17.01.2014 Views

LINDEIROS XANEIRO 2014

Xonal Lindeiros de xaneiro do 2014

Xonal Lindeiros de xaneiro do 2014

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

LINDEIROS

CESGA:

20 anos adicados a investigación

Falamos co seu director

Javier García Tobío

Manolo Regos,

alcalde de Ordes:

“Non podemos perder o partido

xudicial, espero que o Partido

Popular de Galicia e de Madrid

retome este tema e deixe todo

como está.”

Concellos:

Aprobáronse os POS 2014 que

financia a Deputación

Teo: Revisarase o contrato con

Viaqua (Aquagest)

Pasou:

En Nadal volveuse a montar o

Belén

Os nenos de Ames vivirón o fin

de ano 12 horas antes

Pasará:

Santi Millán presenta o seu novo

espectáculo Santi Millán Live!

Excéntricas estrean “Da Vinci tiña

razón”

xaneiro 2014

N 8 MENSUAL

MEDIATIZA

Tu tienda de informática y reparaciones, también de

pequeños electrodomésticos, en Milladoiro

2

edita

Patacón Comunicaciones S.L.

B70309463

Editorial

Desexos incumpridos

Lindeiros

Apdo. de Correos: 26

15895 AMES

Teléfonos:

981 535 815

634 747 956

Depósito legal:

C515 -2013

Contacto:

publicidad@lindeiros.com

redaccion@lindeiros.com

Web:

www.lindeiros.com

Marketing:

MEDIATIZA

Imagen corporativa

redes sociales

diseño y gestión

Deixamos atrás o Nadal e o seu exceso de gasto e bos desexos, dúas cousas que non teñen sentido pero que con todo repetimos

cada ano. As compras son excesivas porque moitas das cousas sabemos cando as compramos que acabarán esquecidas en

calquera esquina, a procura dun agasallo que convenza ao que o fai e ao que o recibe é algo reservado a uns poucos; sorprendíame

ver que as maiores colas dábanse nas zonas de alimentación dos supermercados e dependendo do día unha visita á pescadería

podía ser cousa de 20 minutos; contrasta co aumento do traballo e das doazóns nos bancos de alimentos, parece coma

se tivésemos medo a vernos algún día necesitados desa axuda e compensásemolo enchendo a cesta; a pouco que un reflexione

dáse conta de que iso indica que a clase media desaparece e só quedan os que poden e os que non, os que teñen unha cesta da

compra nada da solidariedade e os que se poden permitir decidir que leva a súa.

Os bos desexos tampouco son cousa que me parezan razoables máis aló da mera educación; o 2014 será feliz na medida que

podamos resolver moitos dos problemas da nosa sociedade e, en todo caso, a felicidade son momentos; comprendo os bos

desexos dos meus amigos e coñecidos porque soñar é gratis e nalgún momento teremos que facelo pero o que non comparto

e moléstame son as mensaxes de políticos e institucións; desexar que o novo ano tráianos menos paro, unha nova estrada ou

a rehabilitación dun edificio está nas súas mans así que mais que desexar o que teñen que facer é traballar, estes días deberían

dedicarse a explicar que van facer e como pensan facelo, desa forma poderiamos valorar mellor os seus desexos.

Pero para ben e para mal estamos xa no 2014, postos a pedir sobran cousas na comarca nas que empregarse a fondo; estes días

viamos como o polígono industrial de Pazos alagábase, e os terreos que o circundan e as aldeas próximas sufrían de novo as

choivas; non vale a escusa de que foron choivas moi fortes... isto é Galicia, agora pedirase de novo que se canalice o río e retomáranse

demandas esquecidas nos anos de bonanza climatolóxica pero hai 25 anos cando comecei a traballar en medios de

comunicación unha das primeiras cousas que vivín foi Padrón coa auga ao pescozo e os veciños entrando no casco antigo en

barca, agora a cousa non chega ao centro pero o problema segue aí. Do transporte metropolitano mellor non falar, búscanse escusas

varias pero a realidade é que todo está en mans dun único organismo: a Xunta de Galicia, da administración autonómica

dependen as liñas, as empresas que as cobren, as sancións se non cumpren o acordado, os recursos, etc.; todos os concellos implicados

teñen queixas... excepto Santiago que non acaba de ver que o problema tamén lle afecta e que gran parte do tráfico da

cidade xérase por non ter un bo transporte de proximidade. Non da Xunta se non de Fomento depende que algún día Galicia

teña unha vía verde; a proposta de que sexa entre Ordes e Santiago xeraría un polo turístico non só de face ao exterior, tamén

para toda a comarca falta de espazos deste tipo, avanzouse moito na construción de sendas peonís e rutas de sendeirismo e

fíxose grazas á implicación dos concellos así que agora non estaría de máis un empuxón a estas infraestruturas desde Madrid.

Son pinceladas que me veñen á cabeza sen orde ningún, hai moitas máis e seguen no aire cousas como o canon de SOGAMA

e a súa posible subida, a reforma da administración local con todo o que levaría, os recortes sanitarios que afectan aos máis

desfavorecidos... como todo é imposible que se arranxe de golpe e como pedilo sería de inconscientes confórmome con desexar

tan só que o “sentidiño” entre nas cabezas dos nosos políticos, sobre todo dos que teñen cargo e ferramentas para traballar,

se iso se me concede teremos a metade do camiño andado.

Manel Pardo

tiza

mediatiza@mediatiza.com

Contrata tu publicidad en Lindeiros con nosotros o pide un estudio de marketing en redes sin compromiso

MEDIATIZA

xaneiro 2014 novas da bisbarra 3

Os concellos aprobaron os POS 2014

A Deputación destinará, en toda a provincia, máis de 24 millóns

de euros neste ano

Despois de que no mes de

outubro a Deputación aprobase

as bases para o Plan de obras e

servizos 2014 agora tocoulle aos

concellos aprobar en pleno as

obras que serán subvencionadas

e que, por primeira vez, poderán

ser entregadas vía web ao organismo

provincial.

O concello de Ames destinará

algo máis de 300.000 euros a

10 proxectos na súa maioría de

arranxo de viarios e espazos públicos

como os aparcadoiros do

campo de fútbol do Milladoiro

e do CEP de Ventín ou beirarrúas

na rúa Xaquín Lorenzo no

Milladoiro.

Boqueixón destinará 125.000

euros ao arranxo de 25 camiños

aínda que terá que achegar

do seu peto 31.000 € para poder

completar o proxecto. Brión decidiu

repartir os seus 234.000 €

entre obras e gastos correntes,

destinará o 40 % por cento ao

mantemento de beirarrúas e

estradas e o resto servirá para

pagar a iluminación pública e

recollida de lixo. Frades recibirá

162.000 € dos que a partida máis

importante destínase ao arranxo

de camiños nas parroquias de

Abellá, Galegos, Moar e Aiazo.

En Negreira tamén se destinará

unha parte das achegas

a gasto corrente, en concreto

destinaranse 150.000 € mentres

que os outros 159.000 € servirán

para obras de saneamento e melloras

de pistas ademais de para

o peche e o camiño de acceso ao

punto limpo.

Ordes superará os 400.000 €

de investimento dos que unha

boa parte destínanse á instalación

dun sistema de bombeo

no lugar de Brea, parroquia de

Ardemíl, e melloras en Lesta,

Marzoa, Parada e Pereira en

A Pedreira en Teo, en roxo o tramo incluído no POS e en azul as demandas

pendentes.

abastecemento e saneamento.

Oroso destinará os máis de

260.000 € a obras, a partida máis

importante no económico é a

que permitirá o amaño da capa

de rodaxe en Altiboa, o Castro

de Recouso e a Cruz de Folgoso

en Marzoa.

Padrón recolle no documento

levado a pleno unha asignación

de algo máis de 213.000 € que

se destinarán a remodelación

da rúa Enlace Parque, traballos

complementarios no colector

de conexión coa nova estación

depuradora de Carcacia e a pavimentación

dunha pista veciñal

no lugar de Lamas.

Santiago empregará máis de

500.000 € en arranxar o firme

de 37 pistas en 17 parroquias

do rural, a elas hai que sumar o

acondicionamento especial doutras

pistas en Barciela, Verdía e

Conxo.

En Teo levouse a pleno unha

proposta que supera os 50.000

€ aínda que deles 373.000 aparecen

como achegas do estado

e da deputación mentres que o

resto serán postos polo concello;

destaca un proxecto denominado

“Sendas 2014” que ten a

finalidade de crear sendas peonís

como mellora da seguridade

viaria; ademais recóllese unha

vella reivindicación da oposición

e arranxaranse, entre outras,

travesías en Carballal, Guldrís,

Solláns e o Sisto, Bouñou,

Sestelo e Regoufe; ademáis na

Pedreira arranxarase un tramo

que os veciños demandan desde

a época de Armando Blanco

e que se pode ver na fotografía

adxunta.

Vedra será outro dos concellos

que destinará a maior parte do

plan, un 60%, ao pago de facturas

de iluminación pública e

recollida de lixos e o resto, máis

de 101.000 € ao mantemento de

núcleos rurais.

A Deputación ademais do

POS anual creou, de forma extraordinaria

como xa sucedese

no 2012, outro plan de axudas

denominado DTC93 que repartirá

segundo distintos criterios

un total de 18 millóns de euros

nos concellos da provincia.

Fonte: concellos, partidos políticos,

Deputación da Coruña, Lindeiros.

Teo inicia os trámites para

rescindir o contrato de

Aquagest

Revisarase de oficio a ampliación feita no

ano 2007 por presuntas irregularidades

A intención de revisar o contrato,

e a súa ampliación até o

2029 que data do 2007, nace

dunha demanda de Viaqua (antiga

Aquagest) na que solicita

subir as tarifas, o argumento

dado pola empresa é o incremento

de gastos de mantemento

ao facerse cargo da nova depuradora

de Calo; segundo o concello

o contrato marca a obrigatoriedade

da empresa de asumir

a xestión de novas infraestruturas

polo que o secretario municipal

indica que as peticións

da empresa pasan por unha revisión

do contrato, ao revisar o

contrato é cando se detectaron

unha serie de presuntas ilegalidades

que levaron á proposta de

suspensión do acordo, proposta

apoiada finalmente polo PSOE

e o BNG o que facilitou a súa

aprobación.

O partido Popular, na voz de

Xosé Pallas, preguntouse porque

se a petición da empresa

fíxose en maio tardouse tanto

Ames terá nova escola infantil en

Bertamiráns

O pleno apoiou por unanimidade a firma

do convenio

A aprobación polo pleno fíxose

cun voto particular que faculta

ao alcalde para tomar todas

as decisións necesarias sobre a

firma do convenio pero baixo

unhas condicións moi concretas:

a escola infantil terá unha

xestión pública e directa, terá

como mínimo 6 unidades e 82

prazas, o máximo anual que lle

en traer a proposta de revisión

ao pleno o que foi respondido

o alcalde Martiño Noriega

lembrando que un asunto tan

complexo necesita ser estudado

polos asesores xurídicos antes

de dar ningún paso; a concelleira

socialista Uxía Lemos asegurou

que era un mal contrato e

avogou por unha xestión directa

do servizo valorando previamente

os custos económicos

que tería; o BNG insistiu en que

a súa postura era a mesma que

cando se aprobou a ampliación

é dicir estar en contra dela; finalmente

Manuel Parajó, portavoz

de Independentes de Teo

que no momento da ampliación

apoiaba ao goberno municipal,

abstívose xa que dixo que

necesitaba máis datos antes de

situarse.

O contrato será agora enviado

ao Consello Consultivo de

Galicia para que emita un ditame

antes de iniciar a rescisión.

Fonte: Lindeiros

corresponde ao concello non

poderá ser modificado unilateralmente

polo Consorcio e o terreo

sobrante tras a construción

reverterá no concello.

A escola infantil situarase

nun terreo lindeiro co paseo fluvial

de Bertamiráns.

Fonte: Concello de Ames, Lindeiros

4

Saúde, paz e amor

Lindeiros

Mónica Vázquez

Licenciada en Xornalismo

pola Universidade de

Santiago, a traxectoria

profecional de Mónica

Vázquez Fachini (Vigo,

1978) estivo ligado ao

mundo da prensa escrita

nos últimos 12 anos,

durante os que tamén fixo

colaboracións puntuais en

medios online e escribiu

contidos para páxinas

web.

Non descubro nada novo se

digo que todos os comezos son

ilusionantes. Cambiar de casa,

namorarse por primeira vez,

ser pai, emprender unha viaxe...

Empezar algo novo, sexa o que

sexa, é probablemente un dos

maiores retos ao que se enfronta

un ser humano ao longo da

súa vida. Se cadra esa é a razón

pola que dende hai unhas semanas

se respira no ambiente unha

especie de euforia colectiva ante

a perspectiva de deixar atrás o

2013 e recibir cos brazos abertos

o novo ano.

As rúas, as felicitacións de

nadal, a publicidade e mesmo as

páxinas de Facebook enchéronse

este pasado mes de decembro

de mensaxes de benvida e celebración

pola chegada do 2014. A

expectación popular é evidente,

quizais contaxiados polas promesas

políticas e institucionais

dos ansiados brotes verdes. E a

ilusión é tal que ata a ameaza da

temida costa de xaneiro parece

menor.

Pero os comezos, coma di o

refrán, tamén son duros e este

novo ano non o vai ter nada

fácil se quere devolvernos o sorriso.

Tras un annus horribilis

que para os supersticiosos veu a

confirmar o mal fario do número

13, moitas familias galegas

agardan que os próximos meses

lles traian só boas novas. Coma

se por arte de maxia o 1 de xaneiro

os problemas desaparecesen

e a crise e todo aquilo que

lles quita o sono quedaran atrás

para sempre.

Embriagados pola ilusión do

poder curativo do Aninovo, o

31 de decembro as casas de todo

o mundo enchéronse de brindes

cerimoniosos invocando ao

2014 para que cumpra todo tipo

de desexos persoais e colectivos.

Demasiada responsabilidade

para alguén que acaba de nacer.

Pero non quero ser hipócrita.

Eu tamén, como o que máis,

teño grandes esperanzas depositadas

neste ano que comeza.

Din que os cambios adoitan ser

para ben e se cadra por iso tento

autoconvencerme de que a peor

xa non podemos ir. A posibilidade

de máis paro, máis precariedade,

máis miseria, máis

desafiuzamentos, máis privatizacións

ou máis corrupción semellan

a priori inconcebibles.

