06.11.2014 Views

LINDEIROS NOVEMBRO 2014

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

Xornal da bisbarra de Compostela, no número de novembro falamos do Pazo de Galegos, entrevistamos a Olga Martínez, Ivan Raña, Angel Botana e anticipamos a axenda cultural do mes.

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

10 concellos

Lindeiros

Negreira Qué pensa facer polo seu concello?

PSG-PSOE DE NEGREIRA “ DEVOLVERLLE A DIGNIDADE AOS NOSOS VECIÑOS, AO NOSO POBO “.

Os veciños “ non se merecen líderes débiles de pactos de salón “.

Esta frase pronunciada por Carlos Negreira, Presidente Provincial do Partido Popular, expresa á perfección o sentir do pobo de Negreira.

Os nosos veciños non queren convivir catro anos mais cun goberno municipal xerado á forza nun pacto de salón, e formado por dúas forzas

políticas unidas por un único interese. Manter o poder municipal ao prezo que sexa.

O Psg/Psoe de Negreira quere devolver ao nosos veciños á dignidade perdida estes anos, quere conseguir que os nicrarienses se sintan orgullosos do seu ser.

Os nosos esforzos irán dirixidos a potenciar os campos de actuación social. Cultura, educación, deportes, servizos sociais e por suposto o emprego.

Nestes tempos tan difíciles que nos toca vivir, as administracións, sobre todo a mais próxima ao cidadán, a local, deben esforzarse en garantir una calidade de vida óptima

aos seus administrados. Agora mais que nunca debemos estar ao lado dos cidadáns, agora mais que nunca debemos rexeitar e debemos mudar as políticas bandeira do

PP.

Seguiremos andando o camiño iniciado no anterior mandato socialista.

Ese camiño tan necesario e tan xusto que consiga igualar a calidade de vida dos habitantes do rural coa dos habitantes do pobo. En temas de servizos ( saneamentos,

auga,..) en temas de novas tecnoloxías ( internet, tv, radio, sinal de telefonía,..).

Ese é o compromiso actual, esa será a realidade futura.

O traballo máis duro que tivemos que afrontar o PP en estes anos foi a débeda do concello; asumimos o goberno a mediados de 2011 e estaba

esgotado o presuposto dese ano e comprometido parte do seguinte e unha cola de xente reclamando o pago de facturas.

Normalizar a situación foi un dos nosos logros..

Fomos quen de abrir un polígono industrial chamado a ser o pulmón económico e de desenrolo do noso concello e que xa agora está cumprindo

esa función a pesares da crise e conta ata con unha empresa multinacional instalada nel.

Vertebramos o espazo urbano coa apertura de novas rúas no centro e continuaremos o paseo fluvial ata ao pavillón de Pedra Mámoa, zona deportiva

que tamén intervimos coa construción de duchas para o uso do club de tenis e pintado de todo o interior e arranxos no tellado.

Rematamos a construción da piscina municipal e conseguimos equipala e pola en funcionamento sen recorrer a ningún crédito.

Construímos un gran espazo público na zona de máis crecemento da vila que carecía dun espazo de esparcemento e que conta agora cunha praza pública de 7000 metros

cadrados.

Melloras en servizos sociais coa ampliación de programas xa en marcha como madrugadores,e posta en marcha de novos como o campamento urbano para favorecer a

conciliación das familias durante o verán.Creación da marcha anual en contra da violencia de xénero, e novos servizos para a xente máis necesitada.

Todo isto foi posible grazas ao entendemento de todos os membros do goberno municipal que dende o primeiro día tiñamos claro que o que eran dous partidos distintos

era un só. Isto foi posible grazas e o empeño do alcalde Juan Rey en sacar adiante todos e cada un dos proxectos propostos;. Con esta actitude de traballo nos presentamos as

municipais do 2015 e co aval do traballo ben feito.

O PBN ( Partido Blanco de Negreira) declinou a nosa invitación a achegarse aos seus cidadans neste medio.

Cara o 2015

Primarias a Secretaria provincial no PSdeG

CxG xa ten candidato a Compostela

Manuel Mirás

Na bisbarra de Compostela

dous son os candidatos a participar

nas primarias a secretario

provincial e con dous perfís moi

distintos. Manuel Mirás e alcalde

de Oroso e forma parte da

executiva do partido en Galicia,

cunha clara vocación veciñal

nas conversas que está mantendo

coas agrupacións da provincia

fala de 3 bases para sacar a

diante o partido, planificación,

obxetivo e estratexia. Nunha

recente visita a Ames falou dun

traballo continuado para chegar

a maioría silenciosa e alcanzar

con forza as municipais do 2015;

recoñece que no partido se traballa

as veces de xeito desorganizado

como o demostra que en

case que ningunha agrupación

exista un censo de simpatizantes

e cree que hai que traballar

todo o que se poida de cara as

municipais.

O outro precandidato é Jano

Leis. Foi candidato a alcaldía de

Teo acadando 5 concelleiros no

2007 quedándose na oposición

e baixando a un so concelleiro

no 2011, resultados que o levaron

a dimitir e renunciar a acta

de concelleiro. fala de refundir o

partido si é necesario e mostrase

moi crítico co que deseñou o

sistema de primarias. Opina que

as primarias deben de celebrarse

en todas as agrupacións agás

as de pobos de menos de 20.000

habitantes onde as presións sobre

os que participan e sempre

moito maior. Nos últimos días

reuniuse con afiliados de A Coruña

e Ferrol.

Os precandidatos en xeral son

críticos co sistema de avales que

fai que precisen 800 firmas de

afiliados para entrar na votación

final o que supón unha limitación

que para moitos e falta de

democracia.

A finais de novembro celebraranse

as votacións.

Xosé Antón López

Xosé Antón López gañou as

primarias abertas que se converteron

nas primeiras celebradas

na cidade. O candidato, á

espera de posibles diálogos con

outras forzas, vén de anunciar

que quere “unha nova Compostela

que lidere o País”, cun

concello que irremediablemente

tense que “abrir a unha

cidadanía farta de corruptelas

e de corruptos”, e que se poida

fiscalizar non só dende as propias

institucións e dos seus representantes,

senón que tamén

“dende o movemento veciñal”.

Para isto, López recordou as

propostas da organización galeguista

en materia de redención

de contas da actividade política

dos representantes públicos.

Xosé Antón López lembrou

que o PP “o único que fixo foi

cambiar de alcalde durante esta

lexislatura, ata tres, pero máis

aló de iso non hai propostas novas

nin un cambio nas formas”,

e que Compostela non merece a

un alcalde como Agustín Hernández,

“que non quere selo”.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!