09.09.2014 Views

LINDEIROS setembro 2014

Lindeiros de setembro do 2014, comezamos unha serie de reportaxes por concellos onde deixamos que os partidos con representación expliquen as súas propostas; falamos do Hostal dos Reís Católicos e en deportes do Santiago Rugby Club

Lindeiros de setembro do 2014, comezamos unha serie de reportaxes por concellos onde deixamos que os partidos con representación expliquen as súas propostas; falamos do Hostal dos Reís Católicos e en deportes do Santiago Rugby Club

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

O xornal gratuíto da bisbarra de Compostela

setembro 2014

N 16 MENSUAL

Hostal dos Reis

Católicos,

o museo agochado

Cara ó 2015

Este mes

Ames e

Boqueixón

Novas

Quedan desertos os

concursos da auga e dos

comedores escolares en Ames

Comeza o proceso para

mellorar a depuradora de A

Silvouta

Pasou:

As festas e os concertos

marcaron agosto na bisbarra

Teo homenaxeou a Ánxel Casal e

Avelino Pousa Antelo

Pasará:

Chega o Outono Codax Festival

Goyo Jiménez trae o seu novo

espectáculo a Compostela

Deportes:

Coñecemos de cerca o Santiago

Rugby Club

XXIX Edición do descenso do

Tambre

Unha alimentación saudable

Atopa Lindeiros en: Ames, Boqueixón, Brión, Frades, Negreira, O Pino, Ordes Oroso, Padrón, Rois,

Santiago, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra

2

MEDIATIZA

Colaboradores

en este nº

Andrés Gómez Tato

Iñaki Quenerapú

Fátima García Doval

Jorge del Oro

Editorial

Actitudes

Lindeiros

En moitas ocasións teño a sensación de que moitas cousas teñen que estar a pasar ao mesmo tempo nun universo paralelo no

que a cordura é a actitude maioritaria, pénsoo porque non me creo que a natureza, tan sabia como é, permita que pasen cousas

máis dignas dunha película de Berlanga que dunha sociedade moderna.

Non acabo de entender o comportamento de moitas administracións cos pequenos empresarios e menos aínda que se lle pida

actitude, empeño, decisión e despois déixeselles sós. O esforzo dos empresarios de Bertamiráns para confeccionar unhas

festas da Peregrina no último momento ten moito mérito, sacaron tempo dos seus negocios e prepararon unhas actividades en

tempo récord que nalgún caso conseguiu sorprender aos veciños. Pero esta vontade non se viu acompañada desde o concello;

aínda que é certo que as normativas para a realización de actividades na rúa endurecéronse moito, e que non cumprilas supón

prevaricar, tamén o é que hai que ter a mesma actitude e decisión que se lles reclama aos empresarios; non se pode estar a 24

horas de comezar con pequenos detalles que se resolven en 10 minutos, esas pequenas cousas teñen que estar arranxadas desde

o primeiro día. Como sempre sucede as festas serán criticadas, pero que quede polo menos aquí o recoñecemento á ACB e

ao esforzo realizado.

Nisto das administracións públicas as comparacións son odiosas pero inevitables; se comparamos Ames con Santiago teremos

primeiro que decidir con que alcalde da capital porque non é o mesmo o destronado Anxo Currás que a curta etapa que leva

Agustín Hernández na que parece que chegou Papa Noel. É lóxico que algunhas cousas pendentes de meses anteriores pero se

enumeramos todo o que se puxo en marcha desde que hai novo alcalde en Compostela non poderemos evitar que nos sorprenda;

renovación de Quiroga Palacios 600.00 euros, marxes do Sarela e rozas 230.000 €, pistas no rural 500.000 €, depuradora

dá Silvouta 4.700.000 €, mais de 800.000 € en Vistalegre e mais de 600.000 en Carretas, aparcamento de Cornes 700.000 €,

campo de fútbol de Conxo 500.000 €, renovación de instalacións deportivas mais de 400.000... cando o mes pasado entrevistaba

a Agustín Hernández suxeríalle de forma irónica se a súa etapa sería a precampaña máis longa na historia da cidade, algo

que sigo pensando, pero o problema é que xoga nunha liga moi distinta ao resto; se todo segue así se salvará unha lexislatura

nefasta para Compostela pero a moitos nos quedará a sensación de que os políticos moven os fíos ao seu antollo e manexan o

tempo, ou os tempos, como máis lles convén.

O outro culebrón do verán, e que non fixo máis que empezar, é o da reforma electoral; nunca fun un bo estudante pero para

min que un 40 por cento non é a maioría, sempre pensei que as coalicións era bo que se definisen antes dos comicios porque

iso aclara moito pero os acordos, gústenos máis ou menos, é algo natural e que forma parte da democracia, en realidade si se

buscasen máis acordos iríanos a todos moito mellor. Reformar a lei para que ao final o alcalde sígano elixindo partidos que

non teñen democracia interna, ou a que teñen é moi lasa, non conduce a nada; son os partidos os que teñen que demostrar que

cren no sistema porque en canto analizas o seu funcionamento dáste conta de que non poden arranxar algo que nin nas súas

casas funciona ben; por moito que renxa Podemos demostrou que hai fórmulas técnicas, informáticas, para realizar consultas

entre militantes e simpatizantes, separando resultados, vendo o que hai por comunidades, deixando participar a todo o que o

desexe e mantendo ademais a privacidade xa que un pode opinar desde o seu móbil e, con todos os reparos que se queiran pór,

demostrou que as primarias do Psoe non estiveron á altura dos seus sufridos militantes... do PP case mellor nin falar porque

nin primarias ten e así nos vai cun presidente designado a dedo. Non digo eu que Podemos sálvenos de nada pero polo menos

ten unha actitude que obriga ao resto a dicir cousas, a explicar porque fan o que fan, e a xulgar polo encabuxados que están

con Pablo Igrexas e os seus non parece que sente moi ben.

Manel Pardo

setembro 2014 novas da bisbarra 3

Desertos os concursos de auga e

comedores escolares en Ames

A unha semana do curso a situación dos comedores é crítica

Non é habitual que o contrato

de xestión de auga dun

concello de 30.000 habitantes

quede deserto, que suceda

dúas veces nun ano e medio é

difícil de explicar pero si engadimos

que o concurso de xestión

dos comedores escolares

a unha semana do comezo do

curso tamén queda deserto a

situación do concello de Ames

convértese en algo inaudito e

insostible. Ningunha empresa,

nin sequera a actual concesionaria,

presentouse á proposta

que para 9 meses preparou

o executivo para o ciclo da

auga, e se cando en novembro

quedou deserto achacouse

a uns pregos moi criticados

desde a oposición nesta ocasión

é complicado buscar razóns.

Algo semellante sucede

cos comedores escolares, no

pleno de agosto a concelleira

Pilar Candocia, quen puxera

en marcha este servizo na súa

etapa no goberno, preguntaba

como era posible que a dez

días do comezo do curso non

se adxudicara aínda o servizo

e que pensaba facer o equipo

de Santiago Amor se quedaba

deserto, palabras premonitorias

que en aquela ocasión non

obtiveron resposta.

Desde o concello búscanse

alternativas para que alguén

se faga cargo de dous dos servizos

máis importantes para

os veciños e desde a oposición

pídense responsabilidades. O

Psoe pediu a dimisión da concelleira

María Eugenia Martín

, alcaldesa en funcións en agosto,

e unha xunta de portavoces

para buscar solucións o tema

da auga e Ames Novo segue

solicitando a xestión municipal;

estes dous partidos seguiron

unha estratexia conxunta

no caso dos comedores sacando

notas consensuadas e

acusando o alcalde enganar os

veciños. Pacto x Ames, antigos

integrantes do goberno municipal,

lembra ademais de todo

o dito que estas situacións

poden xerar desconfianza á

hora de sacar a concurso público

outros servizos, e incide en

que ademais de estes dous está

o retraso no transporte adaptado,

a nefasta xestión nas escolas

deportivas ou a renuncia a

unha subvención para a loita

contra a violencia de xénero

entre outras cousas que da idea

do caos no que vive o concello.

O concello decidiu a sacar

novamente a licitación dos

dous servizos e mentres encargar

a distintas empresas que se

fagan cargo deles de xeito temporal.

No caso dos comedores

o concelleiro Bernardo Moar

lembra que a empresa estaba

inmersa nun conflito laboral

que se resolveu a finais de

curso cando xa estaban os pre-

gos feitos; os pregos fixéronse

baseándose nos prezos do último

ano polo que si a empresa

tiña en previsión unha cantidade

menor para os monitores

víase obrigada a renunciar. En

calquera caso o concello garante

o funcionamento dos comedores

no principio do curso.

Como si todo este lío non

fora suficiente no último momento

unha nota de prensa do

persoal dos comedores desvela

que o acordo coa empresa foi

unha conciliación, non unha

resolución xudicial, e tivo

lugar o 28 de maio co que desmenten

as palabras do concelleiro

de educación que afirmaba

que os pregos saíran antes

de que se resolvera o conflito.

Os traballadores anticipan que

se non se buscan solucións que

manteñan os 100 postos de traballo

que se atopan en perigo o

comité decidirá xunto co cadro

de persoal as mobilizacións

que consideren oportunas.

Fonte: Psoe Ames, Ames Novo, Pacto

x Ames, concello de Ames, Lindeiros

Veciños de Teo reclaman

acceso aos depósitos de

auga

Medio Rural deixou sen construír o acceso

o lugar de San Domingo no que se atopan

Todo é consecuencia da

concentración parcelaria do

monte de Calo que leva décadas

en desenvolvemento, nela

contemplábase un camiño de

acceso aos depósitos que están

no medio da aldea de San

Domingo pero a día de hoxe os

veciños xa non poden chegar a

eles.

As reclamacións dos veciños

deron lugar a unha reunión

co Xefe territorial de Medio

Rural tras a mediación do alcalde

Martiño Noriega, o responsable

comprometeuse a

buscar solucións e mesmo se

valoraron as obras necesarias

nuns 10.000 euros; o máis sorprendente

é que o camiño de

paso estaba contemplado na

concentración pero nunca se

chegou a construír.

Os depósitos dan servizo

a 17 familias que necesitan

realizar labores de limpeza e

mantemento, até hai dous anos

accedían a través da leira dun

veciño que decidiu pechala

polo que a situación na actualidade

é insostible xa que

o coidado das instalacións é

fundamental para o seu bo

funcionamento.

Martiño Noriega critica que

existindo un compromiso por

parte do Xefe territorial un

ano despois non se fixo nada,

o concello realizou labores de

roza no espazo no que debería

abrirse o camiño pero é necesario

que se constrúa porque a

limpeza do espazo por si soa

non vale de nada.

Fonte: concello de Teo

Veciños xunto os depósitos.

Foto: concello de Teo

4 novas da bisbarra

Mónica Vázquez

A XERACIÓN SELFIE

Non sei se lles pasará coma

a min pero dun tempo a esta

parte teño a sensación de que,

alí onde vou, sempre hai un

móbil axexando. Xa estea na

praia, de terraceo, nun concerto

ou mesmo na rúa, mire para

onde mire acabo atopando a alguén

facéndose unha foto co seu

smartphone.

Este fenómeno recente e crecente

é o chamado selfie, un

deses termos anglosaxóns aos

que cada vez con máis frecuencia

recorremos para bautizar

calquera novidade tecnolóxica

que se incorpora ás nosas vidas.

E é que o selfie (ou dito en cristián,

a moda de facerse autofotos

co teléfono móbil en todo tipo

de circunstancias e lugares) ten

alcanzado un nivel de popularidade

tal que nos últimos meses

ata se converteu en noticia en

varias ocasións. Tanto os selfies

dos famosos inmortalizando as

súas idílicas vacacións coma

os autorretratos de personaxes

anónimos en circunstancias cómicas

ou grotescas acapararon

este verán a atención do papel

couché e incluso máis dun titular

na sección de sucesos da chamada

prensa seria. A máis recente

destas noticias saltou hai apenas

unhas semanas, cando o desafortunado

selfie dunha parella ao pé

dun acantilado en Portugal saldouse

con resultados dramáticos

para os seus dous protagonistas.

Podería dicir que unha desgraza

coma esta era previsible

Licenciada en Xornalismo pola

Universidade de Santiago,

a traxectoria profecional de

Mónica Vázquez Fachini (Vigo,

1978) estivo ligado ao mundo

da prensa escrita nos últimos 12

anos, durante os que tamén fixo

colaboracións puntuais en medios

online e escribiu contidos para

páxinas web.

ou aproveitar esta columna para

facer unha sesuda reflexión

sobre os perigos do abuso das

novas tecnoloxías. Pero a verdade

é que non creo que se poida

culpar aos smartphone ou aos

inventores da cámara frontal de

traxedias que, ao fin e ao cabo,

só debemos atribuír á imprudencia

humana.

Os ‘perigos’ do selfie, en caso

de que existan, hai que buscalos

noutro lado. E niso parecen coincidir

precisamente psicólogos de

todo o mundo, empeñados en

demostrar que detrás deste gusto

tan extendido polo autorretrato

agóchase en ocasións unha necesidade

imperiosa de obter o

recoñecemento alleo para compensar

unha suposta falta de

autoestima.

A premisa de partida pode

parecer a priori un tanto extravagante

e pretenciosa. Ao fin e

ao cabo, o selfie non é máis que

unha moda e coma tal, pasaxeira

por definición. Pero non deixa

de ser verdade que o ser humano

vive obsesionado desde tempos

inmemoriais coa imaxe propia

e agora, por primeira vez, a tecnoloxía

bríndalle unha oportunidade

única de inmortalizar cada

momento cun xesto sinxelo e

instantáneo. Trastorno, adicción

ou simplemente moda global, a

xeración selfie xa está aquí e lles

guste ou non, terán que aprender

a convivir con ela.

Analizan as melloras necesarias no

centro de saúde do Milladoiro

Lindeiros

O alcalde, técnicos de Ames e do Sergas visitaron as instalacións

O inverno deixou ao descuberto

os graves problemas do

centro de saúde do Milladoiro

e por fin a mediados de agosto

reuníronse técnicos do concello

e do Servizo Galego de Saúde

para analizar as reformas que

necesitan as instalacións.

Na visita estivo presente o alcalde,

Santiago amor, e o concelleiro

de obras Alfredo Taboada

e comentaron cos técnicos de

sanidade a memoria realizada

desde o concello e que valora

en algo máis de 47.000 euros o

custo de reparación da cuberta

do edificio; o documento recolle

a necesidade de desmontar o tellado

e lavar con auga a presión

os canlóns interiores, as placas

de fibrocemento e os puntos de

unión co edificio contiguo ademais

da fachada antes de poder

O Camiño Inglés e o que realizaban

os peregrinos que chegaban

a Galicia a través do mar

desde os puertos do Báltico,

Países Escandinavos, Países

Bajos, Flandes, norte de Francia

e, en especial, ingleses e irlandeses,

si o camiño a pe sempre

foi duro a vía marítima non o

foi menos; hoxe en día cunha

navegación moito mais segura

segue cada ano recibindo máis

peregrinos a pesar de que o

tramo terrestre é cada vez peor;

segundo o Psoe de Ordes o

tramo que pasa polo municipio

acumula maleza o que nalgún

punto case impide o paso; o portavoz

socialista Jesús Pedreira

considera que “estamos ante

unha lamentable deixación de

responsabilidades por parte dá

administración autonómica, que

se amosa incapaz de coidar un

patrimonio histórico, cultural e

paisaxístico tan valioso economicamente

para Ordes e para

a comarca como é ou Camiño

Inglés”.

