06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 pasará 25

“Os tesouros da illa de Granellandia” na

Fundación Granell

A exposición mostra as ilustracións feitas por Fausto Isorna para a

obra de Paco López Barxas inspiradas no traballo de Granell

Paco López-Barxas inspirouse

na figura e na obra de

Granell á hora de escribir o seu

libro, editado en 2012 polo Consorcio

de Santiago e “El Patito

Editorial” para conmemorar

o centenario do nacemento do

ilustre artista. O protagonista

desta historia é o pequeno Granell,

que vive nun mundo onde

todo é de cor negra, en alusión

á época escura que viviu o pintor.

Un día o rapaz atravesa o

encerado da súa clase e chega

a unha illa onde se atopa cun

universo de cor, unha referencia

á chegada de Granell ao Caribe

exiliado trala Guerra Civil. Esta

illa chámase Granellandia e alí

descobre unhas cuncas con tintas

nunca vistas, coas que volve

visibles formas invisibles. Antes

de voltar de novo ao seu país

mete nun cofre todos os tesouros

que atopou na illa.

As pezas que se poden ver

na exposición ilustran o conto,

xunto cos debuxos do protagonista,

realizados polo deseñador

Fausto Isorna e que se integran

coas pezas orixinais de Granell.

Son trazos feitos con xiz de cor

branca con fondo en negro que

contrastan co colorido dos cadros

do pintor surrealista. Así,

a exposición reúne as diferentes

ilustracións que compoñen o libro

e, ao lado de cada unha delas,

móstrase unha reprodución

dos cadros orixinais de Granell

que apoian esta historia. Poderá

visitarse ata o 23 de novembro

na Fundación Granell na Praza

do Toural en Compostela.

Brión pon en marcha as

actividades do Outono

Cultural

Comezaba o pasado día 31 cunha exposición

colectiva da Asociación galega de Arte

e Cultura

O Concello de Brión pechou

a programación do “Outono

Cultural”, que inclúe unha ducia

de actividades de acceso libre

e totalmente de balde para

os veciños e veciñas. Unhas

propostas que combinan arte,

literatura, teatro e música, sen

esquecer a celebración do tradicional

Magosto, unha das festas

populares máis característica

destas datas que terá lugar o

venres 28.

Co mes de novembro chega

o teatro no que participarán un

total de tres compañías profesionais

e unha compañía de

teatro afeccionado que encherán

de cultura o centro social

polivalente de Pedrouzos os

sábados pola noite. O primeiro

en actuar será o coñecido dúo

Mofa e Befa, que o sábado 8

de novembro presenta “Shakespeare

para ignorantes”, a partir

das 20:30 horas.

Unha semana despois, o sábado

15 de novembro, ás 21:00

horas, será a quenda e Teatro de

Cámara DITEA, que representarán

“Animaliños”, de Roberto

Vidal Bolaño. E o sábado 22 de

novembro máis teatro profesional

con Teatro do Morcego, que

porán en escena a obra “Misterio

Cómico” a partir das 20:30

horas.

A programación do “Outono

Cultural” para o mes de novembro

complétase cunha exposición

de Anselmo Lamela,

que poderá visitarse entre o 21

de novembro e o 12 de decembro

na sala de exposicións de

Brión, e co tradicional Magosto

na Carballeira, que este ano

terá lugar o venres 28, dende as

19:00 horas, e contará coa actuación

da charanga tradicional

“Vai de Roda”.

A Casa das Crechas presenta distintas propostas para este mes

Poesía, catas e músicas de distintos estilos forman un interesante programa

A das Crechas é unha das programacións

culturais mais consolidade

da bisbarra compostelá

e en novembro reforzase con

mais actividades periódicas.

O grupo de jazz mais lonxevo

de Galicia, Sumrrá, estará en

concerto tódolos domingos do

mes as 9 da noite , unha aposta

forte por unha programación

mais estable si cabe; hai que

engadir aquí as foliadas que

se seguen a programar tódolos

mércores no que xa é unha cita

ineludible para moita xente, hai

que engadir que o mércores 19

haberá ademais magosto con viños

e castañas.

O martes 18 chega as Crechas

o cabaret da man de ALDAO/

LADO; “Con dez poemas por

barba” pretende chamar a atención

dos mais reticentes a escoitar

poesía, Lucía Aldao e María

Lado cren que a lectura da poesía

non pode adormecer o espectador

e están dispostas a demostralo

con música en directo,

xogos, historias, momentos de

reflexión... pero sobre todo con

comunicación poética pura e

verdadeira.

O xoves 20 Talabarte ofrece

un novo concepto de formación

artística. unha posta en escea

estrictamente acústica e baseada

na música tradicional; unha idea

na que estarán inmersos o violino

de Quim Farinha, o acordeón

diatónico de Pedro Pascual

e o contrabaixo de Kin Garcia,

xuntos propoñen unha viaxe a

través das músicas populares de

Galicia e doutras latitudes.

Unha programación que garante

que nas Crechas en novembro

sempre haberá algo que

facer ou que escoitar.

Academia

Personal nativo

COMPRA

VENTA

DE ORO

Iniciación

Nivel medio

Perfeccionamiento

Preparación de exámenes

Cursos intensivos

Servicio de traducción

ERASMUS

Goethe Institut

EOI

Clases particulares

niños y adultos

Aprende alemán

fácilmente

e-mail: academiahannover@gmail.com

www.academiaalemansantiagodecompostela.com

C/ Santa Marta de Arriba, nº 18-bajo

15706 Santiago de Compostela

Teléfonos: 881 973 893

690 072 464

Artesanos del tiempo

relojes antiguos

Reparación y venta de pared,

sobremesa y pulsera.

(Recogida a domicilio)

Fabricación y diseño de joyas a medida,

reparaciónes rápidas, restauración

y transformación de Joyas Antiguas.

Avda. Rosalía de Castro, 38 MILLADOIRO

Tfnos: 981 536 562 - 981 530 028

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!