06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

24 pasará

Ames programa en novembro magosto e

teatro para tódalas idades

A Gala do deporte será outra das actividades previstas

No mes de novembro continúa

en Ames a programación

teatral que comezou o mes pasado.

O venres 7, NNC Teatro

porá en escena na Casa da

Cultura de Bertamiráns a obra

“Santa Perpetua”, dirixida a

público adulto. Unha semana

máis tarde, o día 14, a compañía

EscénaTe porá en escena “Un

juguete para Margarita”, obra

dirixida a nenos e nenas de 5 a

12 anos da que se farán dúas representacións,

unha sesión para

escolares pola mañá e outra ás

18:30 dirixida a público infantil.

Remata o mes coa actuación do

Grupo Municipal de Ames que,

o venres 28, na Casa da Cultura

de Bertamiráns porá en escena

a obra “Tromparia” estreada o

pasado mes de xuño no Milladoiro

con éxito de público, dáse

a circunstancia de que a primeira

vez desde que se creou o grupo,

no ano 2007, que fan unha

estrea absoluta, en este caso do

autor Zé Paredes e baixo a dirección

de Mónica Camaño.

Durante este mes a música será

protagonista xa que se celebra

Santa Icia, patroa da música.

O venres 21 a Casa da Cultu-

ra do Milladoiro acolle a partir

das 21:00 horas, a actuación de

Odaiko Percusion Group con

“Galicia on Board”; O día 22,

día propio de Santa Icía, ás 19:00

horas celebrarase un concerto

co patrocinio da Deputación

Provincial de A Coruña e a colaboración

do concello, no que se

xuntará á Coral Polifónica Atalaia

de Laxe, Grupo de Música

Tradicional Arnela de Carral e

a Coral Polifónica de Bugallido.

Ames inclúe dous clásicos en

este mes, por unha banda a tradicional

Festa do Magosto que

este ano será en Bertamiráns e

para a que se está elaborando un

amplo programa que inclúe as

actuacións da Requinta da Laxeira

e da Requinta da Maia e

un obradoiro de xoguetes sonoros

e instrumentos que leva por

título “Xoguetes vellos... parta

tempos novos” e que organiza

a Asociación educativa cultural

Musicrearte; e por outro lado a

Casa da Cultura do Milladoiro

acollerá a IX Gala do Deporte

Municipal na que se premia os

deportistas mais destacados do

concello.

Lindeiros

Este mes en Compostela

Santiago(e)tapas

A preselección fíxose nos últimos días de

outubro alcanzando un gran nivel

O concurso de tapas que organiza

a Asociación de Hostalería

de Santiago e Comarca chega a

súa sétima edición; desde que

comezara no 2008 leva repartidas

mais de 170.00 creacións

e este ano a organización conta

con superar a cifra das 200.000.

No ano 2013 repartíronse 37.000

petiscos nos 66 locais participantes

dun total de 109 creacións

distintas; todo isto complementado

polo Santiago(e)

noite no que os locais nocturnos

da cidade ofreceron tamén os

mellores cócteles.

Dende o 14 ao 30 de novembro

os clientes poderán decidir

que tapas son as súas favoritas

votando nas urnas situadas

nos distintos establecementos

participantes e aspirar a distintos

premios selando o seu

tapasporte, a pequena e carismática

“biblia” do concurso.

Ademais, a través da interacción

nas redes sociais twitter@

santiagoetapas e facebook.com/

santiagoetapas, os internautas

poderán optar a ser parte do xurado

do concurso.

Os distintos establecementos

hostaleiros de Compostela

presentaron a finais de outubro

as súas propostas, ata 3, a un

equipo de preselección, que foi

o encargado de asegurar a súa

calidade e máis adecuación aos

criterios do concurso. Esta fase

previa busca a excelencia do

concurso e os petiscos presentados

permiten albiscar que o

nivel é moi alto.

A sétima edición do

Santiago(e)Tapas espertou unha

grande expectación no sector

e son numerosos os locais que

entraran por primeira vez neste

certame. Malia que as cifras

aínda non estaban pechadas, no

momento de escribir esta nova,

superaranse os 65 participantes

dos que cando menos 10 estrearanse.

Será unha nova ocasión para

percorrer distintas (é)tapas pola

cidade, tanto na súa zona nova

como vella, propoñendo unha

peregrinación moi particular

pola mellor da gastronomía en

miniatura na que sempre se descobren

novos sabores e ambientes.

Leo Harlem e Sergio Olalla en Santiago

A cita será o próximo 21 de novembro no Auditorio

#Trending (tendencia, recomendación)

Tronching (que te

vas esmendrellar de risa). Estas

son as dúas premisas coas que

nace #trendingtronching, o último

espectáculo de Cómicos

que presentarán Leo Harlem e

Sergio Olalla en Falabaratos.

#trendingtronching é máis que

un espectáculo de humor. É

unha forma de ver e entender a

vida que nos mostra a eterna loita

entre o clásico e o moderno, o

eterno e o pasaxeiro.

A través dos seus monólogos

e gags, os dous humoristas

farannos reflexionar acerca do

que fomos, o que somos e o que

podemos chegar a ser.

Coñecido pola súa participación

en programas de televisión

de gran audiencia como

‘El Club del chiste’, ‘El Club de

la Comedia’, ‘La Hora de José

Mota’ ou ‘Sé lo que hicisteis’,

Leo Harlem compartirá escenario

co mozo Sergio Olalla,

guionista de programas de moito

éxito como ‘Cruz y raya’ ou

‘SQP’.

Ambos conforman unha parella

formidable, capaz de facer

esmendrellar de risa ao público,

como xa demostraron co anterior

espectáculo ‘Que hay de

nuevo?’ que esgotou as localidades

de múltiples teatros en todo

o país.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!