Ao longo do que vai do 2014

máis de 4.000 peregrinos pasa-

impermeabilizar as zonas con

filtracións; a análise do concello

tamén recomenda traballos de

carpintaría para substituír vidros

con roturas ou incorporar

cristais dobres con cámara de

seguridade .

Nesta visita non se mencionaron

prazos pero se non se

quere que o inverno sexa de

novo complicado para os usuarios

do centro as obras non deberían

tardar moito en pórse en

marcha.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

Piden o arranxo do Camiño Inglés o seu

paso por Ordes

Os socialistas esperan “que non teña que vir David Cameron para

que o arromben”

ron pola ruta o que para o Psoe

dá idea da importancia do seu

coidado; ironizan coa preparación

que se fixo a finais de

agosto dun tramo do Camiño

Francés polo que pasarían

Merkel e Rajoy explicando que

terán que convidar ao primeiro

ministro británico, David

Cameron, a percorrer o trazado

ordense para que os responsables

da Xunta atendan as necesidades

do itinerario.

Xa máis en serio Jesús

Pedreira lembra tamén a necesidade

dun albergue “Ademais de

esquecer practicamente de todo

nas súas accións promocionais

dunha variante con tanto potencial

turístico, o Xacobeo desatende

as reclamacións de limpeza

e sinalización do Camiño

Inglés e por suposto desoe unha

necesidade clamorosa como é a

construción dun albergue para

peregrinos en Ordes”.

Fonte: Psoe Ordes, Lindeiros

setembro 2014 5

Continúan as polémica

sobre o novo colexio de

Oroso

O concello garante que o seu parte das

obras se terminará no tempo fixado

O alcalde de Oroso Manuel

Mirás, o concelleiro de educación

Antonio Leira e o de obras

Eduardo Veiras visitaron en

agosto os traballos que levan a

cabo no que será o novo centro

de educación infantil de Sigüeiro

e aproveitaron para denunciar as

trabas da Xunta para que o colexio

estea preparado para o inicio

do curso.

Este novo centro xa ten un

debate aberto ao non garantir a

Consellería que teña servizo de

comedor e transporte, un agravio

comparativo co colexio que xa

funciona no municipio e que si os

ten; a esa problemática súmase

agora a denuncia do concello que

explica que a Xunta non permitiu

que os técnicos municipais entrasen

a comprobar o estado das

obras do novo centro, a pesar de

todo as conexións de luz, auga,

gas e os accesos estarán preparados

para o inicio do curso escolar

segundo explicou o alcalde

Manuel Mirás “Imos cumprir

cos compromisos do concello

a pesar de que a Xunta puxo

moitas trabas, ao atrasar moito

o remate do colexio impedindo

traballar mentres tanto?; o concello

está a preparar ademais a

contorna para que o centro poida

ter accesos seguros a pé desde

distintos lugares de Sigüeiro incluíndo

un directo polo paseo do

Carboeiro.

Fonte: concello de Oroso, Lindeiros

Touro presenta a nova

Casa da Cultura e o PAI

O concello organizou unha xornada de portas

abertas para dar a coñecer os edificios

En marzo avanzamos o estado

das obras da Casa da Cultura

e do Punto de atención á infancia

de Touro, dúas instalacións

que foron presentadas aos veciños

coincidindo coa Festa dos

Maiores o pasado 10 de agosto.

A masiva afluencia á celebración,

máis de 800 persoas,

serviu tamén para que centos

de veciños coñecesen os novos

equipamentos da vila; a empresa

construtora xa entregou as

chaves e ao longo do presente

mes dotarase de mobiliario aos

edificios. O investimento na última

fase do centro cultural superou

os150.00 euros mentres

que ao momento de atención á

infancia destináronse 191.000

€; os edificios están ubicados

nunha área de servizos na que

se sitúan ademais unha zona de

autocaravanas, a piscina, unha

cancha de tenis e a residencia de

maiores.

O PAI funcionará xa neste

curso que comeza e ten capacidade

para 20 nenos, conta

cunha aula e un espazo de usos

múltiples ademais dunha zona

de descanso e un patio exterior

cuberto abarcando unha superficie

total de 252 m2.

Fonte: concello de Touro, Lindeiros

Os socialistas

de Negreira

considéranse

“goberno na

sombra”

Aseguran que as

súas demandas e

mocións son as que

marcan o traballo

municipal

O grupo socialistas é o único

na oposición de Negreira e está

convencido de que o goberno

municipal traballa ao ritmo das

súas demandas e mocións, aseguran

que esta situación se produce

desde o principio da lexislatura

pero que nos últimos tempos

viuse acentuada.

Os socialistas poñen algúns

exemplos das consecuencias

das súas demandas; a máquina

que se utiliza para selar o cartón

do paro estivo estragada máis

de mes e medio e reparouse na

mesma semana que eles denunciaron

a situación; tamén mencionan

os parques infantís que

foron arranxados e limpados tras

as súas queixas, ou os colectores

de lixo orgánico que foron limpados

tras as peticións socialistas.

Para a oposición nicrariense

estes son exemplos da pouca capacidade

de xestión do goberno

municipal e acúsano de ter intereses

distintos ao servizo público

que se lle suporía.

O grupo socialista explica que

seguirán realizando o seu labor

para facilitar e mellorar a vida do

veciños pero insisten na importancia

de que se saiba quen e porque

impulsa o traballo municipal.

Fonte: Psoe Negreira, Lindeiros

6 ciencia e tecnoloxía

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Doctor en Ciencias Físicas por la USC y responsable del Departamento

de Aplicaciones y Proyectos del Centro de Supercomputación de Galicia

(CESGA). Trabajó para diversas empresas del sector de las Tecnologías

de la Información y las Comunicaciones como SERMATICA, CESATEL o

Unisys España. Actualmente participa desde el CESGA en proyectos de

investigación y desarrollo tecnológico, tanto europeos como nacionales, en

donde colabora habitualmente en la difusión de sus resultados.

Con la voz de Occam

El dilema del prisionero

Ucrania. Gaza. Libia. Siria.

Irak. Las noticias internacionales

de este verano han estado marcadas

por las guerras, siempre

irracionales, que arrasan con la

vida de las personas inocentes,

con la economía de esa región

y con las infraestructuras que

tanto ha costado conseguir para

tener una cierta calidad de vida.

Incluso han reaparecido comportamientos

que creíamos desterrados

como la esclavitud o la

conversión forzosa. Aunque pensemos

que estos conflictos están

lejos de nuestra comarca, no nos

pueden dejar indiferentes. Más

valdría que los líderes estudiaran

un poco lo que la ciencia ha aportado

durante las últimas décadas

a través de la teoría de juegos.

La teoría de juegos se refiere

al estudio riguroso de la toma de

decisiones propias en situaciones

de conflicto con otros contendientes

(los “jugadores”). Esta

teoría proporciona las herramientas

matemáticas para seleccionar

nuestra mejor decisión o estrategia

de entre aquellas que son posibles.

Siempre bajo la suposición

de que nuestros oponentes se

comportarán de forma racional

e inteligente (aunque desconfiemos

de ellos) y que conozcamos

cuales son los beneficios que obtendremos

para cada una de las

decisiones que podemos tomar.

Uno de los ejemplos más conocido

es el dilema del prisionero,

que hemos visto muchas veces

reflejado en series policiacas:

Dos compinches de un delito son

detenidos y llevados a dos salas

de interrogatorios separadas sin

que puedan comunicarse entre

ellos. Los policías les acusan

de un delito menor al que están

investigando (que está penado

con dos años de prisión) y les

proponen un acuerdo. Si colabora

delatando a su compinche

y este no colabora, él quedará

libre de todos los cargos mientras

su compañero cumplirá una

pena mayor (diez años). Ahora

bien, si ambos colaboran propondrán

reducir la pena de diez

a tres años para cada uno. ¿Cuál

es la decisión que ha de tomar

el delincuente? ¿Colabora? ¿No

colabora? ¡Qué dilema! ¿Qué

haría usted en esa situación?

Probablemente la solución más

inteligente sería colaborar si no

se fía de su compañero, aunque

la tentación de no colaborar y obtener

una pena mínima por otro

delito es muy fuerte. En experimentos

realizados en los años 50

del siglo pasado en situaciones

que se asemejan a la anterior, el

resultado fue que la colaboración

de ambos contrincantes era más

frecuente que la no colaboración.

La teoría de juegos se utiliza en

muchos ámbitos desde la economía

a la biología, la sociología o

la política, incluyendo los análisis

de conflictos bélicos. Y por supuesto,

en los juegos tradicionales

como el tres en raya, en donde

si se juega racionalmente es imposible

ganar. Los que provocan

las guerras de forma irracional

deberían ver el final de la película

Juegos de guerra y aprender

que en ellas, todos perdemos.

Puedes seguir a Andrés en:

http://www.conlavozdeoccam.

blogspot.com.es/

Iñaki Quenerapú

Novas Tecnoloxías

Evanxelizador tecnolóxico.

Profesor de informática

e consultor en temas

de dixitalización e

alfabetización dixital.

Tamén deseñador gráfico,

técnico de márketing

para novos medios e programador

web. Cando sexa

maior quere ser monologuista.

http://quenerapu.com

Entornos libres

de distraccións

¿Coñeces a diferencia entre

‹editor de textos› e ‹procesador

de textos›? Probablemente

tes ambas cousas no teu ordenador

pero só usas unha delas.

Un editor de textos (por exemplo,

o Bloc de Notas do Windows) é

un programa que serve para escribir

textos. Pola súa banda, un

procesador de textos (por exemplo,

o Word) é un programa que

serve para dar formato aos textos

(negriñas, cursivas, tipos de letra,

etc). Case todo o mundo escribe

directamente no procesador de

textos, pensando «así de paso

que vou escribindo, vou dando

formato». Parece que aforras

tempo,¿verdade?.

Pois non.

Escribir é un traballo duro.

Ás veces toca escribir axiña

un texto sobre algo que non

nos fascina e resulta fácil caer

en distraccións. Ou temos que

escribir un documento enorme

e acabamos agotados.

Os procesadores de textos que

usamos habitualmente están a

anos luz de ser entornos libres

de distraccións: todas esas ferramentas

para dar estilo e formato

ao texto desconcéntrannos.

Mentras pensamos “qué

escribir”, a menudo acabamos

xogando con esas ferramentas

de formato. E como o obxectivo

do procesador de texto é

representar ante nós o aspecto

que terá a páxina cando se imprima,

acaba sendo máis importante

a forma que o contido. En

definitiva: perdemos o tempo.

Pola contra un editor de texto

traballa con texto plano. Non

hai ferramentas de decoración,

só de escritura. Simplicidade.

Traballar así permítenos focalizar

toda a nosa atención

no contido e non na forma.

Escoller mellor as palabras, escribir

textos de mellor calidade

e ademáis facelo máis rápido.

Cando rematas un documento

co editor de texto podes levalo

a un procesador de textos para

aplicar estilos. E se o fas da

maneira correcta (falarei delo

nun futuro artigo) tes o texto

formateado en dous minutos.

O ‘Bloc de Notas’ de Windows

que mencionara antes para ilustrar

qué é un editor de textos,

non é precisamente un bo exemplo.

É un programa incómodo

para traballar. Non o recomendo.

Hai en Internet centos de excelentes

editores de texto libres de

distraccións e gratuitos. Só tes

que buscar en Google ‘distraction-free

text editor’. Por decir

un, recomendarei o meu entorno

favorito de escritura sen distraccións:

‘Quabel’. Non é software

para instalar senon un servizo na

nube (ver Lindeiros de Agosto).

Úsase a través do navegador web,

a pantalla completa, e inclúe reconto

de palabras e varias formas

de exportar o que escribes.

Próbao: http://quabel.com/

setembro 2014 novas da bisbarra 7

A escola infantil de Calo

repara a súa cuberta

O concello de Teo realizou as obras o

pasado mes de agosto

A intervención que se levou a

cabo decidíuse despois de que

este inverno detectásense humidades

no tellado do centro escolar,

o departamento de benestar

do concello de Teo considerou a

reparación prioritaria xa que os

problemas da cuberta afectaban

a outras partes do edificio.

Para a reparación usáronse

novos materiais de cubrición e

paneis metálicos tipo sandwich

que se sitúan encima da antiga

cuberta. Aproveitouse para solucionar

humidades nos lavabos

interiores e ademais pintáronse

algunhas das zonas do colexio,

o custo das reparacións achegaronse

aos 60.000 euros.

O funcionamento da escola

infantil fixo que se decidi-

ran facer os traballos no mes

de agosto, para así interromper

minimamente no desenvolvemento

da actividade. Neste mes

a maioría dos nenos e nenas

que asisten á escola están no

seu período de vacacións. De

todas maneiras facilitouse a

posibilidade de que os que seguiron

asistindo, un número

moi escaso, foran ao centro da

Ramallosa, tamén municipal.

A escola infantil de Calo comezará

este mes de setembro

cunha matrícula de ó redor de

60 nenos e nenas de 0 a 3 anos.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros

Oroso pide a limpeza das marxes da

N-550

Cualifican o estado da estrada nacional como “selvático”

Despois de que o Psoe de

Ordes impulsase unha iniciativa

parlamentaria para que se rozase

a nacional 550 ao seu paso polo

municipio agora tócalle a quenda

ao veciño concello de Oroso,

o goberno municipal pide a fomento

non só a limpeza das marxes

se non tamén o acondicionamento

dos viarios de servizo que

son usados polos veciños para

transitar a pe e con maquinaria

agrícola.

Non é nestes dous municipios

onde se poden atopar a estrada

con abundante maleza nos seus

laterais xa que o de Santiago

sofre tamén unha situación que

pon en risco a condución pola

falta de visibilidade que produce

e aumenta o risco de incendios;

o alcalde de Oroso, Manuel

Mirás, considera que o estado

das cunetas é “selvático, pois xa

observamos xesteiras, silveiras e

toxeiras de varios metros de altura

e mesmo plantas de eucalipto O estado da N-550 contrasta

viais paralelos de servizo.

de considerable tamaño nalgúns cos coidados que recibe a AP 9

treitos”. Os veciños corroboran o que motivou tamén queixas

que Fomento leva tres anos sen por parte de Manuel Mirás que

acometer un desbroce en condicións,

de xeito que o espesor da os usuarios da nacional teñen

lle lembra ao ministerio que

maleza invade as beiravías da os mesmos dereitos a transitar

estrada de titularidade estatal, por unha estrada segura que os

ata o punto de facelas desaparecer

nalgúns puntos, e tamén os Fonte: concello de Oroso,

usuarios da autoestrada.

Lindeiros

Ordes continuou coa mellora das pistas

do rural en agosto

A aldea Fraga dá Galiña e a de Ramil, en Barbeitos, foron as beneficiadas

É na época estival cando

os concellos aproveitan para

arranxar as pistas antes de que

volvan de novo as choivas;

Ordes está a centrar os seus traballos

nas zonas rurais e neste

pasado mes de agosto tocoulle

en primeiro lugar á aldea de

Fraga dá Galiña, a pista que une

o lugar coa N-550 recibiu unha

nova capa de aglomerado cun

custo de 10.000 euros; tamén o

pasado mes mellorouse a rede

viaria da aldea de Ramil na

parroquia de Barbeitos, alí asfaltouse

un tramo de máis dun

quilómetro e aplicouse grava

e material antiescorregadizo,

limpáronse as cunetas e nalgúns

puntos instaláronse canalizacións

para as augas pluviais co

fin de favorecer o desagüe en

caso de choiva, estas actuacións

incluídas no plan de obras e servizos

da Deputación recibiron

un investimento de 14.000 €.

