16.05.2013 Views

Historias para calquera lugar

Historias para calquera lugar

Historias para calquera lugar

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Historias para

calquera lugar

XERAIS

2

FICHA TÉCNICA

Título: Historias para calquera lugar

Autores: An Alfaya, Ramón Caride, Agustín Fernández Paz,

Xabier P. Docampo, Miguel Vázquez Freire

Ilustrador: Xosé Cobas

Editorial: Edicións Xerais

Colección: Merlín

Nº páxinas: 224

ISBN: 84-8302-626-0

Con motivo da chegada do número cen da colección Merlín aparece este volume con

cinco relatos de diferentes autores, ilustrados todos eles por Miguelanxo Prado.

O ILUSTRADOR

MIGUELANXO PRADO, nado en 1958 na Coruña, é recoñecido e galardoado internacionalmente

coma creador de banda deseñada. Son famosos os seus álbums Fragmentos da

Enciclopedia Délfica, Stratos, Tanxencias e Trazo de xiz.

Dedícase tamén á animación, realizando neste campo o Xabarín para o programa da TVG e o

deseño da serie Os Vixiantes do Camiño. A partir de 1998 colabora coa productora de Spielberg

en Estados Unidos.

RELATOS

A MULLER PROHIBIDA

A AUTORA

AN ALFAYA. Nada en Vigo nos anos sesenta, estudia Maxisterio en Galicia e Criminoloxía na

Universidade Complutense de Madrid. Estudiou todo o necesario para poder desenvolver a profesión

de detective privado. Tamén traballou na dobraxe de Os Picapedra, poñendo voz a Betti.

Ocupouse tamén do eido teatral con obras como O maquinista Antón, que foi premio de teatro

infantil Xeración Nós en 1991.

Conta coas seguintes publicacións: O maquinista Antón (1995), O caderno azul (1996), ¡Sireno,

Sireno! –co que acadou o Premio Merlín en 1997–, A recortada e ¡Bua Bua Requetebua! (1999),

O baúl de Wensel (2000), A estrela volarina da torre colarina e Down (2001) e A encontadora

–que resultou finalista do Premio Merlín no 2003–.

ARGUMENTO

En primeira persoa, un rapaz vainos contando os paseos que dá co seu avó. Van nun coche

vello, tanto que fora mercado nos tempos do dictador, e nesas viaxes o vello vaille relatando a

historia propia e a da España dos días difíciles.

A escoita do neto é fundamental porque nun tempo non moi distante el será a súa memoria.

TEMAS E VALORES

• A enfermidade.

• A relación avó-neto.

• Necesidade da memoria histórica e necesidade da memoria persoal.

ACTIVIDADES

• Comeza o libro cunha cita de Antonio García Teijeiro. ¿Que lle puido chamar a atención

deses versos? ¿Quen é o poeta? Ó rematar a lectura do relato volvamos á cita e vexamos se a

entendemos mellor.

3

4

• O avó conta ás présas, coma se tivese medo de que fuxisen da súa memoria, as imaxes do seu

pasado, mesturando unhas historias con outras… ¿Algunha vez escoitastes alguén contando

desa maneira? ¿En que ocasións?

• Entre nós, moitas veces os avós exercían de padriños. Fai a túa árbore familiar e coloca alí

tamén ós teus padriños. Falade da relación que mantedes con eles.

• Dalgunha maneira pásanos a todos iso de ter lagoas na memoria. Lembrade algunha vez na

que vos sucedera algo parecido.

• «El queda en branco». Escribe unha historia tomando ó pé da letra esta frase.

• O avó di que o seu cerebro é coma unha peneira na que baten as lembranzas pero non quedan

presas na súa rede; di tamén que os recordos son esvaradíos e escorregadizos coma os

peixes nas patelas. ¿Podemos imaxinar esas sensacións? ¿Como será vivir sen saber se no

momento seguinte recordaremos aquilo que gardamos na memoria?