Así que lle pediría moitas cousas

a este 2014 pero sinceramente,

non me atrevo. O seu predecesor

deixou tantas expectativas

incumpridas e un panorama

económico e social tan desalentador

que non quero repetir os

erros do pasado. Por iso prefiro

rematar botando man dun clásico

para formular o meu desexo

colectivo para o novo ano.

Saúde, paz e amor. A alguén

pode parecerlle tópico, ñoño ou

mesmo pouco ambicioso pero

se se cumpre ao meu arredor, eu

dareime por satisfeita.

xaneiro 2014 5

Ordes estrea a praza de abastos tras a súa

remodelación

A remodelación da praza de abastos de Ordes contou cunha axuda da Xunta que

sufragou o 80% das obras.

A obra servirá, segundo o

equipo de goberno, para actualizar

un equipamento público

clave no concello e que serve

de polo de dinamización do comercio

local; desde o concello

non se descarta a posibilidade

de que por mor da remodelación

xurdan novas iniciativas ou

se amplíe a venda de produtos

frescos e cualifícase a obra de

“incentivo e aposta polo comercio

de proximidade”.

As reparacións consistiron

en adaptar a entrada para persoas

con mobilidade reducida,

para iso instalouse unha porta,

cortaventos e unha rampla para

superar o desnivel existente; os

Oroso inaugurou o parque infantil máis

grande do municipio

Sitúase no paseo do Carboeiro, pensado para nenos de 3 a 10 anos

Trátase dunha área recreativa

totalmente remodelada nos últimos

3 meses e que recibiu un

peiraos de carga, en desuso, se

tapiaron recuperando as portas

de acceso; remodeláronse e melloraron

os aseos, cambiáronse

as beirarrúas e restaurouse a

fachada aplicándolle, ademais,

á pedra un tratamento funxicida;

finalmente aproveitouse

para realzar os cambios necesarios

para reducir o consumo

eléctrico.

O importe total da obra foi

de 160.000 € dos que 120.000

foron achegados pola Xunta de

Galicia, a través da Consellería

de Economía e Industria, e o

resto polo concello.

Fonte: Concello de Ordes, Lindeiros.

Foto: concello de Oroso

investimento de 50.000 €; conta

cun chan especialmente deseñado

para exterior que aguanta os

cambios bruscos de temperatura,

drena a humidade e non necesita

mantemento; ademais de reparar

os xogos vellos instaláronse

tamén outros novos e bancos

para as familias dos nenos que se

acheguen.

Durante o acto de inauguración,

Manuel Mirás estivo acompañado

por responsables de Norjapi, empresa

ordense adxudicataria das

obras, así como polos concelleiros

de Familia, María del Carmen

Liste, e Relacións Veciñais, Luís

Rey. O do Paseo do Carboeiro é o

terceiro parque infantil que puxo

en marcha o Concello de Oroso

ao longo de 2013. O primeiro instalouse

a carón da escola unitaria

Foto: concello de Ordes

da parroquia de Oroso e o segundo

a carón da piscina municipal

de Sigüeiro. Dúas instalacións

que contan coa mesma dotación:

bambán, tobogán e balancín.

No transcurso do acto o alcalde,

Manuel Mirás, destacou que “con

esta renovación do parque infantil,

o Concello de Oroso segue traballando

na súa decidida aposta

por incrementar e mellorar este

tipo de instalacións no municipio,

pois somos conscientes do gran

número de cativos que temos no

municipio e queremos que teñan

os mellores espazos para xogar”.

Fonte: Concello de Oroso, Lindeiros

Frades aproba

o seu orzamento

para o 2014

Con respecto ao do

ano pasado a previsión

de ingresos

aumenta nun 21%

O concello de Frades aproveito

o último pleno do ano para

aprobar os seus orzamentos

para o 2014, unhas contas que

suman algo máis de 1,9 millóns

de euros e que foron aprobadas

co voto a favor do Partido popular

e a abstención de Psoe e

BNG.

Segundo explicou o alcalde,

Roberto Rei, o aumento no capítulo

de ingresos en máis de

400.000 euros débese a que no

2013 obtivéronse máis axudas

das previstas doutros organismos,

estado e Xunta, que

se prevén manter no presente

exercicio.

O orzamento aumenta a partida

destinada a axuda no fogar,

xantar a domicilio e atención de

dependentes até os 17.000 euros,

o mesmo sucede coa destinada

a emerxencia social que pasa

de 1.000 a 8.000 o que, segundo

o alcalde, dá aos orzamentos

un carácter social; mantéñense

ademais as axudas destinadas

a entidades deportivas e asociacións

veciñais e culturais.

Diminúese o gasto de persoal

e increméntanse as achegas

destinadas a pagar o crédito

solicitado no plan de pago a

provedores; estase ademais á

espera dunha resposta sobre

o remanente de tesouraría dos

anos 2012 e 2013 para saber se

se pode destinar a obras ou debe

dedicarse á amortización de

débeda.

Fonte: Concello de Frades, Lindeiros.

6

El tamaño importa

Lindeiros

Andrés Gómez Tato

Doctor en Ciencias Físicas

por la USC y responsable

del Departamento

de Aplicaciones y

Proyectos del Centro

de Supercomputación

de Galicia (CESGA).

Trabajó para diversas

empresas del sector

de las Tecnologías

de la Información y

las Comunicaciones

como SERMATICA,

CESATEL o Unisys

España. Actualmente

participa desde el

CESGA en proyectos

de investigación y

desarrollo tecnológico,

tanto europeos como

nacionales, en donde

colabora habitualmente

en la difusión de sus

resultados.

Las cosas grandes nos atraen.

Queremos verlas, tocarlas. En

algunos casos admirarlas, como

el Palau de les Arts en Valencia

(aunque ahora se caiga a cachitos).

Pero el adjetivo grande es

poco científico. Algunos pensarán

que una casa grande es

aquella que tiene diez habitaciones.

Para otros, con cuatro será

suficiente. Lo mismo nos pasará

si utilizamos la palabra pequeño.

Pero nuestro futuro podría estar

en dominar las cosas pequeñas.

Extremadamente pequeñas.

Aquellas que ya no podemos

ver a simple vista. Ni tocar. Y en

donde nuestra comarca es líder

en Galicia, según ha analizado

el proyecto Nanovalor, con la

Universidad de Santiago aportando

el 80% de los investigadores

de la región y con dos empresas

florecientes (Nanogap y

Neoker) produciendo cosas minúsculas.

Es la nanotecnología.

Esta tecnología consiste en

la aplicación del conocimiento

científico para manipular la materia

y fabricar nuevos materiales

de tamaños muy pequeños,

habitualmente entre 1 y 100

nanómetros. Para comprender

qué es un nanómetro, empecemos

con un fino listón de madera

de 1 metro. Dividiéndolo

en 1000 partes, tendremos astillas

de 1 mm, todavía visibles,

pero ya difíciles de manipular

con nuestras manos. Aun así,

dividamos una astilla de nuevo

en 1000 partes. Tendremos cachitos

de 1 micrómetro, más

finos que el cabello humano,

que típicamente tiene un grosor

de 70 micrómetros. De hecho, a

estos tamaños ya no tendremos

madera, porque habremos roto

sus células, ya que éstas tienen

un tamaño mayor, superior a los

10 micrómetros. A pesar de ello,

hay que dividir de nuevo esos

Ilustración 2: Representación artística del grafeno.

Por AlexanderAlUS, vía Wikimedia Commons

minúsculos objetos en otras

1000 partes para obtener uno de

1 nanómetro. ¡Ya ni el ADN de

las células estaría intacto!.

Al igual que pasa con la madera,

otros materiales cotidianos

cambian cuando se manipulan

tan pequeños. Así, el oro se

mantiene limpio con el tiempo

porque no le afecta casi nada del

entorno: no se oxida, no lo disuelven

la mayoría de los disolventes.

Sin embargo, a escalas

nanométricas, sus propiedades

cambian. Por ejemplo, ya se disuelve.

Trabajar con la materia a

estos tamaños nos permite crear

nuevos materiales con propiedades

sorprendentes y útiles. Y

muchas veces partiendo de materiales

comunes como el grafito

de los lápices, que nos permiten

fabricar otros como el prometedor

grafeno: extremadamente

Molécula de futboleno. Imagen creada por Michael Ströck.

Fuente: Wikimedia Commons.

duro, transparente y excelente

conductor de la electricidad y

del calor. Como decía el genial

físico y Premio Nobel Richard

P. Feynman: “Hay mucho sitio

al fondo”.

Puedes seguir a Andrés en

http://conlavozdeoccam.

blogspot.com.es/

xaneiro 2014 novas da bisbarra 7

Reunión da xunta local de

seguridade de Brión

O encontro serviu para adaptar o

organismo á nova normativa

Xa se coñece a que será a marca

comercial do barrio de San Pedro

O proposta gañadora do concurso ten como lema “A chave do teu

barrio”

A reunión da xunta local de

seguridade de Brión contou coa

presenza do subdelegado do goberno,

Jorge Atán Castro, e a

vicesecretaria xeral da delegación

do goberno, Eva Vázquez

Castelo xunto co alcalde José

Luís García e responsables de

protección civil, garda civil e

policía local.

No transcurso da reunión o

subdelegado do goberno destacou

que non se advirte ningún

incremento dos delitos no municipio

o que, en palabras do

alcalde, quere dicir que “as es-

tatísticas demostran que Brión

é un lugar tranquilo e seguro

para vivir”; o subdelegado do

goberno, Jorge Atán animo aos

presentes a seguir traballando

na mesma dirección e resalto a

colaboración existente entre a

policía local e a garda civil.

A xunta local de seguridade,

seguindo a normativa recollida

no Real decreto que regula o

funcionamento deste tipo de organismos

recentemente aprobado,

reunirase dentro de 6 meses.

Fonte: Concello de Brión, Lindeiros

Foto: concello de Brión

O BNG lamenta que non se

recollesen as súas emendas ás

ordenanzas fiscais

A norma foi publicada no BOE antes de

informar á oposición

O BNG de Compostela critica

que se publiquen as novas ordenanzas

fiscais da cidade sen explicar

o porqué do rexeitamento

das emendas.

Os nacionalistas propuñan

unha redución nun 50% do

imposto de actividades económicas

para mulleres e emprendedores

menores de 35 anos co

fin de incentivar ou manter a

creación de empresas; outra das

emendas demandaba un pago

en 12 mensualidades do imposto

de bens inmobles para desempregados

e pensionistas; o

BNG pedía ademais a creación

dun censo de vivendas baleiras

e un cargo dun 25% por cento

O xurado xa elixiu a que será a

imaxe-marca da sinaléctica comercial

do barrio de San Pedro

entre as cinco propostas que obtiveron

maior número de votos

das 31 presentadas ao concurso

para elixir a marca deste espazo

da cidade. A seleccionada leva

por lema “A chave do teu barrio”

e foi realizada polos arquitectos

Camilo Blanco Pampín e

Nuria Freire González que levarán

os 3.000 euros do premio

e o seu deseño pasará a ser a

imaxe-marca da sinaléctica comercial

do barrio de San Pedro.

Tal como indican os autores,

o deseño proposto ten como

obxectivo “resumir nun logotipo

rotundo e facilmente recoñecible

toda a complexidade do

barrio de San Pedro: o moderno,

o antigo, o urbano, as hortas, a

innovación, o lecer, a pedra, a

vexetación, o Camiño…”. Para

representar toda esa riqueza

nunha soa imaxe, recorreron

á toponimia como concepto

que abrangue a totalidade do

barrio. “A potencia do termo

“San Pedro” no imaxinario da

no IBI para elas o que podería

mobilizar ese parque de vivendas

baleiras que ten Santiago.

Outras das medidas propostas

eran bonificacións polo uso de

enerxías alternativas ou o cobro

do IBI aos inmobles da igrexa

pero ningunha das mencionadas

foi tida en conta.

O BNG cualifica de falta de

respecto a aprobación definitiva

da normativa sen explicar polo

menos o porque se rexeitaron as

emendas.

Fonte: BNG Santiago, Lindeiros.

O concelleiro socialista

Bernardino Rama denunciou a

falta de planificación na realización

das obras de varias rúas

do Ensanche e o incumprimento

do compromiso do goberno municipal

cos comerciantes para

os días de Nadal. A voceira do

grupo de goberno anunciara

que estas obras se paralizarían a

partir da ponte da Constitución

e ata despois de Reis para facilitar

as compras do Nadal

sen que isto chegara a facerse

efectivo. Porén, a este compromiso

incumprido, engadíronse

distintos cortes de tráfico nos

días previos as celebracións.

Rama indicou que o Ensanche

cidade é indiscutible, polo cal

a proposta atopa no mesmo

nome un valioso elemento

co cal traballar”, afirman.

Este proceso de selección está

incluído na iniciativa Urbana

Santiago Norte, programa cofinanciado

pola Unión Europea

con cargo ao Fondo Europeo

de Desenvolvemento Rexional

(FEDER).

O Psoe de Compostela critica a

falta de planificación das obras do

ensanche

O concelleiro Bernardino Rama denuncia o

incumprimento dos acordos cos

comerciantes

Imaxes da marca comercial gañadora do concurso.

Foto: concello de Santiago

Fonte; Concello de Santiago,

Lindeiros

estivo “sitiado” nun caos que

se repartiu entre a República

do Salvador, Alfredo Brañas,

Frei Rosendo Salvado e Ramón

Cabanillas e que o acceso á

praza Roxa só se podía facer a

través de Santiago del Estero

subindo por San Pedro de

Mezonzo, xa que foi invertido

o sentido da circulación.

O concelleiro fíxose eco das

queixas dos comerciantes criticando

a “descoordinación total”

derivada de facer todas as obras

ao mesmo tempo e suxeriu que

algunhas se deberían levar a

cabo pola noite.

Fonte: Psoe Santiago, Lindeiros

8 a conversa

Lindeiros

Manuel Regos, alcalde de Ordes:

“Ao 2014 pediríalle que se acabase co paro, nós estamos mellor que a

media porque estamos nun 15 %, pero gustaríame que houbese traballo

para todos e sobre todo para a xente nova, de 18 a 30 anos”

Xornal Lindeiros - Bos días,

a primeira pregunta ten que ver

coa marcha da lexislatura, nunca

é sinxelo gobernar en minoría e

menos nunha época como esta,

que valoración fai?

