22.06.2013 Views

Lindeiros0000.pdf

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

16

Maio 2013

O concello de teo e os grupos folclóricos do concello homenaxean a Vidal bolaño no día das letras

Ademais da lembranza ao autor ó que se lle adica o 17 de maio neste mes en Teo haberá varias citas destinadas ós máis pequenos

Dentro dos espectáculos de

producción allea ó Concello

destaca a celebración do VI

aniversario do barASenra que

contará coa presenta de Carlos

Blanco, Quico Cadaval e

Mofa e Befa entre outros

O Concello de Teo celebra

neste mes de maio o día das

letras, cunha progamación

especial que lembra a figura

de Roberto Vidal Bolaño,

a u t o r h o m e n a x e a d o o

próximo 17 de maio. Na tarde

dese mesmo día, a partir das

18:00 horas no Centro

Sociocultural da Ramallosa,

celebrarase o acto central da

programación cultural de Teo

neste mes. Será unha velada

poética e musical na que se

lembrará a obra de Vidal

Bolaño a través dos grupos de

teatro, música e baile das

asociacións teenses e do

propio Concello.

O acto contará coa presenza

do obradoiro municipal de

teatro de adultos; o obradoiro

municipal de guitarra; as

pandereteiras da A.C. A

Pontevella; as pandereteiras

da A.C. Rosalía de Castro; o

grupo de música e baile A

Rexionalista; o grupo de

gaitas da A.C. A Mámoa; a

coral polifónica da S.R. San

Xoán de Calo e a Banda

Cultural de Teo.

O obradoiro municipal de

teatro fará unha escena da

Henrique Alvarellos - www.Robertovidalbolano.org

obra de Roberto Vidal Bolaño

“Agasallo de sombras”

acompañados do grupo de

gaitas da A.C. A Mámoa. O

resto dos grupos interpretarán

pezas musicais que aparecen

nas distintas obras de Bolaño.

Segundo nos indica a

concelleira de Cultura, Carme

Hermida, a peza máis

relevante será a obertura da

Sinfonía 1812 de Chaikosqui

que aparece na obra “Mar

r e v o l t o ” e q u e s e r á

interpretada pola Banda

Cultural de Teo.

E n r e l a c i ó n c o a u t o r

h o m e n a x e a d o e s t á

programada tamén a obra de

teatro “Criaturas” que será

representada pola compañía

Teatro do Aquí o sábado 25 de

maio ás 21:00 horas na

Ramallosa.

Pero a maiores o público

infantil terá as súas citas coa

cultura no mes de maio. O

mércores 8 Talía Teatro

presenta a obra de teatro

infantil “Pequena” dirixida a

un público familiar. Será no

CSC da Ramallosa ás 18:00

horas. O xoves 16 estará na

Casa Común dos Tilos, tamén

ás 18:00 horas, o contacontos

“Os contos favoritos dos ratos

Lonxedetodo” de Trinketrinke.

E o venres 24, esta vez

na Mediateca do Grilo en

Cacheiras ás 18:00 horas

preséntase o espectáculo

poético musical “Con dez

Lindeiros

poemas por barba” da

compañía Aldaolado indicado

para un público familiar.

En canto ás actividades allea ó

Concello este sábado 4 de

maio ás 22:30 horas celébrase

no CSC da Ramallosa o VI

aniversario do bar A Senra.

Será un espectáculo no que

participan Carlos Blanco,

Quico Cadaval, Mofa e Befa,

o Grupo Chévere, Os da Ría e

Sés. As entradas pódense

mercar por adiantado na Senra

ou na taquilla o mesmo día.

O domingo 26 de maio tamén

no CSC da Ramallosa

celébrase o tradicional

festival solidario da ANPA do

Río Tella, do CEIP da

Ramallosa. Un festival no que

se implica toda a comunidade

educativa.

Fonte: Concello de Teo

Lindeiros

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!