20.06.2013 Views

Libro Guía - Enciga

Libro Guía - Enciga

Libro Guía - Enciga

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

XXIV CONGRESO DE ENCIGA 19

EXpOmETEORO

EXpOSICIóNS

Exposición de meteogalicia para centros educativos.

O muNDO DAS BuXAINAS

pena Gómez, mercedes

Sampayo Ruiz, marcelino

Ao longo dos tempos o home sentiu fascinación polas buxainas. Esta

fascinación provén da complexidade da súa aparente sinxeleza. A buxaina é algo

cercano, podémola ver xirando ante os nosos ollos e desafi ando a gravidade coa

súa resistencia a caer.

A buxaina é un dos xoguetes máis antigos e coñecidos da historia da

humanidade. Practicamente todas as civilizacións empregaron algún tipo de

buxaina nos seus xogos e esta foi e segue sendo moi empregada polos nenos e

nenas e tamén por adultos.

Dende os que admiran a beleza das súas formas, os que gozan facéndoa

xirar no chan, os que examinan o seu movemento mediante complexas fórmulas,

ata os que fan verdadeiras obras de arte con elas, a buxaina é e será unha fonte de

diversión, estudo e inspiración para moitas persoas ao longo do tempo.

Atopamos buxainas en Oriente e Occidente, no Norte e no Sur, na Grecia

clásica e na China actual, ás veces chamámola buxaina, outras peonza ou trompo,

outras spinning top, toupie, dreidel, trottola, káča ou kreisel pero sempre será

o mesmo xoguete e a mesma ilusión a que atravesa o tempo, o espazo e a nosa

imaxinación.

Podemos usar a buxaina para estudar o seu xiro, podemos usala para estudar

as mesturas de cores, podemos usala para estudar a conservación do movemento,

podemos usala... sobre todo para gozar.

Esta exposición é parte da nosa colección particular, que naceu por

casualidade cunhas pequenas buxainas de cores e que foi crecendo ata converterse

no que aquí se amosa: buxainas, libros, selos, tarxetas, … e todo o relacionado

con este fascinante mundo. Froito desta paixón naceu “O mundo das buxainas”

unha web que tivo periodos de actualización importantes alternados con longos

tempos de “abandono” e que se atopa no enderezo www.peonzas.es

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!