06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

14 antonte

Lindeiros

A historia do Pazo de Galegos

é a de Antonio López

Ferreiro, a propiedade segue

sendo en certo xeito “A casa

do cóengo” , o lugar no que o

historiador e relixioso traballou

durante boa parte da súa vida

e no que aínda se poden ver as

mesas de pedra nas que escribiu

boa parte da súa obra dedicada

á catedral de Santiago;

Pazo Galegos segue sendo un

lugar de recollemento no que

illarse do mundo.

En 1866 López Ferreiro chega

a Vedra para encargarse do

traballo pastoral, tras 21 anos

dedicado aos veciños, en 1887

decide comprar unha casa no

lugar de San Pedro de Vilanova

buscando a tranquilidade

e o illamento que necesitaba

para a súa alma de investigador

e historiador; faise cunha antiga

casa grande do lugar e nela

pasará os mellores anos da súa

vida traballando na súa obra

máis recoñecida “Historia de

la Santa Amada Metropolitana

Iglesia de Santiago de Compostela”

, 11 volumes que recompila

todo o que naquel momento

coñecíase ao redor da Catedral.

Pazo de Galegos

a casa do Coengo

Pero o cóengo López Ferreiro

era tamén un amante das

plantas ornamentais e do viño,

caldos que despois vendía en

Compostela, e desas afeccións

nútrese a edificación que segue

tendo boa parte das súas 2 hectáreas

dedicadas ás plantas, os

paseos e os viñedos.

A primeira gran reforma da

edificación acométea a irmá

de López Ferreiro, Dolores; ao

herdar a propiedade e tendo

que acoller aos seus moitos fillos

decide ampliar os espazos

e dar máis altura á casa aínda

que mantén a distribución dos

terreos e elementos tan característicos

como os emparrados

que permiten o paseo relaxado

en calquera momento do ano

sempre que o tempo permítao.

En 1980 o actual propietario,

Manuel García, compra a

casa para o goce particular e é

tan só nos últimos anos cando

deciden converter o conxunto

nun Hotel rural; refórmase novamente

pensando xa nun uso

máis comercial pero mantendo

o encanto do seu deseño e os tesouros

que foron quedando das

distintas épocas vividas pola

casa; libros, pinturas, mobles

que lembran as distintas épocas

polas que pasou o conxunto.

Pazo Galegos é hoxe en día,

ademais dun dos Hoteis Rurais

con mellor cualificación nas

guías de viaxes (nota de excelente

en Trip Advisor), unha

marca de viño de recoñecido

prestixio; cando os actuais donos

compran a propiedade deciden

definir moito mellor as

vides e realizan unha selección

moi coidada que dota de calidade

á produción; Manuel García

xunto con outros produtores

da zona impulsa a inclusión na

Denominación de Orixe Rías

Baixas á que acaban accedendo

como subzona do Ulla, é a enoloxía

outro dos polos de atracción

dos hóspedes e visitantes

do Pazo.

É posible que o que mellor

defina este lugar é a cepa que

ilustra a nosa portada; un ser

vivo de 500 anos que, a dicir

dos expertos, está en plena mocidade

sostendo un emparrado

de 110 m2 . Paul, o enólogo da

familia e fillo de Manuel García,

traballa na produción dun

viño exclusivo desa cepa cunha

tirada de moi poucas botellas e

que encerrarán unha experiencia

única, a mesma que supón

achegarse ao Pazo e que fai que

desde o primeiro momento uno

atópese tan a gusto como no

seu día estivo o propio López

Ferreiro, que un se deixe levar

e pasee baixo os seus emparrados

sen preocuparse de nada

máis, que uno desexe levantarse

alí cada mañá volvendo a

unha vida moito máis próxima

á terra.

A dñia de hoxe e curioso

comprobar como a meirande

parte dos usuarios de casas e

hoteis rurais como este son

exstranxeiros; no caso que nos

ocupa chegados desde centroeuropa,

Nova York ou Asia e

que toman estes lugares como

base de operacións para coñecer

galicia e se deixan acosenllar

polos donos a hora de facer

excursións; pazos como o de

Galegos son non so uha fonte

de ingresos para eles se non

tamén para o seu entorno mais

cercano.

A produción de viño de calidade

e a excelencia no trato

aos clientes son sen dúbida o

que marca o presente e o futuro

próximo de Pazo Galegos, un

lugar que mantén a esencia da

Casa Grande que foi.

Fotos: Loli Fdez.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!