Fonte: concello de ordes, Lindeiros

8 novas da bisbarra

Lindeiros

Piden o arranxo da estrada de

Abeanca en Negreira

Os socialistas queren que se mellore a comunicación co Campo da Feira

É unha das estradas máis

transitadas de Negreira en

días de mercado e iso eleva

o nivel de risco dos peóns xa

que non existe nin unha beirarrúa

pola que camiñar e a

esta falta de espazo se suma

a gran cantidade de maleza

que se acumulou nas marxes.

O Psoe de Negreira recorda

que se trata dunha estrada da

Deputación polo que debería ser

o organismo provincial o que se

encargase do seu mantemento;

solicitan ao executivo municipal

que actúe de inmediato

polo risco tan alto de accidentes

que se produce os días de feira

cando se aparcan coches nas

marxes e que ou ben a arranxe

o propio concello ou solicite a

Deputación que interveña; para

os socialistas unha solución

sería a creación dunha senda

peonil na veira dereita xa que a

colocación duns tubos na cuneta

e unha capa de formigón ou

asfalto pintado non suporía un

custo excesivo para o concello.

O voceiro socialista Jorge Tuñas

recorda ademais que o presidente

da Deputación non quixo

atender aos veciños de Negreira organismo provincial.

nos 3 anos que leva á fronte do Fonte: Psoe Negreira, Lindeiros

Ábrese o proceso para as

obras de mellora da

depuradora da Silvouta

Até o 1 de outubro as empresas teñen prazo

para presentar as súas ofertas

A cidade voltará a ter un aparcamento en Cornes

O concello arranxará a zpona situada baixo a ponte do ferrocarril

A Xunta de Goberno Local

aprobou a modificación urbanística

que permitirá avanzar

na tramitación dun novo estacionamento

disuasorio baixo o

viaduto de ferrocarril da zona de

Cornes – Pontepedriña. O alcalde,

Agustín Hernández, anunciou

que este aparcadoiro, que

xa se vén utilizando de facto por

moitos condutores malia a súa

falta de acondicionamento, ofrecerá

máis de 200 prazas en superficie

para vehículos lixeiros e

motocicletas.

Segundo o alcalde “Todos podemos

comprobar que a parcela

baixo o viaduto do ferrocarril en

Pontepedriña xa se está a utilizar

como aparcadoiro disuasorio

espontáneo. O obxectivo deste

proxecto é organizar e ordenar

esta realidade. No momento en

que estean rematadas as obras

será unha bolsa efectiva pola súa

situación céntrica e nun barrio de

alta densidade residencial”, apuntou

Agustín Hernández sobre

este proxecto. A situación do

aparcadoiro foi acordada entre a

Xunta, o ADIF e o Concello.

Levantarase un valo de seguridade

ao longo de todo o viaduto

do tren, como elemento de

protección que evite as caídas

de balastro procedentes das vías

férreas sobre a zona do aparcadoiro.

O sistema de drenaxe

realizarase mediante unha rede

de colectores con sumidoiros e

pozos, a cal conectará nun punto

coa rede colectora principal.

Ademais instalarase unha rede

de rego automática ao longo

de toda a zona de verde con difusores

e aspersores. A área

contará tamén cun sistema de

iluminación.

Fonte: concello de Santiago, Lindeiros

A intención do concello de proceso biolóxico de alta carga e

Santiago é que as obras se deste xeito mellorarase o pretratamento.

Os criterios de deseño

poden comezar antes de final

de ano despois de que fai un permitirán un alto grao de reutilización

deste equipos na futura

par de semanas asinarase o

convenio coa Entidade Pública EDAR do Souto.

Empresarial Augas de Galicia A Sociedade Estatal Augas

e a estatal augas dás Concas das Concas de España foi a encargada

da redacción do proxec-

de España, trátase dun investimento

de 4.700.000 euros to construtivo, así como dos

dos que a maior parte, algo pregos de condicións reguladores

dos contratos, da licitación

máis de tres millóns setecentos

mil, achégaos o Ministerio de e da adxudicación, así como

Agricultura, Alimentación e dos expedientes expropiatorios

Medio Ambiente.

dos bens e dereitos que resulten

A actual EDAR ten a súa capacidade

de tratamento supe-

proxectos construtivos.

afectados pola execución dos

rada en termos de capacidade As melloras que se farán na

hidráulica. Ademais, os equipos

electromecánicos atópanse rá manter o servizo en boas con-

depuradora da Silvouta permiti-

obsoletos e moitos deles nun diciones ata o 2017 o 2018 cando

estado de funcionamento precario.

Por este motivo, e debido

se inaugure a nova estación.

á urxente necesidade de mellora

da calidade das augas do río

Sar, implantarase unha liña de

tratamento de auga e lamas con Fonte: concello de Santiago, Lindeiros

setembro 2014 novas da bisbarra 9

Santiago ten pendentes

de cobro máis de 300.000

euros da ORA

O BNG pide unha explicación e o resultado

da auditoría reclamada a empresa

As previsións para o ano 2013

eran duns ingresos en, concepto

de canon, de máis de 340.000

euros do servizo de ORA e guindastre

adxudicado no seu día a

Setex Aparki pero o concello non

ingresou ningunha cantidade. O

portavoz do BNG Rubén Cela

explica que levan meses facendo

preguntas sobre o tema e que até

finais de agosto non conseguiron

ningunha documentación, agora

teñen o expediente de licitación

pero os orixinais atópanse en

Lugo ao estar incluídos no sumario

da chamada Operación

Pokemon.

Para Rubén Cela este tipo de

servizos “nunca se poden enfocar

como unha fonte de ingresos

para unha administración pública,

neste caso para o Concello,

pero moitísimo menos como

unha fonte de enriquecemento

desproporcionado dunha empresa

privada que conxunturalmente

sexa concesionaria dese servizo a

costa dos veciños e das veciñas”;

o BNG detectou un “desaxuste

brutal” entre as previsións que

manexaba o Concello e os datos

de períodos anteriores “a respecto

da realidade e sen que mediase

ningunha explicación”.

A empresa concesionaria do

servizo de ORA e de guindastre

ten que ingresar dous conceptos

ao Concello, un canon fixo

e outro variábel e a diferenza

de recadación que determina o

canon variábel calcúlase en base

á diferenza entre ingresos e gastos

da prestación de servizos; no

ano 2012 a cantidade ingresada

polo concello foi de pouco mais

de 30.000 euros pero o curioso

e que no período 2007 - 2011a

empresa achegaba en torno a

200.000 € sen que esta diferenza

teña unha explicación clara.

Os pregos do contrato obrigan a

unha auditoría anual que o BNG

quere coñecer, segundo Rubén

Cela o que piden e “transparencia

porque é o mínimo que se lle

debe aos veciños e ás veciñas de

Santiago, porque teñen dereito

a saber cada vez que deixan un

euro para sacar o tícket da ORA

ou que ten que pagar por sacar o

seu coche do depósito da grúa”.

Fonte: BNG Compostela, Lindeiros

O goberno de Santiago sabía hai 2 meses

que o proxecto de Galeras era ilegal

O Psoe reclama unha explicación sobre porque non se paralizou antes

A concelleira Mercedes

Rosón explica que tivo acceso

ao expediente de modificación

de Galeras e que se inclúe un

informe con data 26 de xuño no

que se insiste na ilegalidade do

convenio de ampliación do parking,

a socialista lembra que no

seu día o goberno municipal do

PP negou que fose necesaria a

tramitación dunha licenza.

Mercedes Rosón di que agora

Piden que non se leve a cabo o proxecto

de bosque para o Gaias

CxG di que o custo actual en parques e xardíns é xa de 3 millóns de euros

Compromiso por Galicia considera

que a idea da Xunta de

Galicia de plantar un bosque

nas ladeiras do Gaias non é algo

prioritario para a cidade e que

o diñeiro se debería dedicar a

proxectos que afecten á maioría

dos veciños.

A executiva santiaguesa de

CxG di que Compostela é a cidade

galega con máis zonas verdes

polo que este investimento

é innecesario e que hai outras

prioridades como o arranxo de

se demostra que o convenio que

estaba asinado “incluía un informe

dous novos técnicos traídos

polo PP ao Concello en substitución

dous funcionarios que pretendidamente

avalaban a ocupación

do espazo público, e polo

tanto a legalidade do mesmo,

todo iso sen licenza municipal”

e pide a Agustín Hernández que

admita que se fixo unha ocupación

ilegal dun espazo público.

moitas rúas ou a deficiente iluminación

de moitos barrios.

A formación explica tamén

que este proxecto se contradice

coa paralización que no seu día

fixo Conde Roa do que afectaba

as Brañas do Sar e que impediu

a conexión dos barrios de Sar e

Pontepedriña.

Na actualidade Santiago destina

máis de 3 millóns de euros

anuais ao mantemento de parques

e xardíns, conta con máis

de 2 millóns de metros cadrados

Rosón insiste en que “non

hai vontade de modificar ou

convenio cando o convenio é

ilegal, porque o informe no que

se basea avala a ocupación que

se demostrou que e ilegal”. Vos

socialistas esixen a denuncia do

convenio e que o alcalde “fale

con claridade e lealdade, e non

para xustificar que lestes son

tempos novos liderados polo”.

Fonte: Psoe Santiago, Lindeiros

de zonas verdes, espazos como

a alameda con 85.000 m2 ou

zonas axardinadas como as de

Fontiñas cunha ocupación que

supera os 150.000 m2.

O proxecto da Xunta de

Galicia contempla a intervención

nun espazo de 24 hextareas

nas ladeiras do Gaias onde se

plantarán 9.000 árbores de especies

auctóctonas.

Fonte: CxG Compostela, Lindeiros

- ¿Porqué es importante aprender alemán?

Para diferenciarte, a la hora de buscar trabajo hay que aportar siempre algo más que el resto

- ¿Qué me ofrece Hannover?

Experiencia, profesores nativos que han vivido 35 años en Alemania, clases de conversación, clases individualizadas,

distintos niveles

- y si necesito aprender rápido porque me ha surgido una oportunidad

Tenemos cursos intensivos de 5 horas con los que aprender lo necesario para empezar

- ¿Desde qué edad se puede ir a clases?

A partir de los 4 años y tenemos hasta jubilados que provechan su tiempo libre

- ¿Qué titulaciones oficiales puede preparar?

Todos: Goethe, Bulats, Daf, Telc etc.

- ¿Qué más me ofrece la academia que me pueda interesar?

Posibilidad de viajar a Alemania y practicar lo aprendido,

Fin de semana de inmersión en el Alemán en una casa rural de la costa gallega

10 concellos

Lindeiros

Ames Qué pensa facer polo seu concello?

Unha alternativa cidadá para gobernar Ames

Acabouse a época da vella política, a dereita e o bipartidismo están derrotados en Ames. Chegou o tempo de acabar co desgoberno do PP, incapaz

e de costas á xente, rematar de vez cos privilexios e as políticas feitas para beneficiar a uns poucos. Sabemos que se pode vencer á dereita e gañar

Ames, gobernar para as maiorías.

Ames Novo estivo durante estes anos plantando cara aos recortes e ao desmantelamento do público. Fixémolo sempre en diálogo coa sociedade,

formulando alternativas nas que a xente afectada e as asociacións eran parte activa das propostas; ao lado tamén dos movementos que mantiveron

a dignidade a través das súas loitas.

Nas eleccións municipais temos que ir máis alá, deixar de lado as siglas e construír unha alternativa cidadá, na que conflúan todas as forzas transformadoras xunto a sociedade

civil, na liña das iniciativas abertas e plurais que están recuperando a ilusión en todo o Estado.

Ames Novo promove esta confluencia convidando a Anova, EU, CxG, E.Ecosocialista, BNG, Equo e Podemos a sumar forzas baixo dúas simples condicións: un proceso

común de primarias abertas á cidadanía para elixir a candidatura, e a elaboración dun programa de goberno participativo aberto á toda a sociedade de Ames.

Chegou o tempo de recuperar a democracia, nada máis e nada menos: transparencia e honestidade, participación cidadá, igualdade e defensa do público, dinamismo

económico, social e consciencia co medio ambiente, innovación e administración aberta. Un goberno centrado nas persoas, que faga da cidadanía de Ames a protagonista

principal do seu futuro.

Os Socialistas de Ames queremos elaborar un programa participativo e colaborativo coa cidadanía e enfocado nas necesidades

reais das persoas, fomentando a participación de todos coa elaboración dun novo regulamento.

Para nos é imprescindible eliminar a débeda municipal, especialmente os créditos do PP desta lexislatura e ligados a un

Plan de Axuste tremendamente prexudicial e que hipoteca o futuro do concello ata o 2022. Para os Socialistas é necesario

rematar con este Plan de Axuste que nos afoga.

Os socialistas seguiremos apostando e apoiando os servizos municipais: comedores escolares, programas de conciliación da vida familiar e laboral, de igualdade, plans de

emprego, actividades de apoio e á xuventude, programas específicos para a terceira idade, etc.

Cambiaremos a imaxe de abandono do noso concello, poñendo en marcha unha brigada específica de limpeza dos lugares de Ames. Queremos que as distintas parroquias

non se sintan discriminadas á hora de realizar investimentos.

Conseguir volver á senda das novas tecnoloxías e novas infraestruturas para o Concello serán temas de primeira liña.

Sumaremos outras coa colaboración dos veciños xa que sin a súa axuda é moi difícil poder desenvolver un goberno con garantías.

O Partido Popular de Ames retomou as rendas do Concello logo de oito anos de goberno socialista, primeiro en conxunto cos nacionalistas e logo

en solitario. Durante este período, a xestión municipal caracterizouse por desbaraxustes orzamentarios e anuncios baleiros de contido, como se pode

constatar co famoso plan para o Milladoiro que anunciou o PSOE e que se quedou en nada de nada, ou a irresponsabilidade en materia económica.

Fronte a esta maneira de facer política, o Partido Popular recuperou, con moito traballo e esforzo, a senda correcta nas contas municipais, facendo

que o concello recuperase a credibilidade no eido económico, non gastando máis do que se ten, e pagando o que se debía. Volveuse a ter solvencia

podendo así pagar aos provedores nun prazo razoable, o que xera actividade económica e riqueza no Concello, creando un entorno favorable para

a xeración de emprego. E isto conseguiuse a pesares da grave crise económica que atravesan todas as administracións, e sen mermar ningún servizo

que oferta o Concello. Ademais, conseguiuse materializar importantes proxectos, coma a potabilizadora en Lens, unha nova escola infantil en

Bertamiráns ou o IES do Milladoiro, e realizar políticas activas de emprego que permitiron a inserción laboral de moitos amienses gracias a diferentes Plans de Inserción

Laboral ou Obradoiros de Emprego.

Para o futuro, o PP de Ames continuará coas políticas realistas, axustadas á realidade económica, sen renunciar aos grandes proxectos que precisan os nosos veciños, traballando

para que todos os amienses dispoñan dun traballo e de servizos axustados ás súas necesidade. Dende a realidade e con rigor, facendo que Ames sexa un Concello

sostible goberne que goberne.

