25.10.2013 Views

LINDEIROS 0004.pdf

número 4 do xornal Lindeiros, xornal gratuito que se edita e distribue para a bisbarra de Compostel

número 4 do xornal Lindeiros, xornal gratuito que se edita e distribue para a bisbarra de Compostel

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

22

setembro 2013

Lindeiros

Brión acolle o 22 a XXXI Festa do cabalo

O ano pasado participaron máis de 300 xinetes entre a ruta cabalar e as probas

É a festa do cabalo por excelencia,

31 anos convertérona

na cita ineludible para os

amantes do mundo equino.

Celebrarase o próximo día 22

e como sempre será nos montes

de Raña Longa, alí terán

lugar as actividades e de alí

partirá a tradicional ruta cabalar.

A ruta sairá as dez da

Un dos momentos da Festa do Cabalo 2012

Foto: Concello de Brión

mañá para percorrer as marxes

do Tambre, será o inicio

dunha xornada cargada de

actos; a ruta conta co aliciente,

ademais do de gozar dun

percorrido único, da entrega

de trofeos ao xinete máis veterano

e ao máis novo.

Pero a Festa do Cabalo distínguese

por un programa

de actividades do que gozan

tanto os que as contemplan

como os que participan nelas;

no 2012 a estrela da xornada

foi a embretada de xovencas,

na que unha decena de equipos

da comarca de Santiago,

formados por tres xinetes, tiñan

que conseguir meter no

curral ás tres vacas que levaban

o lazo da mesma cor;

os gañadores foron o equipo

de Macedos (Urdilde-Rois),

que completaron a proba en

1 minuto e 31 segundos. A

tan só 5 segundos quedaron

os locais do Curro da Graña

(Brión) e a 10 segundos os

Cabaleiros do Sar (Santiago).

Este ano as probas comezan

o mediodía coa de arrastre.

As dúas da tarde o protagonismo

terao a comida, os ha-

bituais postos de polbo á feira

encheranse de visitantes, os

participantes terán unha zona

acotada para eles.. Tras o descanso

chegará o momento do

resto de probas; carreiras nas

que as distintas razas competirán

por coñecer o mellor en

cada unha delas, saltos a distintas

alturas, ou unha exhibición

de doma son algunha

delas pero sen dúbida as máis

esperadas polo público son as

dúas últimas: a carreira de

burros e a rapa dás bestas .

A xornada terminará coa

entrega de trofeos aos equipos

e xinetes participantes. A

organización espera superar a

cifra de 300 xinetes anotados

no 2012, as inscricións poderán

realizarse no propio lugar

desde primeira hora da mañá

Fonte: Concello de Brión,

Asociación Festa do Cabalo

de Brión, Lindeiros.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!