28.09.2013 Views

MAIS APUNTES 29

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

apuntes

MÁISmaio 29 parcial de Extensión Universitaria da Universidade de Vigo

Universida de Vigo

Vidal Bolaño

Exposicións

Premios

Aula de teatro

Fisioterapia en

Pontevedra

Parapente

Cursos de verán

Bolsas…

SIOPE

Edificio Miralles, Campus de Vigo

Tfno.: 986 813 630

siope@uvigo.es

2

3 4 EDITORIAL

VAN FESTEXAR 5

6 VAN CREAR

VAN AMOSAR 7

9 VAN ...

CUM LAUDE 10

12 FACER COUSAS

14 UNIXOGA

ESTÉNDETE 19

22 FÓRA DO CAMPUS

SÉ BREVE 24

26 RADIOGRAFÍATE

EDITA: Extensión Universitaria FAI ESTA REVISTA: Binomio, axencia de comunicación

COORDINACIÓN E REDACCIÓN: Ana B. Gómez MAQUETACIÓN: Gerardo Fuentes FOTOGRAFÍA:

Marcos Canosa, Duvi e arquivo IMPRIME: Lasa DEPÓSITO LEGAL: VG-428-2006

Universida de Vigo

Extensión

Universitaria

EDITORIAL

Fin de curso, comezo doutras actividades

A piques de rematar o curso, quédanos desexarvos uns bos resultados académicos

e boas vacacións pero, tamén, animarvos a aproveitar os meses de

verán realizando os cursos que ofrece a Universidade de Vigo nos tres campus,

de xuño a setembro. Animarvos tamén a que, se neste curso non practicastes

deporte, vos apuntedes a partir de setembro ás moitas formas e

actividades que tendes á vosa disposición no Servizo de Deportes da

Universidade de Vigo ou que formedes parte da corrente de voluntariado de

esta universidade ou da súa vida cultural e artística, como o fan as persoas

integrantes das aulas de teatro universitarias.

Nestas páxinas tamén homenaxeamos as nosas letras, non só lembrando a

figura de Roberto Vidal Bolaño, o autor protagonista do 17 de maio, senón

tamén á de Rosalía de Castro, cando se cumpren 150 anos da publicación de

Cantares gallegos.

En resumo, feliz Día das Letras Galegas e feliz verán!

MÁIS apuntes

4

5

VAN festexar

Quen é Roberto Vidal Bolaño?

É o autor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Polo tanto, unha

ocasión perfecta para coñecer a súa obra. O Centro Dramático Galego dedicaralle

as actividades deste ano a este autor. O 18 de maio proxectarase no

CGAI (A Coruña) unha película de Gustavo Balza sobre unha obra de Bolaño

e editaranse as obras completas do dramaturgo. Tamén haberá unha exposición

itinerante que percorrerá Galicia entre maio e decembro. Ademais,

será o centro de atención dos lectorados de galego existentes en 38 universidades

de fóra da comunidade.

A pegada de Vidal Bolaño atoparala...

En que unha gran maioría dos teatros en Galicia levan o seu nome, mesmo

o da Universidade de Vigo.

As súas últimas actuacións foron en Teatro do Aquí.

As súas obras mesturan o realismo, o simbolismo, o surrealismo e o expresionismo.

Gañou un Max por Criaturas, a obra que forma parte da súa coñecida triloxía

(as outras dúas son Anxeliños e Animaliños.

Actuou na serie da TVG Mareas Vivas.

VAN

crear

E as persoas

gañadoras son…

A Área de Normalización Lingüística da

Universidade de Vigo entregará o vindeiro

22 de maio os seus premios de poesía,

relato curto e tradución literaria.

Consulta todos os detalles

desta convocatoria en:

http://anl.uvigo.es/

Recordatorio: o 21 de xuño remata

o prazo dos concursos de 2013

Lembra que tes de prazo ata o 21 de xuño para presentar a túa proposta

aos Premios de Extensión Universitaria nas súas catro categorías:

creación audiovisual, fotografía, pintura e maquetas de música.

