ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ... ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
29.10.2013 Views

O SEÑOR DE TRASALBA Conoscimos persoalmente a Ramón Otero Pedrayo, no mes de agosto do ano 1926, dous días despois de ter conoscido tamén a Castelao. Facíamos por daquela un viaxe a Galicia, despois de dazasete anos de ausencia da Patria, botados en América. Pero xa moito denantes, sabíamos da obra, da persoalidade e do esprito das duas figuras máis esgrevias da Nosa Galeguidade, Castelao era soio e simpremente Castelao, namentras que Ramón Otero Pedrayo era “O señor de Trasalba”. En certidume i en verdade, un gran señor da Cultura, da Verba e do Pensamento dunha terra opulenta en tales dóns e bens impoderábeles doados dereitamente pola gracia do seu Creador. Dende aquela ficamos cautivos pra sempre da sua señorial presencia, dos seus decires alados, e dos seus fondos pensamentos; e deixamos de esguello a sua condición maxisterial de Profesor, para ademirar a súa índole de home e de humanista. Máis tarde cando limos a sua belida “Historia de la Cultura Gallega”, a sua “Guía de Galicia”, e outros textos saídos da sua fecunda pluma, pensamos nun lexítimo herdeiro dos Francisco Sánchez, dos Feixóo, e dos Sarmiento, precursores da renascencia do ser sustantivo i eterno, no tempo e no espacio da nosa Patria abenzoada. *** Cinco anos despois, no 1931, Otero Pedrayo, Castelao, Antón Villar Ponte e quen escribe estas liñas, atopámonos outra vez en Madrid, como persoeiros de Galicia nas Cortes Constituíntes da Repúbrica Española. Nós, que conoscimos a Otero Pedrayo, historiador e xeógrafo, como comentarista de Humanidades crásicas, como novelista, poeta e autor dramático, como católico ouservante

110 Ramón Suárez Picallo amigo de Prisciliano, como tradutor de Goethe, e como primeiro tradutor, na Península Ibérica, do “Ulises” de James Joyce, non sospeitábamos que, ademáis de todo eso, o señor de Trasalba, levaba dentro de sí unha viva vocación política, entendendo a Política ó nobre xeito de Aristóteles; un político repubricano, católico e federal, firmante, xunto con galegos, vascos e cataláns en primeiro termo, da primeira enmenda constitucioal que discutiron aquelas cortes memorábeles: “España es una república federal”. Un político de estilo europeo convivente e tolerante, disposto a desvivirse polo seu dereito de crer e polo dereito dos demáis a non crer, ou a crer con diferente fe da sua fe. Faríanos falla escribir un libro, somentes coas anécdotas de Otero Pedrayo, durante a sua tempada de político galego residente en Madrid. Dende aquela dona, estristecida i enloitada, que pasaba por bisneta dun “gran repúblico”, que o visitaba unha vez por semán, levándolle cen pesetas por visita; deica o pillabán con traza de paragüeiro ou de afiador de San Miguel do Campo que tiña que voltar a Terra, por mor de unha terríbel enfermedade da súa nai... i él sempre gran señor de mans abertas, servindo de pano de bágoas a cantos se lle arrechegaban por fas ou por nefas. Fraternalmente amigo de poetas, de escritores, de pintores e de tolos maravillosos; mestre paternal dos seus alunos, naquil Ourense prócer, sempre fidel as tradicións máis belidas da lingua, de esprito e da Cultura de Galicia, cecáis sexa hoxe un dos poucos homes de aituación e siñificación púbricas, de toda a nosa Terra, que non ten nemigos, nin antre mouros nin antre cristiáns. Tamaña xerarquía moral, concédenlla de consún a sua sabidencia, a sua limpa historia púbrica e privada; e por sobor de todo, a sua índole de cabaleiro do esprito e de home de ben a carta cabal. Bos Aires. Opinión Gallega, xuño-xullo de 1959.

110 Ramón Suárez Picallo

amigo de Prisciliano, como tradutor de Goethe, e como primeiro

tradutor, na Península Ibérica, do “Ulises” de James Joyce, non

sospeitábamos que, ademáis de todo eso, o señor de Trasalba,

levaba dentro de sí unha viva vocación política, entendendo a

Política ó nobre xeito de Aristóteles; un político repubricano,

católico e federal, firmante, xunto con galegos, vascos e cataláns en

primeiro termo, da primeira enmenda constitucioal que discutiron

aquelas cortes memorábeles:

“España es una república federal”. Un político de estilo

europeo convivente e tolerante, disposto a desvivirse polo seu

dereito de crer e polo dereito dos demáis a non crer, ou a crer con

diferente fe da sua fe.

Faríanos falla escribir un libro, somentes coas anécdotas de

Otero Pedrayo, durante a sua tempada de político galego residente

en Madrid. Dende aquela dona, estristecida i enloitada, que pasaba

por bisneta dun “gran repúblico”, que o visitaba unha vez por

semán, levándolle cen pesetas por visita; deica o pillabán con traza

de paragüeiro ou de afiador de San Miguel do Campo que tiña que

voltar a Terra, por mor de unha terríbel enfermedade da súa nai... i

él sempre gran señor de mans abertas, servindo de pano de bágoas

a cantos se lle arrechegaban por fas ou por nefas.

Fraternalmente amigo de poetas, de escritores, de pintores

e de tolos maravillosos; mestre paternal dos seus alunos, naquil

Ourense prócer, sempre fidel as tradicións máis belidas da lingua,

de esprito e da Cultura de Galicia, cecáis sexa hoxe un dos poucos

homes de aituación e siñificación púbricas, de toda a nosa Terra,

que non ten nemigos, nin antre mouros nin antre cristiáns. Tamaña

xerarquía moral, concédenlla de consún a sua sabidencia, a sua

limpa historia púbrica e privada; e por sobor de todo, a sua índole

de cabaleiro do esprito e de home de ben a carta cabal.

Bos Aires. Opinión Gallega, xuño-xullo de 1959.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!