Manuel Regos - Ola, bos días,

é unha lexislatura complicada

na que estamos a facer moitos

esforzos e moito traballo, estamos

a facer grandes cousas por

Ordes nunha época como esta

con unha crise como a actual; a

verdade é que todos os concellos

de España, non só de Galicia,

non o estamos a pasar moi ben,

pero con medidas que se tomaron

no seu momento recortando

en cousas que se cadra non eran

necesarias estamos a saír dela

e facendo cousas importantes

para os nosos veciños e veciñas.

XL - A isto axuda o estar

dentro dunha mancomunidade,

como a de Ordes, das máis ou a

máis activa de toda a bisbarra.

MR - A mancomunidade

de Ordes foi recoñecida pola

Xunta de Galicia como unha

das que funciona e que traballa;

hoxe mesmo temos outro pleno

no que se vai a tocar de novo o

tema de SOGAMA, que non

sabemos o que vai suceder; falaremos

tamén da lei de reforma

da administración local, da lei

de planta (lei de demarcación e

planta xudicial), estamos a traballar

con temas que importan

a todos os concellos sexan grandes,

pequenos ou medianos; e

como non tamén dos temas que

incumben aos veciños e veciñas

deste sete concellos.

Non podemos quedar

excluídos da repartición

da Deputación só

3 concellos da provincia

da Coruña e que

o resto leven un plan

nominativo, paréceme

que non é xusto

XL - Xa que menciona á

Xunta, os seus recortes, os do

goberno central tamén, pero

os da Xunta están a afectar

moito aos concellos.

MR - Si, esperemos que se

retome o tema da lei de administración

local e déaselle un

pouco máis de poder ás mancomunidades

e aos concellos

pequenos por que Galicia é

moi distinta ao resto das comunidades;

e, como non, non

tanto poder como se lle quere

dar nesta lei ás deputacións

provinciais.

XL - Ese é un tema que nos

atopamos a miúdo cando falamos

cos alcaldes, a lei de administración

local coa que practicamente

todo o mundo está

en contra, salvo o alcalde de

Santiago que tiña unha visión

algo distinta, sobre todo no que

se refire a asuntos sociais, están

moi en contra de que iso vaia a

parar a unha deputación ou a un

organismo provincial.

MR - Como dixen antes aqui

en Galicia os servizos sociais

teñen que ser dos concellos porque

somos as persoas máis próximas

aos veciños, é aqui onde

veñen pedir cando teñen realmente

necesidade; desde a Xunta

de Galicia poden ter boa vontade

pero non se poden achegar como

nós que estamos aí porta con

porta, todos os días cos nosos

empregados, cos nosos traballadores

sociais nos problemas dos

veciños que podemos resolver,

desde a Xunta ou a Deputación é

imposible que o leven.

XL - Por exemplo no caso de

Ordes, aínda que ten un núcleo

urbano moi claro e moi estruturado

é un concello cunha poboación

rural moi grande e moi

dispersa.

MR - Nós temos unha poboación

moi dispersa, agrícola

e gandeira e de servizos, é unha

poboación que necesita moita

axuda e por tanto os servizos sociais

teñen que estar á beira dos

veciños, hai que ser próximos

principalmente nestes momentos

de crises.

XL - outro tema que podería

afectar de forma tremenda a

Ordes sería perder a condición

de Partido Xudicial.

MR - Esperemos que non se

chegue a producir, estamos a reclamar

todos que non sexa así xa

que de producirse sería un desastre;

co que nos custou volver

ser partido xudicial que o saquen

agora con esta lei... espero que o

Partido popular de Galicia e o

de Madrid retome estes temas e

que deixe todo como está, creo

que é unha división da administración

local bastante ben feita

e non podemos centralizar todo

nun sitio determinado, creo que

sería imposible xa a nivel persoal,

a nivel edificios... onde meteriamos

toda esta xente? esa é a

miña pregunta; hai que prestar

un servizo aos veciños, repito

xaneiro 2014 a conversa 9

que Galicia é moi distinta ao

resto das comunidades e temos

que estar máis próximos aos

nosos veciños e veciñas.

XL - Hai algo que se di constantemente

coa boca pequena

pero que se cadra nunca lle

preguntaron e é se lle están insistindo

moito desde o Partido

Popular para que volte.

MR - Eu son Manuel Regos,

fun elixido por UXO, por todos

os meus compañeiros, e de momento

non hai nada diso e ao

mesmo tempo gustaríame que

o Partido Popular investise un

pouco máis de diñeiro en Ordes,

notamos moito a falta de investimentos,

tanto por parte da

Deputación como por parte da

Xunta de Galicia como pode

ser o canon da auga, que o invistan

aquí, como pode ser a

repartición das deputacións que

ten que ser proporcional, ao

número de habitantes ou como

queiran, pero non podemos

quedar excluídos da repartición

da Deputación só 3 concellos

da provincia da Coruña e que

o resto leven un plan nominativo,

paréceme que non é xusto e

espero que retomen o tema e os

veciños de Ordes tamén poidan

gozar deste diñeiro.

XL - Volvendo ao tema de

SOGAMA, que tocarán hoxe

no pleno da mancomunidade,

freouse por uns meses o subida

pero iso segue aí como unha

ameaza e ademais SOGAMA

trouxo moitos prexuízos a

Ordes como o tema do paso dos

camións.

MR - Non cremos que sexa

xusto que cando o 75 % do lixo

que se xera vai a un vertedoiro

eu como alcalde pediría un cambio

na lei para que nós a nivel

mancomunidade puidésemos

reciclar os nosos propios residuos;

sairíanos moito máis barato

sempre que a lei, adaptada á

normativa vixente en medioambente,

permítanolo xa que ao

prezo de 74 ou 75 euros parécenos

unha barbaridade; e máis

aínda cando estamos a sufrir as

consecuencias dos camións que

pasan por aquí a diario, menos

mal que fixemos un desvío porque

se non isto era insoportable

polo seu cheiro e polo seu continuo

paso polo medio da vila.

XL - Na liña do que di o que a

nacional siga pasando polo centro

de Ordes é un problema?

MR - A nivel contaminación

poida que si pero a nivel tráfico

como temos este desvío tan

próximo xa pasa menos tráfico,

a idea é desviar o tráfico pesado

porque creo que os turismos

tamén lle dan vida aos pobos,

paran e consomen e tamén é

importante; noutros pobos de

Galicia que quedaron un pouco

illados e a xente xa non pasa por

alí, convén que circulen coches,

que paren, que vexan, que consuman

no noso pobo e o tráfico

pesado, como fixemos este desvío

tan próximo, vaise desviando

e desta forma molesta bastante

menos.

En Galicia os servizos

sociais teñen que ser

dos concellos porque

somos as persoas máis

próximas aos veciños, é

aqui onde veñen pedir

cando teñen realmente

necesidade

XL - Outro dos problemas dos

que se fala moitos estes días é o

do transporte metropolitano, en

especial Ordes que non está integrado

pero que o necesitaría

sen ningunha dúbida porque a

vida faina con Santiago.

MR - Agora solicitámolo e

case nos confirmaron que para

o ano (2014) Ordes estará dentro

do transporte metropolitano e

espero que así sexa, imos consignar

nos orzamentos a cantidade

que nos corresponde pagar

para que os nosos veciños poidan

gozar deste servizo como o

resto da bisbarra.

XL - Outro tema interesante

que saíu nas últimas datas é o da

senda verde, non hai ningunha

en Galicia e sería por tanto a primeira,

ademais unha percorrido

de Ordes a Santiago é algo que

permite facer moitas cousas.

MR - Isto vén da lexislatura

anterior, creo que Elvira

Cienfuegos era concelleira

en Santiago e tomou esta iniciativa

de acordo co alcalde

de Oroso Manuel Mirás e eu

mesmo, tivemos unha reunión

en Santiago na que xa estaba o

proxecto feito, que falta? falta

o financiamento, do ministerio

de medioambente ou de quen

corresponda, e neste momento

que poñan os terreos a disposición

dos 3 concellos para poder

facela e que como dis fóra a primeira

de Galicia.

XL - Ademais deberíase

ceder ao concello a estación de

Pontraga.

MR - Sería o ideal porque estamos

a pagar ao mes preto de

1.000 euros que é unha cifra

desorbitada nestes momentos de

crise, máis aínda cando estaba

todo en ruínas e os que coñeciamos

e os que coñeceron aquilo

saben que hai fotos para demostrar

o que era antes e o que se

gastou para rehabilitalo, por

iso estamos a tentar que ADIF

nos deixe iso de forma gratuíta

e que o noso concello o siga

mantendo.

XL - Tamén se fala de novo

das fusións de concellos como

o contempla o alcalde de Ordes?

MR - Si estamos en contra da

lei de reforma da administración

local, eu creo que os concellos

que forman a mancomunidade

ningún teñen problemas e

pódense soster por si sós, haberá

outros concellos de 500 habitantes

que poidan retomar o tema

pero aqui na mancomunidade

calquera dos concellos, si nós

pedimos un cambio na lei de reforma

da administración local, é

para que se sigan mantendo por

si mesmos.

XL - Que proxectos ten para o

2014 ou que lle pediría ao novo

ano?

MR - O que pediría é que se

acabase co paro, nós estamos

mellor que a media porque estamos

nun 15 %, pero gustaríame

que houbese traballo para todos

e sobre todo para a xente nova,

de 18 a 30 anos, para os que

conseguir o primeiro emprego

resúltalles tan difícil; pediría

unha axuda por parte estatal e

da Xunta para que os concellos

poidan xerar este emprego

por medio de axudas a empresas

ou os mesmos concellos ou

administracións.

XL - Non queda moito para

as eleccións municipais, non sei

como o ve.

MR - Queda aínda un ano e

medio, quedan moitas cousas

por facer, meditarei se me presento

ou non pero se o fago comunicareino

no seu momento.

XL - Moitas grazas.

MR - Grazas a vós.

Fotos: Loli Fdez.

10

Lindeiros

xaneiro 2014 11

12

Lindeiros

A chave fixa

Fátima García Doval

Doctora en Pedagogía

e Innovación Educativa.

Experta en tecnología y

Accesibilidad. Maestra

de inglés, pedagogía

terapéutica y audición

y lenguaje; licenciada

en filosofía y letras

con la especialidad de

pedagogía e investigadora

en tecnologías y

accesibilidad. Trabaja en

un centro de educación

especial en Santiago de

Compostela.

A pedagoxía non é, para min,

tan só un campo de coñecemento

máis ou menos científico e

máis ou menos artesanal. Esa

dobre condición, ciencia e arte,

é un terreo pantanoso que, talvez,

podemos explorar outro

día. Confeso que vexo a pedagoxía

e, en xeral, as ciencias da

Educación, como pura filosofía.

Un modo de ser e de estar,

un modo de entender o mundo.

Nese sentido estou encantada de

que o meu título, ese papel mollado

que neste país vale menos

que a chapa dun botello de refresco,

proclame unha licenciatura

en “Filosofía e Ciencias da

Educación”. Á vella usanza.

Por iso, polo apego persoal e

ético que lle teño ao asunto, hai

certas cousas que, escoitadas,

revólvenme por dentro e aceléranme

o pulso. E non de alegría,

precisamente.

De entre todas esas frases que

me achegan a “Un día de furia”

hai unha que, polo común entre

os da miña profesión, prodúceme

tamén un fondo pesar: “Eu

non estou para ensinar a quen

non quere aprender”. Esta frase,

en boca dun profesor, ou profesora,

faime desexar a caída

dun meteorito devastador. Non

merecemos existir como raza.

Reset. Risco e conta nova.

Pois claro que estás para ensinar

ao que non quere aprender.

Ese é o alumno que necesita

ánimos, apoio, motivación,

axuda... Ese é o alumno que

necesita dun guía, dun mentor,

dun sensei do educativo... e do

escolar. Navegar as augas do

sistema escolar, un ecosistema

social complexo e cambiante,

cunhas opacas regras inamovibles,

fai afundirse ao adulto

máis pintado. Non digamos a

un neno ou adolescente. Claro

que estás para ensinar ao que

non quere aprender, querido

compañeiro. Porque o que non

quere aprender non descubriu

aínda a utilidade e a beleza do

coñecemento. Non atopou o

modo de acomodar as súas habilidades

e puntos fortes para

sacar partido das diferentes

aprendizaxes. Non sabe aínda

que aprender é unha aventura

marabillosa. Estás para ensinar

que estudar non ten por que

ser sinónimo de tortura. Estás

para ensinar que o esforzo, ben

encamiñado, ten recompensas

intrínsecas xeniais. Estás para

aprender con eles cada día e ser

exemplo e faro.

Claro que quen isto di é o

mesmo que aínda non aprendeu

a manexarse co computador

porque “ao meu isto non se me

dá”. É tamén o que se queixa

de ter que programar e avaliar

por competencias básicas porque

lle supón enfrontarse un

coñecemento do que carece. É,

en román paladino, o que non

quere ou non sabe aprender.

Son os profesores de tipo

“chave fixa”. Chegan á aula esperando

atoparse 25 porcas do

número 10, que son as que se

axustan á súa cabeciña, as que

poden apretar comodamente.

A realidade é que, na aula,

hai 25 porcas de 25 números

Ilustración: Jorge del Oro

diferentes. Algunhas en sistema

imperial en lugar de métrico.

Cada cal do seu pai e da súa nai.

Literal.

Deberiamos plantarnos todos

con firmeza e explicarlles que é

o sistema educativo o que “non

está para eles”. Porque se eles

non están para os alumnos que

non queren aprender, tampouco

son de utilidade aos que si

queren. Porque os alumnos que,

de verdade, queren aprender,

son perfectamente capaces de

adquirir coñecemento declarativo

pola súa conta. Porque nos

claustros hai demasiadas chaves

fixas cando necesitamos chaves

inglesas. E así nos vai.

xaneiro 2014 empresa 13

Pamasat: informática, telefonía y asistencia

en un mismo espacio

Un lugar en el que reparar tus pequeños electrodomésticos o comprar la tecnología que necesitas

En una época como la actual

tener a mano un manitas siempre

es conveniente, alguien que

nos arregle casi cualquier cosa y

nos evite un desembolso grande

y a eso, en parte, se dedica

Pamasat, una empresa situada

en el Milladoiro y que funciona

desde abril del 2013.

