ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ... ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
29.10.2013 Views

UN HOME QUE NUNCA VIRA O MAR Namentras fun diputado a Cortes, ao igual que outros moitos diputados galegos, ía a Galicia cuaseque todos os fins de semán. As sesión terminaban os viernes e reiniciábanse os martes. O carnet parlamentario era tamén pase libre en primeira clase dos ferrocarriles. Tomábamos o tren en Madrid ás 9 de noite e chegábamos á Cruña o sábado á 1 da tarde. O viaxe era pesado i-aburrido. O pase non incluía cama i-as mil pesetas que percibíamos de dieta, non permitían o luxo do dormitorio. Nembargantes eu lembro cordialmente aqueles viaxes pol-as moitas cousas que neles comentéi, enseñéi i-adeprendín, asegún os compañeiros e compañeiras que me tocaban en sorte ou en desdita. Istes ían dende o que nos contaba minuciosamente unha operación ao estómago que lle fixeran a sua sogra, até o marino que se facía lenguas do que faría cando estivese no Ferrol, formando parte do “quinto reino de Andalucia”, pasando pol-o asombro dos que, dempois do diálogo máis ou menos trivial, aseguraban que os galegos somos moi listos cando saímos listos de verdade. Sin faltar, alguna que outra vegada, o amabel viaxante de comercio –cuase sempre catalán− que nos contaba como trataba de facer aforros nas plazas que tocaba para ílos a gastar na Cruña. D-un destes compañeiros de viaxe quero contarvos a peregrina anéidota: Tomou o tren en Valladolid vestido de militar coas insiñas de capitán no quepis e na guerreira. Portaba dúas grandes maletas coma quen sai con todo pra un logo viaxe. No xeito de entrar, de dar as boas noites, de colocar as maletas e até de sentarse, calquera podía pescudar que estaba de moi mal talante. Estivo un bon intre calado; logo, obedecendo o sortilexio dos trens españoles, enfióuse na conversa. Botóu sapos e cóbregas

152 Ramón Suárez Picallo contra da política, pois el, bon republicano, por ter chocado cos seus superiores xerárquicos, cuáseques todos monárquicos, saía trasladado, virtualmente desterrado de Valladolid. − ¿E a donde vai vostede desterrado, se non é segredo militar? –pregunteille. − Pois á Cruña. −¿A Cruña? Pois asegún noticias que eu teño d-esa cibdade, non coido que o seu desterro haixa de sere moi acedo, nen moi aburrido… − Mais si; pero xa ve… en Galicia –E dixo Galicia como se dixera un país lonxano, pouco estimado, alleo de todo ao seu mundo habitual. − En fin, de todal-as maneiras levo a ilusión de comprir un gran desexo: o de ver o mar por primeira vez. − ¿Logo vostede nunca viu o mar…? –pregunteille con descreída lástima. − Nunca. –Calamos os dous. Eu matinando na sorpresa que o agardaba, e que xa saboreaba de antemán, como unha lediciosa vinganza. E lembrando as verbas do ilustre poeta catalán, referíndose á incomprensión de Castela con respeto á sua Patria: “Deixarlles ver o mar, irmáns”. Reañudóuse despóis o fío da conversa encol de outros teimas. Era home leído, relativamente culto e raramente sensibel, pra ser da Castela. Confesóume despois que era máis ben de orixe leonés, pois a súa familia era de Las Navas del Rey. Falamos de “Mio Cid”, de San Xohán de la Cruz, do Arcipreste e de Santa Teresa, até que nos veu o sono. Coma de cote, o tren chegou a Monforte de Lemos darredor das 7 da mañán, e fixo o tempo necesario pra desaiunar. Invitéi ao meu “desterrado”. Monforte –ou mellor dito, a sua estación ferroviaria− non é, certamente, unha moi axeitada antesala pra entrar en Galicia os que a ven por vez primeira. Naturalmente ao meu hóspede non lle gostóu pouco nin moito. Reconciliouse un

UN HOME QUE NUNCA VIRA O MAR

Namentras fun diputado a Cortes, ao igual que outros

moitos diputados galegos, ía a Galicia cuaseque todos os fins de

semán. As sesión terminaban os viernes e reiniciábanse os martes.

O carnet parlamentario era tamén pase libre en primeira clase

dos ferrocarriles. Tomábamos o tren en Madrid ás 9 de noite e

chegábamos á Cruña o sábado á 1 da tarde. O viaxe era pesado

i-aburrido. O pase non incluía cama i-as mil pesetas que percibíamos

de dieta, non permitían o luxo do dormitorio. Nembargantes eu

lembro cordialmente aqueles viaxes pol-as moitas cousas que

neles comentéi, enseñéi i-adeprendín, asegún os compañeiros e

compañeiras que me tocaban en sorte ou en desdita. Istes ían dende

o que nos contaba minuciosamente unha operación ao estómago

que lle fixeran a sua sogra, até o marino que se facía lenguas do que

faría cando estivese no Ferrol, formando parte do “quinto reino de

Andalucia”, pasando pol-o asombro dos que, dempois do diálogo

máis ou menos trivial, aseguraban que os galegos somos moi listos

cando saímos listos de verdade. Sin faltar, alguna que outra vegada,

o amabel viaxante de comercio –cuase sempre catalán− que nos

contaba como trataba de facer aforros nas plazas que tocaba para

ílos a gastar na Cruña.

D-un destes compañeiros de viaxe quero contarvos a

peregrina anéidota: Tomou o tren en Valladolid vestido de militar

coas insiñas de capitán no quepis e na guerreira. Portaba dúas

grandes maletas coma quen sai con todo pra un logo viaxe. No

xeito de entrar, de dar as boas noites, de colocar as maletas e

até de sentarse, calquera podía pescudar que estaba de moi mal

talante. Estivo un bon intre calado; logo, obedecendo o sortilexio

dos trens españoles, enfióuse na conversa. Botóu sapos e cóbregas

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!