• En cada época hai unhas palabras prohibidas como dictador, xeneral, caudillo, fascista… na

época da dictadura. Hai outras que sempre son tabú, segundo se di no texto, como merda,

cu, teta, pirola, hostia, marica… ¿Que opinamos disto? ¿Estamos de acordo ou non? ¿Cales

considerades vós prohibidas? Podemos facer cunhas e con outras o que se fixo sempre con

ese tipo de palabras: buscalas no dicionario.

• Podemos recoller algunha das comparacións: «cerebro como un funil», «como se tivese un

burato no cerebro por onde lle foxen as imaxes», «os recordos son esvaradíos e escorregadizos

como os peixes nas patelas», «o coche vai pasando tódalas revisións coma un reloxo»,

«atraen a un como o mel ás formigas», «cando soltaba a lingua imitaba un tarabelo repenicando

ó vento», «perseguina pola casa coma un can uliscando as súas saias», «ría coma un

coelliño»… Podedes buscar outras e/ou ilustrar estas.

• A Historia na historia de cada un. Lembranzas: datas históricas, días sinalados e esperados coma

aquel de 1975 no que morreu o dictador, os tempos da guerra e a posguerra, os paseados que

eran fusilados e abandonados nas cunetas coma sucedera co avó de seu avó, o significado de

ser un «roxo»… Tamén nós podemos acceder a esa Historia xeral a través das nosas historias

persoais, preguntándolle ós maiores cáles foron as datas importantes vividas por eles e cómo as

lembran e facendo un exercicio de memoria para ver qué fitos históricos vivimos.

• Aparecen unha serie de frases feitas como «bebe-los ventos por ela», «ela pasa de ti», «regaláballe

os ollos»… Podemos ver qué pasa se as tomamos ó pé da letra e facer un relato.

• ¿Cremos, coma o padriño, que as mulleres son seres misteriosos e imprevisibles, ou máis ben que

así son os homes? Averigüemos qué pensan as mulleres dos homes e viceversa, pero ¡en serio!

• O mestre e a muller fálanlle en castelán ó neno. Expliquemos isto e vexamos qué ten que ver

isto coa diglosia.

• Os olores. Na páxina 35 o neno pásalle revista ó arrecendo de cada unha das persoas que

coñece. ¡Faino ti agora!

• Sempre hai alcumes. No texto vese como a Arias Navarro lle chaman «o rato». Seguramente

vós coñezades os alcumes de bastantes persoas e podedes ir recolléndoos ó lado dunha caricatura

de cada un deles, pero tede en conta que iso deixa de ter gracia cando non lla fai ó

debuxado.

• Investigar sobre aqueles tempos históricos que aparecen no texto. Aparte de ler algunha historia

de ficción, podedes documentarvos nos libros de historia, visionar algunha película…

• O padriño di que un home sen lembranzas é coma se nunca existise. ¿Que opinamos acerca

disto? Escribide unha historia na que o/a progatonista sufra amnesia.

• Podemos xogar, coma eles, a ver a qué se parecen as nubes e inventarlles historias.

• Compartir segredos é algo que facemos con moi pouca xente. Pensa nos teus segredos máis

secretos e con quen os compartiches.

• ¿Falamos do amor? «O amor entra sen pedir permiso como o aire nos pulmóns, éncheos dunha

brisa de felicidade e… ás veces sae e ás veces encalla coma unha áncora e abáfate», di o avó.

¿Que podemos dicir nós? Definamos, entre todos, o amor, de maneira poética: «Amor é …»

• Vivir un intre máxico na infancia ten que ser estupendo. ¿Gardamos lembranza de algo así?

• Contestemos entre todos e debatamos: ¿Que pensamos dos avós? ¿Que nos gusta e que nos

desgusta deles? ¿Credes que nos necesitan a nós tanto coma nós a eles? ¿Por que nos necesitamos

os uns ós outros? ¿Que pasa cosas persoas maiores nesta sociedade? ¿Pensades que son

respectadas como se merecen ou non?

• «Chorrir» chámalle o avó a chorar e rir a un tempo. Podemos inventar outros verbos nos que

se mesture unha acción e outra que parece contraria.

