18 Maio 2013 O Concello de Brión dedica o ano 2013 a figura de Roberto Vidal Bolaño e prepara máis dunha trintena de actividades O Concello de Brión vén de presentar un avance da súa p r o g r a m a c i ó n c u l t u r a l e s p e c i a l c o g a l l o d a celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Roberto Vidal Bolaño, que fora na sua última etapa veciño do concello. O alcalde Xosé Luís García, explica que “para Brión é unha honra que se lle dedique o Día das Letras Galegas a un dos seus veciños máis ilustres, polo que decidimos levar a c a b o u n h a a m p l a programación cultural para reivindicar a súa figura e h o m e n a x e a l a c o m o s e merece”. De feito, no avance da programación especial deste “Ano Vidal Bolaño” inclúe actividades culturais entre como representacións gratuítas das obras máis importantes do dramaturgo a cargo das compañías que fundou ou nas que traballou, x o r n a d a s f o r m a t i v a s , monólogos humorísticos, os Encontros coa Arte 2013 e un a m p l o p r o g r a m a d e representacións e lecturas d r a m a t i z a d a s n a s q u e participarán todos os nenos e mozos do municipio. Feira do Libro O programa de actividades comezará o vindeiro luns 13 de maio coa apertura dunha exposición na biblioteca municipal de Brión sobre a figura de Vidal Bolaño. Ese mesmo día comezarán dúas semanas dunha intensa programación didáctica dirixida aos nenos e nenas do CEIP de Pedrouzos, do IES Brión, das escolas unitarias e mesmo da gardería municipal. Haberá representacións teatrais, lecturas dramatizadas e contacontos a partir de textos de Vidal Bolaño e de acordo coa idade dos pequenos que participen. Ao mesmo tempo, o Concello de Brión programou dúas representacións teatrais de balde para toda a veciñanza. Ambas terán lugar no centro social polivalente ás 20:30 horas. Así, o sábado 18 de maio Teatro do Aquí (última compañía na que traballou Vidal Bolaño) representará A programación inclúe representacións gratuítas das obras máis importantes do dramaturgo, xornadas formativas, monólogos e os Encontros coa Arte 2013 “Criaturas”, dirixida por E v a r i s t o C a l v o e protagonizada por Belén Constenla, Vicente de Souza, Marcos Orsi e Xoán Carlos Mejuto. Unha obra que foi galardoada cos premios Max, María Casares e Eixo Atlántico. O sábado 25 de maio, Teatro Antroido homenaxeará ao seu fundador representando outra d a s s ú a s o b r a s m á i s coñecidas: “BailadELAS”, unha obra de Roi Vidal, sobre textos do seu pai (Roberto Vidal Bolaño), e interpretada pola súa nai Laura Ponte. Unha actuación que estará dirixida por Xavier Estévez. Encontros coa arte Para o mes de xuño, o Concello de Brión ten programada unha nova iniciativa cultural: os Monólogos na Carballeira. Todos os venres entre o 31 de maio e o 5 de xullo (coa excepción do 28 de xuño para non coincidir cos Encontros coa Arte), ás 20:30 horas, a s a l a d e e x p o s i c i ó n s municipais de Pedrouzos acollerá os contos de humoristas galegos como P e p e C a p e l á n , Ó s c a r Maldados, Pedro Brandariz, Boquete e Víctor Grande. A entrada é libre e de balde. Así mesmo, o 1 de xuño, ás 20:00 horas, o centro social polivalente terá a honra de a c o l l e r u n h a m o n t a x e elaborada polo grupo de teatro do IES de Brión sobre textos de Vidal Bolaño. E a finais do mes de xuño regresan os “Encontros coaArte”, nos que unha vintena de artistas galegos reflexionarán, como non podía ser doutro xeito, sobre á figura de Roberto Vidal