06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

2

Editorial

Os tempos están cambiando

Lindeiros

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Que vivimos un momento de profundo cambio social é algo que non se pode negar, non se trata só da política

porque parece que os xuíces espertasen dun longo letargo e a mocidade decidise deixar atrás a confortable

cadeira de brazos de casa de papá; é a sociedade no seu conxunto a que camiña cara a un novo

tempo que virá marcado polas seguintes eleccións nas decidir quen ten que xestionar eses cambios.

Si escoitamos con atención poderemos ouvir como renxen as estruturas dos partidos como o monstro

xigante que se cambalea antes de caer; é un son que xorde da resistencia a deixar atrás unha forma

de facer política propia do despotismo ilustrado, a resistencia a abrir os partidos o pobo.

Non fai moito Compromiso X Galicia celebraba unhas primarias en Santiago ás que calquera persoa disposta

a asinar un pequeno manifesto, e a pagar 2 euros para gastos, podía presentarse e non se lle preguntaba de

onde viña nin cal era o seu pasado; sen entrar a valorar o resultado é evidente que procesos como este deixan

en evidencia a outros como os que segue o Psoe para elixir o seu secretario provincial; se un pode entender

que sexa unha votación para afiliados, ao ser un cargo orgánico, é menos comprensible que se esixan 800

avais para poder participar, ten menos dereito a presentarse un ao que só apoian 3? pero os candidatos tamén

merecen unha reflexión. Na comarca de Santiago, onde se edita Lindeiros, presentase Manuel Mirás alcalde

de Oroso, ao que os seus opoñentes lle lembran que accedeu ao cargo grazas a unha moción de censura,

pasados uns anos é fácil pescudar se aquel episodio mereceu a pena para o partido e para os veciños. O outro

candidato próximo é Jano Leis que mentres fala de consenso e refundación do partido parece esquecer os

bochornosos expedientes abertos a militantes da súa agrupación, a marcha da súa lista de concelleiros encomiados

no pasado por el mesmo, e uns resultados que o levaron de ter 5 concelleiros a 1 só. Os militantes deberán

decidir se o pasado debe influír no futuro pero se algunha análise merece para min esta situación é que

o Psoe, como partido centenario, segue estando pechado aos novos tempos cando os que se senten con ganas

de seguir son os que xa están aí e algún facéndoo moi mal, deberían revisar o significado de renovación.

PP, Esquerda Unida ou o BNG teñen a oportunidade de demostrar que si queren cambiar o mesmo

tempo que a sociedade; non é bo que os grandes partidos non cambien porque eles teñen a experiencia,

do mal ou o ben que están os concellos eles saben máis que ninguén e esa experiencia

é necesaria, talvez desde a oposición, iso decidirano os veciños, pero sen dúbida necesaria.

Manel Pardo

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!