Máis información en:

extensión.uvigo.es

Tfno.: 986 813 603

100 anos da Xeración Nós

+ 50 anos do Día das Letras

Para conmemoralo, actuación do Coro

Universitario de Vigo, o vindeiro 17 de

maio, ás 13.00 h no Liceo de Ourense.

Para os tres campus

6

7

VAN amosar

Afinidades selectivas 6: da aula á exposición

Exposición colectiva en que catro docentes de Belas Artes buscan afinidades

con discentes que pasaron polas súas aulas. O resultado poderás

velo na Casa Galega da Cultura de Vigo. Verás que fóra da clase non hai

diferenza de grao, só artistas.

Docentes + estudantes:

Berta Cáccamo + Mar Vicente

Chelo Matesanz + Natalia Umpierrez

X. M. Buxán + Álex Mene

Yolanda Herranz + Basilisa Fiestras

Comisaria: Almudena Fernández Fariña

Alumnas e alumnos de Pontevedra en Vigo

Axudando as futuras artistas

Xuño e xullo

Casa Galega da Cultura

Praza da Princesa, núm. 2

Vigo

Terceira edición do Proxecto de visibilización

das obras artísticas das alumnas de Belas

Artes e Ciencias Sociais

A Unidade de Igualdade da Universidade

organiza a terceira edición do Proxecto de

visibilización das obras artísticas das alumnas

da Facultade de Belas Artes e de Ciencias

Sociais e da Comunicación. Se estás en 4º, tes

de prazo ata o 15 de xuño. Só tes que presentar

un máximo de catro imaxes das túas

obras e envialo á Facultade de Belas Artes ou

depositalo na consarxaría do centro.

Ex-alumnado de Belas Artes en Porto

Porto, unha das cidades con maior

movemento artístico, acolle unha

exposición na que participan tres

ex–alumnas e alumnos de Belas

Artes. Trátase de Antía Cea García,

Cillas Seyde e José Navas Aranda.

A mostra, impulsada polo Colectivo

de Artistas e Curadores de Porto

chámase Vaga e fala da vida e do

tempo. Aproveita para visitala se

viaxas a Porto.

Ata o 9 de xuño

Edif. AXA

Av. dos Aliados, 211 Porto

Un dorsal a cambio da túa solidariedade

I Carreira Urbana de Orientación Solidaria na zona vella de Ourense

O Campus de Ourense organiza o 25 de maio a I Carreira Urbana de

Orientación Solidaria na zona vella de Ourense. Para participar terás que

entregar produtos non perecedoiros ou de hixiene que serán doados ao Banco

de Alimentos e á Cruz Vermella.

Haberá unha proba chamada “Correliña” para rapaces e rapazas de 3 a 10

anos acompañados dunha persoa adulta, e outras dúas máis para maiores,

unha curta e outra literaria, polo roteiro da obra A esmorga, de Blanco Amor.

O prazo da inscrición está aberto ata o martes 21 de maio, e podes facelo no

teléfono 988 38 71 92 ou no enderezo depor-ou@uvigo.es.

25 de maio / 9.00 horas

Praza Maior de Ourense

8

9

Exames: controla eses nervios

O Gabinete Psicopedagóxico da Universidade de Vigo axúdache a controlar

a ansiedade o os nervios na época de exames. A ansiedade pode

manifestarse con pulso acelerado, suor, sensación de falta de aire, dor

de cabeza… Neste obradoiro apréndense sinxelas técnicas de relaxación.

Desenvolverase do 28 ao 30 de maio na sala do edificio Miralles.

Canto: 4,5 euros para estudantes en xeral e 3 euros para bolseiros do

MECD ou doutra bolsa por motivos económicos.

Para quen: impartido polo Gabinete Psicopedagóxico no Campus de

Vigo, está dirixido a estudantes matriculados nos tres campus.

Para os tres campus

VAN...

