio concello.

O comezo dos novos horarios

na ruta estaba previsto para o 20

de outubro pero tres días antes a

Xunta suspendía esta entrada en

vigor; a medida anulada supuña

ordenar os horarios do corredor

de Pontevea de forma que desde

as 7:15 e até as 21:30 o intervalo

de tempo entre autobuses

non superase a hora ademais

de que os horarios e frecuen-

cias fosen exactos e públicos; a

decisión era moi criticada polo

alcalde Martiño Noriega que se

mostraba sorprendido “A nosa

perplexidade é máxima xa que

non explícase tanta improvisación,

ineficacia e ineptitude nun

tema que ademais non é novo”,

o rexedor incidía na falta de

capacidade da Xunta para solucionar

o problema do transporte

metropolitano “non é capaz de

dar solucións e melloras para un

transporte metropolitano cuns

mínimos criterios de calidade

pero situacións esperpénticas

como a que vivimos esta semana,

de retractarse do seu propio

anuncio resultan xa insoportables”.

No momento de peche da periódico

a Xunta non confirmou

data para a reunión solicitada

con urxencia desde o concello

aínda que si se puxeron en

contacto para informar de que

se está traballando para buscar

unha data.

Hai uns meses nacía a plataforma

Teobus que recolleu

firmas e movilizouse para conseguir

mellorar as frecuencias e

os servizos do transporte metropolitano,

un servizo que segue

a recoller queixas en todos os

concellos da bisbarra de Compostela.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros.

O concello de Oroso segue a

crecer e faino agora cunha nova

escola infantil que se abrirá antes

de que remate o 2014.

O alcalde Manuel Mirás e o

concelleiro de obra Eduardo

Veiras amósanse moi satisfeitos

tanto polo ritmo das obras como

pola execución das mesmas xa

que “así non haberá unha apertura

tan precipitada como a do

novo colexio, senón que poderemos

abrir a matrícula o vindeiro

mes de abril e empezar a

funcionar no curso 2015-2016”,

explica o alcalde orosán, quen

destaca que “deste xeito, espero

que todos os nenos e nenas de

entre 0 e 3 anos poidan estar escolarizados

en Oroso”. “Temos

a sensación que vai ser unha

gardería moi acolledora para os

nosos cativos, vendo como están

distribuídos os distintos espazos

e como se están a executar as

obras”, engade o concelleiro de

Obras, Eduardo Veiras.

O alcalde de Oroso destacou

especialmente a colaboración

ofrecida tanto pola empresa

adxudicataria das obras como

pola Consellería de Traballo e

Benestar. “Esta colaboración é

esencial para que os traballos

poidan desenvolverse da mellor

maneira posible”, incide Manuel

Mirás, “así aconteceu co centro

de saúde, onde a colaboración

coa empresa e coa Consellería

de Sanidade foi exquisita, e tamén

se está a producir coa construción

da nova gardería”. Este

tipo de colaboración permitiu,

por poñer un exemplo, coordinar

as obras de instalación das

tomas de auga e electricidade

Lindeiros

Nova gardería en Oroso

antes de final de ano

A nova escola infantil funcionará para o

curso 2015-2016

Manuel Mirás e Eduardo Veiras revisando as obras. Foto: concello de Oroso

cos traballos de xardinería exterior,

de xeito que se evitou ter

que escavar dúas veces ou ter

que volver a plantar o céspede.

A nova escola infantil terá tres

unidades, cun total de 41 prazas.

Complementará a actual gardería

da Ulloa, que dispón de 61

prazas (8 para bebés, 13 para

nenos de 1 a 2 anos; e 40 para

rapaces de 2 a 3 anos). Sesenta e

unha prazas que son por tempo

completo (mañá e tarde), o que

supón que o número final de admitidos

sempre depende das necesidades

e peticións das familias

beneficiadas (cunha media

duns 75 alumnos matriculados

por curso). A gran demanda de

prazas que se rexistra cada ano

fixo que o Concello de Oroso

tomara a iniciativa de solicitar

da Xunta a creación desta nova

gardería. A reclamación víñase

presentando dende 2007 e confirmouse

en outubro de 2010

cun acordo a tres bandas entre o

Concello, o Ministerio de Educación

e Xunta de Galicia.

Fonte: concello de Oroso

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!