• No relato aparecen un par de ritmos musicais. Citémolos e falemos desas ou doutras músicas

que van deixando pegada na nosa memoria. Tamén podemos escoitalas.

• Explicar o último parágrafo do relato.

A PRIMEIRA AVENTURA DE SHEILA E SAID

O AUTOR

RAMÓN CARIDE OGANDO (Cea, Ourense, 1957) é o autor da, ata agora, triloxía «As aventuras

de Said e Sheila» na que comparten protagonismo un neno e unha nena irmáns e orfos que

viven nun futuro ó que nós temos acceso a través do que eles escriben nun ordenador. O primeiro

libro fora Perigo vexetal, que acadara o Premio Merlín 1995; o segundo, Ameaza na

Antártida, en 1997, e o terceiro, O futuro roubado.

Biólogo e profesor de ensino secundario, Ramón Caride vai introducindo nos seus libros aquelas

temáticas que lle preocupan e que xiran en torno á ecoloxía.

Conta tamén con obra poética como Flor no deserto –Premio Cidade de Ourense de Poesía,

1994–, aínda que é maior a súa produción narrativa na que, ademais de libros para o público

infantil e xuvenil coma os xa citados ou Micifú e os seus amigos, Historia dunha sobreira ou

A incerteza dos paraísos ten varios para adultos coma Soños eléctricos, co que acadou o Premio

Blanco Amor en 1992.

ARGUMENTO

Nesta entrega cóntasenos o pasado máis remoto deses dous irmáns, Sheila e Said, ós que coñeciamos

pola triloxía escrita por este autor. Agora, por fin entendemos a razón que os levou a

volver ó muíño do avó, en Galicia, e a vivir sós desde tan noviños.

A guerra é a causa.

TEMAS E VALORES

• A guerra.

Busquemos nas páxinas 69, 70 e 71 as argumentacións do avó Xan en relación ás guerras.

5

6

• As diferencias.

«¿Importa máis o que nos fai idénticos ou o que nos separa, o superficial: a cor da pel, a lonxitude

do nariz, o rizado do cabelo?»

• A culpabilidade.

«Os que soltaron as bombas non son os peores, senón os que mandaron facelo (…) Ningún

ser humano é culpable de cousa ningunha polo feito de nacer en algures, nin pola cor da súa

pel, nin polas súas crenzas… Non tódolos que nos perseguen son iguais en maldade, nin sequera

eles.»

ACTIVIDADES

• Para situarnos na historia dánsenos unhas coordenadas temporais (ano 2067) e espaciais

(paralelo 32 do hemisferio norte). Busquemos o paralelo nun mapamundi. Localicemos

Israel e Irán e digamos canto sabemos deses dous países. Fagámolo tamén con Chipre, a onde

son evacuados os supervivintes.

• Erg é o deserto de area. Reg é o deserto de pedra, o pedregal. ¿Que sabemos dos desertos? ¿E dos

oasis? Documentémonos, ou ben en libros ou a través de internet.

• Contestemos: ¿A que adultos deciden enviar cos rapaces e rapazas para salvalos? ¿Por que será?

¿En que foxen? ¿Quen os salva? ¿En que lugares do mundo hai agora mesmo guerra e nenos

ós que lles está pasando algo así? Situémolos no mapa.

• Podemos ilustrar o parágrafo que comeza na páxina 60 e continúa na 61. Esta pode ser unha

imaxe veraz da guerra.

• Dise que o azul cobalto é a cor preferida dos poetas. ¿Cal será a dos músicos? ¿E a dos filósofos?

Seguide asimilándoas ás diferentes profesións.

• No oasis artificial no que vivían antes da guerra, entre os dous desertos, a poboación conseguira

cultivar a terra e beneficiarse dos adiantos da técnica gracias á enerxía solar. Indaguemos

canto poidamos acerca desta enerxía limpa.

• Os bombardeos acaban nun instante con todo aquilo que levou anos construír. É a guerra.