Pacto por Ames (PxA) é a nova agrupación política de carácter independente que ten como obxectivo a súa acción política no Concello de Ames.

PxA naceu para promover e fomentar as iniciativas cidadáns de Ames. Fomentar a participación das persoas na vida política, e recuperar a confianza

da vida pública tan denostada nos últimos tempos debido a falla de rigor, compromiso e coherencia dos partidos tradicionais que obedecen máis as

consignas fixadas polas cúpulas e antepoñen os intereses partidistas sobre os intereses da cidadanía.

PxA pretende aglutinar a todas as persoas que teñen interese en que o noso concello progrese en concordancia coa sociedade na que nos vemos

envoltos. O noso proxecto está orientado en exclusiva as persoas que vivimos e/ou traballamos en Ames mediante a participación cidadá sen extremismos,

dende a moderación e convencidos de que o noso sistema, aínda que mellorable, é unha ferramenta axeitada para promover un cambio tranquilo, pero contundente,

un cambio sen rupturas pero coas medidas axeitadas para satisfacer as necesidades das persoas que vivimos en Ames.

PxA nace desde o convencemento de que hai outras maneiras de facer política, traballo, compromiso, honradez, solidariedade, coherencia e responsabilidade, esta é a columna

vertebral do noso proxecto que só terá éxito si conta coa colaboración e as achegas de tod@s.

Preguntoiro, 19 - Teléfono: 981 585 100 • 15704 SANTIAGO DE COMPOSTELA • Praza da Pescadería Vella, 3 - Teléfono 981 582 507

setembro 2014 concellos 11

Boqueixón Qué pensa facer polo seu concello?

A situación que está a vivir na actualidade o Concello de Boqueixón non pode deixarnos indiferente. O paso dun réxime de 24 anos facendo e

desfacendo ao antollo duns poucos, ten levado a Boqueixón a ser “Zona 0” da Corrupción.

Por iso ANOVA prantexa como obxectivo fundamental devolver o Concello á veciñanza e que sexa esta a verdadeira protagonista dese cambio

que precisamos, baixo os seguintes eixos de traballo:

Aposta por unha candidatura veciñal de unidade. A actual situación obríganos a apostar por outras formas de facer política que xurda dos veciños

e dos diversos movementos sociais.

Aposta pola transparencia. A escura xestión dos servizos públicos municipais, fai necesario priorizar fórmulas transparencia. Propoñemos no

primeiro ano de mandato unha auditoría completa e aprofundaremos nos orzamentos participativos dando especial relevancia á constitución e desenvolvemento

de Asembleas Parroquiais.

Recuperación dos servizos públicos municipais: Impulsarase a recuperación dos servizos públicos municipais (Axuda no Fogar, Auga, Saneamento…) pasando a ser xestionados

directamente polo Concello. Rematar cos contratos escuros e abaratar as tarifas é unha das prioridades.

Priorización e mantemento dos Servizos Sociais: A deriva regresiva e antidemocrática do PP, fai necesario unha estratexia de defensa dos Servizos Sociais, Educativos e

Culturais de calidade.

Desenvolvendo estes catro eixos de actuación, establecendo unha ordenación racional do territorio e mantendo as infraestruturas, teriamos recuperado Boqueixón para os

nosos veciños, obxectivo irrenunciable que prantexa ANOVA Boqueixón.

BOQUEIXÓN : Un Concello sin timón.

A situación do Concello de Boqueixón, a día de hoxe, e semellante a de un barco, sen rumbo, dende o punto de vista da Agrupación Socialista de

Boqueixón.

Unha das principais causas desta situación, débese o caos existente tralo abandono do anterior Alcalde Popular Adolfo Gacio, debido a súa suposta

implicación e posterior detención, no caso Pokemon, que trouxo como consecuencia o nomeamento de un novo Alcalde e remodelación do equipo

de Goberno do PP. Que tras estes feitos quedou totalmente noqueado.

En 3 anos que van de lexislatura non se fixo nada para mellorar a vida dos veciños de Boqueixón mais ben se fixo todo o contrario tal como o incremento escandaloso dos

impostos,coma o do IBI que o ano pasado subiu un 13% e o presente ano un 20%, xunto co incremento do recibo da auga e saneamento sen esquecerse do que nos virá no

recibo do lixo por mor do aumento desorbitado que Sogama está cobrando os Concellos.

Esta e a triste situación do Concello de Boqueixón, que por outra banda pese a ser un Concello limítrofe con Santiago non nos beneficiamos para nada desta situación,

posto que as nosas vías de comunicación ca Capital de Galicia son moi antigas e non se fai nada por melloralas, xa non digamos do aproveitamento do potencial turístico ,

comercial, residencial e sobre todo urbanístico sen PXOM. O feito de non contar a dia de hoxe co PXOM creounos un problema demográfico xa que a nosa xuventude foise a

vivir a outros concellos o non poder construír en Boqueixón a súas vivendas nos anos de bonanza económica.

Boqueixón agosto de 2014. Perfecto Barcala Mosquera . Concelleiro portavoz do PS de GA-PSOE

PP Boqueixón

O PP de Boqueixón presentarase ás eleccións do mes de maio coa mesma intención que mantivo nos últimos anos: a de conseguir a confianza dos

veciños para seguir traballando polo concello, algo que vén facendo desde que en 1991 conseguiuse a primeira maioría absoluta e que serviu para

comezar a desenvolver o municipio.

Neste últimos catro anos traballamos para conseguir levar a traída de auga a todo o municipio chegando a unha cifra do 95 % da poboación e o

saneamento que está xa no 95 %, uns servizos que chegarán nos próximos 4 anos a toda a poboación.

O coidado e mellora do Pico Sacro foi outro dos eixos desta lexislatura e seguirá sendo unha das nosas principais preocupacións no período que se

abrirá a partir de maio do ano que vén. O mantemento e uso dos 12 centros socioculturais do municipio e as actividades cos máis novos foron tamén acenos de identidade do

traballo do Partido Popular de Boqueixón á fronte do goberno municipal.

Impulsar plans de emprego e manter a estabilidade económica do concello con remanentes positivos que permitan aumentar os investimentos serán obxectivos a manter a

partir do 2015.

12

Lindeiros

A epidemia

que nos ven

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía

e Innovación Educativa.

Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra

de inglés, pedagogía

terapéutica y audición

y lenguaje; licenciada

en filosofía y letras

con la especialidad de

pedagogía e investigadora

en tecnologías y

accesibilidad. Trabaja en

un centro de educación

especial en Santiago de

Compostela.

http://discapacitodos.

com/

O tema estrela deste verán foi,

sen dúbida, o brote de Ébola que

puxo histérico a medio mundo.

Este pequeno bastardo da familia

Filoviridae, causa a enfermidade

do Ébola, tamén coñecida como

“febre hemorráxica” do Ébola.

Aínda que moitos casos falecen,

atópanse individuos inmunes

ou que superan a enfermidade.

O Ébola é un bicho recente no

mundo da viroloxía e, por tanto,

relativamente descoñecido. Non

existe, de momento, cura, máis

aló de axudar ao enfermo a despregar

o seu arsenal inmunolóxico

para que el mesmo venza a

enfermidade. É interespecífico,

isto é, afecta a diferentes mamíferos

e non só a seres humanos,

contaxiándose diferentes especies

entre si. Como os animaliños

temos o irritante costume

de movernos, o control destes

brotes vólvese un quebradeiro de

cabeza.

Por estas razóns para o seu manexo

requírese un Nivel 4 de protección.

Como nas pelis. Como

todos viron E.T. voulles a aforrar

os detalles técnicos.

Como axente infectivo tampouco

é que faga podio. Pero os

humanos non somos particularmente

bos niso de cargarnos bichos.

A estatística amósanos que

mesmo aqueles virus coñecidos

e controlables multiplícanse sen

freo. O exemplo máis notable é

a gripe e toda a cohorte de virus

gastrorespiratorios que poboan

os colexios de outubro a febreiro.

A miúdo confundimos tres

conceptos que, aínda que relacionados,

distan de ser sinónimos.

A saber, limpeza, desinfección,

sanitización e esterilización. A

limpeza elimina sucidade pero

non acaba cos xermes. A desinfección

si supón a eliminación

de boa parte de xermes e patóxenos.

A sanitización é algo a

medio camiño entre a limpeza e

a desinfección. A esterilización é

a inertización total e absoluta de

todos os patóxenos. Dunha agulla

hipodérmica ninguén esperaría

menos que unha esterilidad

total. O contrario sería xogar á

ruleta rusa con moitas balas no

tambor. Nun comedor escolar

os protocolos sanitarios esixen

desinfección de utensilios e superficies

en contacto directo coa

comida, e a sanitización doutras

como chans ou paredes. Se calquera

enterobacteria despistada

(as da caca, para entendernos)

prolifera nunha mesa quente, xogarémonos

como mínimo unha

gastroenterite. Afortunadamente

nese sentido a gran maioría dos

centros educativos aproban con

nota.

Pero que dicir dos baños...

coñezo nenos que preferiron

mexarse ou usar o patio escolar

antes que ir a uns aseos que, con

frecuencia, parecen o estudio de

rodaxe de Mad Max. O mitolóxico

papel hixiénico non se viu

en moitos colexios en xeracións

e a sanitización que estas instalacións

requiren (desinfección

no caso de inodoros e lávamas)

é, directamente, unha broma de

mal gusto. Das portas que non

pechan, cisternas que non provén

de auga e outros sospeitosos habituais

mellor falamos outro día.

A mera limpeza só é aceptable

en certos elementos das aulas,

Ilustración: Jorge del Oro

nos corredores e en zonas de uso

común. En apenas un mes os catarros,

conxuntivites, larinxites,

gastroenterites, gripes e demais

familia, encherán de novo as

consultas de pediatría. E o remedio,

numerosos estudos demóstrano,

é simple:

lavarse as mans con

xabón así como sanitizar e

desinfectar adecuadamente.

Non se trata de alcanzar niveis

de quirófano, pero si de

evitar centros educativos (desde

primaria até a universidade)

cuxos aseos causen repulsión e,

ao cabo, enfermidades.

>E lembren, a gripe mata

cada ano a miles de persoas.

Moitísimas máis que o Ébola.

Empecemos por varrer en casa

antes de preocuparnos pola roña

de fóra.

setembro 2014 empresa 13

La Cesta Natural en Bertamiráns,

unha alimentación saudable

La Cesta natural é unha idea

de Marijé Expósito e Juan

Gaiteiro que nace a partir do seu

traballo como produtores ecolóxicos,

como un paso natural

que vai da venda a empresas á

comercialización en primeira

persoa. A súa localización en

Bertamiráns, Ames, é froito

tamén dun coidadoso estudo de

mercado realizado por Marijé,

había moitas tendas en Santiago

pero ningunha en Bertamiráns

e ademais a gran cantidade de

familias con nenos fixo da decisión

todo un acerto que puideron

ver ao longo dos dous anos

que leva aberta a tenda.

A venda de produtos ecolóxicos

vive un momento álxido

pero coas súas cousas boas e

malas como nos conta Juan «

é un mercado con moito futuro

porque a xente deuse conta

de que moitas das cousas que

comen fanlles dano, hai unha

vinculación entre alimentación

e saúde que cada vez se ve máis

e iso marca as pautas de alimentación

de moitas persoas;

en Bertamiráns especialmente

hai moitos matrimonios con

nenos pequenos é un tema no

que moitas nais son moi susceptibles

e estase reflectindo no

consumo, moitos pais compran

para os seus fillos non para eles

o que é bastante significativo;

doutra banda o tema ecolóxico

esta inmerso nunha pelexa moi

interesante, nós pensamos que

non ten que ser tan caro como se

está vendendo pero o problema

é que hai moita demanda e moi

pouca oferta, pensamos que se

poden baixar os prezos en canto

haxa unhas producións máis

profesionais, algo difícil de atopar

en Galicia, nós cremos que

ten moito futuro pero hai que

mellorar a forma de produción».

A Cesta natural comezou coa

súa propia horta aínda que agora

están metidos de cheo na posta

en marcha dunha nova polo que

os produtos propios limítanse ao

porco celta, a galiña de Mos e os

ovos de casa; a oferta foi cambiando

ao longo deste tempo a

medida que se definía mellor a

demanda «a oferta pasa desde

horta, lácteos, conservas, elaborados

de todo tipo e xa na parte

de atrás dispuxemos unha vinoteca

que está a funcionar moi

ben; triplicamos o número de

produtos distintos desde que comezamos,

houbo produtos que

non funcionaron e substituíronse

por outros, hai produtos que

por ser de tempada rotámolos

cada certo tempo, estamos a

facer un esforzo por que a tenda

sexa o máis galega posible, por

exemplo os viños son todos galegos;

gustaríanos tamén que

a horta fóra de tempada pero a

xente afíxose a ter tomate no inverno

sen darse conta de que iso

só é posible con producións forzadas

en invernadoiro, é unha

loita na que estamos, conseguir

que a xente consuma produto de

tempada»

La Cesta natural preocúpase

ademais por innovar a partir do

gusto do cliente «una das filosofías

da tenda é que dúas veces

ao mes realízase unha cata dun

produto, antes de incorporar

algo novo a tenda dáselle a catar

aos clientes para que vexan o

que é e como se elabora, veñen

os produtores a explicar como

traballan e a idea final é que a

xente coñeza os produtos e saiba

o que compra».

A honradez é un valor en alza

nun momento como o que vivimos,

produtos honestos e de calidade

é o que podemos atopar

en La Cesta natural e ademais

con todas as explicacións que

podamos desexar, é unha posta

non só por unha boa alimentación

éo tamén por unha boa

saúde.

Fotos: Loli Fdez.

14 antonte

Lindeiros

Hostal dos Reis Católicos, Santiago

É imposible

resumir todo

o que supón

unha visita

ao Hostal dos

Reis Católicos

e menos se

acompáñache

Julio Castro o seu actual director,

Julio leva 18 anos vinculado

a Paradores Nacionais

e os últimos 6 anos dedicado

a un dos mellores museos da

cidade, porque o Hostal é ademais

dun dos mellores hoteis

do mundo un museo de 27.000

metros cadrados no que se exhiben,

ademais do propio edificio,

máis de 1.500 pezas de

moi distintos estilos e épocas

e no que se conta unha parte

moi importante da historia de

Compostela.

Unha idea do tamaño e a

dimensión histórica que ten o

Hostal é a guía que se lle entrega

aos privilexiados clientes,

con ela poden seguir ao

longo das 5 plantas 79 placas

informativas nas que se narran

anécdotas, infórmase das

pezas artísticas e explícanse

os pormenores do edificio; é

un percorrido que os visitantes

non aloxados poden realizar

de 12 a 2 da tarde e de 4 a 6.

