06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 deportes 27

Iván Raña, un

exemplo de

determinación

O triatlón é sin duda unha

das probas mais duras do

deporte;nas olimpiadas son 750

m. nadando, 20 km. en bicicleta

e 5 k. correndo pero na versión

Iron Man son 3.800 m a nado,

180 km. en bicicleta e 42 correndo

unhas cifras que asustan e as

que este ordense co que falamos

está moi acostumado xa que é

campion do mundo e diploma

olímpico da disciplina, sen contar

segundos, terceiros e cuartos

postos colleitados por todo o

mundo.

Falar con Iván Raña é falar

de determinación, persistencia,

esforzo, é un personaxe que non

deixa indiferente e cuxas palabras

serven de motivación faga

o que uno faga.

Os seus comezos chegan por

pura casualidade “escóitelle ao

meu pai dicir que había unha

proba en Coruña que combinaba

nadar, bicicleta e correr e a

partir de aí cada vez que ouvía

a palabra tríatlon puña a orella;

eu o que facía era nadar, correr

e bicicleta pero por separado,

a bici cando lla roubaba ao veciño,

correr como fan todos os

rapaces, e nadaba na piscina de

verán en Ordes que custaba 15

pesetas a entrada, era un luxo

alcanzable, e estabamos todo o

día na piscina, entrabamos pola

mañá e saïamos pola noite”.

Iván tiña claro que quería facer

deporte, para el era o máis

parecido a unha película de acción,

ás películas de vaqueiros,

a Rambo, a sentirse un heroe;

o seu primeiro tríatlon chegou

no 94 “foi en Celeiro e creo que

estaba preparado para facer un

tríatlon, foron 750 metros nadando,

20 quilómetros en bicicleta

e 5 a pé; recordo que non

podía nin correr, descansara os

días antes e a min o que me pasa

é que non podo parar, nese tríatlon

pasoume o que en Hawai,

custábame respirar ao correr; ao

día seguinte fixen outro e saíu

moito mellor polo que o medo

que sempre tiña de non ser capaz

supereino, hai xente que lle

vai ben descansar pero eu funciono

mellor cando o día antes

realicei un bo adestramento”.

1999 supuxo a dedicación

plena á competición, estudaba

no Xelmirez e lembra con

pena que as profesoras non entendían

o que facía e algunha

pensaba que estaba a actuar

para non estudar “algunha me

dicía que me estaba tirando da

burra porque quería dedicarme

ao tríatlon, lembro aquela

época con cero apoios, iso por

sorte cambiou; que un rapaz de

15 anos se levantáse ás 6 para ir

nadar, se coidáse nas comidas,

fóra a clase e ao saír collese a

bici e correra non se respectaba,

non se entendía, creo que os

meus éxitos axudaron a que iso

cambie e agora desde o profesorado

apóiaselle máis, se hai que

cambiar un exame para que poida

adestrar faise e é o que debe

ser”.

Iván pensa que Galicia está a

espertar cara o deporte e só espera

que as empresas descubran

como aproveitar os valores que

os deportistas transmiten “veño

da piscina e vexo a rapaces que

fan 7 quilómetros de piscina,

que corren, estudan, axudan en

casa... eses valores son os que

unha empresa necesita nos seus

empregados e no momento no

que o descubran será máis fácil

que patrocinen o deporte como

medio para transmitir os valores

dos seus negocios”.

Iván Raña pensa xa no Iron

Man 2015, o resaibo deste ano

polo seu posto 17 quedou atrás

e volve asomar esa determinación

que lle levou a ser campión

do mundo, seguiremos os seus

próximos éxitos porque seguro

que chegarán.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!