Bolaño. A cita será na fin de semana do 28, 29 e 30 de xuño e incluirá unha exposición de pintura, un mercado da arte e distintas sesións de pintura ao natural. Son 22 actividades que chegarán ata o mes de novembro e están organizadas polo Concello de Brión coa colaboración da Deputación da Coruña e da Xunta de Galicia, así como da ANPA Pedra Viada e os distintos c e n t r o s e s c o l a r e s d o municipio. Programa detallado “Ano Vidal Bolaño” MAIO -Do 13 ao 21: Exposición e Visitas Guiadas á Biblioteca Pública Municipal. - D í a 1 3 : G U S TAV O PERNAS CORA presenta: “Lecturas dramatizadas de fragmentos das obras de Roberto Vidal Bolaño”. Para alumnos do IES de Brión. 11:20 h. no Centro Social. Día 15: TALÍA TEATRO p r e s e n t a “ P e q u e n a ” , espectáculo escrito e dirixido por Paula Carballeira e interpretado por Marta Ríos. Para alumnos de 2º Ciclo de Primaria CEIP Pedrouzos. 12:00 h. Centro Social Polivalente. Día 18: TEATRO DO AQUÍ presenta: “CRIATURAS” de Roberto Vidal Bolaño. Centro Social Polivalente ás 20:30 h. Día 20: “Vida e obra de Roberto Vidal Bolaño”. Dramatización e charla con LAURA PONTE e ROI VIDAL. Para alumnos do IES de Brión. 11:20 h. Centro Social Polivalente. Día 22: “Lembranzas de Roberto Vidal Bolaño”. Contacontos didáctico- Musicado sobre Roberto Vidal Bolaño a cargo de X A N D O B E L A . P a r a alumnos do IES Brión. 11:20 h. Centro Social Polivalente. Día 24: PICAVERSOS: “Lectura dramatizada e musicada de pezas teatrais de Roberto Vidal Bolaño”. Alumnos 3º Ciclo Primaria do CEIP de Pedrouzos. 12:00 h. Centro Social. D í a 2 5 : T E A T R O A N T R O I D O p r e s e n t a “BailadELAS” a partir de textos de Roberto Vidal Bolaño. Centro Social Polivalente ás 20:30 h. Día 27: Contacontos teatral a cargo de TINKETRINKE TEATRO. Para alumnos de E d . I n f a n t i l C E I P d e Pedrouzos (10:15 h.) e das Escolas de Luaña, Os Ánxeles e Bastavales (12:00 h.) Día 29: MAQUINARIAS TEATRO presenta:“Anacos de Touporroutou da lúa e do sol” de Roberto Vidal Bolaño. Alumnos 1º Ciclo de Primaria CEIP de Pedrouzos. 12:00 h. Centro Social Polivalente D í a 3 1 : M I G A L L A S TEATRO presenta: “Entre Lindeiros arrolos e contiños” para os nenos da Gardería Municipal. Día 31: Monólogos con PEPE CAPELÁN: “Contos dun rapaz de aldea” ás 20:30 h. Sala de Exposicións. XUÑO Día 1: ESTREA da montaxe do GRUPO DE TEATRO DO IES DE BRIÓN. Ás 20:00 h. Centro Social Polivalente. Día 7: Monólogos con Ó S C A R M A L D A D O S : “Burradas” ás 20:30 h. Sala de Exposicións. Día 14: Monólogos PEDRO B R A N D A R I Z : “Profundizando na Galiza profunda” ás 20:30 h. Sala de Exposicións. Día 21: Monólogos con BOQUETE: “Carne ao caldeiro” ás 20:30 h. Sala de Exposicións. Días 28, 29 e 30: Encontro coa Arte “Lembrando a Roberto Vidal Bolaño” No transcurso do mesmo farase unha homenaxe a quen foi veciño deste concello os seus derradeiros anos. Día 5: XULLO Monólogos con VÍCTOR GRANDE: “Non son o Opinado para Apropiar” á s 2 0 : 3 0 h . S a l a d e Exposicións. OUTUBRO D í a 1 9 : E S P E L L O C Ó N C AV O p r e s e n t a “Anxeliños” de Roberto Vidal Bolaño. Centro Social Polivalente, 20:30 h. Día 26: Teatro O MAXOLO presenta “Tres de Bolaño”. Fragmentos da Triloxía Criaturas, Anxeliños e Animaliños de Roberto Vidal Bolaño. NOVEMBRO Días 8, 15 e 22: Xornadas sobre Roberto Vidal Bolaño organizadas pola ANPA Pedra Viada. D í a 3 0 : O G r u p o BARTOLETA TEATRO presenta “Macki o navallas” de Roberto Vidal Bolaño.
Lindeiros Maio 2013 19