ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ... ramón suárez picallo escolma de textos en galego - Consello da ...

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
29.10.2013 Views

ORACION PRA CASTELAO… Dita por Ramón Suárez Picallo o 7 de xaneiro de 1960, ós des anos de seu pasamento, no Centro Gallego de Buenos Aires e no lugar do seu velatorio. En terra allea, como se fora un pelegrino. En casa amiga, arrodeado de xentes fraternas e devotas, coma si fora un Profeta ou un Patriarca bíblico, tivo pasamento eiquí, nesta casa, e sobor deste teito acolledor, o noso Castelao, fai hoxe, a ista mesma hora des anos xustos. Os médicos ilustres que o trataron, dianosticadores das doenzas do corpo carna, deran, facía xa tempo, seu ditame: Castelao estaba afeitado dun mal físico que non perdoa. Que mata irremediabelemente. Mais os poetas, que adoitan pescudar nas doenzas do esprito, deron tamén o seu dianóstico, por boca do seu Mestre maor, Ramón Cabanillas, morto tamén fai poucos días, nun poema que formula unha pregunta e da unha resposta: “¿De que mal morreu a nosa prenda?” “Morreo de amor a Terra”. Si, irmáns, deso morreu a nosa prenda. Do que fora amor dos seus amores. Sustancia e consustancia da sua vida imorredoira. Ispiración e hálito do seu xenio de artista, ilusión i esperanza da sua emoción e da sua vocación de guieiro, de conductor e de redentor do seu pobo e da sua nación, en trance de renacer e de recrear a sua persoalidade política, histórica, espritual e cultural. Si, deso e por eso morreu Castelao. Dunha lonxanía de Galicia no tempo e no espacio, carne do seu corpo e pulso do seu esprito.

108 Ramón Suárez Picallo E nós seus irmáns e seus amigos, que cremos firmemente nunha vida perenne alén da morte física, invocámolo i evocámolo hoxe, por sí, en esprito, quer estar xunta nós, a nosa veira, esta noite da sua lembranza. Invocámolo en omnipresencia. Na presencia da sua fe, da sua espranza, e do seu outísimo nos outos destinos da Patria, asoballada, tronzada pola traición a sua traieitoria histórica. Invocámolo os que fomos seus compañeiros e camiños. Polos camiños da angustia e da agonía nos intres tremendos da desespranza e do desconsolo. E até polos camiños áridos e poirentos do eisilio e do desterro. E con nós, invocádelo vós, galegos da emigración, que sabedes dos seus traballos, do seu vivir, e do seu desvivirse por darlle contido sólido, concencia patriótica e política, ós vosos traballos a prol da galeguidade. Que dialogástedes con él encol de probremas exenciaes de Galicia. E que gozástedes da gracia da sua verba socarrona contando anéidotas todas con fío e punta. Que o arrodeástedes no seu mal incurabel, e que erguéstedes eiquí, niste mesmo lugar, a capela pro seu velatorio, como se vela un santo, un héroi ou mártir. Evocámolo e lembrámolo todos nós, para que a sua lembranza siga alumeando e ispirando os nosos esforzos e os nosos traballos a prol das suas deidades, da sua emoción máisima e permanente: Galicia e a sua libertade. Até que a Patria libre poida acollelo no seu seo como fillo, fidelísimo e dileito, cando él volva polo mar, cubrindo singladuras de emoción baixo as Galaxias tremelucentes do firmamento. *** Esprito lumioso de Castelao, o sempre ben amado de Galicia e dos galegos, que estás entre nós, a nosa veira, esta noite: Eiquí quedan pra ti pra tua lembranza istas verbas a xeito de oración. Ou, si ti queres, a xeito de doce e mainiña choiva que regue e fecunde o xardín onde frolecerán, no seu día, as tuas ilusións, as tuas espranzas, os teus esforzos todos, nunha amañecida auroral de nosa Patria Galega. ¡Así sexa! Bos Aires. Opinión Gallega, febreiro de 1960.

108 Ramón Suárez Picallo

E nós seus irmáns e seus amigos, que cremos firmemente

nunha vida perenne alén da morte física, invocámolo i evocámolo

hoxe, por sí, en esprito, quer estar xunta nós, a nosa veira, esta noite

da sua lembranza. Invocámolo en omnipresencia. Na presencia da sua

fe, da sua espranza, e do seu outísimo nos outos destinos da Patria,

asoballada, tronzada pola traición a sua traieitoria histórica.

Invocámolo os que fomos seus compañeiros e camiños.

Polos camiños da angustia e da agonía nos intres tremendos da

desespranza e do desconsolo. E até polos camiños áridos e poirentos

do eisilio e do desterro.

E con nós, invocádelo vós, galegos da emigración, que sabedes

dos seus traballos, do seu vivir, e do seu desvivirse por darlle contido

sólido, concencia patriótica e política, ós vosos traballos a prol da

galeguidade. Que dialogástedes con él encol de probremas exenciaes

de Galicia. E que gozástedes da gracia da sua verba socarrona

contando anéidotas todas con fío e punta. Que o arrodeástedes no seu

mal incurabel, e que erguéstedes eiquí, niste mesmo lugar, a capela

pro seu velatorio, como se vela un santo, un héroi ou mártir.

Evocámolo e lembrámolo todos nós, para que a sua

lembranza siga alumeando e ispirando os nosos esforzos e os nosos

traballos a prol das suas deidades, da sua emoción máisima e

permanente: Galicia e a sua libertade. Até que a Patria libre poida

acollelo no seu seo como fillo, fidelísimo e dileito, cando él volva

polo mar, cubrindo singladuras de emoción baixo as Galaxias

tremelucentes do firmamento.

Esprito lumioso de Castelao, o sempre ben amado de Galicia

e dos galegos, que estás entre nós, a nosa veira, esta noite: Eiquí

quedan pra ti pra tua lembranza istas verbas a xeito de oración.

Ou, si ti queres, a xeito de doce e mainiña choiva que regue

e fecunde o xardín onde frolecerán, no seu día, as tuas ilusións, as

tuas espranzas, os teus esforzos todos, nunha amañecida auroral de

nosa Patria Galega. ¡Así sexa!

Bos Aires. Opinión Gallega, febreiro de 1960.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!