Alicerces educativos máis igualitarios

A Universidade de Vigo vén de pór en marcha o

I Premio de creación de materiais e recursos

docentes con perspectiva de xénero, co fin de

incentivar os valores igualitarios e contribuír á

excelencia docente. Como exemplo para levar

a cabo este premio, a Universidade fixouse no

traballo de Antonia Ferrín Moreiras, considerada

a primeira astrónoma de Galicia.

Este premio permitirá seguir a traballar na

igualdade, neste caso no relativo aos materiais

empregados nas clases, tanto presenciais

como virtuais.

Podes consultar todo o Plan de igualdade

entre mulleres e homes na web da

Universidade de Vigo.

Para os tres campus

CUMlaude

Sobe o pano: aparece a aula de teatro da

Universidade de Vigo

Este ano, que o Día das Letras Galegas está dedicado a

Roberto Vidal Bolaño, miramos cara ao teatro universitario. A

aula de teatro da Universidade de Vigo acaba de cumprir 15

anos. Nesta década e media pasaron por esta compañía de

aprendices máis de cen estudantes.

10

11

Pepa Barreiro leva máis de dez anos dirixindo a aula de teatro da Universidade

de Vigo e coñece ben os motivos que impulsan cada ano o estudantado a participar

nesta aventura: «Algúns mozos e mozas que se deciden a formar parte

deste espazo fano polos créditos pero, a verdade, que estes son os menos.

Quen se animan a participar nunha montaxe é porque queren superarse, vencer

a timidez ou o medo a falaren en público». Segundo Barreiro: «O certo é

que o resultado é aínda mellor do esperado: cando están dentro, cando

ensaian e logo representan unha obra, aprenden a coñecer mellor, a descubriren

o seu corpo, a seren máis xenerosos cos demais, a concentrarse e,

aínda que pareza raro, a mellorar o seu galego».

A maioría do alumnado que pasou pola aula de teatro da Universidade de Vigo

nestes anos continuou nela ata que rematou os seus estudos. Quen estiveron

varios cursos seguidos, animáronse logo a facer Arte Dramática ou continuaron

en grupos independentes como afeccionados.

Agora neste curso que remata forman parte da aula Salvador García, Rodrigo

Rodríguez, Iria Aldomar, Cándido Paniagua e Paula Costa.

A última posta en escena da aula de teatro da Universidade de Vigo foi na

Mostra Internacional de Teatro Universitario (Miteu) con Propietarios, unha

obra baseada en Animaliños de Vidal Bolaño. O esforzo viuse recompensado

co aplauso do público no teatro do campus vigués, en Ourense e na Coruña.

FACER

cousas

Fai prácticas da túa titulación en ONG

Achégate á área de servizos á comunidade do teu campus

ou contacta coa Sección de Información, Orientación e

Promoción do Estudante (SIOPE), e pasa a formar parte da

listaxe de membros do voluntariado profesionalizante.

Conseguirás axudar e, ao mesmo tempo, facer prácticas

acordes coa túa titulación. Só tes que especificar cal é a

carreira que cursas e grazas aos teus coñecementos poderás

axudar como persoa voluntaria.

12

13

A SIOPE tamén se encarga de buscar un voluntariado concreto para calquera

necesidade dunha ONG. «Por exemplo—conta Carmen Álvarez da

SIOPE— hai pouco pedíronme algunha persoa experta en facer currículos

para a xente que busca traballo e buscamos a alguén con coñecementos

en relacións laborais. Outra vez necesitabamos alguén experto

en informática, así que buscamos entre as enxeñeiras e os enxeñeiros. O

estudantado colabora encantado porque, realmente, traballan como

voluntarias e voluntarios en tarefas que desenvolverían na súa vida profesional.

Para elas e eles é unha experiencia que amplía os seus coñecementos».

Se queres formar parte do voluntariado profesionalizante, envía un

correo electrónico ao enderezo: voluntariado@uvigo.es

Para os tres campus

UNI

Altos voos

xoga

O programa Delecer do Servizo de Deportes proponche voar

coas súas tres principais actividades: pontismo, paracaidismo

e parapente.

