06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

26 pasará

Lindeiros

Un ano mais chega Cineuropa a Compostela

Na 28 edición poderanse ver 227 películas de todo o mundo nos diferentes espazos da cidade

Cineuropa celebrarase na cidade

do 9 o 30 de novembro

sendo unha das citas mais esperadas

polo amantes do cine.

Poderemos ver un total de 227

películas no Teatro Principal,

Salón Teatro, CGAC e A fundación

de Abanca.

Unha das marcas de identidade

do festival, os premios

Cineuropa, recaeron este ano

na actriz Bárbara Lennie, o

realizador danés Nils Malmros

e o produtor de cinema independente

Paulo Branco que

visitarán Compostela para recibir

o galardón. As proxeccións

complétanse con Cineuropa

Concerto, un programa musical

no que poderemos asistir a oito

actuacións con propostas especiais

arredor do cinema da man

da Banda Municipal de Música

e da Real Filharmonía de Galicia.

Desde que no ano 1987 unhas

vinte películas se agruparan na

que foi a primeira edición de

Cineuropa, en Compostela chegase

este ano a máis de duascentas

películas que farán que

se poida ver o máis comentado

do proxectado nos festivais internacionais:

Cannes, Berlín,

Venecia, Locarno... Trátase, na

súa maioría, de películas que

aínda non se puideron ver no

resto de España.

Esta edición de Cineuropa

abre o telón coa proxección

de ‘Une nouvelle amie’, a obra

recen filmada por François

Ozon, un dos habituais do festival.

Esta será a primeira das

35 películas que competirán

na Sección Oficial polo premio

do público. Entre elas, pratos

fortes como os últimos filmes

de Bonello, os irmáns Dardenne,

Mike Leigh… ou o recente

León de Ouro en Venecia, e

filmes galardoados en Cannes,

na Berlinale, na Seminci, en

Locarno ou en San Sebastián,

entre outros.

Ademais das seccións habituais,

Sección Oficial, Panorama

Internacional, DOCS-

Cineuropa, Fantastique

Compostela, Panorama Audiovisual

Galego ou DOCS-Music

(este ano para Neil Young) o

programa complétase con outras

seccións. Cinefilias con

tributos específicos a Lauren

Bacall, James Garner, Robin

Williams, Eli Wallach, Mario

Monicelli e Philip Seymour

Hoffman; unha Retrospectiva

a Nils Malmros e un apartado

específico para os Premios

Lux. Farase tamén un repaso

ao cinema do Novo Hollywood

coa proxección de 60 filmes

en ‘Cando o tiburón devorou

o cine; ascenso e caída do

Novo Hollywood’ e, con motivo

do 25 aniversario da caída

do muro de Berlín o cinema

alemán nas seccións ‘Berlín;

25 anos sen muro’ e ‘Ao outro

lado do muro: o cine na RDA’.

Tamén seccións especiais dedicadas

a Cole Porter, Alain Resnais,

Roy Anderson e Bertrand

Bonello, así como unha sección

de ‘Disidencias’ cun especial

‘Foco asturiano’ e o tradicional

Maratón.

Bárbara Lennie, Nils Malmros

e Paulo Branco, premiados

desta edición:

Bárbara Lennie, a definida

por algúns como musa do cine

indie español, presente nos últimos

meses en “Stella Cadente”

e en “El Niño”, acaba de obter

un triunfo maiúsculo en San

Sebastián coa Concha de Ouro

para “Magical Girl”.

Nils Malmros, o gran clásico

do cine danés, é candidato este

ano ao Oscar coa súa obra mestra

“Sorrow and Joy”, filme que

poderemos ver en Cineuropa.

Malmros foi este ano protagonista

dunha retrospectiva no

Festival de Rotterdam, un repaso

ao seu cine que se celebrará

igualmente en Cineuropa como

primicia absoluta en España.

Paulo Branco é o produtor

europeo máis relevante do último

medio século dentro do

cinema independente. Produtor

de Wim Wenders, de Paul

Auster, de David Cronenberg

ou de Manoel de Oliveira, entre

outros.

A todo esto hai que engadir

o programa de Cineuropa Concerto

con xente como Arizona

baby, Guitar Crusher que estará

acompañado polo compostelán

Marcos Coll ou as especiais colaboracións

da Banda Municipal

e a Real Filharmonía en tor

a música de cine.

Un mes para disfrutar do mellor

cine en Compostela.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!