ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ... ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
29.10.2013 Views

OFRENDA Na tua diada maor, nosa doce e ben amada Galicia, ofrecémosche o úneco ben que podemos ofrecerche os que estamos alonxados de ti por légoas e por anos; unhas verbas agarimosas y emocionadas coa tua propia emoción; verbas de anguria, de saudade, de lembranza de ti. Dos teus eidos benamados, dos teus ríos silandeiros, das tuas montanas ergueitas e sacras, dos teus castros, dos teus piñeiraes rumorosos, das tuas rías de ensoño, das tuas cidades santas e dotas, augustas e sacramentadas, das tuas vilas ruraes e mariñeiras, con esgrevio señorío. Do teu esprito universal e universalista, trascendido e trascendente ó conxuro do pulso, do corazón e do esprito cristián e oucidental de todo o meioevo rodeando unha tumba marmórea en afervoado peregrinaxe, entonando cánticos de ultreia en todas as linguas do mundo. Evocando e invocando o senso amoroso e familiar dos fogares homildosos que cobren as tuas terras, as tuas paisaxes, polícromas e humanizadas polos traballos, rendidos dos teus fillos o balbordo dos teus mares, dos teus irtos acantilados, dos ortegales, dos fisterras, nas ribeiras do mar que deixou de ser tenebroso despois de que os teus fillos o atravesaron deixándonos no seu fondo unha roita tremenda de afogados. Ficamos alonxados de ti, nosa doce Mater Amabilis e Mater Admirabilis, mais, has de saber co alonxamento no tempo e no espacio tennos cada xornada, cada vegada, mais perto de ti, do teu esprito e da tua sinificación como pobo, como nación e como Patria.

96 Ramón Suárez Picallo E que nesta diada reafirmamos o noso propósito que é un xeito de servirte: De servir os teus anceios, as tuas espranzas e tuas ilusións de vivir unha vida máis libre, máis xusta e máis decorosa. Bos Aires. Lugo, xullo de 1961.

OFRENDA

Na tua diada maor, nosa doce e ben amada Galicia,

ofrecémosche o úneco ben que podemos ofrecerche os que estamos

alonxados de ti por légoas e por anos; unhas verbas agarimosas

y emocionadas coa tua propia emoción; verbas de anguria, de

saudade, de lembranza de ti. Dos teus eidos benamados, dos teus ríos

silandeiros, das tuas montanas ergueitas e sacras, dos teus castros,

dos teus piñeiraes rumorosos, das tuas rías de ensoño, das tuas

cidades santas e dotas, augustas e sacramentadas, das tuas vilas

ruraes e mariñeiras, con esgrevio señorío. Do teu esprito universal

e universalista, trascendido e trascendente ó conxuro do pulso,

do corazón e do esprito cristián e oucidental de todo o meioevo

rodeando unha tumba marmórea en afervoado peregrinaxe,

entonando cánticos de ultreia en todas as linguas do mundo.

Evocando e invocando o senso amoroso e familiar dos fogares

homildosos que cobren as tuas terras, as tuas paisaxes, polícromas

e humanizadas polos traballos, rendidos dos teus fillos o balbordo

dos teus mares, dos teus irtos acantilados, dos ortegales, dos

fisterras, nas ribeiras do mar que deixou de ser tenebroso despois

de que os teus fillos o atravesaron deixándonos no seu fondo unha

roita tremenda de afogados.

Ficamos alonxados de ti, nosa doce Mater Amabilis e Mater

Admirabilis, mais, has de saber co alonxamento no tempo e no

espacio tennos cada xornada, cada vegada, mais perto de ti, do

teu esprito e da tua sinificación como pobo, como nación e como

Patria.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!