06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 pasará 23

Touro prepara un outono cheo de actividades de lecer

Celebrará a VI Feira da Castaña e as X Xornadas micolóxicas ademais de inagurar a Casa da Cultura

Novembro é un dos meses do

ano máis activos no concello de

Touro e os produtos do outono

teñen unha presenza especial

nas actividades.

Comeza o mes coa habitual

Feira do cinco pero coincidirá

coa sexta edición da Feira da

Castaña, un magosto e unha

mostra de repostería feita con

este produto son as principais

actividades. Xunto coa castaña

os cogomelos son o froito que

nos da o bosque en esta época

do ano; do 6 o 10 terán lugar as

xornadas micolóxicas nas que

se fará unha saída para recoller,

unha exposición e unha xornada

culinaria para aprender a cociñalas;

en esta décima edición

o concello impulsará ademais

unha ruta de tapas inspirada nas

castañas e os cogomelos, unha

orixinal proposta que se sairá

das rutas de tapeo máis comúns.

Tódolos xoves porase en marcha

o ciclo “cine en familia”

pensado para traballar valores

O grupo Aspergillus de

Coira inician xira

Levan desde o 2011 tocando e son

orixinarios de Teo

Aspergillus de Coira nacen

das inquedanzas sonoras de 5

músicos xa curtidos na escena

musical galega, con moito que

dicir. No ano 2011 participan

nun encontro musical en Francos

(Teo), onde comezan a aventura.

Deciden experimentar co

Rock, coa electrónica ou mesmo

co pop e a música Industrial,

sen poñerse barreiras creativas.

Tras moito traballo, están a presentar

“Triloxía”, o seu primeiro

traballo, que podes descargar no

seu bandcamp de forma gratuíta

(aspergillus.bandcamp.com),

e que está formado por tres temas,

coas suas respectivas videocreacións,

sendo a última

“Reencontro”, protagonizado

pola actriz Tati Duro e dirixido

polo prestixioso director teatral

Zé Paredes. “Triloxía” está gravado

nos estudos Pousada Son

e producido por Iago Pico e os

propios Aspergillus de Coira.

O concerto do sábado é o primeiro

dunha xira que os levará

por toda Galicia presentando os

seus propios temas, cun directo

poderoso, divertido e sobre todo

sorprendente.

Aspergillus comeza agora a

súa Xira de Presentación, que

os levará por todo o país dando

mostra do seu traballo. A data

de presentación será o 1 de Novembro

en Santiago de Compostela,

na sala Sónar, e despois

tocarán en Ordes, A Estrada,

Melide, Burela ou Sarria, quedando

todavía datas por confirmar…

Aspergillus de Coira está

formado por David Santomil,

Alex Sevilla, Antón “Torroncho”,

Jose A. Pais e Pablo Nimo,

músicos de fortuna, os cales

participaron en proxectos tan

importantes como Ruxe-Ruxe,

Drinkin’ tinto, Medomedá, Anfibia,

Rever ou o musical Galicia

Canibal, por poñer un exemplo.

Se vostede ten un festival, ou

unha sala, e quere contratalos,

pode atopalos en aspergillusdecoira@gmail.com

ou no facebook.

como a educación ambiental,

coidado do medio e desenrolo

sostible. O 18 e o 25 están programados

os “contos para compartir”

destinados a nenos de 4 a

9 anos e que servirán para inculcar

o habto de ler entre os mais

cativos.

A cita mais importante do

mes será a inauguración da

Casa da Cultura de Touro coincidindo

co día de Sta. Cecilia;

terá lugar un concerto da Banda

de Música Isabel II formada por

rapaces do concello, entregaranse

os premios do concurso de

fotografía “Touro en imaxes”

e exporanse as mellores pezas;

pechará a xornada o concerto

do grupo de rock The Cerne.

Novembro terá ademais

maxia co mago Xacobe e teatro

para rapaces de 6 a 16 anos coa

obra “Merlín” de Os Quinquillans.

Unha gran programación coa

que dan ganas de irse a vivir o

concello polo menos en novembro.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!