20.06.2013 Views

Libro Guía - Enciga

Libro Guía - Enciga

Libro Guía - Enciga

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

XXIV CONGRESO DE ENCIGA 43

fALEmOS DAS INTERACCIóNS

BOSquE-SOLO-CAmBIO CLImÁTICO

INTRODuCCIóN

Guntiñas Rodríguez, maría Elena

IES As Fontiñas. (Santiago de Compostela)

É coñecido que a Asemblea Xeral das Nacións Unidas declarou ó ano 2011 Ano Internacional

dos Bosques coa fi nalidade de promover a súa conservación e seu desenvolvemento en todo o

mundo, ademais de pretender crear unha conciencia social e política da importancia que teñen

os bosques no desenvolvemento global sostible e, consecuentemente, facer ver a necesidade de

protexer esta parte esencial da natureza. Estas intencións refl íctesen nos seus lemas: Bosques

para la Gente. Los bosques son nuestro hogar: plante, utilice y proteja los bosques para la

humanidad e, neste senso, unha das súas iniciativas é o intercambio de coñecementos sobre as

estratexias que frearon a deforestación e a degradación forestal.

É preciso recordar que xa no ano 1985 o Consello da FAO pediu a todos os Estados

Membros un recoñecemento especial aos bosques, sendo un dos obxectivos a mobilización

da poboación, e particularmente dos xóvenes, para a súa participación nas actividades sobre a

protección dos bosques.

Na resolución A/RES/61/193 de dita asemblea Xeral exhortase á contribución voluntaria na

defensa dos bosques polos benefi cios económicos, socioculturais e ambientais que proporcionan.

Non obstante, tamén é sabido que no sentir da protexión dos bosques está latexando a loita

contra o posible Cambio Climático polo seu papel de sumidoiros de CO . 2

OBXECTIVO

Esta comunicación pretende ser unha pequena aportación en defensa dos bosques e seu

obxectivo é refl exionar, co gallo de levar ás aulas, sobre o feito de que os bosques existen porque

teñen, ademais de un clima propicio, un solo que os sustenta, polo que no “sistema bosque”

as interaccións entre as comunidades vexetais, o solo e o clima son moi importantes, de tal xeito

que as variacións ou cambios nalgunha de elas repercute nas demais.

CONTIDOS

Estímase que na actualidade os fotosintetizadores terrestres absorben aproximadamente

un tercio do CO 2 emitido polo uso dos combustibles fósiles, ralentizando o cambio climático.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!