06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

22 pasou

Lindeiros

Brión Solidario fai entrega de paquetes de alimentos a 30 familias

O concello e os voluntarios animan aos veciños a seguir colaborando de cara a campaña de Nadal

O Concello de Brión traballa

xa na posta en marcha da

terceira edición da campaña de

Nadal de “Brión Solidario”, un

proxecto municipal para a recollida

e reparto de alimentos entre

as familias máis necesitadas

do municipio. Unha iniciativa

nacida en decembro de 2012 e

que daquela permitiu axudar a

25 familias, pero que agora se

ten convertido nunha iniciativa

anual que entrega alimentos trimestralmente

a unha trintena de

familias desfavorecidas no municipio,

axudando directamente

a case un centenar de persoas.

NO mes de outubro tivo lugar

a última entrega antes da

campaña de Nadal; as familias

puideron recoller, de forma totalmente

discreta, os paquetes

de alimentos elaborados polas

integrantes da Asociación de

Mulleres Xuntanza de acordo

ás necesidades de cada familia:

leite, pastas, legumes, conservas....

Un reparto realizado por

Marina, Amalia e Mari Carmen

que coinciden en destacar a extraordinaria

colaboración da veciñanza

brionesa.

Ademais da achega procedente

do Banco de Alimentos, “neste

reparto tamén vai todo o que

se xuntou coa campaña da piscina

municipal, que non cobraban

as matrículas e, a cambio,

a persoa tiña que doar un quilo

de alimentos. Pero, ao final, as

doazóns sempre eran maiores e

puidemos preparar uns paquetes

moi completos desta quenda”,

explica Marina Montero. “A colaboración

da xente está sendo

moi boa, realmente extraordinaria.

Pero seguimos necesitando

a súa axuda porque as necesidades

son moitas”, apunta María

del Carmen Camiño.

Unha vez realizada a entrega

desta semana, e á espera dunha

próxima achega por parte

do Banco de Alimentos, as reservas

quedaron practicamente

a cero, polo que o Concello de

Brión comezou xa a traballar

de cara a campaña especial do

Nadal, momento no que se realizará

outra entrega entre as familias

necesitadas. Os veciños

e veciñas de Brión que queiran

colaborar na campaña poden

entregar os alimentos non perecedoiros

e correctamente

empaquetados (pasta, aceites,

conservas, legumes, cereais,

leite, galletas...) en calquera establecemento

municipal (casa

do concello, casa da cultura,

biblioteca municipal ou centro

social polivalente) e en calquera

dos centros educativos de Brión

(colexio, instituto, gardería e

escolas unitarias). A segunda

opción de colaboración é facer

O programa “Ler conta Moito” leva a Touro o “Lobo bobo”

A obra de teatro esta dirixida a nenos entre tres e sete anos

Un grupo de 80 nenos e nenas

de Touro coñeceron en

setembro ao ‘Lobo bobo’, do

Grupo de Teatro ‘Elefante Elegante’

que levou a súa obra ata

Touro.

A representación, organizada

polo Concello de Touro, foi

no Colexio Fonte Díaz e estivo

dirixida a nenos e nenas de tres

a sete anos. Na divertida peza

os protagonistas pregúntanse

“qué pasaría se o lobo da Carrapuchiña

se fixese vexetariano

ou se a madrasta de Branca

de Neve se convertese nun dos

tres porquiños cada vez que se

mira no espello” un plantexamento

que deixou sorprendidos

os máis cativos acostumados a

que non se lles cambie a historia

os contos.

Son este tipo de actividades

as que forman os futuros lectores

e espectadores polo que

o papel que teñen no desenrolo

do neno e moi importante, mais

ainda e sitios como Touro mais

alonxados de teatros e bibliotecas

como as das grandes urbes.

Fonte: concello de Touro, Lindeiros

un donativo en metálico no supermercado

FROIZ de Monte

Balado, entidade que colabora

na campaña.

Fonte: concello de Brión, Lindeiros

LUNES

10

NOVIEMBRE

Queremos agradecerte tu fidelidad en este día, por eso,

con tu compra, mayor de 1 €

recibirás una Barra de Pan de REGALO

(hasta 70 unidades)

!!VEN!!

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!