A historia do Hostal descóbrenos

un mundo esquecido

no que cousas que hoxe serían

vistas con reparos sucedían de

forma natural. En 1499 os peregrinos

que conseguían chegar

á cidade facíano nunhas

condicións lamentables e a un

paso da morte o que dá idea da

dureza da ruta por aquel entón;

os Reis Católicos ordenaron

construír en 1499 un hospital

real que os axudase pero que

tivese ademais outros servizos

como un albergue ou unha inclusa

para nenos expósitos; da

debilidade dos que eran atendidos

dá fe o que os actuais comedores

fosen en tempos sala

de autopsias e morgue. Existía

un torno no que deixar aos recentemente

nados cando non

se lles podía manter, e todas as

mulleres da comarca que estivesen

a dar de mamar tiñan a

obrigación por lei de alimentar

a 2 ou 3 nenos da inclusa, pagábaselles

e daba comida para

que puidesen dar suficiente

leite pero como dicimos era

unha obrigación legal; todos

os orfos eran bautizados no

Hostal aínda que houbo unha

nena, non procedente da inclusa,

que tamén o foi; era filla

dun cura que moveu os fíos

adecuados para que puidese

sera bautizada alí; esa nena

converteuse co paso dos anos

nun dos alicerces da cultura

galega co nome de Rosalía de

Castro.

Cando hoxe está aberto un

debate sobre a independencia

dalgunha comunidade

sorprende descubrir que o

Hospital Real tiña a súa propia

xurisdición que chegaba desde

a praza do Obradoiro até o que

hoxe é límite co convento de

San Francisco; cando un fuxitivo

chegaba era a xustiza do

Hostal a que se encargaba del

e o que hoxe é o economato do

hotel, os almacéns de víveres,

era naquela época a carcere

polo que entrar nos terreos non

garantía ao que fuxía librarse

de penar a súa culpa, de feito

os axustizamentos producíanse

na propia praza, aínda que

si é certo que os diferentes cri-

terios podían facer que a pena

fose máis benevolente.

Coñecendo a historia do

Hostal chámanos a atención

que se construíu, século XVI,

en tan só 10 anos pero moito

máis preto do noso tempo tivo

lugar a reforma que o converteu

en Parador, en 1853, e

que se fixo en tan só 9 meses.

Cando se abriu o vello hospital

de Galeras abandonouse

o edificio e Franco decidiu

convertelo en Hostal dos Reis

Católicos coa esixencia de

que estivese listo para o 24 de

xullo do 54, desa época proceden

moitas pezas de arte que

se encargaron a distintos artistas

para decorar o hotel; o día

da inauguración aloxáronse

multitude de persoeiros, entre

eles estaba o Cardeal Roncalli

que meses despois accedería

ao papado co nome de Xoán

XXIII polo que a habitación

que usou converteuse na suite

do Cardeal. Nesa mesma habitación

aloxouse recentemente

a chanceler Merkel, pero antes

que ela usárona Mick Jagger,

Charlton Heston ou Helmut

Kohl quen fixo necesario,

polos seus case dous metros

e 180 quilos de peso, adaptar

unha das camas.

Son infinidade as anécdotas

e historias que encerra o

edificio, pero un simple paseo

polos seus patios pódenos dar

idea do que foi e do que segue

sendo, que o tome o lector

como unha recomendación

adecuada para calquera momento

é a mellor maneira de

rematar esta, a todas luces, insuficiente

narración.

Fotos: Loli Fdez.

setembro 2014 e ti de quén ves sendo? 15

Asociación Compostela Solidaria,

la ayuda de la experiencia

Desde hace unos pocos meses

funciona en Santiago una asociación

sin ánimo de lucro que

tiene la intención de ayudar a

los más desfavorecidos pero que

tiene además unas características

muy especiales, ; por un lado son

conscientes de que es mejor hacerlo

por medio de aquellas otras

asociaciones que ya trabajan

sobre el terreno y conocen a la

perfección cual es la mejor manera

de colaborar y quien lo necesita

más, y por otra parte está

formada por jubilados de distintos

sectores que quieren seguir

trabajando en bien de la comunidad

y que cuentan con mucha

experiencia en sus campos.

Su presidente es Luis Rivero

de Aguilar, una figura emblemática

de la radio compostelana,

que con la colaboración de un

grupo de amigos puso en marcha

el proyecto “después de trabajar

tantos años queremos, de alguna

manera, devolver a la sociedad

todo lo que nos ha dado, nos ha

dado educación, sanidad… ahora

que no tenemos que trabajar y

que tenemos más o menos garantizada

nuestra vida diaria hemos

decidido dedicar una parte de

nuestro tiempo a la gente que no

tiene estos recursos, que no tiene

dinero, que tiene problemas de

salud, que tiene a lo mejor problemas

con la justicia, nosotros le

vamos a echar una mano”, Luis

cuenta además con un equipo de

15 personas en el equipo directivo

en el que Carlos Nieves, es el

vicepresidente, Ramiro Trillo el

secretaria y Dolores Vázquez la

tesorera siendo el resto vocales.

Aunque la idea surge en este

momento tan crítico son conscientes

que la ayuda que pueden

prestar siempre ha sido necesaria

“pensamos que siempre hubo

necesidades de ayuda y de apoyo

pero hoy más que nunca, con esta

crisis económica, en un país con

un 26 % de paro, que la gente no

tiene trabajo y el que tiene trabajo

es con un sueldo bajísimo,

antes había familias en las que la

mayoría de los miembros no trabajaban

pero siempre había algún

miembro que si llevaba ingresos

a casa pero ahora hay familias

en las que no trabaja nadie, hay

gente con problemas de salud

muy gordos, gente que con los

recortes casi ni tienen acceso a

la sanidad pública y si acceden

no pueden costearse ciertos tratamientos,

problema de gente que

está sola y que no tiene a nadie

que los acompañe o que los lleve

y a eso nos brindamos nosotros,

así que hoy más que nunca”.

Uno de los valores más importantes

de Compostela solidaria

es la experiencia que atesoran

sus integrantes “tenemos jubilados

que provienen de muchos

campos del mundo laboral, hay

médicos, hay abogados, gente

de la banca, gente del mundo de

la comunicación, del mundo de

la gestión, hay de todas partes”.

Otra de las particularidades de

Compostela Solidaria es que no

trabajan de forma directa si no

que lo que hacen es colaborar

con aquellas asociaciones más

implantadas “lo que si me gustaría

aclarar es que nosotros directamente

no hacemos nada, nos

hemos puesto en contacto con

entidades como Caritas, el Hogar

de San Francisco, La Cocina

Económica, La Fundación

Síndrome de Down… hemos

hablado con ellos y les hemos explicado

que somos jubilados con

experiencia en distintos campos

y que estamos a su disposición

para lo que sea necesario”, esta

fórmula es novedosa y garantiza

sin duda que una asociación recién

creada pueda trabajar desde

el primer día en aquellos puntos

donde más se necesita sin tener

que recorrer el camino que esas

organizaciones hace tiempo que

conocen “ellos tienen los contactos

y la experiencia suficiente

para detectar donde están los

problemas, nosotros como recién

llegados podemos pecar a veces

de ingenuo, que te pida ayuda alguien

que no la necesita o quiere

aprovecharse de tu buena voluntad,

por eso hablamos con ellos

y nos ponemos a su disposición

para lo que necesiten; en ocasiones

estamos incluso dispuestos a

organizar actividades o eventos

para recaudar dinero en casusas

muy concretas, por ejemplo

una familia que tiene a todos los

miembros en paro o que tiene dificultades

para pagar la vivienda

pues organizamos algo puntual

para ese caso y lo que recaudemos

se le dona”. Esta intención

de Compostela Solidaria de organizar

eventos puede sin duda

convertirse en algo muy especial

ya que están trabajando en un

festival que además de recaudar

fondos para una buena causa

servirá de homenaje a una época

muy especial de Santiago “estamos

preparando varias cosas y

entre ellas queremos organizar,

ya se han hecho los primeros

contactos, un festival solidario

con una parte muy significativa

de los grupos que en los 60’ y 70’

hacían música en la ciudad, Los

Linces, Los Music Stars... estamos

hablando para que toquen

todos los que estén dispuestos y

también recordar a otros ya que

existen grabaciones, fotos, y todo

lo que se recaude dárselo a quien

lo necesite”.

Cuando se habla de estos

temas da la impresión de que

los medios de comunicación no

hablan lo suficiente de las dificultades

por las que pasa mucha

gente, Luis Rivero conoce bien

ese mundo y cree que en muchas

ocasiones se quedan en la superficie

“no me atrevería a decir que

frivolizan porque es algo demasiado

serio y muy dramático pero

si es cierto que a veces se quedan

solo en la superficie o cuando

aparece algún caso muy llamativo,

alguien que desesperado hace

una barbaridad; yo ahora que leo

más, que recibo más información

si me doy cuenta de que hay situaciones

muy muy dramáticas

y que no se saben, por medio de

las asociaciones nos enteramos

de casos durísimos pero hay además

una pobreza que es vergonzosa,

gente que lo está pasando

muy mal y no se atreve a decirlo

pero se sabe que están ahí;

hay gente que va a los comedores

a pedir ayuda sin problemas

pero personas que pasan mucha

vergüenza”.

La labor de organizaciones

como Compostela solidaria

puede ser determinante en muchas

ocasiones, que un abogado

asesore a alguien, que un médico

aconseje, o algo tan sencillo

como que una persona con experiencia

en medios de comunicación

ayude a que un colectivo en

riesgo de exclusión se haga más

visible son pequeños granos de

arena que convertirán su trabajo

en una montaña muy necesaria

en los tiempos que vivimos.

Compostela Solidaria

Facebook:

www.facebook.com/

compostelasolidaria

Mail:

compostelasolidaria@hotmail.com

Tfno.: 693 40 55 17

Fotos: Loli Fdez.

16

Lindeiros

setembro 2014 17

dentalmacia.com

981 521 090

18

Lindeiros

Agosto foi mes de festas na bisbarra

Da 3 idade, patronais ou da muiñeira foron algunhas das celebradas

O verán é época de festas e

calquera motivo é bo para celebralas

pero aínda así as patronais

e as que levan nome propio

son as que se repiten cada

ano.

Este pasado agosto Ordes

tivo o seu mes festivo porque

ademais de celebrar as patronais

viviu o día dedicado ao

emigrante e o dedicado á muiñeira,

dúas citas importantes

e que os veciños marcan con

agarimo no calendario. Pero

Ordes vive tamén este mes

dunha forma especial porque

ás festas do concello súmase

a que celebran cada ano

en Ardemil e que rende homenaxe

á que foi unha dos

labores máis tradicionais do

campo: “A malla”; alí reúnense

centos de persoas para

lembrar ou descubrir como

se realizaban estes traballos,

gozar da música tradicional e

asistir á exposición de tractores

e apeiros, todo organizado

pola asociación cultural Castro

dá Cróa coa colaboración do

concello.

Ames tivo tamén citas en

distintos lugares aínda que as

máis importantes foron as da

Peregrina en Bertamiráns, despois

de que o Milladoiro tivese

o seu momento en xullo este

pasado mes tocoulle ao outro

núcleo urbano; estas festas hai

que agradecerllas ao esforzo

da directiva da asociación de

comerciantes, a ACB, porque

estaban a piques de non celebrarse

e eles afrontaron o reto

que superaron con matrícula

de honra a pesar das dificultades;

non só trouxeron música

xa que ademais innovaron con

exhibicións de radio control,

tango ou jazz e cunha partida

de rol combinada cun taller de

decoración de miniaturas que

foi un dos momentos de máis

participación de todas as festas.

Pero Ames tivo ademais

celebración nas parroquias de

Biduido e Trasmonte que todos

os anos homenaxean á virxe en

torno ao día 15 con misas, música

e comidas familiares.

E aínda que non son festas

patronais Touro aproveita o

mes de agosto para organizar

dúas das súas citas máis

concorridas, a Feira do emigrante

e a Festa dos maiores;

na homenaxe ao emigrante

coinciden no mes coa que se

celebra en Ordes, nun principio

escolleuse agosto porque

adoita ser o tempo no que moi-

tos deses emigrados aproveitan

para volver pasar uns días á

súa terra natal, Touro acolleu

este ano a veciños chegados do

País Vasco, Cataluña, Suíza ou

Alemania. A outra celebración

é tamén tradicional en case

todos os concellos, é a homenaxe

aos maiores e este ano en

Touro xuntáronse máis de 800

persoas, é a edición número

22 e a participación supón a

cuarta parte da poboación do

municipio; este ano ademais

aproveitouse para ensinar aos

asistentes os novos edificios

do centro cultural e do punto

de atención á infancia que xa

están terminados.

Seguro que non están todas

as festas deste mes na comarca

pero o que é seguro é que estas

foron algunhas delas.

Fonte: concello de Ordes, concello de

Ames, concello de Touro, Lindeiros

Malla en Ardemil. Foto: concello de Ordes

Festa en honor a Sta. María. Foto: concello de Ordes

Día do Emigrante. Foto: concello de Ordes

Ferira do Emigrante. Foto: concello de Touro

Os Castros vístense para o paseo matinal nas festas da Peregrina, Bertamiráns. Foto: Loli Fdez.

Festa da 3ª idade. Foto concello de Touro

setembro 2014 19

Obradoiro de conservas para os usuarios das hortas de Bertamiráns

O concello realiza un plan de formación para que se saque o mellor rendemento das fincas

A finais de 2013 o Concello

de Ames habilitou un total de

34 parcelas en Bertamiráns, e

en marzo de 2014, cedeu 51 parcelas

no Milladoiro dedicadas á

iniciativa das hortas urbanas, o

mesmo tempo o concello está

desenvolvendo un plan de formación

continúa entre os usuarios

das fincas co fin de sacarlle

todo o proveito o traballo que

fan nos espazos asignados.

Despois de recibir as nocións

básicas para a elaboración dun

composteiro agora tocoulle a

quenda as conservas vexetais;

explicáronse as diferentes instrucións

que hai que seguir para

realizar a conserva dun produto

ao baleiro ou con azucre e a importancia

que teñen as tapas dos

botes para conseguir unha conserva

correcta, falouse dos distintos

tipos de líquidos cos que

Veciños de Frades fan a II Ruta de

sendeirismo polo Tambre

A ruta estivo organizada pola asociación Os Pasos coa

colaboración do concello

Un total de 41 de veciños e veciñas

de todas as idades, participaron

na ruta de sendeirismo do

Tambre, unha actividade gratuíta

organizada pola Asociación

de Veciños “Os Pasos” de Aiazo

en colaboración co Concello de

Frades. Os sendeiristas completaron

un roteiro de 12 quilómetros

entre Brates e a área

recreativa Os Pasos, no que estiveron

acompañados polo alcalde,

Roberto Rey, e o concelleiro

Agustín Sánchez.

se deben encher os recipientes e

a importancia de que chegue ata

arriba de todo antes de pechalos.

A través do proceso de conserva

os usuarios/as das hortas

urbanas poden conservar

os produtos conseguidos xa

que é o sistema máis axeitado

para a maioría das hortalizas e

verduras.

Por petición dos participantes

neste obradoiro tamén se falou

do que hai que facer para conservar

marmeladas. Neste caso

non é necesario levar a cabo o

proceso de envasado ao baleiro,

xa que se leva a cabo o proceso

de conservar a través do azucre.

Trala parte teórica, os alumnos

fixeron varias prácticas e realizaron

ketchup con tomate e

maza; cenoria e brócoli ao natural;

e chutney. Como extra entregóuselle

os asistentes varias

receitas de produtos de horta

para facer conservas.

Segundo explica a concelleira

de Medio Ambiente, María

Eugenia Martín, “estas hortas

A ruta comezou na Ponte

Brates, unha bonita paraxe que

separa aos municipios de Frades

e de Boimorto e que contan cos

muíños de Couso, que aínda

conservan a pedra de moer o

gran. Tres quilómetros despois,

a expedición cruzou a aldea de

Sanamil ata a presa da Fraga,

onde a cincocentos metros se

sitúa a Ermida de San Paio que

data de 1907.

