Bloques e áreas dialectais do galego actual
Bloques e áreas dialectais do galego actual
Bloques e áreas dialectais do galego actual
You also want an ePaper? Increase the reach of your titles
YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.
BLOQUES E AREAS DIALECTAIS DO GALEGO ACTUAL

O galego podemos dividilo en tres áreas dialectais claramente difrenciadas segundo os seus

rasgos. Á súa vez estas áreas poden ser subdivididas.

Tomando como exemplos algúns trazos característicos, diremos:

Bloque Occidental

Comprende as zonas occidentais de A Coruña e Pontevedra

- Existencia de gheada (ghato, amigho)que nas vilas costeiras presenta en lugar da aspiración

un son semellante ó [x] castelán.

- Seseo implosivo (lus, des). Hai seseo explosivo nas zonas máis costeiras ( faser, vesiño)

- Terminación AN(S) para os dous xéneros en formas como. O irmán/ a irmán

- Plural -NS: cans, avións

- Pronome suxeito TI

- Vocal temática analóxica -E- en formas como colleches, vendEstes en vez de colliches e

vendistes.

- Realización no ditongo UI o grupo latino -ULT-: muito, truita, luita (parte sur)

- Cheismo (na área de Fisterra) . Utilización do che tanto para OD coma OI: Vinche pola

noite

- Teísmo (na área límite con Portugal) Utilización do TE tanto para o OD coma o OI:

Colleute a bicicleta

Tamén son características do bloque: alteración do timbre vocálico etimolóxico (metafonía)

sogro/sogra

Formas verbais con -N- analóxico na 1ª persoa: cantein/cantín

Formas foches, fostes con vocal O no radical en vez de fuches

Bloque Central

Formado por toda a Galicia Central: falares do nordeste e interior de A Coruña , interior de

Pontevedra e as provincias de Lugo e Ourense, agás a súa parte oriental.

- Ausencia de gheada

- Ausencia de Seseo, agás o implosivo (lus, des) nalgungas zonas de A Coruña e seseo

explosivo na bisbarra de Santiago ( faser, vesiño)

- Terminación AO(S) para o masculino e Á para o feminino en formas como. O irmao/ a

irmá

- Plural -S para os nomes acabados en N: cas, aviós

- Pronome suxeito TU

- Vocal temática analóxica -I- en formas como colliches, partiches

- Realización no ditongo OI o grupo latino -ULT-: moito, troita, loita

- Sufixo número persoal -des na 2ª persoa do plural (cantades) ndes (cantandes). Nalgunha

zona oriental podemos atopar a terminación -is (cantais, cantabais)

Bloque Oriental

Constituído polo galego exterior (occidente de Asturias, León e Zamora) e ademais, o falado ao

leste de Lugo e Ourense

- Ausencia de gheada

- Ausencia de Seseo

- Terminación IN por iño: camín, vecín (Agás na parte sur deste bloque)

- Formas como caxa, baxar... no canto de caixa, baixar

- Plural -IS para os nomes acabados en N: cais, avióis

- Plural -IS para os nomes acabados en L: sois, animais. En Asturias en LES: animales.

- Pronome suxeito TU

- Formas verbais incrementadas co -n (cantein, hein)

- Realización no ditongo OI/ UI/ U o grupo latino -ULT-: moito, truita, luta

- Conservación do wau en cua, gua: cuatro, guardar

- Sufixo -is na 2ª persoa do plural (cantais, cantabais) e -i para o imperativo: cantai, collei
Bloque Central. Area Lucu-auriense. Veciño 68 anos. Labrego.

Cando era pequecho iamos sempre coas vacas a iso das nove da mañá. Ise si que era un traballo duro...A

miña nai erguíanos cedo porque o primeiro era o primeiro e logo tiñamos que ir á escola. Saía e ceibaba

os cas e tu sabes como se poñían, malia centella os collera... Logo de levar as vacas tiña que andar

apurado e veña a correr... andar catro kilómetros ata a escola, levando na mao a carteira e a merenda....

Bloque Occidental. Camelle. Camariñas. Area Fisterrá Norte. Veciño 68 anos. Mariñeiro.

Pola mañán, ai ás catro da mañán lovantan; entonsese, leva sete ou uito horas en levantar o aparello todo,

que son vinteatantos palanghres que ha que larghare, ou trinta, é cada palanghre leva sento sincuenta ou,

sento, ou dousentos ansuélos. É muito tempo, que alcansa, o menos catro millas. Entonses, despois vense

pa puerto, vaise botando o palanghre todo nas sestas, e preparalo, pa nuite volvere outra ves ó mar.

BLOQUE OCCIDENTAL. Fornelos. Salvaterra de Miño. Veciño 40 anos e veciño 65. Labregos.

E había , había muita xiada e pegháronselle os pes; e despois viu o sol e empezouse a derreter a xiada.

Pero faille un chisco de ghracia ¿Ti tamén eres tan sosa coma min!

E entón ela dixo, quedou asustada e dixo: Oh neve, ti tan forte eres, que derréte-lo sol, ¡no! Que derrete-la

neve, que fai sombra....

Eu son tan forte que a pared me fai sombra

Oh parede ¿ti tan forte eres , que fas sombra ó sol, que derrete-la neve que o meu pé prende?

BLOQUE OCCIDENTAL. Goian. Tomiño. Veciña 66 anos.

O do contrabando si. Unha ves, unha ves con este, iara un irmán do Vitoriano que se chamaba Pedro, un

rapás novo que iara corneta, e estaba aquí en Ghoian. I-entón, a Marugha do Correo marchara pra Vigho

con o, a levar un contrabando, a do Correo; e díxolle así:

- Bueno Daría, tiès aquí un pouco de roupa pra acabar, e amais as túas empleadas, e vailla levar á tía

Lucinda de Troncoso, iè vaslle levar iè, porque vai marchar pó Brasil.

BLOQUE ORIENTAL. A Barosa. Carucedo (León). Veciño 72 anos.

Si, xa aló polo mil novecentos trinta e dous foise a Madrí, grandes comisiois, fíxose mutos traballos, asta

que se chegou a conseguir pra unha estación. Pero, naquel mediano tempo, nós confiados, igual eu cor

demais, eu claro, eu era máis joven pero bueno, os outros viejos como lle tiñan malicia confiados pois,

foron deixando, asta que despois en Covas, un pueblo que hai aiquí inmediato que , está a tres

quilómetros, ese é da provincia de Orense, pois empezaron a traballar, iè un gran señor, pois aló lle

conseguiu unha estación.