06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 deportes 29

O Oroso TM segue o seu camiño na Superdivisión nacional

Este mes xogou na casa co equipo mais forte da liga, o UCAM Cartagena, cheo de xogadores internacionais

O Oroso TM Deporte Galego

da SuperDivisión Masculina de

Tenis de Mesa recibiu ao lider

da liga, o UCAM Cartaxena,

cun equipo que máis se parece

a unha selección mundial que

a un persoal da liga española.

Os da Comunidade de Murcia,

ficharon este ano nin máis

nin menos que ao olímpico Hei

Zhi Wen (Juanito), os chineses

Wang Jianan e Zhang Shining,

o serbio Aleksandar Karakasevic,

o chinés nacionalizado

ucraíno Kou Lei, o mozo sub23

romanés Andrei Birlam, o cubano

nacionalizado español Rainier

Cabezas e o internacional

español Jesús Canteiro.

Ante tremendo despregamento

de estrelas, pouco podía facer

o modesto Oroso, cun equipo

recentemente ascendido e cun

orzamento quizais 10 veces menor

ao dos Cartageneros. Desprazáronse

para o encontro, Hei

Zhi Wen, Jesus Canteiro, Kou

Lei e Aleksandar Karakasevic,

no que non houbo sorpresas. 0-4

a favor dos visitantes que soamente

cederon un set ante cada

un dos xogadores locais. Destacar

especialmente o bo trato que

os xogadores do UCAM Cartaxena

tiveron coa afección local,

regalando camisetas aos máis

pequenos, asinando autógrafos

e estando en todo momento moi

próximos ao numeroso público

asistente que se desprazou para

poder gozar do que, sen ningunha

dúbida, é o mellor equipo da

liga.

XVI Slalom concello de Touro puntuable para o campionato galego

Mais de 2.000 persoas acercáronse a disfrutar do espectáculo no circuito ubicado nas rúas de Fonte Díaz

.O actual líder do Campionato

Galego de Slalom, Rubén

Gandoy, da Escuadra Ferrol,

fíxose co XVI Slalom Concello

de Touro. Correu cun Peugeot

106XS e logrou un tempo de

1.41.343. O segundo posto foi

para Iván Ares, da Escuadra

Lalín-Deza e actual campión

galego de Rallys 2014, utilizou

un Citroën C2, co que marcou

un tempo de 1.41.894 O. O

terceiro clasificado foi Adrián

Bouza, da Escuadra Neira cun

Peugeot 106, sendo o seu

tempo de 1.42.154.

Máis de 2.000 persoas gozaron

da proba automobilística na

que competiron unha trintena

de pilotos. O bo tempo axudou

a que os afeccionados a este de-

porte achegásense a Fonte Diaz,

capital do Concello de Touro,

onde estaba instalado o circuíto

urbano de 1,7 quilómetros.

O piloto local Alberto Pampín

logrou o sexto posto. E Martín

Fernández, tamén da Escuadra

Touro Motor, situouse no décimo

terceiro lugar.

Patrocinado polo Concello de

Touro, a organización da proba

correu a cargo da escuadra Touro

Motor, unha das firmas máis

activas do panorama automobilístico

en Galicia. O seu presidente,

Ramón González, destacou

a afluencia de público e de

pilotos e apostou pola consolidación

desta cita automobilística.

Tamén agradeceu o apoio na

organización da proba dos integrantes

de Amoeiro Escuadra,

de Ourense, así como de aman-

tes deste deporte procedentes de

Ferrol e Noia

Vehículo do gañador da proba, Rubén Andoy. Foto: Loli Fdez.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!