22.06.2013 Views

Lindeiros0000.pdf

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

4 Maio 2013

Lindeiros

O Concello de Ames introduce melloras no control

sanitario das instalacións deportivas municipais

A empresa Sanal Control Medioambiental encargarase do servizo de mantemento para

a prevención da lexionela nos campos de fútbol e nos pavillóns polideportivos de

Bertamiráns e do Milladoiro. A contratación deste servizo suporalle á Administración

local un custe aproximado de 2.000 euros anuais.

A través da concellaría de

Medio Ambiente, o concello,

procedeu á contratación do

servizo hixiénico sanitario

para a prevención e control da

lexionela nas instalacións

deportivas de Bertamiráns e

do Milladoiro. Deste xeito,

introdúcense melloras no

c o n t r o l s a n i t a r i o d a s

instalacións deportivas

municipais. Este servizo de

mantemento e prevención

realizarase nos campos de

fútbol e nos pavillóns

p o l i d e p o r t i v o s d e

Bertamiráns e Milladoiro. As

actuacións son necesarias

para dar cumprimento aos

criterios hixiénico sanitarios

establecidos no Real Decreto

865/2003 do 4 de xullo, para a

prevención e control da

l e g i o n e l o s i s .

Os traballos que realizará esta

empresa comprenden a

limpeza e desinfección anual

dos depósitos de auga, redes

de auga fría de consumo

humano, redes de auga

quente sanitaria e puntos

terminais da rede das

instalacións deportivas

municipais dos campos de

f ú t b o l e p a v i l l ó n s

p o l i d e p o r t i v o s d e

Bertamiráns e do Milladoiro.

Ademais, faranse revisións

mensuais destas instalacións

segundo se establece no Real

Decreto 865/03.

A compañía Sanal Control

Medioambiental tamén se

encargará de executar a fase

de choque, realizar a toma de

mostras e elaborar as

correspondentes analíticas de

presenza ou ausencia de

lexionela. Estas analíticas

serán elaboradas por un

laboratorio homologado pola

Xunta de Galicia. Outra das

tarefas que levarán a cabo é a

elaboración e mantemento do

libro de rexistro e a

e x p e d i c i ó n d o s

correspondentes certificados

segundo se establece no

anexo 2 do Real Decreto

865/2003 trala realización

das limpezas.

Fonte: Concello de Ames

Lindeiros

Ames novo critica o arranxo dunha pista para

dar acceso o polígono do Milladoiro por que di

que non resolverá os problemas

trátase dunha pista de concentración parcelaria

coa que so se aforrarán 100 metros

Ames novo di que o concello

apúntase a política de “fume

e palla” por vender como

novo vial unha pista de

concentración parcelaria coa

que so se aforrarán 100

metros de distancia; o

camiño discurre paralelo a

actual estrada de Paramuiño

e o proxecto de reforma non

leva aparelladas beirarrúas

polo que suporá un perigo

para os viandante, e para os

donos das fincas colindantes

cando teñan que acceder a

elas, según conta o grupo

político nunha nota de

prensa.

Ames Novo mantivo unha

reunión con representantes

da Asociación de

Empresarios na que

constatou que o arranxo da

pista non solucionará os

problemas de saida do

polígono, na actualidade esa

saida faise

fundamentalmente pola

avenida do Muiño Vello

onde a confluencia co tráfico

propio do núcleo urbán

provoca atascos nas horas

punta do día.

Ames Novo defende a idea

de chegar a acordos coa

Consellería de Industria e co

concello de Santiago que

posibiliten a unión coa

autovía pola parte superior

do parque empresarial

usando terreos

composteláns, eso daría unha

conexión directa coa

autoestrada do Atlántico o

que repercutiría de forma

positiva nas comunicacións

do polígono.

Fonte: Ames Novo-Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!