PONTISMO

Lugar: río Miño (Arbo)

Saídas: 25 de maio (inscrición ata o

día 16 de maio) e 1 de xuño (inscrición

ata o día 30 maio)

Prezos: 21€ (universitarios/as); 30 €

(non universitarios/as); 23 € (tarxeta

deportiva universitaria)

PARACAIDISMO

Lugar: aeródromo de Palmeira-

Braga (Portugal)

Saídas: 25 de maio e 26 de maio (inscrición

ata o día 16 de maio), 8 e 9 de

xuño (inscrición ata o día 30 de maio)

Prezos: 153 € (universitarios/as);

185 € (non universitarios/as); 170 €

(tarxeta deportiva universitaria)

www.deportes.uvigo.es.

PARAPENTE

Lugar: Santa María de Oia

Saídas: 1 ou 2 de xuño (inscrición ata

o día 23 de maio) e 8 ou 9 de xuño (inscrición

ata o día 30 maio)

Prezos: 31 € (universitarios/as); 42 €

(non universitarios/as); 35 € (tarxeta

deportiva universitaria)

Para os tres campus

14

15

O Campus de Pontevedra xa ten fisioterapia

Desde o pasado 17 de abril, o Campus de Pontevedra xa

ten servizo de fisioterapia. Axudarache a recuperarte das

lesións ou a previr e a tratar a dor de costas.

Lugar: Escola de Enxeñaría Forestal

Data: mércores de 13.00 a 16.00 horas

Prezo: 18 euros por sesión (comunidade universitaria) e 15 euros (tarxeta

deportiva universitaria e persoas federadas no Club Deportivo

Universidade de Vigo)

Contacto: depor-po@uvigo.es / 986 802 080

Para os tres campus

O que che ofrece o Servizo de Deportes

Anótate en setembro a algunha actividade ou programa. Tes moitas

opcións:

Actividades de práctica libre

Actividades dirixidas con monitor ou monitora

Competicións (ligas universitarias, campionatos internos,

campionatos universitarios galegos ou españois…)

Deporte e saúde (véxase a páxina 16)

Axudas e bolsas

Máis información:

Ourense: 988 368 926; depor-ou@uvigo.es

Pontevedra: 098 802 088; depor-po@uvigo.es

Vigo: 986 812 182; deportes@uvigo.es

Para os tres campus

www.deportes.uvigo.es.

16

17

Deporte e saúde á carta

O Servizo de Deportes da Universidade de Vigo conta cunha unidade específica

de deporte e saúde, o que significa que se queres recibir asesoramento

persoal está á túa disposición nos tres campus. A consulta máis demandada

é a de exercicio físico personalizado en que as usuarias e os usuarios piden

consello para iniciarse na práctica deportiva ou para que un/unha profesional

avalíe a súa condición física xeral. En terceiro lugar, a perda de peso é a

consulta máis demandada.

Tamén a Unidade de Medicina Deportiva é un servizo á disposición da comunidade

universitaria dos tres campus que recibe moitas consultas. Moitas

delas son para revisar o programa Ponte en forma, no cal podes ter desde

un seguimento personalizado dos teus logros no terreo deportivo, a unha

revisión básica de deportistas da Universidade de Vigo, ou ben consultas por

lesión. O servizo de fisioterapia, desde o mes de abril nos tres campus,

segue a ser un dos máis demandados, xa que Pontevedra acaba de estrear

este servizo.

Éxito da International Administrative

and Teaching Staff Trainning Week

Os Campus de Vigo e Pontevedra acolleron un encontro para debater a promoción

da atividade física. Participaron 56 representantes de universidade

de 18 países.

Ponte en forma: matrícula aberta en setembro

Se es dos que precisan un orientador/a deportivo persoal, proba coa tarxeta

deportiva Ponte en forma. Con esta tarxeta, no primeiro cuadrimestre do próximo

curso, terás un plan persoal axustado ás túas capacidades.