As forzas da morte que acaban nun instante coa vida que tardou tantos anos en desenvolverse.

Falemos acerca disto: do tempo da construción e o da destrución. Apliquémolo a todas

as circunstancias que se nos ocorran.

• É a primeira aventura de Said e Sheila; sucede cando teñen catro e dous anos respectivamente.

Xa coñecemos estes personaxes polas novelas Perigo vexetal, Ameaza na Antártida e

O futuro roubado. Agora cóntasenos cómo empezou todo. Por grupos, podemos presentar

cada un destes relatos, de forma que poidamos ir escoitando os argumentos dos diferentes

relatos, comezando polo principio, é dicir, por este.

• Está ben isto de viaxar coa imaxinación, fantaseando… Fagamos agora unha viaxe ó lugar

que máis nos apeteza e describámola.

• Podemos observar recursos da linguaxe coma as imaxes do deserto, «mar de area infindo», e das

dunas, «ondas minerais, conxeladas no seu movemento incesante». Logo ilustralas. E tamén

pensar no mar os días da marea negra e as imaxes que nos xurdían desa visión.

AS SOMBRAS DO FARO

O AUTOR

AGUSTÍN FERNÁNDEZ PAZ pode considerarse un dos máximos expoñentes da literatura infantil

e xuvenil galega actual. Conta cunha produción ampla e variada, tanto en narración curta

como en novela, e moitos dos seus libros están traducidos a outras linguas.

Acadou premios de grande prestixio neste campo como o Merlín 1989 por As flores radiactivas,o

Edebé 1994 con Trece anos de Branca,o Lazarillo 1990 con Contos por palabras,o Premio Rañolas

1995 por Cartas de inverno, o Raíña Lupa 1998 por Cos pés no aire e o Premio Barco de Vapor

2003 por O meu nome é Skywalker.Formou parte da Lista de Honor de IBBY e da Lista de Honor

da CCEI en máis dunha ocasión e foi finalista do premio Nacional de Literatura Infantil.

Nado na Terra Chá en 1947, traballa na comarca de Ferrol e, posteriormente, en Vigo, no campo

do ensino, tanto en primaria como en secundaria, destacando o seu labor á fronte de movementos

de renovación pedagóxica como Avantar e Nova Escola Galega.

Estudioso da literatura infantil e xuvenil galega, así coma do cómic, influíu na divulgación e

prestixio destes campos. Tampouco debemos esquecer a súa achega na galeguización educativa.

ARGUMENTO

O protagonista cóntanos a súa relación cunha vila e, sobre todo, cun lugar enigmático que se

atreveu a visitar a pesar de ser tabú para todos os do pobo. De todos os xeitos, non respectar a

prohibición traeralle consecuencias.

Os «paseados» na Guerra Civil como telón de fondo dunha historia de misterio. A memoria

deses republicanos e o empeño por esquecelos dunha maneira ou doutra. Nun corto espacio

de tempo podemos observar a evolución da sociedade en torno a este feito: das décadas de

ocultamento baixo un veto implícito, unha breve iluminación cando unha investigadora saca

á luz e ós medios de comunicación o foso común dos asasinados, e o silencio, de novo, tras as

asépticas e limpas urbanizacións que rodean un parque e museo onde non se cita o sucedido

na Guerra Civil.

TEMAS E VALORES

• Recuperación da memoria histórica.

Neste país no que se ocultou toda esa etapa vergonzosa, igual que se ocultou a propia historia

de Galicia durante os longos anos da Dictadura, haberá que ver a necesidade ou non de sacala

á luz, tal e como se está a facer nos países sometidos a dictaduras en Latinoamérica, ás veces

coa axuda dos xuíces españois.

7

8

• Indiferencia ante a inxustiza.

Ninguén quere lembrar o que sucedeu porque aínda que eles non fixeran mal consentírono,

non ergueron a voz nin estiveron dispostos a facer xustiza. Lembremos a frase de Martin

Luther King na que se fala de como os indiferentes son tan perigosos ou máis que os que malvados

porque estes actúan baixo o seu paraugas.

