06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

12 educación

Lindeiros

Fátima García Doval

Sobrevivir á infancia non é

tarefa fácil na actualidade. As

familias viven inmersas nunha

percepción de medo e inseguridade

que acolcha aos nenos -e

non tan nenos- en capas de papel

de burbulla, co único obxectivo

de previr un suposto mal

que non acaba de materializarse.

Segundo o Balance da criminalidade

de 2013 o noso país

goza dun descenso continuado

da criminalidade desde 2002.

Na actualidade a taxa de homicidios

no noso país é a máis

baixa da UE-15. Neste marco

Galicia goza dunha situación

privilexiada, cunha taxa de

ofensas e delitos que corresponde

á metade da media española.

Só nos gañan en “pracidez e seguridade”

Cantabria, Asturias e

Estremadura.

Pero a pesar desta acumulación

de datos obxectivos, contrastados

e públicos, os proxenitores

vivimos inmersos nun

pánico continuo a que os nosos

fillos sufran o ataque de calquera

desaprensivo en calquera momento.

Por iso non lles deixamos xogar

na rúa pola súa conta e confinámolos

en parques valados,

cheos de randeeiras cubertas de

medidas de seguridade pasiva,

indicacións de idade e teléfonos

de emerxencia. Con todo xogar

na rúa, nas prazas e nos escampados

é, posiblemente, un dos

mellores recordos que moitos

gardamos da nosa nenez. Era

neses momentos nos que puñamos

a proba a nosa capacidade

para encarar o risco e saír, ou

non, vitoriosos.

Por iso xa ninguén vai andando

só á escola ata que as hormonas

adolescentes sobórdanlle

polo nariz (e ás veces nin así), a

pesar de que moitos psicólogos,

pedagogos e outros pensadores

levan anos alzando a voz a favor

de recuperar esta práctica perdida.

O xenial psicopedagogo

e debuxante Francesco Tonucci

(Frato) pasou a última década

Doctora en Pedagogía e Innovación Educativa.Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra de inglés, pedagogía terapéutica y audición y

lenguaje; licenciada en filosofía y letras con la especialidad de pedagogía

e investigadora en tecnologías y accesibilidad. Trabaja en un centro de

educación especial en Santiago de Compostela.

http://discapacitodos.com/

Onde viven os

monstros

estudando o impacto en de esta

práctica, entre outros, na redución

de problemas de comportamento

asociados ao diagnóstico

de TDAH.

Por iso a habilidade para encarar

riscos físicos está a verse

mermada. Con randeeiras de

seguridade, sen muros nin enreixados

nin bordos, sen zonas

esvaradías, elevadas ou de difícil

acceso, os nosos pequenos

xa non teñen un espazo no que

exercitar habilidades motrices

tan necesarias como o equilibrio

ou a superación do medo ás

alturas.

A puntaría xa non é o que era

porque, obviamente, xa ninguén

tira pedras. Non fai moito

unha señora afeoulle a conduta

ao meu marido e á miña filla

porque tiraban pedriñas ao mar

para facelas saltar sobre as augas.

Segundo ela esas lasquiñas

afectaban o calado do peirao e

ao marisqueo.

De que os peques fabríquen o

seu propio tirapedras e manexen

ferramenta mellor xa nin falamos.

Vivimos inmersos na cultura

do medo. Temos medo dos criminais,

medo da nosa contorna

física e até medo do medo. O

medo como negocio responde

a moitos intereses, como o

lingüista Noam Chomsky e o

cineasta Michael Moore entro

outros, levan anos denunciando.

Ese medo está a arrolar unha

xeración insegura, asustadiza e

incapaz de asumir o risco.

Este medo obvia, ademais,

a máis sanguenta situación. A

grandísima maioría das agresións

infantís constitutivas de

malos tratos danse no seo da

familia e contorna próxima. No

mundo 275 millóns de nenas e

nenos son vítimas cada ano de

violencia dentro dos seus fogares,

espazo que debese ser de

protección, de afecto e de resgardo

dos seus dereitos. Aproximadamente

un 5% dos nenos

e nenas menores de 18 anos

sofren ou sufriron malos tratos

no seo das súas familias. Isto

quere dicir que nunha aula de 25

alumnos o máis probable é que

polo menos un deles sexa vítima

de malos tratos na súa contorna

próxima.

Deixemos de temer á rúa, aos

parques, á cidade. O monstro,

como temen a maioría dos nenos,

non vive tras os edificios e

en canellóns. O perigo non está

aí fóra. Lamentablemente vive

baixo a súa propia cama. Se

queremos protexer ao noso menores

eduquémoslles para ser

valentes.

Ilustración: Jorge del Oro

Carmen Morante nova

Decana de Educación

É profesora do departamento de Didáctica

Carmen Fernández Morante

foi elixida nun proceso no que

tamén concorreu o profesor

Antonio Rodríguez Martínez.

Con 76 votos emitidos, a Xunta

deste centro outorgou 43 votos

á nova decana, 17 a Rodríguez

Martínez e outros 16 en branco.

No período de catro anos que a

profesora Morante inicia logo

da súa elección avoga porque as

facultades de Ciencias da Educación,

“deben ser referentes na

defensa do ensino público e da

cultura democrática e favorecer

sinerxías con todos os axentes

educativos cos que compartimos

aspiracións e finalidade”. A

recén elixida decana sinala tres

claves que poden conducir ao

“éxito e á mellora: unha visión

común sobre o noso futuro e decidir

cara onde imos, un bo clima

de traballo e a implicación

de todas e todos nas decisións e

actividades do centro”.

A nova Decana é especialista

en tecnoloxía educativa, a súa

traxectoria profesional está vinculada

ás Tecnoloxías da Información

e das Comunicacións

(TIC) aplicadas á formación,

tema sobre o que ten impartido

docencia universitaria e cursos

formativos e de innovación docente

para profesorado de todos

os niveis educativos así como

para profesionais da educación.

No seu mandato ofrece “pacto

e consenso na toma de decisión

que afectan a toda a comunidade

educativa e a unidades desta”

e información e transparencia,

máis concretamente “claridade

e inmediatez para ser eficaces e

conformar estratexias xuntos”.

A Facultade de medicina

conmemorou o 125 aniv.

de Francisco Asorey

Un monumento obra de Cándido Pazos e

un dos homenaxes realizados

A Facultade de Medicina pechou

o programa de actos organizados

con motivo da festividade

do seu patrón cunha sesión

na que tamén se conmemorou

o 125 aniversario de Francisco

Asorey (1889-1961), escultor

anatómico da Facultade.

Os actos comezaron coa inauguración

da nova Aula de

Microscopía de Anatomía Patolóxica

e proseguiron cun acto

académico no que o catedrático

de Anatomía Javier Jorge Barreiro

pronunciou a conferencia

‘Asorey e a Facultade de Medicina’.

Ao remate, descubrirase

no Claustro baixo da Facultade

un monumento conmemorativo

obra de Cándido Pazos.

A xornada puxo o broche a

un conxunto de actos que comezaron

coa presentación do

libro Fuentes documentales y

recursos docentes en Odontopediatría

y Ortodoncia, do que son

autores Xosé Antón Regos Varela,

Jacobo Limeres Pose, Juan

Seoane Romero e Marcio Diniz

Freitas

Fonte: USC, Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!