Para quen é:

Persoas sen experiencia na actividade física xeral

Persoas con algún tipo de enfermidade que precisen asesoramento

Persoas con baixa adherencia ao exercicio físico

Posibilidade de obter dous créditos de libre elección ou un crédito

Prezos das tarxetas deportivas universitarias (TDU)

TDU Básica: 60 €

TDU Aqua e TDU Dirixidas: 91 €

TDU Dobre: 116 €

Ponte en forma + CGTD: 75 €

Para os tres campus

Máis información:

Pontevedra: pontenforma-po@uvigo.es

Ourense: pontenforma@uvigo.es

Vigo: saudeportes@uvigo.es

18

19

CURSOS

DE VERÁN

ESTÉNDETE

Anótate nun dos cursos de verán da Universidade de Vigo.

Danche a oportunidade de profundar no patrimonio do

Bierzo, no termalismo, no emprendemento social ou na

seguridade informática. Bótalle unha ollada á oferta de

cursos de xuño a setembro.

CAMPUS DE VIGO

Consulta os cursos do Campus de Pontevedra:

http://campuspontevedra.uvigo.es/

OUTROS:

Título Inscrición Datas Lugar Taxas

Xestión de explotacións

acuícolas (ámbito científico)

Enfrontarse a urxencias

cardiovasculares

(ámbito científico)

Primeiros auxilios

(ámbito didáctico)

Buscando a

seguridade informática

(ámbito técnico)

Patrimonio natural e

cultural do Bierzo (III).

Problemas e solucións

(ámbito cultural)

Termalismo e

química: innovación

en productos termais

(ámbito social)

Termalismo e química:

innovación en productos

termais (ámbito social)

Un mundo desigual:

retos e perspectivas

Ata o 17

de xuño

Ata o 5

de xullo

Ata o 13

de setembro

Ata o 31

de maio

Ato o 2

de xullo

Ata o 17

de xuño

Ata o 16 de

setembro

Ata o 24 de

maio

Do 27 de xuño

ao 3 de xullo

Do 15 ao

24 de xullo

Do 23 ao 27

de setembro

Do 10 ao 13

de xuño

Do 12 ao 14

de xullo

Do 25 ao 28

de xuño

Do 24 ao 27

de setembro

Do 3 ao 6

de xuño

XV Simposio Internacional sobre o Prácticum e as

Prácticas en Empresas na Formación Universitaria

Lugar: Mosteiro de Poio (Pontevedra)

Data: do 26 ao 28 de xuño

Matrícula con desconto ata o 26 de maio

Salón de actos da

Ecimat (Estación de Ciencias

Marítimas de Toralla)

Hospital Meixoeiro (Vigo)

20

45

euros

60

euros

Ciencias do Mar 85

euros

Aula seminario IPF

do edificio de Fundición

Vilafranca do Bierzo (León)

entre a sede do Museo de CC

Naturais e Etnográfico, a Casa

da Cultura e o Teatro

Vilafranquino.

Centro Termal (O Carballiño),

balneario de Guitriz, Balneario

de Augas Santas e balneario

de Lobios.

Facultade de Ciencias

Económicas e Empresariais

68

euros

50

euros

80

euros

20

euros

Sala I do edificio Miralles 40

euros

21

Para os tres campus

CAMPUS DE OURENSE

Título Datas Taxas Lugar celebración

Comunicación: eixo

fundamental do acto didáctico

Innovación aplicada á empresa 15 a19 xullo 120

O meu negocio e a rede 25 a 27 xuño 120

Valoras o teu patrimonio?