A Guerra Civil deixou pegada en moitas vilas de Galicia, onde as víctimas deberon sobrevivir sen

os seus e sen dereito nin a lembralos, mentres os vencedores, que foran os golpistas, nunca tiveron

que dar conta dos atropelos que cometeran. Así sucedeu durante toda a Dictadura (1936-

1939 / 1975); só despois foi saíndo algo á luz… pero moi pouco pola distancia dos feitos.

ACTIVIDADES

• Revisemos en qué persoa está contado este relato e qué sucede nos outros recollidos neste

libro.

• Poñámoslle título a cada un dos capítulos desta narración, e tamén podemos facer o mesmo

co relato anterior.

• ¿Cales son as coordenadas espacio-temporais deste relato?

• A torre dos corvos ou o faro vello. ¿Sabes dalgún lugar maldito no que situar unha novela de

misterio?

• A prohibición e o medo poden agachar a culpabilidade que senten todos os veciños ante un

lugar no que sucederon cousas das que non queren falar, que non queren recordar… temas

tabú coma todo o que tiña que ver coa guerra civil. Relacionade este relato co de An Alfaya.

• ¿Cales son as afeccións dos pais do protagonista? ¿Que curso estudia Marta?

• Aparicións. Estrañas presencias. Enigmáticas figuras. «Vistos de preto semellaban esculturas

de fume, ou dun compacto aire negro». ¿Que pensamos ó respecto? Lembremos que deste

autor é tamén unha novela de misterio titulada Aire negro.

• O que sucede despois da visita ó faro: anónimo, reacción da nai de Marta, a agresión que

sufre el, a percepción de estar controlado sempre e de que se lle fai o baleiro… tal vez se

entenda porque «algúns dos implicados nas mortes aínda vivían e ocupaban cargos de responsabilidade».

Pero os mortos, despois dunha lousa de esquecemento que aparta o lugar no

que os tiraran da vida, terán que pasar por outra máis, a conversión nun lugar turístico e de

residencia no que non se fala deles. Falemos de todo isto, intercambiemos opinións sobre a

necesidade de lembrar ou esquecer eses feitos.

• Tentemos explicar as frases seguintes: «As cousas que se deixan inacabadas permanecen vivas

na memoria»; «Os mortos teñen toda a eternidade para agardar»; «Só agora empezamos a

saber o inmenso baleiro que neste país deixou a guerra, coas mellores persoas daquela xeración

asasinadas ou reducidas ó silencio», «As fantasmas desapareceran en Galicia coa chegada

da luz eléctrica».

• Pode ser o momento máis oportuno para ler outras novelas deste autor e deste xénero como

a citada Aire negro, Cartas de inverno, Noite de voraces sombras…

• Aparece no texto a referencia a La metomorfosis de Franz Kafka. Indaguemos sobre qué trata.

DO QUE LLE ACONTECEU A SILVANO A CONSECUENCIA DE CAER DUNHA CERDEIRA

O AUTOR

XABIER P. DOCAMPO (Rábade, 1946). É mestre. Desde finais dos anos sesenta participou en

diversos movementos de renovación pedagóxica. Coautor da serie de Lingua Galega Canles

para o Ciclo medio, resultando premiado o libro de 5º polo Ministerio de Educación como

material non sexista. Tamén formou parte do equipo educativo de Preescolar na casa.

Deuse a coñecer como narrador en 1986 coa publicación da novela O misterio das badaladas e

coa colección de relatos, escritos entre 1979-1984 Cun ollo aberto e outro sen cerrar. Dende aquela,

publicou unha extensa obra literaria que o acredita coma un dos autores máis recoñecidos da

literatura infantil e xuvenil galega e da narración nacida na tradición do conto de tradición oral.