Pablo Rodríguez y Martín

Torres proceden del mundo de la

informática, Martín hacía practicas

tras un realizar un curso

y Pablo trabajaba en la misma

empresa, después de coincidir

se decidieron a montar su

propio negocio y aprovechar la

cartera de clientes que Pablo ya

tenía, encontraron un local que

se traspasaba en el Milladoiro

y comenzaron con una empresa

en la que uno puede llevar a

arreglar cualquier aparejo de los

que se tienen por casa, comprar

un ordenador, reparar un teléfono

o, cuando terminen las obras

de acondicionamiento, recibir

clases de distintas materias.

Pablo y Martín se han encontrado

con un poco de todo entre

sus clientes; por su tienda pasan

todos los días ordenadores para

reparar, pantallas de teléfonos

y tablets para cambiar, y otro

tipo de necesidades de arreglo o,

como ya les ha pasado, casi una

restauracion cuando les traen 3

consolas de videojuegos para

poder confeccionar una que

funcione. Pero también atiende

y asesoran las necesidades de

productos nuevos; los ordenadores

es uno de los mercados más

estables, en todas las casas hay

uno que cada cierto tiempo se

cambia aunque ya no se piden

equipos con unas características

pensadas para jugar ya que las

consolas parece que han ganado

esa batalla; reconocen que

las tablets no ha sido el éxito de

ventas que esperaban pero sobre

todo por la competencia de las

grandes superficies que gracias

a las modas pueden colocar productos

de baja calidad que en

cuanto se les exige acaban por

fallar, los problemas más habituales

son la rotura de pantalla

por caídas pero mientras en una

tablet de gama alta compensa

la reparación en una barata

sale más caro que la propia tablet

. Pero sin duda el mercado

que ha crecido en los últimos

años a raíz de la crisis es el de

las reparaciones, donde antes

se compraba un equipo nuevo

ahora se busca un profesional

que arregle el viejo y le de algo

más de vida; tanto sean batidoras

como ordenadores de lo que

se trata es de alargar la vida de

los aparatos mientras resulte

más barato arreglarlos que comprar

uno nuevo, algo esto último

que no siempre está al alcanza

del usuario; en este aspecto ha

influido notablemente el que

las empresas de telefonía dejaran

de subvencionar los terminales

ya que ahora cambiar de

teléfono supone un desembolso

mientras que antes podía conseguirse

en muchos casos a coste

cero con la única condición de

la permanencia.

El local en el que trabajan, en

el número 6 de la calle Anxeriz

en el Milladoiro, tiene una magnífica

situación pero además

servirá en el futuro para poder

clases; están preparando un aula

que contará con todas las necesidades

tecnológicas para poder

dar cursos de distintos tipos, la

idea es ser ellos quienes impartan

clases pero también ceder el

espacio para que otras personas

puedan dar sus propios talleres.

Se muestran contentos de

los resultados obtenidos hasta

ahora y comienzan el 2014 con

confianza. saben que quedan

todavía mucho tiempo para salir

de la crisis pero al menos están

en marcha y con buen ritmo.

14 antonte

O dolmen da Casa da

Moura en Tordoia

Lindeiros

Este mes mostramos unha

parte do patrimonio abundante

en toda Galicia e en toda a

vertente atlántica de Europa: o

dolmen; estas estruturas foron

construídas na súa maioría no

neolítico e existen miles deles,

están formados habitualmente

por unha serie de laxas colocadas

de forma vertical e cubertas

por outra laxa máis de forma

que se crea unha especia de outeiro

ou túmulo. Os máis sinxelos

constan de 2 ou máis pedras

verticais cunha horizontal encima

pero os máis elaborados

constan de corredor ou mesmo

teñen unha falsa cúpula realizada

con grandes laxas ou escavada

na propia roca. Son sen

dúbida unha mostra de habilidade

construtiva incrible para a

época xa que debían mover sen

axuda estes grandes bloques.

A maioría das investigacións

apuntan a un significado de

tumba funeraria pero tamén se

estuda a posibilidade de que servisen

como marcas de territorio.

O dolmen que vemos nas

fotos está situado en Tordoia,

na parroquia de Cabaleiros e é

un dos mellor conservados de

Galicia, ten uns 30 metros de

diámetro e unha altura de 2 metros

cun interior de forma poligonal.

É coñecido tamén como

“Casa dá Moura” , o nome nace

dunha antiga lenda na que se

conta que no interior aparécese

unha bruxa moura tecendo,

lendas como estas, relacionadas

con mouros ou mouras, son habituais

en Galicia.

O dolmen está situado cara

ao leste, rodeado dun fermoso

piñeiral e foi declarado en 1975

Monumento histórico artístico

ademais de ter a catalogación

de Ben de interés cultural; a súa

presenza na zona indícanos que

o grupo étnico asentado aquí no

período megalítico era dos máis

importantes; pola orografía da

contorna cobra forza a tese de

que se usaban tamén para delimitar

territorios nos que, tras

facer unha selección para pastos

e cultivos, queimaban zonas

de arboleda para poder plantar

sobre as cinzas, a calidade do

terreo repercutiría na actividade

agrícola e gandeira.

Non se pode visitar Tordoia

sen visitar outra mostra do patrimonio

como a chamada Pedra

Longa, trátase dun conxunto

de pedras situadas nun alto

(Seixán, Cabaleiros), combinadas

entre si para dar unha forma

que, para os máis antigos do

lugar as trouxo “A nosa señora”

(a Virxe María), a aparición de

grandes pedras colocadas polo

home en sentido vertical durante

o período megalítico fainos

pensar da súa intencionalidade

de perdurar no tempo.

Desde Santiago chégase ao

municipio de Tordoia tomando

a estrada de Trazo ou seguindo

a N-550 até Ordes e desviándose

pola que conduce a Carballo

que pasa moi preto do límite

oriental de Tordoia

xaneiro 2014 e ti de quén ves sendo? 15

Javier García Tobío, director do Centro de

Supercomputación de Galicia,

veciño de Ames

O CESGA (Centro de

Supercomputación de Galicia)

acaba de cumprir 20 anos

dos que 14 estivo dirixido por

Javier García Tobío, 14 anos

explicando o que é o CESGA

e tentando conseguir recursos

para investigación; con todo él

non se cansa nunca de dar esas

explicacións

“Estou encantado de repetir

as veces que faga falta o

que é o CESGA, é moi necesario

que a sociedade saiba o

que facemos aqui; fai unhas

semanas chegou un cativo

o que lle explicaran que no

CESGA usabamos os ordenadores

para facer medicinas e

preguntounos por onde saian

as pastillas... e moi difícil explicar

a supercomputación;

explicar a sociedade a importancia

da ciencia e unha tarefa

pendente”

Os seus anos de traballo na

empresa privada primeiro e na

administración despois déronlle

unha visión práctica da situación

que transmite con total

claridade “Cando hai crise

hai que priorizar, e está a

educación, a sanidade, o emprego,

e a investigación ten

que competir con todo isto.

Con todo no CESGA somos

afortunados porque estamos

pasando por este deserto suficientemente

acompañados,

tanto a Xunta como o CESIC,

que o está pasando moi mal,

son sensibles co noso centro

e nos proporcionan recursos

suficientes”.

Non é científico e defínese

máis como un tecnólogo chegado

desde a empresa privada

para facer un labor de xestión

que permita que os verdadeiros

científicos investiguen “Non

son científico, son un tecnólogo,

de formación informático

e a miña preparación e

de xestión, veño do mundo

da empresa onde estiven traballando

cerca de 30 anos,

esa foi a razón pola que me

trouxeron”; nese traballo na

empresa privada chego a ser

o único europeo dentro do comité

executivo de Fujitsu o que

o situou en terra de ninguén

no que a orixes se refire como

él mesmo conta cun sorriso

na boca “lembro a época de

Fujitsu con moito cariño, era

un tipo raro; cando estaba

en Xapón dicían de min que

era de Galicia... pero non da

Galicia polaca xa que eles e

a que coñecen; e cando cheguei

aqui o actual reitor Juan

Casares dicía que era un

xaponés con pinta de galego,

e no comité executivo de

Fujitsu eu era o español”; recoñece

que despois de 20 anos

traballando cos xaponeses foise

sen aprendelo todo sobre eles e

a súa forma de facer as cousas,

boa proba disto é o que lle sucedeu

despois de 15 anos na empresa

“cando levaba 15 anos

traballando con Fujitsu mandáronme

a un instituto que

teñen en Estados Unidos para

mellorar o meu coñecemento

da xestión da empresa, estiven

dous meses xa que tiña

que traballar pero o curso

completo son tres anos, ese é

o xeito de traballar deles”.

Foi un neno que gozaba montando

cosas “de pequeno era

mais de mecano, e de facer

trangalladas, coller unha

caixa de puros e facer un

coche con rodas coa tapa da

caixa, eran tempos nos que

xogábamos na rúa, eu son de

Ourense e alí facíamos todos

moitas trangalladas, eu era

un bo construtor de carros de

caixas de bolas” ; como sucede

en moitos casos non lle gustaba

ir ao colexio, polo menos

ata que alguén lle ensinou o que

necesitaba para estudar “eu sufría

indo o colexio ata quinto

de bacharelato, eu rompín un

par de termómetros quentados

para non ir o colexio

¡rompeu! pero isto pon 42 ¡non

sei! buscaba calquera cousa

para non ir sin embargo ala

por quinto de bacharelato un

dos mestres aprendeume a estudar

e entón empecei a disfrutar

pero onde disfrutei de

verdade foi na universidade”.

Non é un director ao uso, defende

a creatividade dos seus

subordinados e a necesidade

de que manexen o seu traballo

“No CESGA son xestor do

ambiente, é o que mais me

preocupa; a xente que temos

e o 75% de titulación superior,

un 25% son doutores, un

50% licenciados ou enxeñeiros

e teño unha especial querenza

por un 15 % que son os

de formación superior de formación

profesional, imprescindibles

no CESGA, entón e

xente da que o que mais se valora

e a iniciativa así que non

se lles pode marcar o paso,

decisións executivas tomo moi

poucas; trato de que o persoal

traballe baixo a súa propia

responsabilidade”

A ilusión polo que fai vese

cando se descobre que o que

lle gustaría no futuro sería ver

como crece o CESGA despois

de que el non estea “dentro

de 15 anos gustaríame seguir

axudando o CESGA,

non desde este posto que hai

que deixar sitio a xente nova,

pero ter a satisfacción de ir a

un acto de aniversario como

o que tivemos fai pouco e sentarme

entre o público e escoitar

cantos proxectos levan feitos,

canta xente traballa, iso

sería para min un éxito”.

Fotos: Loli Fdez

16

Lindeiros

xaneiro 2014 17

dentalmacia.com

981 521 090

18 pasou

A Banda de música de Merza dou

un concerto didáctico

Os nenos do CEIP de Pontecarreira

inauguraron o novo auditorio

Os rapaces e rapazas do

CEIP de Pontecarreira, en

Frades, asistiron a un concerto

didáctico da Banda de Música

de Merza, no que os músicos

dezáns, que ían caracterizados

como personaxes do Nadal, tiraron

de humor para explicar

os usos dos distintos instrumentos

musicais, ao tempo que

interpretaron algunhas pezas.

Este concerto serviu para inaugurar

o novo salón de actos,

Foto: concello de Frades

habilitado polas cuadrillas de

traballadores contratadas polo

Concello de Frades ao abeiro

do Plan de Cooperación coas

Entidades Locais da Consellería

de Traballo e Benestar en colaboración

co CPI Ponte Carreira.

Deste xeito, xa non será preciso

volver a desmontar o comedor

escolar cada vez que hai unha

actividade coma esta no colexio.

Fonte: Concello de Frades, Lindeiros

Ames acolleu o espectáculo

Rosalía Pequeniña de Uxía Senlle

Dúas actuacións en Milladoiro e

Bertamiráns con éxito de público

O salón de actos quedouse pequeno

para albergar aos máis de

200 veciños e veciñas que asistiron

ao II Concerto de Nadal organizado

pola Escola Municipal de

Música Magariños, que este ano

celebra o seu décimo aniversario.

Un recital que correu a cargo

dos alumnos e alumnas da escola

de música, dende os tres anos

ata os maiores, que amosaron as

súas habilidades nas distintas especialidades

que se imparten no

centro.

Cun ambiente cheo da cor e

cos ritmos propios do Nadal, os

alumnos da escola interpretaron

un repertorio típico destas datas,

con moitas panxoliñas e música

Lindeiros

A escola de música de Brión celebrou o

II Concerto de Nadal

Máis de 200 veciños encheron o Centro Social Polivalente

O auditorio do centro cultural

Fernando Casas e Novoa

de Sigüeiro quedou pequeno

para acoller a quinta edición

do Concerto de Panxoliñas,

organizado polo Concello de

Oroso dentro do seu Programa

de Nadal 2013. Un concerto

no que participaron seis agrupacións

locais, tanto de nenos

como de adultos, que interpretaron

varias panxoliñas cada

un.

Polo escenario do centro cultural

pasaron os integrantes

da asociación cultural Santa

Catalina (primeiro cun grupo

de rapaces e despois cun de

adultos), da asociación cultural

Amigos do Acordeón

clásica diante dun público totalmente

entregado. Unhas actuacións

nas que participaron dende

Oroso celebrou a quinta edición do

concerto de panxoliñas

O Centro cultural de Sigüeiro acolleu as 6 agrupacións

participantes

(Sigüeiro), da asociación de mulleres

labregas “As Medorras de

Oroso”, da Aula de Música de

Oroso, do coro da Asociación

da Terceira Idade e do grupo

Foto: concello de Brión

solistas ata formacións corais e

instrumentais.

Fonte: Concello de Brión, Lindeiros

Foto: concello de Oroso

Néboas no Cumio (Oroso). Un

concerto que rematou cunha

actuación conxunta dos distintos

grupos.

Fonte: Concello de Oroso, Lindeiros

Rosalía pequeniña é un espectáculo

baseado no libro/

disco do mesmo nome da

Editorial Galaxia que colaborou

na organización dos concertos.

Espectáculo e libro recollen poemas

de Rosalía interpretados por

Uxía Senlle con ritmos que van

desde a muiñeira ata o rock.

Os concertos estiveron organizados

por Ames Novo coma ho-

Foto: Ames Novo

menaxe o 150 aniversario da publicación

de Cantares Gallegos.

As dúas citas tiveron un gran

éxito con cheo de público e cativos

subidos enriba do escenario

mentres as familias bailaban na

platea; unha cita que será inesquecible

para eles.