Modelos de xestión patrimonial

no Noroeste peninsular

Cata de viños,

augardentes e licores

Fiscalidade sobre a renda das

personas físicas e sociedades:

teoría, práctica e ferramentas

informáticas

II xornadas sobre

biomasa, unha fonte

inagotable de posibilidades

X curso audiovisual galego:

presente cambiante e

alternativas de futuro)

16 setembro

ao 3 outubro 30 Aula 3.1 Edificio de Ferrro

9 a 12 xullo

60

3 a 7 xuño 60

8,9,10,11,12

e 15 de xullo

30

15 a 18 xullo 30

18 a 19

de xullo 60

Salón de grados da

Fac. de CC.EE. e Turismo

Salón Marie Curies

do Edificio Politécnico

Sala Emilia Pardo Bazán do Edificio

de Facultades, Sala de conferencias

do Centro de Interpretación Vía

Nova (Porto Quintela-Bande), Sala

de conferencias da Casa da Cultura

do Concello de Sandiás, Sala de

Conferencias do Fogar do Maior

do Concello de Allariz

Salon de graos do Edificio

de Facultades e Laboratorio

de Ciencias Pavillón

Concepción Ramón Amat

Salón de graos e Laboratorio

de informática 0.1 do

Edificio Xurídico Empresarial

Salón Graos do Edif. Politécnico,

Laboratorio de docencia

de Enxeñaría Química e

Laboratorio de Investigación

de Enxeñaría Química

Auditorio Municipal

Ilduara de Celanova

Educación ambiental e

responsabilidade social 17 a 19 xuño 60 Casa da Cultura e

Albergue de Muíños

Deporte, empresa e sociedade:

leccións “De cine”

Planificación, estratexias e

comportamento fiscal do contribuínte

12,13, 25, 26 e

27 setembro

16,17,18,19, 20

e 23 setembro

50

30

Salón de Graos Fac. Ciencias

Empresariais e Turismo

Salón de graos Edificio

Xurídico empresarial

FÓRA DO

Rosalía desde todas as formas posibles

150 anos de

“Cantares Gallegos”

campus

22

23

GOZA DAS PROPOSTAS QUE CHE

OFRECE O ANO DE ROSALÍA

Con motivo do 150 aniversario da publicación en

Vigo de Cantares gallegos, este ano Rosalía de

Castro é unha das protagonistas da axenda cultural

galega. Propoñémosche dúas xornadas para

coñecela un pouco mellor:

1.Exposición «No principio foi o verso. Rosalía de

Castro»

Documentos singulares, fotografías, obxectos,

mobles, obras de arte e montaxes audiovisuais.

Está situada na Fundación Barrié de la Maza, en

Vigo, e ocupa dúas salas cun total de oito espazos.

Fundación Barrié de la Maza

Policarpo Sanz, núm. 31, Vigo

2. Visita a Casa-Museo de Rosalía de Castro en Padrón

Se estiveches nela ao mellor é un bo momento para revisitala. E se nunca

estiveches nese lugar, non podes pasar máis tempo sen ir.

Horario: de 10.00 h a 13.00 h e de 16.00 h a 19.00 h,

excepto de xullo a setembro (de 10.00 h a 14.00 h e de 16.00 h a 20.00 h).

Os luns, domingos e festivos permanece pechado

de 10.00 h a 13.00 h.

Prezo: 2 €

Cita previa: 981 811 204 ou casamuseo@fundacionrosaliadecastro.es

ROSALÍA É MUNDIAL

Tamén podes recitar os versos de Rosalía noutras linguas mediante este proxecto

o cal pretende traducir ao máximo de linguas posibles dous dos poemas

máis coñecidos de Cantares gallegos: «Airiños, airiños aires» e «Adiós ríos,

adiós fontes».

http://rosaliadecastro.org/planeta-rosalia/

SÉ

breve

Axudas á investigación

en lingua galega

Axudas para a redacción e a defensa do uso

da lingua galega das teses de doutoramento,

das teses de licenciatura, dos traballos

tutelados de investigación de terceiro ciclo,

os traballo de fin de mestrado, os traballos

de fin de grao e os proxectos de fin de

carreira.

Pode acceder a estas axudas o alumnado

que realice durante 2013 a redacción e

defensa en galego dos traballos citados

anteriormente.

A contía das axudas distinguirase do

seguinte xeito, ata un máximo de:

- 600 euros para as teses de doutoramento.

- 150 euros para as teses de licenciatura

e os traballos de investigación tutelados

de terceiro ciclo.

