06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

18 pasou

O observatorio da universidade impartiu

un curso de astronomía en Ames

Incluíuse no programa “A astronomía al alcance de todos”

O Observatorio Astronómico

Ramón María Aller, dependente

da Universidade de Santiago,

impartiu no mes de setembro

un curso de iniciación á Astronomía

no concello de Ames;

despois do interese mostrado

polos veciños nas observacións

astronómicas que se realizaron

nos últimos meses en Bertamiráns,

Milladoiro e no Alto de

San Marcos, o concello decidiu

solicitar ao Observatorio a realización

deste curso completo.

A Aula da Natureza de Ames

colabora co Observatorio da

Universidade de Santiago de

Compostela no desenvolvemento

do programa Todocosmos,

que pretende achegar o mundo

da astronomía a diferentes concellos

de Galicia; por medio

do programa os astrónomos da

USC desenvolven cursos de iniciación

como o que se impartiu

na Casa da Cultura de Bertamiráns.

Os participantes puideron

coñecer diversas nocións

sobre o funcionamento dun

planisferio e as coordenadas astronómicas

que permiten fixar

a posición dos astros no ceo e

aprenderon a empregar o programa

gratuíto Stellarium, unha

ferramenta informática coa que

se pode situar a posición dos astros

no nosos ordenador.

O programa de divulgación

ofertado polo Observatorio Astronómico

Ramón María Aller

(OARMA) da Universidade de

Santiago de Compostela (USC)

ten coma obxectivo levar a

Ciencia Astronómica a toda a

sociedade mediante diferentes

actividades para todos os segmentos

de idade: cursos, obradoiros,

observacións astronómicas,

presentacións, etc.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

Lindeiros

Ordes lembrou o día do

Cancro de mama

O balcón do concello lucíu un lazo rosa

O pasado 19 de outubro celebrouse

o día do Cancro de

mama que serve para render

homenaxe as vítimas de esta enfermidade

e lembrar a necesidade

de seguir loitando contra ela.

No concello de Ordes a delegación

local da Asociación

española contra o Cancro levou

a cabo unha actividade que consistiu

en colgar do antigo balcón

do concello unha pancarta cun

enorme lazo rosa; segundo as

estatísticas en España hai un to-

tal de 20.000 persoas que padecen

este tipo de cancro sendo na

súa maioría mulleres e estímase

que unha de cada oito a padecerá

o longo da súa vida.

Aínda que se avanzou moito

quedan tamén moito por facer

polo que este tipo de xestos axudan

a concienciar a poboación e

a animala a colaborar do xeito

que poidan ata que se consiga

erradicar por completo.

Fontes: concello de Ordes, Lindeiros

III Xornadas micolóxicas en Oroso

Participaron mais de 40 veciños

E época de cogomelos e por

terceiro ano o concello de Oroso

organiza unha saída para

recoller, seleccionar e degustar

unha das cousas que nos trae o

outono.

Un total de corenta veciños

e veciñas participaron en esta

terceira edición das Xornadas

nas que colaboran o concello e

a asociación cultural Tarandeira.

Tras unha breve introdución

teórica á micoloxía no centro

cultural de Sigüeiro a cargo de

Martín Souto, biólogo da Universidade

de Santiago de Compostela,

os participantes realizaron

unha saída aos bosques da

contorna para recoller cogomelos.

Unha saída na que estiveron

acompañados por voluntarios

da Agrupación de Protección

Civil de Oroso.

A pesar de algún que outro orballo

e logo de varias horas apañando

cogomelos, os veciños

trasladáronse ata o Restaurante

Mariñaos para participaren nun

xantar-degustación composto

principalmente por cogomelos.

Pola la tarde, xa de volta no centro

cultural Fernando Casas e

Novoa, os alumnos identificaron

os cogomelos apañados durante

a mañá e puxeron así en práctica

os coñecementos adquiridos.

Fonte: concello de Oroso, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!