22.06.2013 Views

Lindeiros0000.pdf

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Lindeiros

Agora non esteamos en

condicións de botar unha man

no que faga falta sempre que

se fale con nós, por que desde

ese día 21 non se volveu a

falar con nós para nada,

absolutamente para nada, e

por iso digo que quen ten a

chave da gobernabilidade é o

alcalde.

L- ¿a dimisión sería a mellor

solución?

R pois a verdade é que non o

sei, non sei si sería a mellor

solución; o que sí sei é que

houbo un pleno no que se

reprobou o alcalde e no que

dos 21 concelleiros soamente

5 votaron en contra de esa

reprobación polo tanto, esa e

unha cuestión persoal; as

d i m i s i ó n s s e m p r e s o n

cuestións persoais, unha

cousa e un cese e outra unha

dimisión; a dimisión e unha

cuestión persoal que ten que

valorar en este momento o

alcalde, el saberá o que fai. A

verdade e que tampouco

sabería dicir si seria máis

positivo que negativo.

L- ¿Cómo valora a situación

actual do Partido Popular?

Non só en Ames, incluso en

Galicia, non podemos

d e i x a r d e p e n s a r n a

situación do concello de

Santiago que tamén é

delicada, a situación da

presidencia do goberno

¿Cómo a valora agora que

está fora dun partido no que

pasou tantos anos?

R a valoro igual que fai 2, 3

ou 4 meses; estamos nunha

situación de crise complicada

onde os valores están en crise

tamén; moitas veces falamos

dunha crise económica, dunha

crise institucional, que a hai,

pero eu creo que tamén hai

unha crise profunda de

valores e iso vai en función da

s i t u a c i ó n n a q u e n o s

atopamos. Eu teño un

grandísimo respecto e

admiración polos dirixentes

do Partido Popular, en xeral

tanto a nivel rexional como a

nivel provincial, pero creo

que ás veces esa política de

pasividade, tanto non actuar,

pasa factura; é o que estamos

vendo a diario tanto a nivel

local, como autonómico,

p r o v i n c i a l o u i n c l u s o

nacional; creo que abusamos

das políticas de deixar pasar

as cousas, creo que hai que

tomar decisións, as veces

erróneas por que todos somos

humanos e nos equivocamos

pero eu creo que as veces e

mellor tomar unha decisión

errónea que non tomar

ningunha decisión.

L de volta en Ames, supoño

que cando un monta un

partido é para presentarse a

unhas eleccións ¿cal é a ruta

que se marca Pacto X Ames

nos próximos meses e de

cara a esas eleccións

municipais?

R é evidente que cando

montamos un partido é para

participar nunhas eleccións,

iso e lóxico; agora estamos

nos trámites de fundación -

constitución e vamos a

convocar unha reunión, xa

temos xente que nos pregunta

que ten que facer para afiliarse

o partido, temos presentados

os estatutos no ministerio do

interior e os ratificaremos

nunha asemblea e elixiremos

os órganos do partido, a partir

Maio 2013 9

Ramón García Argibay levaba no Partido Popular dende os 18 anos, as diferenzas de criterio sobre a xestión

no concello fixeron que pensara en marchar para a casa pero antes de que o fixera foi cesado; a nova situación

o impulsou a formar un partido xunto con 5 concelleiros máis, Falamos con él para saber como foi todo ese tránsito.

de ese momento poñeremos a

maquinaria a funcionar;

patearemos o concello,

v i s i t a r e m o s t o d a s a s

parroquias e explicaremos cal

é o noso proxecto e as

diferenzas que hai co actual

equipo de goberno; as

diferenzas que hai non só co

Partido Popular, que tamén,

senón co actual equipo de

goberno e tentaremos deixar

ben claras cales son as

diferenzas entre a xestión que

faremos nós, en un futuro, coa

que se está levando a cabo

agora.

Lindeiros tentou facer unha

entrevista similar a Santiago

Amor co fin de que os

lectores puideran coñecer as

distintas versións, pero non

foi posible poñerse de acordo

co alcalde nos termos da

entrevista.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!