06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

novembro 2014 concellos 11

O Pino Qué pensa facer polo seu concello?

O Pino, un concello gobernado dende sempre polo PP, que ven podería collerse como exemplo da súa nefasta administración: un concello o servizo

da especulación urbanística primeiro, e da política de recortes indiscriminada despois.

Na súa última fase, a burbulla inmoviliaría chega a O Pino coa bendición da administración local, absolutamente complacente coas promotoras,

mesmo cando estas tiveron unha forte contestación veciñal como é o caso do fallido polígono industrial.

A benevolencia cos promotores leva a unha multiplicación da vivenda sen ir acompañadoa das necesarias infraestructuras básicas. Vaia como

exemplo a ausencia de depuradora e de espacios públicos no núcleo urbano.

Actuacións absolutamente imprescindibles son hoxe irrealizables cos medios propios dos que dispón o concello.

O non ter un modelo de desenvolvemento que non fose a burbulla inmoviliaria, coa crise, a actividade económica queda paralizada, e no social o

concello aplica sen paliativos os recortes.

Non hai unha sola iniciativa pra favorecer os máis desprotexidos, non hai unha sola iniciativa económica pra aproveitar novos recursos dispoñibles, nin pra aproveitar

mellor aqueles que son hoxe fundamentais, caso dos camiños a Santiago. Pero como temos denunciado en reiteradas ocasións esto non parece preocupar os gobernantes, e

senón vexamos: mentres se fan recortes sociais este é o único concello do seu entrono que mantén catro adicacións exclusivas; en troques de banco de alimentos, eventos

gastronómicos de custes disparatadas; en troques de escola de música, festexos absurdos (festa do cabalo, feira medieval,... etc.)

Os Socialistas de O Pino, cualifican o balance da lexislatura, do goberno que preside Manuel Taboada, de catro

anos de parálises, e recortes.

Parálises crónica, dado que nestes últimos catro anos en O Pino, non se levou a cabo ningún proxecto que axude a dinamizar a economía do

Concello, non se fixo nada en servizos sociais, nada en políticas activas de emprego. A única medida neste eido, a que nos ten acostumado o PP, un obradoiro de emprego

planificado en tempo e forma na procura do rédito electoral.

Seguimos cun polígono industrial paralizado e xudicializado, o cal e un grave problema, posto que, neste intre, ningún emprendedor/a que quixera asentarse en O Pino, o

podería facer, o carecer de solo industrial urbanizado.

Seguimos sen un parque público de vivenda, non conseguimos asentar poboación, e así poderíamos seguir con unha grade lista necesidades, ata chegar a CEN.

CEN, eran as propostas do programa electoral do PP de O Pino, e desas cen non cumpriu nin dez. No que si cumpre o Sr. Taboada e no aumento da carga impositiva para

os veciños/as de O Pino.

Dedica, por primeira vez, a gasto corrente parte da dotación orzamentaria do POS, cando presume de contas saneadas.

Pero non todo son sombras na lexislatura do Alcalde, o seu equipo goza de boa saúde financeira, proba delo son as catro dedicacións exclusivas que mantén, cando o concello

non acada nin os 5.000 habitantes. O cal choca ca súa negativa a facerse cargo do custo do conserxe, a xornada completa, no CPI Camiño de Santiago escudándose na

falta de presuposto.

Resumindo, parálises, recortes, e aumento da carga impositiva, en definitiva, vergonzoso balance.

O PP de O Pino declinou a nosa invitación a achegarse aos seus cidadans neste medio.

Cara o 2015

Máis liortas no PP de Santiago

Cando parecía que o Partido

Popular conseguira estabilizar

a situación na Capital de Galicia

nos últimos días aparecen

de novo os problemas na formación

a conta do anterior alcalde

Ángel Currás.

O ex rexedor era unha das pezas

que quedaban por amañar

xa que ninguén entendía o papel

que xogaba no novo equipo de

goberno de Agustín Hernández;

a finais de outubro xurde a nova

de que Ángel Currás deixará o

cargo de concelleiro e se incorporará

a presidencia de Tragsa

o que, como era de esperar, motivou

críticas da oposición, dos

sindicatos da empresa e o socialista

Méndez Romeu chegou

a preguntarlle no parlamento

pola cuestión a Alberto Núñez

Feijoo quen desmentiu ese presunto

cambio de posto.

Non se sabe si a presión social

fixo que se parara o cambio de

traballo de Ángel Currás pero

no momento de pechar edición

segue de concelleiro en Santiago

sen que polo momento se

saiba nada mais; a dicir do alcalde,

Agustín Hernández, cando

Currás decida que quere facer

da súa vida llo dirá e será entón

cando él tome as súas decisións.

Algúns dos rumores tamén

apuntaron a posibilidade de que

Ángel Currás retomara a actividade

como profesor de instituto;

o que si parece claro e que moita

xente o quere ver fora do seu

posto de concelleiro en Santiago.

Esquerda Unida desenrola actos por toda Galicia

A formación comezou esta

serie de accións o pasado día

23 en Compostela e continuou

o 25 na Coruña. Na carta aberta

presentada polo coordinador

Xabier Ron o partido di que

“Chegou o momento de traballar

con honestidade, con xenerosidade

e con sinceridade para

avanzarmos na conformación

de procesos de confluencia, de

converxencia das diferentes forzas

políticas, sociais e cidadás

desexosas de artellar un programa

de acción destinado a debuxar

no futuro a esperanza da

transformación desta sociedade

e deste sistema de vida. Todo

desde un dobre enfoque: reducir

as diferenzas que nos separan

ao mesmo tempo que as respectamos

no esencial”.

Nas asembleas Esquerda Unida

quere conseguir a participación

cidadá de cara a elaborar

o programa das municipais do

vindeiro maio.

Según Ron “Xa hai un lustro

que nos dimos conta de que sós

non se vai a ningures. Que o rival

é demasiado poderoso como

para que pequenos átomos acudan

a loitar contra ese xigantesco

Goliat”. O coordinador lembra

o proceso da Refundación

da Esquerda en EsquerdaUnida

que fraguou no 2012 na conformación

da coalición Alternativa

Galega de Esquerda, con

representación no Parlamento

de Galicia.

Para esquerda Unida Chegou

o momento de traballar

para avanzar na conformación

de procesos de confluencia, de

converxencia das diferentes forzas

políticas, sociais e cidadás

desexosas de artellar un programa

de acción destinado a debuxar

no futuro a esperanza da

transformación desta sociedade

e deste sistema de vida. Todo

desde un dobre enfoque: reducir

as diferenzas que nos separan

ao mesmo tempo que as respectamos

no esencial.

Un programa de acción que,

según Xabier Ron, debe asentarse

no principio primordial de

devolver a democracia á cidadanía.

Con vistas a elaborar as liñas

mestras deste programa nacen

estos actos públicos baixo o

lema #ENCONTRO PARA UN

NOVO PAIS.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!