Fonte: Ames Novo, Lindeiros

xaneiro 2014 pasou 19

Remata a restauración do retablo da igrexa de Nemenzo

Tiña ata 5 capas de pintura de épocas diversas

O Consorcio de Santiago

rematou a restauración do retablo

da igrexa parroquial de

Santa Cristina de Nemenzo,

parroquia da zona norte de

Compostela; a obra realizouna

o restaurador Andrés Martínez

Rey, xunto coas restauradoras

Cristina Cabodevila e Sandra

Domínguez.

O retablo, localizado no altar

maior e de estilo barroco, podería

datar da segunda metade

do século XVIII. Presentaba un

estado de conservación bastante

malo e nunca fora restaurado

con anterioridade. Entre as alteracións

que posuía, a máis preocupante

eran as diferentes capas

de repinte, polo menos cinco,

realizadas en épocas diversas,

que ocultaban a película pictórica

orixinal. “Estes repintes burdos

e mal aplicados chegaban ao

punto de escorrentar pola cara e

o corpo das imaxes. A aplicación

das purpurinas tamén escorría

por riba das pratas” -sinala o

restaurador-.

No transcurso dos traballos

descubriuse que, nos ocos do

retablo onde se sitúan cada unha

das seis tallas, baixo a última

capa de repinte estaban agochadas

as pinturas orixinais, en

particular paisaxes. Ademais, no

oco superior central, que estaba

tapado de branco, apareceu o

Monte do Calvario, unha escena

da Virxe María e San Xoán, co

sol e a lúa. Aquí estaría colocado

orixinariamente un Cristo crucificado

que a igrexa tiña almacenado

e descoñecíase cal era o seu

emprazamento. Tal como indica

o restaurador Andrés Martínez,

“as principais causas da degradación

son o fume das candeas,

o po, así como a humidade que

se condensa na nave principal do

templo. E posiblemente tamén

houbese un pequeno ataque de

xilófagos, polo que se levou a

cabo unha desinsectación”.

Outra alteración importante

era a falta de partes do corpo

dalgunha imaxe, como os dedos

Cantaruxa coa bruxa Maruxa pasou por Teo

Os escolares do concello disfrutaron da cita no local da Ramallosa

e os brazos do neno que leva

San Xosé ou o brazo do Cristo,

que se repuxeron. Noutros puntos

do retablo, en particular nas

cornixas e nos niveis horizontais,

onde se acumula o po, había

unha perda notable de materia.

Unha das pezas restauradas, antes e despois do traballo.

Foto: concello de Santiago

Repuxéronse todas as madeiras

que se perderan polo efecto da

podremia e substituíronse por

madeira de carballo.

Fonte: Consorcio de Santiago,

Lindeiros

Pequelúa de Ordes celebrou

o Nadal na Casa da Cultura

Os escolares do CEIP da

Ramallosa e do CRA de Teo disfrutaron

do concerto Cantaruxa

coa Bruxa Maruxa. Uxía Senlle

(a bruxa Maruxa) e o seu acompañante,

o músico brasilego Sergio

Tannus, conseguiron que os máis

pequenos estiveran pouco tempo

sentados nas butacas do CSC da

Ramallosa. Esta actividade forma

parte do programa Música na escola,

impulsado pola Concellaría

de Educación, dirixido por María

Álvarez Garea.

Entre os obxetivos desta acción

están fomentar o coñecemento e

o gusto musical do alumnado do

noso Concello, inculcar nos nenos

e nenas o gusto por diferente tipo

de músicas e coñecer e respectar

as principais manifestacións musicais

da nosa cultura.

Cantaruxa coa bruxa Maruxa é

un concerto que sae do proxecto

musical María Fumaça, co que

os máis pequenos/as gozaron o

ano pasado en toda Galicia. Este

concerto ten un formato máis

pequeno pero nel mantéñense

elementos do proxecto anterior

coma “a diversión, a ledicia musical

e a poesía destacando tamén

que se trata dun canto feliz á

diversidade”.

Os nenos e nenas da escola

infantil Pequelúa celebraron o

festival de Nadal no auditorio

da Casa da Cultura; ata alí achegáronse

os pais, nais e avós que

non quixeron perderse esta cita,

na que se representou un Belén

vivinte. Ademais tamén contaron

coa colaboración de varios

alumnos do CEIP Castelao,

que interpretaron en vivo unha

panxoliña.

Fonte: concello de Ordes, Lindeiros

Foto: concello de Teo

Fonte: concello de Teo, Lindeiros

Foto: concello de Ordes

20 pasou

Ordes exhibiu na igrexa de Santa

María un belén de 40m²

Estivo composto por máis de cen figuriñas

A igrexa parroquial de Santa

María de Ordes exibiu un Belén

de máis de 40 metros cuadrados

composto por máis de 100

figuras, das cales preto de 60

tiñan movemento. O Belén contou

ademais con saltos de auga

e muíños en movemento e luz

propia. Por todo elo son moitos

os veciños que se achegaron

ata o templo para contemplar

esta composición, a cal foi rea-

A Fundación Eugenio

Granell, un ano máis, uniuse a

celebración do Nadal coa súa

particular proposta de Belén,

sen dúbida un dos mais especiais

dos que se instalaron na

bisbarra.

O Belén, componse de pezas

da colección de arte étnica da

Fundación Eugenio Granell,

deste xeito, creouse unha composición

na recepción do museo,

a modo de improvisado almacén,

onde se dispoñen unha coidada

selección de obras de arte

popular e doutras culturas.

Foto: concello de Ordes

lizada por moitos dos feligreses.

Trátase dunha tradición que

se mantén dende hai máis de

20 anos e que ten atraído ata a

vila ordense a moitos visitantes,

como o arcebispo de Santiago

monseñor Julián Barrio que

pasou por alí hai un ano.

Fonte: Concello de Ordes, Lindeiros

A Fundación Granell instalou un

ano máis o belén surrealista

As pezas forman parte da colección étnica

do concello

Foto: Fundación Granell

Esta singular visión inclúe

pezas que nada teñen que ver

coas habituais figuriñas de

Nadal, adquirindo por iso o

toque surrealista representativo

da Fundación,

Visualizáronse obras de diferentes

lugares do mundo, dende

México pasando por pezas de

Portugal, Porto Rico, Túnez,

India, Perú ou Guatemala, entre

outras.

Fonte: Fundación Eugenio Granell,

Lindeiros.

Ames mostrou o belén de San Xoán de Pousada

Esta feito con pezas de máis de 100 anos de antigüidade

Como cada ano a Asociación

Cultural San Xoanciño, en

Ames, inagurou o seu Belén coa

colaboración do concello.

A capela de San Xoán de

Pousada acolle o nacemento de

Nadal composto por figuras de

gran antigüidade xa que teñen

máis de 100 anos. A Asociación

Cultural San Xoanciño de

Ames leva varios anos mantendo

esta tradición que antigamente

e durante moitos anos

realizaron os propios veciños da

parroquia. As figuras deste nacemento

tiveron que ser restauradas

hai varios anos para evitar

o seu deterioro, malia ter un bo

nivel de conservación. Durante

o ano permanecen gardadas na

propia capela que data do ano

1607. O nacemento ten arredor

de 100 figuras. As figuras máis

antigas son as dos Reis Magos

e as que están dentro do portal

de Belén (a virxe María, San

Xosé, o neno Xesús...). Nunha

Como xa vén sendo tradicional

todos os anos os nenos e nenas

que participan no Nadal lúdico

de Ames adiántanse ao resto de

veciños e veciñas na celebración

da festa de fin de ano. A festa celebrouse

ás 12:00 horas da mañá,

na Escola de Educación Infantil

do Milladoiro e no comedor do

CEIP A Maía. Este ano foi a

terceira vez que se desenvolve

esta iniciativa dentro do programa

do Nadal Lúdico para celebrar

a festa de fin de ano.

Os rapaces e rapazas que participan

no Nadal Lúdico tiveron

unha mañá moi entretida. En

primeiro lugar participaron nun

obradoiro de cociña no que elaboraron

diferentes produtos para

comer na festa de fin de ano.

Nesta celebración tamén houbo

actuacións musicais. e os cativos/as

cantaron varias panxoliñas

de Nadal.

Ás 12:00 horas os nenos e

nenas celebraron por adiantado

a chegada do 2014. Os rapaces e

rapazas que participan no Nadal

Lúdico cambiaron as uvas polos

lacasitos e celebraron a chegada

do novo ano. O concelleiro

homenaxe aos lugares da zona,

hai unha ponte romana como a

de Augapesada, muíños como

os de Pousada e o curso do río

que se asemella ao Val da Maía.

Este ano hai varias novidades

na montaxe do nacemento. Por

unha banda, o Belén está montado

en varias alturas para unha

mellor disposición dos diferentes

elementos que compoñen

este nacemento. Ademais, nesta

ocasión incluíronse varias peza

Lindeiros

Foto: concello de Ames

novas como un vendedor e unha

vendedora de castañas. Tamén

hai máis zonas verdes e hortas.

O acto de inauguración comezou

ás 16:30 horas cunha misa

cantada na que actuaron as corais

de Ames e Piñeiro. Despois

do acto litúrxico actuou o grupo

de padereteiras As Maianas.

Os nenos do Nadal Lúdico de Ames

recibiron o ano novo con lambonadas

de Educación, Bernardo Moar,

tamén participou nesta iniciativa,

xunto co alumnado do Nadal

Lúdico do Milladoiro. Tralas

badaladas os nenos e nenas do

Milladoiro fixeron unha conexión

a través de Skype para

falar con xente de Arxentina e

Colombia. Deste xeito, puideron

coñecer como se vive o fin de

ano en países que neste época do

ano están en verán. Tamén coñeceron

as diferentes costumes que

teñen en ditos países para despedir

o ano e comezar un novo.

Cómpre lembrar que o

Nadal Lúdico desenvólvese

Fonte: Concello de Ames, Lindeiros.

Foto: concello de Ames

tanto no Milladoiro coma en

Bertamiráns. No Milladoiro son

110 os nenos e nenas que participan

no programa lúdico, mentres

que en Bertamiráns son 60. En

Bertamiráns os nenos/as desenvolven

as actividades do Nadal

lúdico no CEIP A Maía, mentres

que no Milladoiro os nenos/

as de educación infantil están na

EEI Milladoiro e os rapaces e rapazas

de educación primaria na

Casa da Cultura.

Fonte: Concello de Ames, Lindeiros

xaneiro 2014 pasou 21

Mais de 3.000 alumnos disfrutaron do

VIII festival de Maxia de Ames

O Concello de Ames organizou

unha programación especial

para os centros de ensino

amienses, que se enmarca dentro

da oitava edición do Festival

de Maxia. A través desta iniciativa

un total de 3.094 alumnos

e alumnas de Ames puideron

gozar dos espectáculos dos

magos Rafa e Lamas. Todo o

alumnado que cursa estudios

nos centros de ensino de Ames

acudiu a estes espectáculos de

maxia, agás os alumnos/as de

bacharelato dos institutos. Esta

programación nos colexios serviu

de complemento o festival

que se celebrou en Bertamiráns

e Milladoiro o fn de semana do

14 e 15 e que ademais das actuacións

nas casas da cultura pasaron

tamén polos bares e contaron

con obradoiros de maxia

para os cativos.

A concelleira de Cultura,

Maria Eugenia Martín, destacou

“a boa saúde da que dispón

este festival de maxia, xa que

Praza Doce de Compostela gaña o

terceiro premio de Vigo Cake

Tarta gañadora Foto: Amaya Torre

Foto: concello de Ames

foron moitos os nenos/as e adultos

que se achegaron ás Casas

da Cultura de Bertamiráns e

Milladoiro para participar nos

espectáculos.

Fonte: Concello de Ames, Lindeiros

O pasado 14 de decembro

celebrouse en Vigo o primeiro

Showroom de repostería creativa

VigoCake; o evento serviu de

punto de encontro para tendas,

fabricantes, almacenistas, escolas,

blogueros e afeccionados a

pastelería e xeadería, catering,

gominolas, crafters, distribuidores,

packaging; entre as actividades

que tiveron lugar houbo

concursos de galletas. cupcakes

e tartas, foi neste último onde a

reposteira compostelán Amaya

Torre fíxose co terceiro premio

coa tarta “Melodía para ti”.

Amaya Torre é a responsable

de Plaza Dulce, un taller de repostaría

creativa aberto no pasado

mes de outubro e que presta

especial coidado a todas as súas

creacións, Todos os produtos

están elaborados con materia

prima de alta calidade e cun rigoroso

control en todos os procesos

para garantir un óptimo resultado

do produto final. Coidanse

de forma especial a trazabilidad

para garantir a ausencia de glute

dando como resultado un produto

apto para celíacos esta é unha

das cousas que distinguen a esta

empresa que con este terceiro

premio sitúase entre as mellores

opcións da bisbarra á hora de regalar

unha torta. Dado que o seu

traballo é por encargo so poden

atoparse no teléfono 626740930.

Os cativos de Ordes comezaron o

Nadal con contos

A biblioteca municipal de

Ordes acolleu unha nova sesión

das súas Tardes de contos

e lendas. ‘O trasno dos contos

navideños’ foi o relato co que

decenas de nenos e nenas, moitos

deles acompañados dos seus

país, irmáns, avós, etc, disfruta-

Foto: concello de Ordes

ron. É máis, en moitos casos foi

o mesmo público quen tivo que

interactuar con este divertido

trasno para completar as historias

e narracións, que en moitos

momentos espertaron as risas e

contiveron a emoción de todos.

Fonte: Concello de Ordes. Lindeiros

22 pasou

“En construcción” dirixida por Tristán

Ulloa o 26 en Santiago

A obra está escrita e protagonizada por Carolina Román e Nelson Dante

En construción foi unha das

sorpresas da tempada teatral,

un texto que combina o humor

(as diferenzas de costumes),

a crónica crítica (as sucesivas

humillacións, os traballos cada

vez peores), a alegría (os brotes

de solidariedade, como un

sol repentino) e unha melancolía

crecente, que alcanza a súa

culminación na preciosa escea

da última conversa telefónica,

co toque conmovedor do gato

chinés.

Os protagonistas están moi

ben perfilados, eses dous amantes

que se adoran pero non

poden vivir xuntos: Sole, sensata

e endurecida porque hai

que adaptarse para saír adiante

e manter a unha filla, e Pablo,

empecinado en non renunciar

aos seus soños. Poderosamente

interpretados, con sutileza e

verdade, polos propios autores.