O sendeiro continuou a carón

do Tambre, dende onde os participantes

tiveron unha boa panorámica

do río e das distintas

especies arbóreas que o jalonan:

ameneiros, salgueiros e algún

que outro freixo. Tras pasar

a praia fluvial de “A Presa”

(Pontecarreira), a expedición

finalizou o seu camiño na área

recreativa “Os Pasos” (Aiazo)

que da nome a asociación

organizadora.

Fonte: concello de Frades, Lindeiros

urbanas están sendo un éxito.

En Bertamiráns houbo máis

solicitudes que parcelas ofertadas

polo que houbo que elaborar

unha lista de agarda e no

Ánxel Casal foi o último

alcalde republicano de

Compostela e tras o levantamento

do 36 foi detido e “paseado”

en Cacheiras onde foi

atopado o seu corpo; os actos

celebráronse o pasado 19 de

agosto na mesma data na que

sucederon os feitos e xunto

ao monólito que lembra a

súa figura e o lugar no que foi

asasinado.

Por outra banda este ano

Avelino Pousa Antelo cumpriría

100 anos, o concello lembra

ao seu fillo adoptivo desde que

morreu fai dous e faino cunha

serie de actos que o levaron a

Milladoiro completáronse as 51

parcelas postas a disposición

dos veciños.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

Teo homenaxeou a Anxel

Casal e Avelino Pousa Antelo

O concello lémbraos cada ano pola súa

vinculación co municipio

ser merecedor do “II Caxato

Avelino Pousa” que outorgan as

Irmandades de Manuel María

dá Terra Cha. Tras a recepción

do premio dirixíronse á urbanización

Os Verxeis, onde

vivía, e realizouse unha ofrenda

na rúa que leva o seu nome

no que participaron a escritora

Fina Casalderrey e o gaiteiro

Xaquín Blanco ademais de familiares

do homenaxeado. O

día termino co descubrimento

dunha placa na súa casa natal

de Barcala de onde era natural.

Fonte: concello de Teo, Lindeiros

20

Lindeiros

Compostela gozou en agosto da música en directo

Feito a man, Atardecer no Gaiás e o Brincadeira encheron de concertos a cidade

Grampoder na terraza das Crechas

Lakazans en San Martín Pinario

Son as citas que manteñen

viva a cidade en agosto e cada

ano atraen máis espectadores,

duas consolidadas e unha

estrea para rematar o verán

Compostelán.

Feito a man está organizado

pola Asociación Cultural

Cidade Vella na que se integran

desde hai 25 anos locais do

casco antigo compostelán e que

desde fai 4 realizan este festival;

este ano tocaron en prazas

como a de San Martín Pinario, a

Quintana ou a de San Paio e en

locais como Casa dás Crechas,

Gramola, Literarios, Borriquita

de Belem ou Breaking Bar artistas

como Grampoder, Richard

Ray Farrell, Lou Reyes, Andrea

and the Black Cats ou Aló

Django; unha programación ao

longo de 22 días o que dá mostra

do esforzo realizado e que

se viu compensado coa gran

afluencia de público.

Unha aposta distinta que chegou

á súa cuarta edición son os

Atardecer no Gaias, un intento

de levar visitantes á Cidade da

Cultura que se ve penalizado

pola falta de transporte público

o que limita moito os espectadores;

con todo, é unha

experiencia a gozar xa que nas

ladeiras dos edificios e na terraza

exterior colócanse pufs,

o escenario sitúase por onde

se oculta o sol e o resultado é

unha mestura do Café del Mar

ibicenco co frío solpor galego.

Este ano pasaron polo Gaiás

artistas e estilos moi variados,

desde o pop de Grampoder ao

folk de Talabarte ou a música

clásica da Orquestra de Cámara limitarse a pasalo ben sen máis,

Galega, sen esquecer o indi inclasificable

de Los Punsetes que músico para manexar o grupo

é de destacar a facilidade do

se converteu sen dúbida nun dos e cambiar de cancion en calquera

momento si se decataba de

concertos máis divertidos.

Pero sen dúbida a cita que que os ánimos baixaban moito;

pode marcar a axenda dos Gloria Gaynor deixou mostras

próximos anos será o Festival do seu bo castelán e, ademais

Brincadeira; chegaba despois de facerse unha foto co público

ás súas costas para subir á

dun periplo por Ordes e Cambre

e dunha edición suspendida no súa facebook, demostrou que

2013 pero a acertada programación

e unha organización música e que sabe escoller aos

segue sendo unha gran dama da

impecable poden converter ao seus músicos xa que se puido

Brincadeira no festival de verán ver a unha gran banda encima

de referencia en Compostela. do escenario; Fangoria, Fuel

As estrelas foron as esperadas; Fandango, Guadalupe Prata ou

Georgie Dan parece completar Arizona Baby foron outros dos

un xiro de 360 graos e despois artistas que pasaron polo Monte

de ser o rei dos veráns e pasar do Gozo nunha cita que se repetirá

no 2015.

por unha etapa na que se lle

considerou o peor volve encher

e a contar cun público que deixa

en casa os seus complexos para Fonte: Lindeiros

A esquerda, Alaska, arriba, George Dann e abaixo Gloria Gaynor no festival

Brincadeira e Os Punsetes no Gaiás. Fotos: Manel Pardo e Loli Fdez.

setembro 2014 21

Máis de 4.000 persoas empregaron as

bibliopiscinas de Ames

Ademais do préstamo organizou obradoiros e contacontos

As bibliopiscinas de Ames,

unha iniciativa que leva a lectura

e outros servizos da biblioteca

municipal, como os xogos,

xoguetes ou actividades e contacontos,

aos lugares de ocio

de todo o municipio, a inmensa

maioría dos asistentes ás bibliopiscinas

son nenos menores de 9

anos.

O concelleiro de Educación,

Bernardo Moar, explicou que

“este ano hai 6 mozos que colaboran

como voluntarios no servizo

de bibliopiscinas por medio

do proxecto “Ambientando o

lecer”, un programa de actividades

de animación á lectura e

promoción do medio ambiente;

grazas a estes mozos voluntarios

pódese ofertar unha programación

máis ampla de obradoiros,

xa que son eles os encargados

de impartir a maioría destas

actividades”; o programa foi

posto en marcha grazas a unha

subvención que se lle solicitou á

Dirección Xeral de Xuventude

e Voluntariado, da Xunta de

Galicia, co obxectivo de desenvolver

e promover actividades

de voluntariado xuvenil que

favorezan o desenvolvemento

persoal e/ou profesional da

mocidade.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros.

Inchables, espuma e

música para os mais

mozos de Oroso

As actividades formaron parte da semana

cultural do municipio

A semana cultural de Oroso

foi a protagonista da última

semana de agosto, cupcakes,

teatro, xogos tradicionais, monicreques

ou un obradoiro de

creación de contos foron algunhas

das actividades que os participantes

puideron gozar pero

sen dúbida a festa desenvolvida

na piscina será un dos momentos

que queden gravados deste

verán a xulgar por como o pasaron

os rapaces.

Decenas de nenos gozaron

dos inchables, na auga e fóra

dela, antes de que comezase a

festa da espuma; o final da xornada

e o momento de relaxarse

chegou coa actuación de dous

combos da aula de música do

municipio e á que asistiron, fóra

xa da piscina, máis dun cento de

persoas.

A semana cultural de Oroso

pechouse cunha alta participación

e pode dicirse que puxo fin

o verán no concello.

Fonte: Concello de Oroso, Lindeiros

22

Lindeiros

Frades tivo en agosto campamentos de conciliación

Os cativos disfrutaron das actividades nas instalacións municipais

O Concello de Frades concluíu

con éxito os seus campamentos

de conciliación deste

verán, nos que participaron

nenos e nenas maiores de catro

anos e que desenvolveron as

súas actividades en diversas

instalacións municipais como a

piscina, o campo de fútbol ou o

edificio multiusos.

Os rapaces que acudiron as

actividades entretivéronse e

aprenderon con propostas como

sesións de contacontos para a

promoción da lingua galega e

dos valores de igualdade, clases

de baile e música ou obradoiros

de pulseiras, manualidades,

cupcakes e cociña, ademais de

días de xogos na piscina, actividades

deportivas ou saídas de

sendeirismo.

O alcalde de Frades, Roberto

Rey, acudiu á festa de despedida

dos campamentos e destacou a

importancia deste tipo de actividades

no municipio “porque

permiten que os nenos e nenas

teñan alternativas de tempo

libre durante as vacacións escolares

e manteñan o contacto cos

seus compañeiros, ademais de

servir como un servizo de conciliación

cada vez máis demandado

polas familias de Frades”.

Fonte: concello de Frades, Lindeiros

Verán na Rúa divertiu a Compostela

Clown, malabares ou monicreques foron algunhas das disciplinas

que se puideron ver por toda a zona vella

A finalidade de Verán na rúa

era encher de música, teatro e

circo espazos habituais para os

composteláns, e emblemáticos

para todos os que visitan a cidade,

espazos tan recoñecidos

como as prazas de San Martiño

Pinario, Pratarías ou Quintana e

o parque da Alameda.

Unha variada oferta dirixida

a todo o público que só se

tivo que preocupar de coller un

bo sitio para ver os diferentes

espectáculos de circo, acrobacias

aéreas, malabares, títeres,

maxia, teatro de rúa, contacontos

ou música, entre outros, xa

que todas as actividades foron

de balde.

Ademáis de artistas recoñecidos

en Galicia e cos que xa

se contou en outras ocasións

tamén pasaron por Santiago diferentes

compañias chegadas

de Castela León, Gran Bretaña,

Cataluña, Madrid, Andalucía e

Bélxica, un total de 26 funcións

de 18 espectáculos distintos.

Fonte: concello de Santiago, Lindeiros

Ordes clausurou os seus cursos de natación

150 menores participaron nesta actividade ó longo do verán

A piscina do Muiño foi o

lugar da entrega de diplomas

dos cursos de natación, que ao

longo do verán desenvolvéronse

nese mesmo lugar, coincidindo

con clausúraa das escolas de

verán.

A festa contou coa participación

dos 150 rapaces que ao

longo dos meses estivais asistiron

as actividades e dos monitores

que coidaron deles, xincanas,

xogos, probas físicas ou

de habilidade foron algunhas e se elaboraron bocatas a base

das diversións do evento. Neste de conservas que despois degustaron

todos.

día tamén se levou a cabo a

campaña `Ponlle as pilas ao teu Finalmente o concelleiro de

bocata’. Unha iniciativa promocional

da Consellería do Medio alcalde Manolo Regos fixeron

Deporte, Roberto Iglesias e o

Rural e do Mar, coa que se pon entrega dos diplomas e medallas

de relevo o beneficio que aporta

o consumo das conservas de

de participación.

produtos de mar. Así, os rapaces

e rapazas puideron participar

nun obradoiro temático no que

houbo actividades informativas Fonte: concello de Ordes, Lindeiros

setembro 2014 23

Daniel Minimalis o 12 de

setembro no Gaiás

A crítica o ten calificado como o

“Mike Oldfield español”

O guitarrista e compositor

Daniel Minimalia subirá ao escenario

do Museo Centro Gaiás

o próximo 12 de setembro para

presentar algúns dos temas

do que será o seu próximo

disco,Areas de lúa. A partir das

19 horas e con entrada gratuíta,

o guitarrista ourensán catalogado

pola crítica como o “Mike

Oldfield español” despregará

toda a maxia da súa guitarra en

temas como Olas do Sur, single

de adianto do seu segundo

traballo, que foi rodado xunto

a Rosa Cedrón na Cidade da

Cultura, onde se estreará o

próximo 8 de setembro.

Daniel Minimalia, nacido en

Vitoria hai 28 anos pero criado

en Ourense desde neno, editou

en 2012 o seu primeiro traballo

en solitario, Contos sonoros, co

cativou a crítica especializada e

público ao mesmo tempo. Un

éxito que espera repetir con

este segundo traballo que terá a

súa estrea no Gaiás.

O concerto e unha das actividades

que pechan a exposición

Auga doce que reunía obras

de distintos artistas en torno a

auga e que estivo nos últimos

meses aberta no Gaiás.

The Original Wailers en Compostela

Dous dos seus músicos traballaron con Marley por todo o mundo

The Wailers segue a ser unha

das referencias do mundo do reggae;

a experiencia do teclista,

Tyrone Downie e o guitarrista

Al Anderson, que acompañaron

a Bob Marley en mais de 250

concertos por todo o mundo,

segue a dar os seus frutos e o

último a nominación o mellor

album reggae nos Grammy do

ano pasado.

Un concerto de The Original

Wailers é unha festa. O público

sabe que durante dúas

horas vaino a pasar en grande

con hits como “I Shot The

Sheriff”, “Natural Mystic”,

“Soul Rebel”, “Concrete

Jungle”, “Is this Love”, “Kinky

Reggae” o “Jammin”… e a lista

podería seguir e seguir... temas

que fan referencia continua á

natureza, o amor, os dereitos

humanos e a un sentimento

pacifista que inspirou todos os

traballos e a carreira de Bob

Marley, converténdoo nunha

lenda da historia da música.

Como aperitivo do concerto

os granadinos Nashari Sound

serán os encargados de quentar

o ambente; en activo desde o

2005, en pouco tempo convértese

nun dos grupos reggae mais

activos da cidade da Alhambra.

Desde 2009 comezan a enfocar

o proxecto á produción de

temas propios, consolidando o

combo formado pola potente

voz de Raw el-keif e os riddims

de Jahzzman Selecta, levando

o seu directo por toda a península.

Publicaron unha maqueta

(Rudie Melodía, 2010), un EP

(Summertime, 2012) e agora

presentan o seu primeiro longa

duración “Dis is dei way”.

A cita o 11 de setembro na

sala Capitol.

24 pasará

Ames busca voluntarios

para o curso 2014-2015

O concello segue a ser un referente de

voluntariado en Galicia

A Oficina de Voluntariado

de Ames lanza un ano máis

unha campaña de captación de

voluntarios dirixida a maiores

de 16 anos (xubilados, amas de

casa, estudantes, persoas en activo...)

con ganas de axudar aos

demais, sen agardar unha compensación

económica a cambio.

A Oficina do Voluntariado de

Ames desenvolve continuamente

numerosas actividades de

axuda a colectivos desfavorecidos

ou que contan cunhas necesidades

específicas, tarefas tan

comúns nas nosas vidas como

facer a compra ou acudir a unha

cita médica poden non resultar

tan doadas para persoas maiores

o con algunha discapacidade.

Os voluntarios e voluntarias

poden axudar a estas persoas

nas súas actividades cotiás, o

cal implica unha mellora na súa

calidade de vida.

As persoas interesadas en

colaborar coas actividades de

axuda da OVA poden dirixirse

á Oficina do Voluntariado,

situada na Casa da Cultura de

Bertamiráns. Para máis información

poden chamar ao 662

377 044, contactar a través do

correo electrónico: voluntariado@concellodeames.org

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

III Ruta BTT Río Tambre

O 14 de setembro organizada polo

Esquío no Piñeiro

Por terceiro ano consecutivo

terá lugar o percorrido BTT Río

Tambre Brión en dúas modalidades,

ruta con 45 Km. e maratón

sobre unha distancia de 65

e pensada para os ciclistas mais

experimentados.