- 100 euros para os traballos fin de mestrado,

traballos de fin de grao e proxectos

de fin de carreira.

As solicitudes, dirixidas ao reitor, presentaranse

ata o 30 de setembro de 2013 en calquera

dos rexistros da Universidade de

Vigo, sempre con posterioridade á lectura e

á defensa do traballo.

Para todas as persoas interesadas, a Área

de Normalización Lingüística ofrece apoio

para elaborar os traballos:

A) Servizo de consulta lingüística e terminoloxía.

B) Para quen xa comezase a redacción

noutra lingua diferente do galego, tradución

ao galego dun máximo de 20

folios.

Máis información:

http://anl.uvigo.es/ ou 986 813 574

Cursos de idiomas de verán

O Centro de Linguas da Universidade de Vigo

pon a disposición de todos os membros da

comunidade universitaria unha ampla oferta

de cursos para mellorar a competencia lingüística

nun idioma estranxeiro. Na actualidade

pódese aprender inglés, alemán, francés,

italiano, portugués, ruso, chinés, xaponés,

árabe, polaco, persa, ou incluso, linguaxe

de signos. Tamén ten cursos no

verán. Infórmate.

Información:

www.cdl.uvigo.es

ou 986 812 250

24

25

Premio de Novela Vargas Llosa

A Universidade de Murcia, en colaboración

coa Obra Social Caja Mediterráneo e

a Cátedra Vargas Llosa, organizan o

Premio de Novela Vargas Llosa dirixido a

todas as autoras e os autores españois ou

estranxeiros que envíen as súas obras en

castelán. As obras (de tema libre) deberán

ser inéditas e cada participante ten

dereito a remitir unha soa obra orixinal

xunto coa súa copia. O premio está dotado

con 12000 €.

Data límite de recepción de orixinais:

22 de xullo de 2013.

Máis información e ficha de inscrición

en: http://www.um.es/cultura

Cursos de portugués en Vigo no

Instituto Camões

O Instituto Camões organiza, en Vigo, cursos

de verán de portugués. Serán nos

meses de xuño e xullo. O primeiro deles,

nivel A2 iniciación, terá lugar do 3 ao 14 de

xuño e o prazo de inscrición remata o vindeiro

28 de maio. O segundo, que se celebrará

do 17 de xuño ao 1 de xullo, será

nivel B1 elemental, e o prazo de inscrición

remata o 12 de xuño. O horario destes cursos

será de 10.00 h a 12.00 h da mañá.

Máis info:

Instituto Camões

Praça Tenente Almeida, s/n

T. 986 430 370

SIOPE

siope@uvigo.es

RADIOGRAFÍATE

Alfonso Moreno: é unha pena que non se fixera

Fálame do teu

Alfonso Moreno está en cuarto curso de Publicidade e Relacións Públicas, no

Campus de Pontevedra. O que máis agradece dos servizos que ofrece a

Universidade son as instalacións deportivas. De feito, vai ao ximnasio do campus

tres ou catro veces por semana: «Estou no programa de adestramento do Servizo

de Deportes, Ponte en forma, e a verdade é que estou moi contento». Tamén participou

durante anos na liga de baloncesto universitario e nun equipo de fútbol:

«Creo que se chamaban Os satanases do inferno», engade.

Alfonso reivindica o ciclo Fálame do teu, un espazo que comezou hai tres anos

«e que trouxo a Pontevedra grandes creativos de publicidade. Este ano non se

fixo, é unha pena. Aprendiamos moito».

A Alfonso gústalle a vida universitaria. Fundou, xunto con outros tres compañeiros

de cuarto curso, unha júnior-empresa, unha fórmula que permite que hoxe

en día nove alumnos desta facultade traballen como unha axencia integral, con

clientes e facturación: «O que gañamos, reinvestímolo en formación ou na propia

Universidade». «Trátase da segunda empresa destas características que se

constitúe en España. Poñemos en práctica iso do learningbydoing».

Pois moita sorte neste proxecto!

26

Universida de Vigo

Extensión

Universitaria

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!