Tristán Ulloa, que debuta na

dirección, demostra unha man

moi afiada no ton íntimo, e sabe

facernos ver en cada salto no

tempo a exacta situación emocional

de ambos, cousa nada

sinxela. Os diferentes espazos

están suxeridos pola escenografía

mínima, case espida, de

Alexandra Alonso, estupendamente

complementada polas

luces de Eduardo Chacón e as

imaxes, filmadas por David

Ulloa e Daniel Ortega, dun

Madrid tan invernal, belo e inhóspito

como o dos ilusos, de

Jonás Trueba.

Carolina Román ha participado

en distintas películas,

cortometrajes, series de televisión

y obras de teatro desde

hace añosy ha trabajado con

directores como gerardo herreros

o series como El Comisario

o Periodistas. Por su parte el

italo- argentino Nelson Dante

a participado tiene una carrera

más vinculada al teatro y la

música llegando a formar parte

del elenco de Los Miserables, es

además un experto coreografo y

bailarín.

A cita o 26 de xaneiro o auditorio

de Nova Galicia Banco no

Preguntoiro e as 20:30 horas.

Sumrrá fai un alto no proceso

de creación do seu quinto

álbum para gravar un concerto

ao vivo no Teatro Principal

de Compostela, a intención a

mesma que a do nome do espectáculo

“Sumrrá inmortalizados”

quedar na memoria fílmica ademais

da musical.

A formación leva 13 anos desenvolvendo

un estilo propio que

lles fixo merecedores de tódolas

alagas da crítica musical do

país.

Teñen as costas catro discos,

Lindeiros

Sumrrá gravarán un documental

en Compostela o día 25

É un dos mellores trios de Jazz do país

A lectura é a protagonistas

das actividades do concello de

Oroso este mes de xaneiro. Os

días 11, 18 e 25 continua o programa

de animación á lectura,

que comezou o pasado día 4, e

que leva por título “imos levarnos

ben”, está dirixido a nenos

de 3 a 9 anos e desenvólvese

na biblioteca de Sigüeiro ás 11

da mañá, a asistencia é gratuíta

aínda que hai que anotarse

antes na propia biblioteca.

O día 24 constitúese un

dous deles en directo, e xiras

por países e lugares tan dispersos

como Bolivia ou Sudáfrica,

entre medias pasos constantes

pola súa casa, Compostela, para

tocar nos pequenos garitos onde

comezaron as súas carreiras

musicais de cativos.

O 25 de xaneiro quedarán inmortalizados

nun concerto que

será cita obrigada para os amantes

do bo jazz.

Fonte: Sumrrá, Concello de Santiago,

Lindeiros

Oroso centra na lectura as súas

actividades de Xaneiro

Haberá contacontos e clubs de lectura

club de lectura para maiores

de 7 anos tamén na biblioteca

municipal a partir do seis da

tarde, tamén gratuíto pero con

inscrición previa.

O mes terminará o 31, tanto

no calendario como neste tipo

de actividades, e farao coa

Rebotica dos Contos “O bingo

pacifista” na biblioteca a partir

das seis da tarde e pensado

para nenos de 3 a 9 anos.

Fonte: Concello de Oroso, Lindeiros

Fonte: Concello de Santiago,

Lindeiros

xaneiro 2014 pasará 23

Santi Millán presenta en

Santiago Santi Millán Live!

Excéntricas estrean “Dá Vinci tiña razón”

o xoves 16 de xaneiro

O irreverente Santi Millán

presenta o 23 de xaneiro un espectáculo

no que chancea co

seu soño de ser cantante, soño

que o leva a montar un espectáculo

no que se mesturan as súas

paixóns: a música, o sexo e o

humor.

Ao longo da súa carreira exerceu

de actor en series como

Periodistas ou Siete vidas pero

sempre estivo unido ao humor

do que deu boa mostra no Club

de la Comedia e nas súas in-

tervencións no cinema. No seu

novo espectáculo conta coa colaboración

dun alumno avantaxado,

a cómico revelación Javi

Sancho, e tráenos un personaxe

polifacético e divertido que encadea

a improvisación a través

das notas musicais.

A cita no Teatro Principal o

23 de xaneiro ás 20:30 da tarde.

Fuente: Concello de Santiago,

Lindeiros.

A nova produción de

Excéntricas recupera unha obra

do francés Roland Topor que xa

estrease en 1987 a compañía O

Moucho Clerc coa dirección de

Xan Cejudo, unha tarefa que

recae nesta ocasión en Quico

Cadaval.

É unha obra que imita, para

mofarse, a forma da comedia

burguesa de sofas e moble-bar.

Todo acontece nunha luxosa

casa de campo clónica inscrita

nunha urbanización de nivel

alto. Ao dono parece que lle vai

ben na vida: é alto funcionario

do estado, e recebe a visita de

fin de semana do seu mais estreito

colaborador, un trepa que

ven para mostrar a sua nova

esposa, un símbolo de status

económico. Os quiméricos inquilinos

compleanse co fillo

dos propietarios, grande demais

para que lle muden os cueiros,

e unha aupair sueca que non

lle importa facerllo. Os paxaros

cantan, o sol brilla e todo

está tan limpo que se podería

comer no chan da garaxe... até

que comezan os problemas: os

W.C. Entupense e non hai onde

ir. Os dous funcionarios teñen

que mudar o seu plano de relax

de fin de semana por algo máis

astrinxente: son policias e o seu

deber é saber de onde sae toda

aquela merda. As suspeitas cruzanse,

os ollos espian de perfil,

os narices enruganse con desagrado,

as sombras deslizanse na

noite... Todo baixo a enigmática

ollada da Gioconda, que parece

dicir: En todo este asunto hai

algo que cheira moi mal.

Excéntricas é unha empresa

dedicada á creación de espectáculos

teatrais, produtos de

entretemento e outros obxectos

culturais.

Excéntricas serve como plataforma

de produción a marcas

como Mofa e Befa, o duo

cómico de Evaristo Calvo e

Víctor Mosqueira, os espectáculos

unipersonales de Quico

Cadaval e a proxectos musicais

de Piti Sanz.

Excéntricas participou en

múltiples eventos e festivais

en España, Portugal e

Latinoamérica. Cabe destacar

de entre eles, Almada, Loiu,

Tondela, Guadalaxara; Santiago

de Cuba, Iberoamericano de

Teatro de Bogotá, Festival de las

autonomías de Madrid, Cómico

de Maia, Eixo Atlántico de

Viana do Castelo, Mindelact

Cabo Verde, Carballo

,Ribadavia, Braga, Tárrega ou

Iberoamericano de Holguín.

Nestos tempo que corren de

pesimismo este é un espectáculo

para facer rir que non deixará

a ninguén indiferente, a cita do

16 o 19 no Teatro Principal de

Santiago.

Fonte: Concello de Santiago,

Lindeiros

24 pasará

Lindeiros

A Zona C, un lugar distinto para gozar do

espectáculo en Compostela

Situada en Bonaval converteuse nun referente cultural na cidade

A Zona C achéganos este

mes de xaneiro o primeiro espectáculo

pensado para bebés

en Galicia, recomendado para

nenos de seis meses a 3 anos

acompañados de titores. Glub,

Glub estará na sala os días 26

e 27 da man dos seus creadores

Caramuxo Teatro.

Os espectáculos de teatro

para bebés teñen ademais do

entretemento unha vertente didáctica

que se dirixe a que os

espectadores escoiten e comprendan

textos en galego, amplíen

e usen linguaxe en galego,

comezar a emocionarse cun

espectáculo teatral, comprender

un fío argumental simple e

coñecer o protocolo para asistir

a un espectáculo artístico; con

estas premisas os nenos gozan

dunha actividade distinta e fórmanse

no costume de asistir a

representacións.

‘Glub, Glub’ conta a historia

da amizade entre un barquiño

de papel afundido no fondo do

mar e un peixe xoguetón. Unha

montaxe chea de estímulos e

cunha linguaxe sinxela, case

xestual que introduce ós máis

novos nunha aventura fantástica

e sorprendente. Unha oportunidade

para disfrutar cos fillos da

primeira viaxe polo mundo do

teatro.

Pero a sala presentará algo

ben distinto no primeiro día de

febreiro. Eondry e Vicky Polard

son dúas bandas, unha viguesa

e a outra compostelá, que presentaran

os seus discos dentro

do Compostela Rock.

Eondry presentarán

Hyperborea, un EP no que os

vigueses mostran toda a experiencia

acumulada desde que en

novembro do 2010 se presentarán

na sala Iguana Club, rock

experimental e creativo sen ataduras

de ningún tipo.

Os santiagueses Vicky Polard

presentan pola súa banda

Biolise, o seu terceiro disco;

naceron no ano 2010 a partir

do encontro de algúns dos seus

compoñentes nun festival independente

en Trazo, a medida

que ensaiaban no conservatorio

da cidade foron incorporándose

outros membros ata chegar a

formación actual con dúas guitarras,

baixo e batería.

E para continuar con boa

música independente o día 6

chegarán a sala os reputados

Leon Benavente, grupo de corta

vida ainda pero no que se atopan

reputados músicos da escena

nacional: Abraham Boba

e Luís Rodríguez, ambos fieis

escudeiros na traxectoria solista

de Nacho Vegas, Edu Baos,

membro de Tachenko, e César

Verdú, militante nos murcianos

Schwarz. O nome do grupo

nace da avería que tivo no seu

coche Luis Rodriguez na estrada

que une esas dúas localidades,

mentras esperaba o guindastre

púxose a facer chamadas

e a quedar cos que hoxe forman

o grupo; casualidade ou destino

o resultado de esa anécdota poderase

ver o día 6 na Zona C.

Fonte: Concello de Santiago,

Lindeiros.

xaneiro 2014 25

26 pasará

Lindeiros

A Casa das Crechas estrea “Carga de dignidade”

É unha das actividades do local para o mes de xaneiro

A Casa dás Crechas converteu

os seus concertos e actividades

nun programa estable

que recolle este mes propostas

que van do documental a unha

estraña mestura de gastronomía

e poesía sen esquecerse da

música.

A primeira cita a ter en

conta será o día 17, A Casa dás

Crechas presenta a documental

“Carga de dignidade” coa presenza

do director. Xosé Bocixa,

e presentado por Pepe Galán,

Anxo Varela e Pepe Barro. A

película narra o sucedido o pasado

2 de Xuño en Ferrol, unha

acción unitaria conseguiu que

varios miles de persoas se achegaran

á reixa de Navantia para

pendurar unha peza de roupa.

Seguindo o exemplo dos buzos

de traballo que os despedidos

tiñan espetado nos ferros que

cercan a factoría, encheuse máis

dun quilómetro. Durante a acción,

Radio Buguina emitiu un

programa de radio con varias

entrevistas e a música ao vivo de

Mercedes Peón, María Manuela

e moitos máis. A día de hoxe a

reixa segue viva, coas pezas de

roupa aínda penduradas e degradadas

polo paso do tempo.

O sábado 25 a partir das nove

da noite comeza Le Fooding, un

concepto ideado en Francia hai

dez anos e que tenta mesturar

comida e sentimento; baixo o título

“Faba primeira: Ug&MOV,

as fabas lobas da casa” degustaranse

fabas lobas e chourizos

caseiros nunha performance na

que a expresión artística que

rodea ao comensal terá o mesmo

valor que a creación culinaria. A

poesía e a composición musical

serán os ingredientes das hortas

do Val de Lourenzá, onde a faba

loba renace para ser escoitada e

degustada. Poemas e cancións

creadas en parcería nunha performance

onde Ugia Pedreira

accede á súa voz máis íntima

e ás súas composicións máis

gardadas.

O mes rematará coa segunda

noite do trópico; ao longo do ano

o colectivo Trópico de Grelos

irá presentando os proxectos

en activo que ten a asociación:

A Banda do Trópico, coas

O Compostela Rock 2014 comeza o 17 de

xaneiro coa orquestra Metamovida

A Orquestra Metamovida

nace dun fin de semana no que

4 grupos (Unicornibot, Why

Go, Cró!, Buogh!) reuníronse

nunha casa de turismo rural

para compartir experiencias; ao

longo de 3 días tocaron, improvisaron

e experimentaron o que

deu como resultado unha sorte

de formación única; atoparon

ademais unha forma de actuar

na que un dos membros indica

aos demais que facer ou que non

facer o que converte os seus espectáculos

en algo nunca visto.

A orquestra non adoita realizar

moitas actuacións polo que

é unha oportunidade para non

deixar escapar. Como preámbulo

ao concerto actuarán 3 das

bandas que forman a orquestra

Unicornibot, Cró! e Guerreira.

A cita será o 17 de xaneiro

na sala Capitol ás 20:30, máis

temperán do habitual para dar

cabida a todas as actuacións

previstas.

Fonte: Concello de Santiago,

Lindeiros

Escea do documental “Carga de dignidade”. Foto: Carga de dignidade

guitarras e as voces de Joao

Fernandes e Lucia Dafonte, o

Bloco Afro, có seu batuke galego,

e o bloco Prucupá, no que

o alunado da escola demostrará

as ganas que ten de batuquear e

O Ateneo compostelán rexorde

no ano 2008 co fin, segundo

os seus estatutos, de fomentar a

participación civil na vida cultural

da cidade, nesa liña enmárcanse

os luns do Ateneo, conferencias

sobre diversos temas impartidas

por expertos dos distintos

ámbitos.

Este mes de xaneiro retómase

esa actividade o día 13 coa conferencia

“Economía sumerxida

e estado do benestar” a cargo de

Ramsés Pérez Boga, presidente da

Organización de Inspectores de

Facenda do estado.

O luns 16 de decembro ás 20

horas o Ateneo de Santiago ten

programada na Rúa do Vilar,

19 de Santiago de Compostela,

a mesa redonda “Realidade e

futuro da I+D+i en Santiago”,

que contará coa participación de

Dª. María José Alonso, Doutora

en Farmacia e Catedrática do

facer vibrar ao público. Noites

de percusión e ritmo afro-brasileiro

na Casa das Crechas para

rematar xaneiro.

Fonte: Casa das Crechas, Lindeiros

O luns 13 de xaneiro retoma

a actividade o Ateneo

Compostelán

A economía sumerxida e a fachada da

Catedral son os temas do mes

Departamento de Farmacia e

Tecnoloxía Farmacéutica dende

1998, Dª. Mercedes Brea, Doutora

en Filoloxía Románica pola USC e

Catedrática desa área dende 1984,

e D. Santiago Domínguez, cofundador

e Director Executivo da empresa

MestreLab Research, e que

estará moderada por D. Rogelio

Conde-Pumpido, Doutor en

Ciencias Químicas e Director de

Xestión e Valorización de I+D+i

no Vicerreitorado de Investigación

e Innovación da USC.