Pese a ser unha proba non

competitiva a novidade de este

ano será a entrega de trofeos ás

tres mulleres e tres homes que

primeiro crucen a meta tanto

na modalidade de Ruta como

na de Maratón, tamén serán

recompensados os participantes

(nas categorías masculina e

feminina) máis novo/a e máis

veterano/a e será recoñecido o

club con presenza máis numerosa

na proba.

Todos os participantes recibirán

obsequios conmemorativos

da ruta, concretamente unha

bolsa máis unha camiseta técnica.

Os corredores disporán

de varios puntos de avituallamento,

tanto de sólidos como

de líquidos, e haberá un xantar

de irmandade unha vez remate

a mesma.

A Asociación cultural,

medioambiental e deportiva O

Esquío no Piñeiro conta coa colaboración

da Piscina Cuberta

Municipal e o concello de Brión

e mantén aberta a inscrición ata

o 7 de setembro cunha cuota

de 10 euros por participante e

da dereito a vestiarios, duchas,

aparcadoiro de balde e a utilizar

libremente as instalacións da

piscina municipal unha vez que

remate a proba.

Fonte: concello de Brión, Lindeiros

Lindeiros

A campaña de colaboración con Gaza

segue até o 30 de setembro

O éxito conseguido en agosto animou a continuar recadando

apoios

A Fundación Araguaney-

Ponte de Culturas mostrou o

seu máis sincero agradecemento

ante o aluvión de axuda solidaria

que recibiu nas últimas

semanas nas súas oficinas, demostrando

o compromiso solidario

de todos os galegos coa

poboación civil de Gaza e anuncia

a ampliación da campaña até

o próximo 30 de setembro. Os

interesados poderán pasar polas

súas oficinas para deixar o material

(Montero Ríos 25-27), de

luns a venres de 11:00 a 14:00 h.

e de 17.00 a 19.00 h.

Desde a Asociación Médica

Hispano-Palestina (AMHP),

impulsora desta campaña, envían

un comunicado expresando

a súa indignación ante o

xenocidio contra a poboación

civil palestina perpetrado polo

exército israelí na Franxa de

Gaza. O seu vicepresidente,

Yamil Abu Saada, alerta da

situación que vive actualmente

un territorio no que foron

asasinadas 1886 persoas e hai

máis de 9.800 feridos. O escrito

tamén fai referencia á preocupación

polos complicados cadros

clínicos (imposibles de tratar en

Gaza), a escasez de medicamentos,

de equipo médico e de persoal

especializado.

O pasado 28 de xullo, a

Asociación Médica Hispano-

Palestina lanzou unha campaña

de recollida de medicamentos

(antibióticos, antiinflamatorios,

analxésicos, pomadas para as

queimaduras por armas de fogo,

gasas, vendas, material cirúrxico,

muletas, etc.) equipos e

material médico, profesionais

sanitarios especializados: traumatólogos,

neurocirurxiáns,

cirurxiáns vasculares, cirurxiáns

Plásticos, enfermeiras

instrumentistas e especialista en

queimados.

Ante o gran éxito da campaña

e a súa aceptación por todo

o público español de Norte a

Sur e de Leste a Oeste e grazas

a ese agarimo expresado

por toda a xente que se achegou

á Misión Diplomática de

Palestina en España, queren

agradecer a todos os doantes,

asociacións, partidos políticos,

sindicatos ou institucións benéficas

e dar tamén as grazas

a aquelas persoas que fixeron a

súa achega económica na conta

da asociación.

Polo gran éxito obtido na

campaña, polo estado dos feridos

e pola escaseza de medicamentos

e material médico para

poder atender a ese gran número

de feridos por arma de fogo,

decidiron ampliar a campaña

solidaria coa poboación civil

de Gaza até o próximo 30 de

setembro.

Fonte: Fundación Araguaney,

Lindeiros

setembro 2014 pasará 25

O 20 de setembro comeza o Outono Codax Festival

A súa cuarta edición trae de novo o mellor da música negra

Converteuse por dereito propio

nunha das citas nacionais

en canto a música negra refírese

pero é ademais un dos mellores

exemplos de implicación

da empresa privada na cultura

xa que ademais das adegas que

dan nome ao evento colaboran

Pousadas de Compostela,

Estrella Galicia, Merc, e case

un centenar de establecementos

hostaleiros e comerciais da capital

galega.

Mantense o formato de 3 concertos

os días 20 e 27 de setembro

e 11 de outubro e mantense

tamén o lugar, unha das mellores

salas de España por equipo e

acústica A Capitol.

O cartel inclúe na primeira

das citas, o día 20, a un persoaxe

único, Sonny Knight leva

toda vida enriba dun escenario

xa que te 66 e anos a debutou

con 17 o que di moito da súa experiencia;

aquel primeir grupo

non dou para moito xa que

Sonny foi chamado a filas e acabou

en Vietnam. Tras unha efímera

carreira nos 80 comenzou

a traballar de camioneiro e facer

colaboracións puntuais con outros

artistas. Tivo que esperar

ata o pasado 2012 para que a industria

discográfica devolveralle

o éxito que merecía desde os

70; esas curiosidades da música

acabarón por converter a este

artista os seus 66 anos nunha

xoven revelación. Sonny Knight

terá como compañeiros ese día

os portugueses TT Syndicate,

unha explosiva banda formada

no país veciños no mesmo ano

que el recuerapaba a súa carreira

de artista, o 2012, e polos galegos

The Lákazans que a base

de interpretar clásicos convertíronse

nun dos grupos mais seguidos

en este verán.

Pero sen dúbida o prato forte

é unha artísta pola que pelexou

a organización case desde a primeira

edición pero que sae en

poucas ocasións dos Estados

Unidos, Irma Thomas esta

considerada a “raíña do soul

de Nova Orleans” e é xunto a

Aretha Franklin e Etta James

quen pecha o trío de estrelas

deste estilo musical desde os

60; a gañadora dun grammy no

2007, curiosamente ao mellor

album de blues contemporáneo,

estará coidada no escenario

polos galegos The Absenters

que combinarán o papel de teloneiros

co de banda acompañante,

a cita o 27 de setembro.

As outra data a lembrar será o

11 de outubro con Ray Gelato &

The Giants + Hannah Williams

& The Tastemakers + Mad

Martin Trío. No vindeiros mes

esperamos poñer unha crónica

de estes concertos e contaros

un pouco mais do que terá lugar

o 11 de outubro e para todo o

demais visitade www.lindeiros.es

onde iremos anticipando

as actividades e a historia dos

músicos.

Fonte: Outono Codax Festival,

Lindeiros

26 pasará

Evoluzión,

o novo espectáculo de

Goyo Jiménez

O monologuista estará en Compostela os

vindeiros 25 e 26

Está considerado un dos mellores

monologuistas do país e

polo seu anterior espectáculo

pasaron so en Madrid mais de

10.000 persoas; Goyo Jiménez

e sen dúbida herdeiro da tradición

de Gila e leva o público

a situación absurdas que xorden

do cotiá o tempo que pode

facer unha mordaz crítica desta

sociedade.

Leva desde os 14 anos enriba

dun escenario pero foi a súa participación

no programa El Club

de la Comedia e a elección polo

público do espazo como o mellor

monologuista o que impulsou

a súa carreira profesional.

A súa capacidade de interpretar

distintos persoaxes, o manexo

do corpo e a voz fixérono participar

en espectáculos de distinta

índole que o levaron a numerosos

festivais e programacións

internacionais: Almagro,

Sardeña, Venecia, Florencia,

Verona, Pisa, Romanía,

Eslovenia, Bosnia, Croacia...; de

forma paralela, e autor e director

de teatro, escribiu e/o dirixiu

doce producións e a estas hai

Un ano máis comeza a

tempada de abono da Real

Filharmonía de Galicia, unha

actividade que non deixou de

crecer desde a súa posta en marcha;

a orquestra ten desde o ano

pasado como director titular a

Paul Daniel que relevou a Ros

Marbá e conta tamén co galego

e compostelán Maximino

Zumalave como director

asociado.

A Real Filharmonía de

Galicia combina a tempada de

abonos no Auditorio con viras

e concertos nos escenarios de

países como Alemania, Austria,

Francia, Brasil, Arxentina e,

especialmente, Portugal, ademais

das principais cidades

españolas, onde destaca a súa

participación na tempada cultural

de Vigo. Na discografía da

RFG destacan os seus traballos

dedicados a Manuel de Falla e

Frederic Mompou, publicados

en 2009 e a Maurice Ravel, en

2012. O seu último disco, edique

unir os seus cinco espectáculos

destand-up comedy, titulados:

¡Aiguantulivinamerica!

Pasado Imperfecto, #alfinsolo,

En Verdad os digo e Evoluzión

co que chega a Santiago.

Evoluzión explícase moi ben

na información do evento : Fai

tropecentosmil anos, un homínido

bastante feo alzouse sobre

as súas patas traseiras e descubriu

que, desde esa perspectiva,

o mundo víase de maneira totalmente

diferente. Aquilo supuxo

moitos cambios para el e para os

seus descendentes, tantos, que,

co correr do tempo, pasaron a

considerarse a si mesmos como

“seres superiores”, chegando

a esquecer a súa orixe e a súa

verdadeira natureza. Pero, por

sorte, a evolución, no seu eterno

afán por equilibrar, creou aos

humoristas para lembrarllo. Ou

que pensabades, que ninguén

ía darse conta de en que vos

convertestes..?; así que con esta

suxerinte idea Goyo Jiménez

estará os próximos 25 e 26 no

Teatro Principal de Compostela.

Lindeiros

Comeza a nova tempada da Real

Filharmonía de Galicia

O 19 de setembro no Auditorio con entrada de balde para abonados

tado en 2013, leva por título

“Variaciones”, no que a orquestra

e a soprano María Bayo renden

homenaxe a Antón García

Abril.

No concerto inaugural deste

ano contará coa dirección de

Andrés Salado e a voz da mezzosoprano

Clara Mouriz que interpretará

arias de ópera de autores

como Gioacchino Rossini,

O barbeiro de Sevilla: abertura

e “Una voce poco fa”, Wolfgang

Amadeus Mozart,

Sinfonía núm. 30 en Re maior,

KV 202(186b), ou Christoph W.

Gluck, Orfeo e Euridice: abertura

e “Amour viens rendre a

mon âme”.

Os abonados a tempada da

Real Filharmonía terán entrada

de balde previa recollida da

invitación e os non abonados

poderán entrar o prezo de 10

euros.

O Centro Dramático Nacional presenta

«Atlas de geografía humana»

A peza e unha adaptación da novela de Almudena Grandes

Clara Mouriz:

O Teatro Principal acolle

o 14 de este mes o Centro

Dramático Nacional baixo a dirección

de Juanfra Rodriguez

e cunha adaptación de Luis

Garcia- Araus da novela de

Almudena Grandes «Atlas de

geografía humana». Da novela

saiu xa unha película, unha

serie de televisión e, como di a

autora, levala o teatro e como

pechar un círculo.

A obra conta por medio das

vivencias de 4 mulleres esas

diferencias que soemos atopar

entre o que criamos sería e o

que realmente é; Ana, Rosa,

Marisa e Fran son catro compañeiras

de traballo que elaboran

un mapa de xeografía

por fascículos e a medida que

o diseñan o espectador vai coñecendo

a propia xeografía de

esas mulleres. Ten o aliciente

da música en directo do violín

de Ángel Ruíz que crea

o ambente preciso en cada

momento.

Ana Labordeta no papel de

Rosa, Ana Otero no de Ana,

Arantxa Aranguren no de Fran

e Rosa Savoi no de Marisa subiranse

as tablas do Principal

o próximo día 14 nunha única

función.

setembro 2014 deportes 27

Santiago Rugby Club

Contacto:

www.santiagorugby.com

rugby@santiagorugby.com

Tfno: 606865428

O Santiago Rugby Club é

o herdeiro da tradición deste

deporte na cidade; aínda que

leva tan só 5 anos antes foi o

Gallaecius e se nos remontamos

máis atrás no tempo levarémonos

algunhas sorpresas se pensamos

que en Santiago esta disciplina

nunca tivo moito éxito.

Ramón Lamas é o presidente

e leva máis de 20 anos practicando

este deporte, cóntanos

que na cidade chegaron a existir

3 clubs de rugby “ cando empezamos

Santiago levaba anos

sen ter ningún equipo cando

existiran até 3, o Platerias, o

CDU que era o Club Deportivo

Universitario e o Compostela

Rugby Club, é dicir que xa

houbo varios equipos federados

que conseguiron mesmo subir á

primeira nacional”. Este deporte

sempre estivo ligado ao mundo

universitario pero Ramón explica

que iso sempre causou un

problema á hora de crear equipos

estables “así como o club

nutríase de moitos xogadores

da universidade, a medida que

terminaban os seus estudos ou

se desprazaban perdíanse, había

que formar a novos xogadores e

non existía unha continuidade”;

a vinculación coa universidade

xeraba un segundo inconvinte

vinculado ao financiamento “o

concello de Santiago ao ter esa

sensación de que o club formaba

parte da universidade non lle

facilitaba subvencións, campos

nin ningún tipo de medio porque

contaba con que fose a USC

a que se encargase de todo”.

A creación do Santiago

Rugby Club está en vías de solucionar

estes problemas; para

conseguir unha estabilidade

en canto a xogadores e crecer

ao mesmo tempo como equipo

puxeron en marcha o ano pasado

as escolas deportivas “é

un traballo moi importante que

está a recaer principalmente en

José Vallejo, isto achéganos de

cara ao futuro novos xogadores

e ademais xogadores que se

forman desde moi pequenos, rapaces

que ao comezar desde os

8 anos poden chegar a destacar

no rugby como xa destacaron

outros, temos xogadores que

colaboran co club que chegaron

a xogar en Nueva Zelanda

fichados polos All BLacks”;

falar dos All Blacks e da liga

neozelandesa é como dicir Real

Madríd ou Barça en fútbol o

que dá idea da seriedade coa

que se fan as cousas, pero quedaba

un problema por resolver

relacionado coa implicación do

concello algo que parece tamén

ter un pronto arranxo “este ano

o concello de Santiago prometeunos

un campo onde xogar, até

agora non tiñamos esa instalación

e xogabamos nun campo

veciñal pagando un aluguer por

el cos nosos fondos algo ao que

non se dou en ningún club doutro

deporte, agora parece que se

nos cederá o campo de Conxo

e esperamos poder asentarnos”.

Este ano contarán ademais coa

experiencia como adestrador de

Guillermo Landrove, licenciado

en educación física e con máis

de 25 anos de experiencia en

rugby adestrando a equipos de

distintas categorías incluíndo á

nacional, é colaborador tamén

da Federación Galega de Rugby,

todos esperan que lle dun plus

de calidade ao equipo.

41 xogadores en senior, algo

máis de 20 nas escolas no último

ano, 600 socios, cifras

que mostran a importancia do

Santiago Rugby Club e o optimista

futuro que ten este deporte

en Santiago.

Fotos: Loli Fdez.

