ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ... ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
29.10.2013 Views

NOSA SEÑORA DA ROCA (Lenda) A xeito de atalaya xigante ollando pr’o mar onde viven seus devotos, érguese no curuto do outísimo penedo, a imáxen pédrea de Nosa Señora da Roca. Ten por capela toda a eistensión do mar azul n’un belido recuncho da costa galega, i-as terras verdecentes e mimosas da ribeira sen igoal, sempre frolecidas. Ten por mantelo o ceo estrelecido, e ten un altar sempre alumeado pol-as fachas do máis sinxelo amor, en cada corazón de cada mariñeiro da bisbarra. Cando as barcas peixeiras pasan cabo d’ela, os homes quitan a pucha reverentes, i-os rapaces fan a sinal da cruz, namentras os remos deixan de choupar metidos de couce nos estrobos da bancada. A primeira vés qu’eu fun a o mar e pasei por diante da imáxen de pedra, aínda sen saber do que se trataba, santigüéime tamén, coma se alguén mo mandase. O tío Traíñas o mais velliño dos meus compañeiros, e cecais o mais vello peixeiro da comarca, contóume a hestoria d’a milagreira Virxen mariñeira; unha hestoria vella herdada de séculos, trasmitida dos abôs aos netos como unha sagra obriga. Foi unha noite de treboada arrepiante. Os peixeiros das aldeias ribeiráns saíran todos en percura do pan pr’os seus fogares e alonxáranse mar afora porque na costa facía moito tempo que non se vira peixe d’ollos. A posta da lúa, na hora de pleamar, aparesceron no ceo mouros nubarróns. O con de Coitelada escomenzou a bruar ceibando agoiros de traxedia. O bourar dos tronos crebóu de súpeto o silenzo maxestoso da noite i-os lóstregos alumearon o mar, como se quixeran amostrar aos homes o camiño do outro mundo. Descargóuse a temida nordesía. Embravecéuse o mar facéndose mareira. As barcas sen goberno voavan nas ás do huracán cara a

134 Ramón Suárez Picallo costa, a esnaquizarse nos baixos sen que ningún esforzo humán poidera detel-as. * * * As mulleres i-os meniños dos peixeiros da comarca despertaron en outas horas da noite, ao sentiren os bruídos da treboada temíbel e arremuiñánronse na punta máis saída da costa ao pé d’un penedo outísimo. Ollaban n’un supremo esforzo por ver os seus, car’o mar. Somentes os lóstregos alumeaban de cando en cando un anaco de mar preto da costa, bourando e rebourando, ao esnaquizarse nos penedos irtos. Un mouro mantelo d’anguria envolvía o mar i-a terra. Os pregos d’agunía eran un sôo prego, loitando por rachar o veo dos elementos ceibos, pra chegar deica o trono de El Señor en demanda da súa piedade. E foi d’aquela que sucedeu o milagre. D’entre o bourar dos tronos, o bruído das ardentías i-o asubiar tráxico do huracán, escoitóuse unha vella cantiga feita oración, crara, nítida, cristaiña que espallóu seus ecos trementes d’emoción por toda a comarca mariñeira. Parece que viñera do outro mundo coma unha verba d’espranza. Nosa Señora do Carme Nosa Señora ¡Váléime! Qu’estou perdido no mar E n-hai barqueiro que reme. As mulleres i-os meniños caeron de xionllos. O mar, o vento i-os tronos, coma se quixeran escoitar ledamente os ecos da cantiga fixeron un silenzo. O vello i-outísimo penedo fíxose un facho aceso que alumeou o mar. Finóu a treboada tráxica. As mulleres viron as barcas peixeiras navegar cara ó porto impulsadas por un lixeiro sotavento. Os mariñeiros, en troques, viron outra cousa. Viron a vella roca trasformada en forma de muller, estendendo os brazos ao mar n’un tenro ademán de bendizoar, envolta nunha aureola lumiosa.

NOSA SEÑORA DA ROCA

(Lenda)

A xeito de atalaya xigante ollando pr’o mar onde viven seus

devotos, érguese no curuto do outísimo penedo, a imáxen pédrea

de Nosa Señora da Roca. Ten por capela toda a eistensión do mar

azul n’un belido recuncho da costa galega, i-as terras verdecentes e

mimosas da ribeira sen igoal, sempre frolecidas. Ten por mantelo

o ceo estrelecido, e ten un altar sempre alumeado pol-as fachas do

máis sinxelo amor, en cada corazón de cada mariñeiro da bisbarra.

Cando as barcas peixeiras pasan cabo d’ela, os homes quitan

a pucha reverentes, i-os rapaces fan a sinal da cruz, namentras os

remos deixan de choupar metidos de couce nos estrobos da bancada.

A primeira vés qu’eu fun a o mar e pasei por diante da imáxen de

pedra, aínda sen saber do que se trataba, santigüéime tamén, coma

se alguén mo mandase.

O tío Traíñas o mais velliño dos meus compañeiros, e cecais

o mais vello peixeiro da comarca, contóume a hestoria d’a milagreira

Virxen mariñeira; unha hestoria vella herdada de séculos, trasmitida

dos abôs aos netos como unha sagra obriga.

Foi unha noite de treboada arrepiante. Os peixeiros das

aldeias ribeiráns saíran todos en percura do pan pr’os seus fogares e

alonxáranse mar afora porque na costa facía moito tempo que non

se vira peixe d’ollos. A posta da lúa, na hora de pleamar, aparesceron

no ceo mouros nubarróns. O con de Coitelada escomenzou a

bruar ceibando agoiros de traxedia. O bourar dos tronos crebóu de

súpeto o silenzo maxestoso da noite i-os lóstregos alumearon o mar,

como se quixeran amostrar aos homes o camiño do outro mundo.

Descargóuse a temida nordesía. Embravecéuse o mar facéndose

mareira. As barcas sen goberno voavan nas ás do huracán cara a

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!