06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

28 deportes

Lindeiros

Record de asistencia na XV Carreira Popular de Ames

Mais de 1.400 corredores participaron na proba

Centos de persoas participaron

na decimo quinta edición da

Carreira Pedestre Popular Concello

de Ames; un ano máis superouse

o número de participantes

respecto á edición anterior e

nesta ocasión alcanzáronse as

1.400 persoas, afeccionadas e

deportistas, unha cifra que é o

récord de participación en toda

a historia desta proba deportiva.

Este ano, os gañadores absolutos

da proba foron Abdelkader

Bouguerrougj e Marinela Mayo

Caamaño. O alcalde de Ames,

Santiago Amor, o vicepresidente

da Xunta de Galicia, Alfonso

Rueda, o delegado do Goberno

en Galicia, Samuel Juárez, e o

alcalde do Concello de Santiago,

Agustín Hernández, cortaron a

cinta inaugural coa que se daba

comezo á décimo quinta edición

desta proba e tamén participaron

na carreira.

Unha das novidades deste

ano foi o aumento da distancia

na proba absoluta, pasando dos

8.000 aos 10.170 metros, que

transcorreron integramente por

superficie asfaltada. Esta competición

iniciouse ás 10:45 horas

e nela participaron preto de 500

atletas. Nesta proba participaron

os atletas das categorías xuveniljúnior,

sénior e veteranos; as

12:00 horas, tras a competición

absoluta, realizáronse as probas

da categoría pitufo que correron

unha distancia de 200 metros. A

esta seguíronlle os grupos prebenxamíns

(350 metros), benxamíns

e alevíns (1.000 metros),

infantís (2.000 metros) e cadetes

(2.800 metros), é dicir. Estas

probas reuniron a máis de 900

participantes, feito que indica o

bo traballo que se está a facer

desde a base do deporte no concello.

Unha vez rematadas todas as

carreiras procedeuse á entrega

de trofeos no podio instalado

nos exteriores do Pazo da Peregrina.

O alcalde de Ames, Santiago

Amor, a concelleira de Deportes,

María Eugenia Martín, o

concelleiro de Educación, Bernardo

Moar, e varios representantes

das empresas colaboradoras

na XV Carreira Pedestre

Popular Concello de Ames, entregáronlle

os premios aos tres

primeiros clasificados de cada

categoría agás nos grupos de

prebenxamíns e pitufos nos que

todos os participantes levaron

unha medalla conmemorativa.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

O AC Ordes de Hockey participou na Eurockey Cup

O equipo participaba na categoría U17 e competía con outros 12 equipos europeos

A Eurockey Cup 2014 e unha

das competicións de Hóckey

máis importantes de toda Europa

e onde se dan cita os principais

equipos do continente . O

AC Órdenes, que participaba na

categoría U17, quedou en séptima

posición. O HC Braga de

Portugal proclamouse primeiro

do grupo, seguido do Hockey

UVP (Italia), o FC Barcelona e

o Manlleu.

Nesta ocasión o lugar escollido

para celebrar dita competición,

organizada pola Real

Federación Española de Patinaje

e a Federación Catalana de Patinatge,

foi a localidade gerundense

de Blanes. En total foron

13 equipos os que rivalizaron

contra os ordenses, procedentes

de España, Portugal, Italia,

Francia, Suíza e Reino Unido.

A súa chegada a Ordes os xogadores,

o corpo técnico e a di-

rectiva foron recibidos por moitos

afeccionados, seguidores e

familiares na Alameda de Órdenes.

Entre eles estaban tamén o

alcalde da vila e o actual concelleiro

de Cultura, Manuel Regos

e Ramón Vázquez, respectivamente.

Pancartas, bucinas, globos

e a tradicional molladura no

‘pilón’ era o que lles agardaba a

todos eles despois de ser un dos

mellores 16 equipos de Europa.

Este foi un bo ano para a institución

xa que no mes de maio

a sección infantil do AC Ordes

conseguía a cuarta posición con

campionato de España disputado

en Madrid, unha mágnifica

posición que sumado traballo do

sub17 augura mais triunfos no

futuro.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!