O día 20 tocaralle a quenda ao

profesor da USC Alfredo Vigo

Trasancos cuxa disertación versará

sobre “Lectura e interpretación

dunha obra de arte: a fachada

do Obradoiro da Catedral de

Santiago”.

Dúas citas co coñecemento no

Ateneo Compostelán na Rúa do

Vilar, 19.

Fonte: Ateneo de Santiago

xaneiro 2014 pasará 27

A zarzuela volve a Compostela con Diana Navarro

Presenta o seu disco “Género chica”con pezas compostas hai máis de 100 anos

Diana Navarro sorprendeu a

todos os especialistas no 2005

cando co seu primeiro disco

vendeu 250.000 copias, a súa

voz mestura sen esforzo o popular

co contemporáneo e di

que para ela é como respirar.

Dos 9 aos 16 anos estivo nun

coro folclórico co que aprendeu

moitas das cousas que sabe, coa

adolescencia descubriu a copla,

deixou os estudos e dedicouse

por completo á súa paixón;

entre os 16 e os 26 anos, Diana

Navarro presentouse a 29 concursos

de copla gañando 19

primeiros premios, entre eles o

Premio Nacional de Saetas de

Málaga nos anos 2000 e 2002,

nesa época pagouse a gravación

de dous discos que serían os

que lle abrirían as portas á colaboración

con Mozo Valdivía e

Manuel Illán, dous pesos pesados

da música que durante catro

anos traballaron para cultivar

ese éxito no seu primeiro traballo

profesional.

“Género Chica” xoga coa denominación

de Genéro chico

que se daba ás zarzuelas nun só

acto, recupera cancións creadas

hai máis de 100 anos por autores

do prestixio de Chueca,

Barbieri, Chapí ou Jerónimo

Gimenez, dez cancións arranxadas

de forma moi distinta á tradicional

e cun ambiente moito

máis sinfónico.

A cita con Diana Navarro

será o 25 de xaneiro no auditorio

de Nova Galicia Banco

no Preguntoiro, unha oportunidade

de recuperar un xénero,

que viviu os seus momentos de

gloria na cidade, aínda que sexa

cunha adaptación moito máis

moderna.

Fonte: Concello de Santiago,

Lindeiros

Kepa Junkera volta a Compostela

Presentará o seu novo disco Galiza

o 1 de febreiro

Ten tantos amigos e ven tanto

por aqui que é casi galego; agora

chega para presentar un disco no

que colabora o mellor da escea

da música tradicional galega.

No so é música xa que Galiza se

presenta nun libro disco con 50

páxinas con ilustracións, fotos e

textos.

kepa Junkera conta en este

traballo con nomes como

Cristina Pato, Luar na Lubre,

Susana Seivane, Treixadura, A

Banda ds Crechas, Os Cempes,

Uxía, Budio e un sinfín de artistas

que fan do traballo unha

peza imprescindible para os

amantes do folk.

A cita o 1 de febreiro no teatro

Principal nunha cita que

seguro que contará con moitas

sorpresas.

Fonte: Concello de Santiago,

Lindeiros.

28 deportes

Máis de 300 participantes na Escola de

Golf adaptado La Rosaleda

A escola está situada nas instalacións do Aero Club en Ames

A Escola comezou a súa andaina

no ano 2007 por iniciativa

do mestre de golf José Antonio

Rey, e en 2009 pasou a formar

parte da Rede de Escolas posta

en marcha pola Federación

Española de Golf e coordinada

polo Consello Superior de

Deportes.

Este paso supuxo o recoñecemento

nacional a unha actividade

pioneira en Galicia e en

España que permitiu a centenares

de persoas con algún tipo

de discapacidade gozar dunha

actividade deportiva e de lecer

á vez que melloran as súas habilidades,

coordinación e mesmo

autoestima. José Antonio Rey

asegura que estes anos confirmaron

o que el sabía cando expuxo

a iniciativa, que “os alumnos

que comezan na Escola

enseguida mostran unha gran

mellora no seu equilibrio, en

coordinación, maior integración

social, aprenden pautas de comportamento

e, sobre todo, gozan

dunha afección que lles divirte e

entretén”.

Bo exemplo do éxito da iniciativa

é o crecemento que tivo

Se nos fiamos dos nomes dos

equipos sen dúbida as escolas

deportivas de Ames encheranse

de maxia, o concello asinou no

pasado mes de decembro dous

convenios cos clubs Bruxas,

para o desenvolvemento da de

voleibol, e Meigas, que se encargará

da de fútbol feminino.

O convenio co club Bruxas foi

asinado polo alcalde Santiago

Amor e o presidente da enti-

desde o seu inicio. O primeiro

ano apuntáronse 11 persoas, o

segundo eran xa 46 e a partir

de aí máis de 60 en cada curso.

José Antonio Rey ponse en contacto

coas asociacións que son

quen ofertan a actividade entre

os seus socios. En ocasións son

tantos que fan dous grupos;

é o caso este ano de Avante e

Aspas, dúas das que participan

xunto con Down Galicia,

Down Santiago, Sarela Dano

Cerebral, Amarai ou ACEM,

a Asociación Compostelá de

Esclerose Múltiple. “Algúns

deles realizan un gran esforzo

para acudir ás clases, posto que

teñen até hora e media de camiño

para chegar ás instalacións”,

explica José Antonio. Pero cada

ano son máis as asociacións de

toda Galicia que queren participar

no programa.

A actividade é totalmente

gratuíta para os alumnos, que

ao final reciben un certificado

de participación e mesmo se

atreven a realizar campionatos

nos que demostran os avances

obtidos e o gran nivel que chegan

a alcanzar.

Convenios deportivos cheos de maxia

en Ames

Acordos cos clubs Bruxas e Meigas

dade Fernando Lizuain; o club

retomou a súa actividade na

tempada 2010 / 2011 para poder

competir de forma federada cos

equipos de categorías inferiores

do IES Ames e en categoría sénior

co propio Bruxas, teñen 14

equipos nos que participan máis

de 150 nenos.

Por outra banda o acordo co

club Meigas foi asinado tamén

polo alcalde e polo presidente

Fonte: Fundación La Rosaleda,

Lindeiros

do Fútbol Club Meigas Isabel

Fraga González e en el regúlase

o traballo conxunto de ambas

entidades na xestión da escola

municipal de fútbol sala feminino.

O club foi creado no ano

2004 e conta na actualidade

con 4 equipos con máis de 40

xogadoras

Fonte: Concello de Ames, Lindeiros

A Mancomunidade de

Municipios da Comarca de

Ordes celebrou a VI Gala do

Deporte. O evento congregou

a máis de 2.000 persoas que

encheron a discoteca LP45 na

vila de Ordes. Un acto co que

a Mancomunidade de Ordes

quere recoñecer o traballo e esforzo

dos seus mellores deportistas,

os logros e éxitos acadados

por eles, á par que se ensalzan

e promulgan os valores que

rexen a competición e a práctica

deportiva en calquera eido. Así

recoñécese a labor de deportistas

e entidades que, ben pola

súa traxectoria ou ben pola súa

proxección tiveron un papel destacado

nos concellos da comarca.

Cada un deles fixo entrega

de cinco galardóns, entre os que

figura un para promesas deportivas

e outro en recoñecemento

para os que contribuíron no fomento

do deporte. En total máis

de 300 deportistas dos concellos

de Cerceda, Frades, Mesía,

Ordes, Oroso, Tordoia e Trazo,

subiron ao escenario para recoller

o seu premio.

O presidente da

Mancomunidade, Manuel

Lindeiros

VI Gala do deporte da

Mancomunidade de Ordes

O evento serviu para premiar a 300 deportistas

Regos Boquete, foi o encargado

de abrir o acto cun discurso

no que agradeceu públicamente

“a colaboración e o traballo

conxunto que se fai por parte

de todos os integrantes da

Mancomunidade”. Tras este

momento arrancou a entrega

de galardóns propiamente dita.

Cada un dos premiados recibiron

medallas, trofeos, agasallos

e incluso vales para ser canxeados

por material deportivo nos

establecementos colaboradores.

Para facer entrega de todo elo

non só estiveron os alcaldes de

cada municipio senón tamén

acudiron varios dos seus concelleiros

de áreas como Deportes,

Ensino, Muller, Cultura,

Promoción Económica, etc.

Tamén acudiron á cita o presidente

da Federación Galega

de Fútbol, José García Liñares;

o presidente da Federación de

Atletismo, Isidoro Hornillos;

o campión de España de rallys

de terra, Mario Ríos; así como

o campión mundial de Triatlón,

Iván Raña.

Fonte: Mancomunidade de Ordes,

Lindeiros

xaneiro 2014 deportes 29

Torneo de pádel Cesta de Nadal do Aero Club Compostela

Disputouse os pasados 28 e 29 de decembro nas instalacións de Pádel Compostela

Máis de 30 parellas participaron

nun dos torneos de pádel

clásicos de Nadal, o organizado

polo Aero Club Compostela. O

campionato celebrouse nas instalacións

de Pádel Compostela

á espera de que ao longo deste

ano se abran as pistas na cidade

deportiva que o Aero Club está

a construír en Ames.

En categoría masculina os

vencedores foron a parella formada

polo socio do Aero Club

Alberto Martínez e o monitor

Borja Rei, que tiveron que empregarse

a fondo para vencer

na final aos xogadores do Padel

Compostela Andrés Veloso

e Miguel Ferreiroa, aos que

derrotaron en tres sets. Entre

as mozas a parella formada

por Marta Rodríguez Mallo e

Carmen Remuñán repetiron o

triunfo do ano pasado, demos-

trando que son a parella máis

sólida nestes momentos do

padel da cidade (non en balde

son o número 9 e 10 do ranking

galego) Venceron en dous

sets a Ana Lorenzo e Macarena

Cornide, tamén finalistas o ano

pasado.

E en categoría mixta Santi

Rodríguez e Paz Alonso demostraron

a súa superioridade

ante os vencedores da edición

do ano pasado, Xaime Linares

e Marta Rodríguez. Nun dos

cadros máis igualados do torneo

levaron a vitoria final por dous

Chico Gomes e Pablo Lijó pasaron por

Compostela

Os xogadores do World Padel Tour deron un clinic e visitaron FM

Sport Padel

Gañadores femeninos e masculinos do torneo Cesta de Nadal do Aero Club. Fotos: FM Sport Pádel

sets a cero.

Os responsables do Aero Club

agradeceron na entrega de premios

a colaboración de Pádel

Compostela que lles permitiu

nas últimas tempadas organizar

os torneos até a apertura das

novas instalacións en Ames.

Fonte: Aero Club Compostela,

Lindeiros

Dous dos xogadores do World

Padel Tour pasaron pola comarca

para dar un clinic nas instalacións

do Club Boiro Padel e

realizar unha exhibición nas de

Padel Compostela.

Chico Gomes e Pablo Lijó

chegan despois de participar no

Masters Finals do World Padel

Tour que se celebrou a mediados

de decembro no recinto

de IFEMA en Madrid. Chico

Gomes e bariseloño e leva

dende o ano 2000 como profesional,

comezou os 13 anos en

este deporte e atópase entre os

mellores do mundo. O galego

Pablo Lijó proven do mundo do

tenis; este ano e o primeiro no

que participou no World Padel

tour

Tras esas dúas citas tiveron

tempo para pasar pola tenda

de FM Sport Padel e asinar algúns

autógrafos, Chico Gomes

mesmo lle dedicou uns minutos

a ler o último número

de Lindeiros como vemos na

fotografía.

ÚNICA TIENDA

EXCLUSIVA

DE PADEL

EN GALICIA

Rúa Palmeiras,21

Novo Milladoiro

(al lado del centro comercial)

Teléfonos:

665 820 310

881 163 534

Chico Gomes, lendo Lindeiros na tenda FM Sport Pádel.

Foto: FM Sport Pádel

Fonte: Lindeiros

30

BLOG : blogosferathermomix.es

MAIL: carmenathermo@ gmail.com

EIRA DE XOGO

Nivel de dificultad: Medio

COCINA FÁCIL

Cuajada de Turrón

Ingredientes (8p)

500 ml de leche entera

150 g de turrón de Jijona

2 sobres de cuajada

Preparación

Introducir todos los ingredientes en el vaso y programar 8 minutos,

90º, velocidad 4.

Verter en recipientes individuales y enfriar durante al menos 3

horas en el frigorífico.

SUDOKUS

Nivel de dificultad: Medio

CRUCIGRAMA

Lindeiros

Magdalenas crocantes de turrón

Ingredientes (12-15 magdalenas)

2 huevos

130 gr. de azúcar

120 gr. de aceite de girasol

70 gr. de nata 35% m.g.

175 gr. de harina de repostería

1/2 sobre de levadura

la ralladura de 1 limón

1/2 tableta de turrón duro

Preparación

Ponemos la 1/2 tableta de turrón cortada en trozos grandes dentro del vaso

y trituramos 2 segundos, vaso cerrado, velocidad turbo. Deben quedar trocitos

pequeños que se noten al morderlos en las magdalenas, pero no debe

quedar echo polvo. Si os gusta más triturado poner un segundo más. Retirar

y reservar.

Ponemos la mariposa en las cuchillas y añadimos los huevos y el azúcar.

Batimos durante 6 minutos, velocidad 3 1/2 y temperatura 37º.

Echamos la ralladura de limón y batimos otros 6 minutos, velocidad 3 1/2, pero

sin temperatura.

Añadimos el aceite y la nata y mezclamos durante 3 minutos, a velocidad 3.

Quitamos la mariposa y echamos la harina, el turrón que teníamos reservado

y la levadura. Mezclamos durante 20 segundos, velocidad 2 1/2. Y si no se han

incorporado bien a la mezcla, lo hacemos con la espátula y con movimientos

envolventes.

Dejamos reposar mientras precalentamos el horno a 200º. Vertemos la masa

en las cápsulas de las magdalenas 3/4 partes de cada cápsula y echamos por

encima un poco de azúcar.

Metemos al horno a 180º, primero con sólo calor abajo durante los primeros

5 minutos y el resto del tiempo, 10-15 minutos más, con calor arriba y abajo.