28 deportes

Lindeiros

XXIX Edición do Descenso do Tambre

50 adultos e mais de 200 rapaces participaron nas probas

A praia fluvial de Tapia

acolleu o 24 de agosto, a

XXIX edición do descenso

do Tambre reunindo a

uns 300 deportistas, pertencentes

a 13 clubs galegos;

esta proba organizada polo

Club de Piragüismo Ribeiras

do Tambre xunto co Concello

de Ames é xa toda unha referencia

para o piragüismo galego

e na baixada desde a ponte

de Portomouro ata a Praia

Fluvial de Tapia participan padexeiros

das categorías cadete,

júnior, sénior e veterano.

Na categoría sénior

K-1 masculina o gañador

foi Jonathan Monteagudo,

do SD As Xubias, na segunda

posición quedou Pedro

Ferro, do club Náutico

Pontecesures, e o terceiro en

chegar a liña de meta foi o

amiense Fernando Viaño,

do club Ribeiras do Tambre.

Nesta mesma categoría, pero

na modalidade feminina, o

primeiro posto foi para Elisa

Ricoy, do club Ribeiras

do Tambre, a segunda foi Rut

Otero, do club Breogán do

Grove, e terceira quedou María

Carmen Bueno, do club Ría

Muros e Noia.

O club organizador acadou

tres primeiros postos, dous

segundos e outros dous terceiros

no descenso o que permitiulle

proclamarse campión

por equipos cun total de 759

puntos, na segunda posición

quedou o club Ría Muros e

Noia con 455 puntos e terceiro

foi o club de piragüismo

de Narón con 443 puntos. O

concelleiro de Educación,

Bernardo Moar, foi o encargado

de facer entrega dos premios

do descenso do Tambre,

mentres que oalcalde de Ames,

Santiago Amor, e a concelleira

de Deportes, María Eugenia

Martín, fixeron entrega dos

premios das probas de circuíto

da praia fluvial de Tapia, que

foron puntuables para a Liga

Provincial.

Fonte: concello de Ames, Lindeiros

O Club Xadrez Oroso segue acadando trofeos en verán

Sara Miguez acadou un novo ouro na categoríoa de menos de 18 anos

O verán está resultando productivo

para o Club Xadréz

Oroso que desplazou 5 xogadores

a 7º proba do Circuito

Galicia Central con moi bos

resultados.

Sara Míguez País conseguiu

un novo ouro co que demostra

unha tremenda fortaleza xa que

conta as súas participancións no

circuito por victorias.

Martín Pena Varela acadou o

subcampionato tamén na categoría

de menos de 18 e so tivo

en todo o torneo dúas derrotas

mais culpa do tempo que da estratexia;

Martín acadou tamén

no torneo de Sada un meritorio

doceavo posto si temos en

conta que enfrontouse a xoga-

dores adultos que compiten en

competicións nacionais e a sua

corta idade, Martín cosechou

ademais un segundo posto na

categoría sub 14 no torneo de

Chantada empatado a puntos co

gañador polo que o seu computo

de agosto e fantástico.

Por outra banda, Carmen

Míguez Pais, segue a demostrar

que é a nosa gran promesa do

Club Xadrez Oroso, quedando

terceira (empatada coa segunda)

na categoría Sub-12 e con tan só

dúas derrotas.

A nivel colectivo, o Club

Xadrez Oroso segue a situarse

entre os 10 primeiros dun total

de 54 equipos participantes.

Fonte: Club Xadréz Oroso, Lindeiros

setembro 2014 deportes 29

XV Trofeo de ciclismo

Vila de Luou

Organizado polo Club Ciclista de Teo

celebrouse o pasado 17 de agosto

Boa participación no décimo

quinto trofeo de ciclismo Vila de

Luou que como todos os anos organiza

o Club Ciclista de Teo con

saída e chegada na parroquia do

mesmo nome que a proba. Case

300 nenos e nenas participaron nas

distintas probas do trofeo, organizado

polo club ciclista que preside

Manuel Tallón. Na categoría de

principiantes o circuíto estaba establecido

na carballeira de Luou,

lugar onde tamén estaba montada

a meta das restantes probas.

Os principiantes participaron

dunha xincana situada na liña de

meta mentres que as categorías de

alevíns, infantís e féminas debían

cubrir unha serie de voltas a un

circuíto que tiña a Luou como centro.

A proba reina, na categoría de

cadetes, foi un percorrido en ruta

de 45 km que visitou boa parte

do Concello de Teo e se adentrou

por terras do de Vedra. O punto

central desta carreira foi a subida

a Lampai que, pola súa dureza,

serviu para seleccionar aos gañadores.

Na liña de meta entraría

primeiro Daniel rodriguez da EC

Redondela, en segunda posición

Iñigo Rodriguez de la Fundación

Oscar Pereiro e en tercer lugar

José Roberto Chas do CC Cambre.

Fonte: Club Ciclista de Teo, Lindeiros

Compostela axiliza os proxectos

deportivos da cidade

Este mes Santiago recibirá ademais o final da Volta a España

cunha proba contrareloxo con remate no Obradoiro

O cambio no bastón de mando

de Santiago de Compostela sentoulle

ben ao deporte da cidade

ou polo menos trouxo unha serie

de novidades a ter en conta.

Unha delas parece, agora que

se puxo en marcha, unha obviedade

pero o caso é que non

se estaba facendo; o autobús da

liña 6 subirá até as proximidades

do estadio de San Lázaro nos

días no que o Compostela xogue

en casa, o servizo comezou de

forma experimental o pasado día

23 cando o equipo enfrontouse

ao Burgos e a petición da SD

Compostela pero si se acredita

a súa demanda converterase en

permanente.

Noutra orde de cousas o concello

comezou o arranxo de pistas

deportivas ao aire libre en

distintos barrios e parroquias cun

investimento de máis de 460.000

euros e coa idea de que estean

terminadas en febreiro do próximo

ano; as reparacións afectan

a 42 instalacións e dentro do orzamento

do plan inclúese o seu

mantemento para evitar deterioros

no futuro.

Pero tal vez a actuación máis

importante é a renovación

do campo de fútbol situado á

beira do hospital psiquiátrico

de Conxo; o convenio coa

Deputación da Coruña, que

achega 200.000 euros, permitirá

dotar á instalación de céspede

artificial, ampliáranse lixeiramente

as medidas da cancha,

colocaranse redes de drenaxe e

saneamento e beirarrúas e varandas

nos laterais. Estase ademais

redactando un proxecto complementario

co que se espera dotar

ás instalacións dunha nova rede

eléctrica e mellorar as torres de

iluminación ademais de arranxar

os vestiarios. O campo de fútbol

de Conxo foi cedido ao concello

en novembro do ano pasado por

un período de 75 anos e é usado

na actualidade por uns 450 nenos

e nenas de distintas idades.

Hai que lembrar tamén que

este mes remata a Volta ciclista

a España en Compostela e faino

cunha proba contrareloxo que

sae do Gaiás e remata na praza

do Obradoiro, está previsto que o

primeiro corredor parta as 17.30

e o último as 20.23. Como actividade

complementaria 125 rapaces

entre 8 e 12 anos farán unha

volta junior que sairá de Xoan

XXIII e rematará no Obradoiro.

Fonte: Concello de Santiago, Lindeiros

Pista parque Xixón. Foto: concello de Santiago

30

Lindeiros

Cocina sana

EIRA DE XOGO

Salteado de setas,

langostinos y chipiriones

Ingredientes ( 4 personas)

Langostinos

Chipirones

Setas

Aceite

Brandy

Perejil

Modo de hacerlo

• Limpiar y pelar los Lamgostinos

• Limpiar las Setas y cortamos

• Cortar los Chipirones en arandeles

• En una sartén añdimos un poco de aceite y esperamos a que este bien caliente

• Añadimos los Langostinos y rehogamos durante 20 segundos

• Añadimos los Chipirones y rehogamos durante 2 minutos

• Añadimos las setas y rehogamos durante 3 minutos

• Añadimos un poco de brandy y dejamos reposar

• Añadimos una pizca de perejil y emplatamos

Autodefinido

Con la colaboración de:

SUDOKUS

Nivel de dificultad: Fácil

Nivel de dificultad: Difícil

BUSCA LAS 7 DIFERENCIAS:

setembro 2014 31

TELÉFONOS

DE

INTERESE

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro: 981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns: 981 891

017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo: 981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira: 981 885

736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. sociocultural A Ramallosa: 981 805

700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Instalaciones y Mantenimiento

de Electricidad y Telecomunicaciones

(Satélite y TDT)

Juan Mielgo

647 590 232

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:50, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20, 14:55, 16:05,

18:20, 19:30, 21:50

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 12:20, 14:55, 19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20, 14:55, 19:25,

19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 14:35, 15:30, 18:00,

19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00, 16:00, 20:00, 20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00, 18:00, 20:00,

20:30

Empresa Arriva

Padrón - Milladoiro - Santiago (h.aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10, 13:00, 14:25,

15:00, 16:00, 17:10, 18:00, 19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 20:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:15,

14:00, 16:00, 17:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:00, 22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Autobuses de Calo

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:45 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20:35, 22:05, 23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30, 13:00, 16:05,

17:05, 18:35, 19:35, 20,35, 22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min. 22:00 e 22:30

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00,

16:30, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00, 14:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:30; 22:30, 23:15.

Milladoiro-Santiago(Est.de autobuses)

L - V: 8:10, 9:25, 15:15, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Empresa Bustelo

Rois - Santiago (de Extramundi 5 m antes

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 14:30, 18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:30, 19:00, 21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

Monbus - Castromil

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

L - V: 7:15, 7:40, 8:15, 9,25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25,

15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25

Sábados: 8:25, 9:25, 10:45, 12:25, 17:25, 19:25, 21:25

Domingos e festivos: 9:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Instalaciones

Averías

Reparaciones

Desplazamiento gratuito

COMPRO

ORO Y PLATA

Rosalía de Castro, 34

Local C - Milladoiro

Tfono: 981 533 636

HORARIO DE AUTOBUSES, verano

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: 9:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:00, 15:20, 17:00,

18:15, 19:00, 20:00, 21:30

Sábados: 10:00, 12:00, 13,00, 14:00, 15:20, 18:15, 20:15

Sábados e festivos: 10:00, 12:00, 14:00, 16:00, 18:15,

20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25, 14:25, 15:25,

16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados: 08:25, 09:25, 10:45, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25, 17:25, 19:25,

21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00, 14:30, 15:20, 17:00,

18:15, 19:00, 20:00, 21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00,

15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00,

16:00, 18:15, 20:15.

Hermanos Ferrín

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

Sábados: 07:45, de 08:45 cada 2 h. ata 19:45 e 21:30

Domingos e festivos: 08:45, de 09:45 ata 19:45 cada 2

h. e 21:30

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: de 07:45 ata 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2 h. e

22:30

Domingos e festivos: 9:45, de 10:45 ata 20:45 cada 2 h.

e 22:30

La Estradense

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:30, 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45, 11:45, 13:15,

15:00, 18:00, 19:00

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30, 11:30, 12:30, 14:00, 15:15,

16:30, 19:00, 20:30

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Monbus - Castromil

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 10:35, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 15:30, 18:30, 20:45

Empresa Seoane

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 14:55

Sábados: 7:50

Santiago - Vedra

L - V: 14:00, 19:30,

Sábados: 14:00

Autocares Mosquera

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Empresa Lázara

Boqueixón ( Ponteledesma Santiago)

L - V: 7:15, 8:50, 10:45, 14:30, 18:00

Sábados: 9:45, 14:30

Domingos e festivos: 18:45

Santiago - Ponteledesma (Boqueixón)

L - V: 10:00, 13:00, 17:00, 19:30

Sábados: 13:00, 17:00

Domingos e festivos: 20:00

Monbus - Castromil

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23, 20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 16:00, 18:00, 20:00, 22:00 (viernes

vísperas de puente)

Sábados: 10:00,14:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 14:00, 16:00, 18:00, 21:00 (

fin de puente)

Monbus - Castromil

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50, 14:35, 16:20,

17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35,10:50,14:50,17:20,18:35, 22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50, 17:20, 18:50,

21:35

Oroso - Santiago ( Rúa da Rosa)

L - V: 8:20, 10:20, 12:25, 17:40, 21:50

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:15, 14:00,

15:30, 16:30, 18:00, 19:30, 21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30, 21:15

Aucasa

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

Empresa Freire

Santiago - O Pino - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:00, 18:30,

20:00

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 13:30, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00, 18:30, 20:00

( sábados non circula)

Arzúa - O Pino - Santiago

L - V: 7:30, 8:10, 10:40, 12:10,14:20, 15:00, 15:45, 18:10,

20:40

Sábados: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10

Domingos e festivos: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10, 21:30

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

32

Lindeiros

Xosefa

Juncal

Veciña de Brión

Xoseja Juncal, Xosefa de

Bastavales, segue a ter a mismas

ganas de troular, cantar e bailar

que cando nena, podiría dicirse

que naceu con esas ganas, pero

o corpo non e o de antes e ela

di con tristura que lle parece incrible

que non poda facer o que

quere.

Naceu en Santa María de

Gorgullos e da súa infancia,

como do resto da súa vida, parece

so gardar boas lembranzas;

da escola, dos primeiros xogos,

e da música e os bailes, eses bailes

que aprendía case sen querer,

eses puntos complicados que so

os bailaríns máis experimentados

podía seguir.

Pero naceu nunha época que

por moi ben que un o pasara o

traballo non quedaba sen facer e

ela tocoulle con 13 aniños mudarse

a Trazo a servir nunha familia

que, o di con moito agarimo,

a tratou como a unha filla e

cos que segue a manter moi boas

relacións. Cando a súa familia

biolóxica mudou para Bastavales

ela foi con eles, e cando conta

iso é o único momento no que

recoñece qu eo pasou mal, soa

e sen amigos non podía acudir

as festas e bailar como a ela lle

gustaba; pero todo pasa e pouco

a pouco foi atopando o seu sitio

na aldea.

Cando todo parecía calmado

chegou un novo veciño con

un nome curioso, Manu Chao,

músico multicultural que se converteu

nun fillo mais de Xosefa

e que a levou a don nunca pensara

ir; actuando con Manu

Chao descubriu a importancia

de coñecer outros lugares, outra

xente, outras culturas e disfrutou

dunha segunda xuventude

adicada o espectáculo que sigue

a botar de menos; Xurxo Souto,

Susana Seivane, Cristina Pato,

mulleres e homes que admirron

a súa vontade e os seu instinto

para a música; non fai moito

que recibiu unha homenaxe en

Compostela feito por sorpresa

por todos os que a queren ben

pero que a colleu desprevenida,

e recoñece que lle fixo tanto ben

como mal, ainda que sabe das

bosa intencións dos seus amigos.

Non lle acaba de convencer

que os fillos non seguiran coa

tradición musical pero a cambio

mira con orgullo a neta que

canta na orquesta París, a outra

que con 9 anos está tamén estudiando

baile, e lembra cun sorriso

que tódolos demais mentres

foron pequenos corrían anda ela

a aprender a tocar a pandereta.

Pasa os días nun centro donde

a coidan con moito mimo, dándolle

voltas a cachola sen acabar

de entender cando foi que

perdeu as forza físicas porque

as outras, as ganas, seguen ahí

pero o mesmo tempo comprende

que a vida ten os seus tempos

e ela está no de mirar mais que

facer; seguro que ainda lle quedan

algunhas festas as que acudir

ainda que so sexa de visita

pero xa lle gustaría a moitos ter

na mirada que ten Xosefa cando

fala de todo o que viviu.

Urdilde, 28 de agosto 2014

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!