ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ... ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
29.10.2013 Views

SI SI quer decir que Galicia –o esprito sensíbel das suas criaturas– recolle o mandato dos precursores mortos, pra facelo realidade n’unha vida digna, decorosa con fartura pr’os corpos e de pan pr’os espritos. As ánimas benditas de aqueles mortos, dend’o reino da Inmortalidade donde moran pronunciarán connosco a afirmación: SI. SI é a verba alumeada, que ven das cinco partes do mundo, por todol-os camiños do mar e do ceo, nacida en corazóns galegos, que levan dentro a lus acesa da Terra Nai, alumeando a noite escura da emigración; e que ven a decirlles aos galegos: Irmáns, pra que endexamais, vos nin os vosos fillos, nin os vosos netos teñan que emprender este duro camiño, pra moitos de nós sin retorno, votade: SI. SI é a chave de ouro milagrosa que abre a Galicia as portas do porvir. Pra que sea unha Democracia Social, Campesina e Mariñeira rexida por si mesma nun réximen de cibdadanía civil e civilizada. Pra que sea unha Democracia económica en que cada traballador perciba o producto íntegro do seu traballo. Pra que sea unha Democracia cultural aberta a todos os cerebros e a todos os espritos aptos pra gozala, agachados nas capas máis homildes do Noso pobo. Pra que en Galicia frolezan estes bens, que son aspiración eterna da Humanidade, hay que votar: SI.

94 Ramón Suárez Picallo SI dirán as mulleres galegas que non queiran parir fillos pra guerra e pra emigración; dirán-no os mozos que queiran emprear os seus brazos i-o seu cerebro, na groriosa empresa de crear unha patria; e os vellos que queiran pr’os seus fillos e pr’os seus netos unha vida millor que a súa probe vida triste por escrava; os campesinos que lle contan ao suco aberto o segredo estremecido da súa fame; os mariñeiros que lle arrincan ao mar, pai e verdugo, berce e sepulcro, o pan das súas criaturas, agardando como premio ao seu esforzo, ser un día sobor das súas augas corpos boiantes, cos brazos abertos para unha aperta sin dono; i-os artistas e intelectuales, condenados oxe a unha vida escura, se non queren corromper o seu esprito e a sua sensibilidade, e venderlla a estranas xentes, en ves de ofrendarlla como agasallo supremo a un pobo culto. Todos a unha, un solo pensamento, unha sola voluntade: SI. Afirmación de concencia de ser, SI. Ilusión optimista de crear, SI. Cantiga de esperanza, SI. El Pueblo Gallego, 28-VI-1936.

94 Ramón Suárez Picallo

SI dirán as mulleres galegas que non queiran parir fillos pra

guerra e pra emigración; dirán-no os mozos que queiran emprear

os seus brazos i-o seu cerebro, na groriosa empresa de crear

unha patria; e os vellos que queiran pr’os seus fillos e pr’os seus

netos unha vida millor que a súa probe vida triste por escrava; os

campesinos que lle contan ao suco aberto o segredo estremecido da

súa fame; os mariñeiros que lle arrincan ao mar, pai e verdugo, berce

e sepulcro, o pan das súas criaturas, agardando como premio ao seu

esforzo, ser un día sobor das súas augas corpos boiantes, cos brazos

abertos para unha aperta sin dono; i-os artistas e intelectuales,

condenados oxe a unha vida escura, se non queren corromper o seu

esprito e a sua sensibilidade, e venderlla a estranas xentes, en ves de

ofrendarlla como agasallo supremo a un pobo culto. Todos a unha,

un solo pensamento, unha sola voluntade:

SI.

Afirmación de concencia de ser, SI. Ilusión optimista de

crear, SI. Cantiga de esperanza, SI.

El Pueblo Gallego, 28-VI-1936.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!