06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 pasou 21

O premio María Moliner

para a biblioteca de Ordes

De 400 bibliotecas en Galicia so 16

conseguiron esta distinción

A biblioteca de Ordes vén de

acadar o premio María Moliner

de animación á lectura realizada

por bibliotecas públicas de

municipios de menos de 50.000

habitantes. Este prestixioso recoñecemento

é outorgado pola

Secretaría de Estado de Cultura,

e traducirase nun premio

consistente nun amplo lote de

libros.

Baixo o título ‘A biblioteca

énchese de vida’ nestes meses

desenvolveuse unha dinámica

orientada a xente de todas as

idades. Clubs de lectura, contacontos

e actividades lúdicas

para disfrutar en familia, ; foi

esta incesante actividade a que

fixo que a biblioteca municipal

fixérase acredor a distinción.

O alcalde de Ordes, Manuel

Regos, destacou que “para nós é

unha prioridade o mantemento

dos servizos públicos que contribúan

a facer do noso municipio

un lugar que se caracterice

pola súa calidade de vida”.

A nivel galego de máis de

400 bibliotecas tan só 16 delas

foron recoñecidas cun “María

Moliner” nesta última edición.

No caso da provincia da Coruña

foron as de Boiro, Cariño,

Cerceda, Culleredo, Oleiros,

Rianxo e Ordes.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

Comeza a restauración do retablo

barroco da igrexa de San Roque de

Sabugueira en Lavacolla

Ten un orzamento de mais de 14.000 € e contase con que remate antes

de final de ano

A Oficina Técnica do Consorcio

de Santiago está a promover

a conservación e restauración do

retablo maior da capela de San

Roque de Sabugueira, na Lavacolla,

que se atopa en moi mal

estado; Ten sufrido cambios ao

longo do tempo que se reflicten

nos engadidos posteriores ao seu

núcleo central, obsérvanse mutilacións,

diversidade de elementos

estruturais engadidos, desaparición

dalgúns elementos, xunto

cunha incidencia importante da

humidade e dos xilófagos, todo

isto ten provocado que a súa estrutura

se atope moi debilitada e

que teña o corpo superior desprazado

cara ao muro.

A finalidade da intervención é

aplicar todos os tratamentos necesarios

que permitan recuperar

a solidez estrutural do retablo e

o seu saneamento, garantindo a

súa conservación futura. Ademais,

restaurarase a policromía

do conxunto, mantendo a súa coherencia

estilística.

A capela de San Roque de

Sabugueira, en Lavacolla, é de

traza barroca de finais do século

XVIII, aínda que a súa fundación

pode ser do XVI, e forma

parte do conxunto arquitectónico

do Camiño Francés a Santiago.

Só se abre ao culto unha vez ao

ano, coincidindo coa festividade

de San Roque. A arquitecta

do Consorcio que coordina este

proxecto é Idoia Camiruaga quen

explica que a capela ten unha soa

nave de planta rectangular, en

cuxa cabeceira se sitúa o retablo,

composto de dous corpos, aos

que no século XIX se lles engadiron

tres horrnacinas, o frontal

do altar e, aos lados deste, sendas

credencias; as restauradoras encargadas

dos traballos son María

Dolores Lago Arce e María Isabel

Vázquez Rodríguez e cóntase

con que os traballos poidan estar

rematados antes de final de ano.

Fonte: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Restauradoras traballando no retablo. Foto: Consorcio de Santiago

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!