BUSCA LAS 7 DIFERENCIAS:

xaneiro 2014 31

HORARIO DE AUTOBUSES

Monbus - Castromil

Padrón - Milladoiro - Santiago

L - V: 7:20, 7:35, 8:55, 10:05, 10:15, 12:20,

14:55, 16:05, 18:20, 19:30, 21:50

Sábados: 8:50, 10:05, 10:55, 12:20, 14:55,

19:30, 21:50

Domingos e festivos: 8:50, 10:05, 12:20,

14:55, 19:25, 19:30, 21:50

Santiago -Milladoiro - Padrón

L - V: 6:50, 9:00, 10:00, 11:30, 12:30, 15:20,

15:30, 18:00, 19:00, 20:30

Sábados: 10:00, 11:30, 12:00, 14:00,

16:00, 20:00, 20:30

Domingos e festivos: 10:00, 11:30, 12:00,

18:00, 20:00, 20:30

Padrón - Milladoiro - Santiago (hor.

aprox.)

L - V: 7:00, 8:10, 9:00, 10:10, 11:00, 12:10,

13:00, 14:25, 15:00, 16:00, 17:10, 18:00,

19:10, 20:00, 21:20, 22:00

Sábados: 9:20 ata 21:20 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 9:20 ata 21:20 cada

2 hs.

Santiago - Milladoiro - Padrón

L - V: 6:00, 7:00, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00,

12:00, 13:15, 14:00, 16:00, 17:00, 18:00,

19:00, 20:00, 21:00, 22:10

Sábados: 8:00 ata 20:00 cada 2 hs.

Domingos e festivos: 8:00 ata 20:00 cada

2 hs.

Milladoiro - Santiago (Rúa da Rosa)

L - V: De 7:00 ata 21:00 cada 15 min.

Sábados: 7:35 ata 13:35 cada hora. e as

16:05, 17:05, 18:35,19:35, 20:35, 22:05,

23:00

Domingos e festivos: 9:30, 10:30, 11:30,

13:00, 16:05, 17:05, 18:35, 19:35, 20,35,

22:05, 23:00

Santiago (Rúa da Rosa) - Milladoiro

L - V: De 7:00 ata 21:30 cada 15 min.

Sábados: 8:00, 9:00, 10:00, 11:00, 12:00,

13:00, 14:00, 16:30, 18:00, 19:00, 20:00,

21:30, 22:30, 23:15.

Domingos e festivos: 10:00, 11:00, 12:00,

14:00, 18:00, 19:00, 20:00, 21:30; 22:30,

23:15.

Milladoiro - Santiago (Est. de autobuses)

L - V: 8:10,9:25, 19:15

Sábados: 8:10, 9:25

Santiago (Est. de autobuses) - Milladoiro

L - V: 8:40, 13:10, 18:10, 20:10

Sábados: 8:40, 13:10

Milladoiro - Bertamiráns

Días laborais: 10:00, 11:45, 17:30

Bertamiráns - Milladoiro

Días laborais: 11:00, 12:15, 19:00

Rois - Santiago

L - V: 6:45, 7:30, 9:00, 11:00, 14:00, 16:00,

18:00, 20:00

Sábados: 9:00, 14:30, 18:00

Domingos e festivos: 10:15, 14:30, 18:00

Santiago - Rois

L - V: 7:30, 10:00 12:00, 15:00 17:00, 19:00,

21:00

Sábados: 12:00, 17:00,19:00

Domingos e festivos: 11:00, 17:00, 19:00

A Gándara (Os Anxeles) -

Bertamiráns - Santiago ( Rúa A Rosa)

Laborais: De 7:45 ata 19:45 cada hora.

20:15, 20:45, 21:15,21:45

Sábados: 10:45 ata 13:45 cada hora.

De 16:45 ata 20:45 cada hora.

Santiago (Rúa A Rosa) -

Bertamiráns - A Gándara (Os Anxeles)

L -V: De 7:45 a 21:45 cada 1/2 h.

Sábados: 11:15, 12:15, 13:15, 16:15, 17:15,

18:15, 19:15, 20:15

Bertamiráns - Santiago

(En tránsito desde Muros, Noia. H. aprox.)

L - V: 7:40, 8:15, 9:25, 10:25, 11:25, 12:25,

14:25, 15:25, 16:25, 17:25, 19:25, 21:25.

Sábados : 08:25, 09:25,10:45, 12:25,14:25,

17:25, 19:25, 21:25.

Domingos e festivos: 09:25, 12:25, 14:25,

17:25, 19:25, 21:25

Santiago - Bertamiráns - Noia - Muros

L - V: 09:00, 10:00, 11:00, 12:00, 13:00,

14:30, 15:20, 17:00, 18:15, 19:00, 20:00,

21:30.

Sábados : 10:00, 12:00, 13:00, 14:00,

15:20, 18:15, 20:15.

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 14:00,

16:00, 18:15, 20:15.

Negreira - Brión - Bertamiráns - Santiago

L - V: 06:45 a 20:45 cada hora.

Sábados: 07:45, 08:45, 9,45, 11:45, 13:45,

15:45, 17:45, 19:45, 21:30

Domingos e festivos: 08:45, 09:45, 11:45,

13:45, 15:45, 17:45, 19:45, 21:30.

Santiago - Bertamiráns - Brión - Negreira

L - V: 07:45 a 21:45 cada h.

Sábados: 08:45, 09:45, 10:45,12:45, 14:45,

16:45, 18:45, 20:45, 22:30

Domingos e festivos: 9:45, 10:45, 12:45,

14:45, 16:45, 18:45, 20:45, 22:30

Trazo - Santiago

7:40

Santiago - Trazo

14:10

TELÉFONOS DE INTERESE

Concello de Ames: 981 883 002

Casa da Cultura Milladoiro: 981 535 940

Casa da Cultura Bertamiráns: 981 891 017

Policía Local: 619 767 575

Garda Civil: 981 536 405

Centros de Saúde:

Milladoiro: 981 522 838

Bertamiráns: 981 890 404

Concello de Brión: 981 887 006

Casa da Cultura Brión: 981 509 908

Policía Local: 981 893 474

GRUMIR: 629 871 542

Centro de Saúde: 981 887 701

Concello de Boqueixón: 981 513 061

Casa da Cultura: 981 513 061

Garda Civil: 981 503 051

Emerxencias: 981 513 434

Centro médico de Forte: 981 513 010

Centro médico de Lestedo: 981 502 297

Concello de O Pino: 981 511 002

Casa da Cultura: 981 511 065

Garda civil: 981 511 052

Centro de Saúde: 981 511 196

Concello de Oroso: 981 691 478

Policía Local: 981 691 680

Garda Civil: 981 691 381

Protección Civil: 629 737 942

Centro de Saúde: 981 694 731

Concello de Padrón: 981 810 451

Policía Local: 981 810 247

Garda Civil: 981 810 091

Protección Civil: 981 812 929

Taxis: 981 811 459

Centro de Saúde: 981 810 920

A Estrada - Cacheiras - Santiago

L - V: 6:55, 7:50, 8:30, 9:10, 10:00, 10:45,

13:15, 15:00, 18:00, 19:00

Sábados: 8:30, 10:00, 15:00. 18:15

Domingos e festivos: 9:00, 18:15

Santiago - Cacheiras - A Estrada

L - V: 7:45, 9:00, 9:30, 10:30,11:30, 12:30,

13:30 (lectivos), 14:00, 14:45, 15:15,

16:30,18:15 ( lectivos),19:00, 20:30,

21:30 ( luns a xoves lectivos).

Sábados: 9:15, 12:30, 17:15, 20:15

Domingos e festivos: 12:30, 20:00

Cacheiras -Santiago ( de Moraña)

L - V laborais: 7:40, 10:35, 16:05

Santiago - Cacheiras ( ata Moraña)

L - V laborais: 15:30, 18:30, 20:45

Cacheiras - Santiago

L - V: 8:10, 9:05, 15:20, 17:50, 18:15,

Sábados: 8:25

Santiago - Cacheiras

L - V: 12:30, 13:45, 17:00, 18:00, 19:30

Sábados: 12:30

Vedra - Santiago ( Hor. Aprox:)

L - V : 7:40, 9:50, 15: 15

Sábados: 8:05

Santiago - Vedra

L - V: 12:15, 14:00, 14:30 (lectivos), 19:30,

Sábados: 14:00

Ponte Ulla - Santiago

L - V: 6:42, 15:17, 17:23, 20:32

Sábados: 10:53, 15:18, 17:23, 20:23, 20:32

Domingos e festivos: 10:53, 15:18, 17:23,

20:32, 21:52

Santiago - Ponte Ulla

L - V: 9:15, 12:00, 14:00, 15:00, 16:00,

18:05, 20:00

Sábados: 10:00,14:00, 15:00, 16:00, 18:00

Domingos e festivos: 10:00, 12:00, 16:00,

18:00, 21:00

Concello de Negreira: 981 885 250

Casa da Cultura de Negreira: 981 885 736

Policía Local: 676 454 882

Garda Civil: 981 885 001

Centro de Saúde : 981 886 378

Concello de Santiago: 981 542 300

Policía Local: 981 542 323

Policía Autonómica: 981 546474

Policía Nacional: 981 571 717

Garda Civíl: 981 581 611

Garda Civil de Tráfico: 981 582 266

Bombeiros: 981 542 446

Cruz Vermella: 981 586 969

Radio - Taxi: 981 569 292

Estación de autobuses: 981 542 416

Estación de ferrocarril: 902 240 202

Aeropuerto: 981 547 500

Concello de Teo: 981 815 700

C. sociocultural A Ramallosa: 981 805 700

Policía Local: 981 815 700

Protección Civil: 649 804 720

Centros de Saúde:

Folgueiras( Calo): 981 814 106

Os Tilos: 981 801 038

Cacheiras: 981 807 411

Reis: 981 815 711

Concello de Vedra: 981 814 612

C. Sociocultural 3ª idade: 981 502 024

Protección Civil: 629 661 685

Taxis: 608 981 944

Forte ( Boqueixón) - Santiago

L - V: 15:05, 19:35

Santiago - Forte ( Boqueixón)

L - V: 8:05

Ordes - Oroso - Santiago

Laborais: 7:35, 8:50, 10:50, 12:05, 13:50,

14:35, 16:20, 17:20, 18:50, 20:20, 21:50

Sábados:8:35,10:50,14:50,17:20,18:35,

22:55

Domingos e festivos: 10:50, 12:50, 14:50,

17:20, 18:50, 21:35

Santiago - Oroso - Ordes

Laborais: 6:30, 8:00, 9:00, 10:00, 11:00,

12:15, 14:00, 15:30, 16:30, 18:00, 19:30,

21:15

Sábados: 10:00, 14:00, 16:30, 18:00,

19:30, 21:00

Domingos: 12:00, 14:00, 18:00, 19:30,

21:15.

Santiago - O Pino - Arzúa

L - V : 7:00, 9:15, 11:00, 12:45, 16:00, 18:30,

20:00, 21:00 ( lectivos)

Sábados: 7:00, 11:00, 12:45, 16:00, 18:30

Domingos e festivos: 7:00, 11:00, 16:00,

18:30, 20:00 ( sábados non circula)

Arzúa - O Pino - Santiago

L - V: 7:30, 8:10, 10:40, 12:10,14:20, 15:00,

15:45, 18:10, 20:40

Sábados: 8:10, 12:10, 15:45, 18:10

Domingos e festivos: 8:10, 12:10, 15:45,

18:10,21:30

Santiago - Aeroporto

De 6:00 ata 00:00 cada 1/2 h., diario,

dende Pz. Galicia.

De 6:10 ata 00:10 cada 1/2 h., diario

dende Est. de Tren

De 6:20 ata 00:20 cada 1/2 h, diario,

dende Est. Autobuses.

Aeroporto - Santiago

De 7:00 ata 1:00 cada 1/2 h., diario.

Empresas e negocios

ao servicio de todos.

COMPRO

ORO Y PLATA

Rosalía de Castro, 34

Local C - Milladoiro

Tfono: 981 534 229

Aquí

podría

estar

tu

publicidad

publicidad@lindeiros.com

32

Lindeiros

Luz

Fandiño

Veciña de Santiago

Luz Fandiño tivo, ten, unha

vida que dá para o que un prefira:

libro, teatro, cinema ou unha

longa conversación coa que

gozar ademais da súa motivadora

compañía.

Viviu a emigración a principios

dos 60, París durante o

68, de volta en Compostela nos

80, e desde entón á actualidade

desde primeira liña, contar a

súa historia é contar a historia

e merece máis espazo que esta

descrición, espazo que terá sen

dúbida.

Naceu filla de solteira e fala

con orgullo da fortaleza da súa

avoa e a súa nai nunha época

machista e represora, confesa

con tristeza que unha semana

antes de que a súa nai morrese

enferma do pulmón na súa casa

só comíase pan cocido en auga...

o pan que se tiraba na casa na

que servía, por iso di que a súa

nai morreu de fame.

Certos parentes vendéronlle

Arxentina como El Dorado pero

ao chegar só atopou máis miseria

e unha proposta lindeira na

prostitución que só a súa integridade,

e a decencia do receptor

da oferta, puideron derrotar.

Buenos Aires, o Centro Galego

da cidade e un bibliotecario ao

que nunca estará o suficiente-

mente agradecida encargáronse

de cambiar a súa vida e a súa

persoa, alí reencontrouse coa

súa cultura e recuperou o orgullo

de ser galega no poema

“Meu carriño!” de Cabanillas

que aínda recita con emoción

“Lévame por onde escoite - a

fala - doce e sentida - entre bicos

deprendida - non colo de miña

nai! - Roda polos nosos eidos -

aunque hai lama non camiño - é

túa terra, meu carriño - e a terra

de meus avós!”.

Chegou a París catro anos

antes do 68 e o seu espírito renacentista

seguiuse formando

naquela tolemia de liberdade e

cultura; o seu amor pola poesía

avanzou cara á propia creación

e as súas primeiras obras naceron

alí, lembra que o galego foi

unha gran axuda polo parecido

entre ambas linguas.

Os 80 collérona en

Compostela onde coñeceu a

Roberto Vidal Bolaño, asegura

que foi o fillo que non pariu,

tristeza e morriña soan cando o

menciona. Segue activa e defende

aos mozos nos que ten unha

fe cega e eles cóidana e venérana.

Se un quere saber o que foi

Galicia nos últimos 80 anos non

ten máis que pasar unha tarde

con esta muller.

Santiago, xaneiro 2014

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!