Podemos citar obras como: A chave das noces (1987); A nena de auga e o príncipe de lume (1988);

O armario novo de Rubén (1989); A casa do porco bravo e Roxelio e a couza (1991); O país durminte

(1993); Cando petan na porta pola noite (1994) –co que acadou o Premio Rañolas ó mellor

libro galego editado nese ano, o Premio Nacional de Literatura Infantil 1995 e tamén foi elixido

para a Lista de Honra do IBBY en 1996–; Adelaida, Henrique e demais familia (1996); O pazo

baleiro (1997); ¡Estampado! (1998) e Un conto de tres noites (2002). Catro cartas, tamén da súa

autoría, no que se recollen reflexión sobre a lectura e o libro en forma epistolar.

Foi tamén codirector da colección Merlín. É recoñecida a súa experiencia como narrador oral.

ARGUMENTO

Realmente, o relato vai do que lle aconteceu a Silvano a consecuencia de caer dunha cerdeira. Polo

tanto, irásenos contando todo o que sucede a raíz disto, como queda o rapaz cunha maneira

estraña de falar (un desfalar) e como a súa avoa conseguirá curalo case de todo.

A consecuencia da caída ou do remedio aplicado pola avoa, Silvano vai quedar con certos

poderes para poder mover as cousas concentrándose mentalmente.

Probando, probando… chega a elevarse a si mesmo para coller unha pelota no tellado, pero

asústase e non é quen de baixar el só; farao ó quedar durmido e daquela pegarase un bo golpe

de novo, aínda que desta vez quen máis o notará será seu pai.

TEMAS E VALORES

• O realismo máxico.

Os elementos fantásticos dentro de realidade.

• A narración oral.

Un relato áxil, con moi bo ritmo, que se le rápido como se cho estiveran contando sen paradas.

• O humor.

Non é demasiado abundante na literatura galega, por iso é máis de agradecer cando o atopamos.

9

10

ACTIVIDADES

• O autor dedícalle o relato a Paco Martín. Busquemos datos acerca deste outro escritor.

• Na páxina 133 xógase con dúas acepcións da palabra «gravidade». Fagamos outros xogos con

palabras polisémicas.

• Busquemos detalles humorísticos ó longo do texto.

• Hai algo de realismo máxico no personaxe da avoa Elvira e no que fai Silvano. Comentémolo.

• Leamos cada vez máis rápido as intervencións de Silvano, tal e como desfala despois do accidente.

• O veciño que caera da figueira (outra árbore falsa, segundo se conta) ficou falando en verso.

¿Animámonos a imitalo? Podemos facer diálogos en parellas.

• ¿Como lle foi a Silvano cos remedios da avoa? ¿Que prodixios anda a facer ata a caída seguinte?

¿Por que se podería pensar que a avoa Elvira ou Silvano teñen algo de meigos? ¿Como

pensa resolver o problema do pai de Silvano súa nai?

• Por grupos, inventaremos outras maneiras coas que falar e que os demais deberán adiviñar.

• Este relato ten visos de narración oral; lémolo coma se o estivesemos escoitando. É unha historia

troncal, a de Silvano, da que van saíndo outras coma a da avoa ou a do gato. Podemos

contala dese xeito; mentres un contacontos vai relatando a de Silvano, outros vanse introducindo

contando a da avoa, a de Roque…

• Hai unha parte desta historia que nos lembra a novela de Agustín Fernández Paz Cos pés no

aire. Animémonos a ler esta obra.

• Sigamos a gozar da lectura doutros libros de Xabier P. Docampo.

A SECTA DO CAN

O AUTOR

MIGUEL VÁZQUEZ FREIRE nace en Corcubión polos anos cincuenta. É profesor de filosofía.

Codirector da colección Merlín de Edicións Xerais de Galicia dende a súa creación. Director

da revista infantil de banda deseñada Golfiño. Colabora como crítico e comentarista de literatura

infantil e xuvenil. Experto en ilustración.

Foi Premio Camiño de Santiago 1993 de Teatro de monicreques pola obra A princesiña Socorro,

o trobeiro carolo e o demo dos cornos, escrita en colaboración con Gloria Sánchez. Ten publicados:

Proxecto pomba dourada, As aventuras do gato Bógart, A malvada María Xosé, A cor do elefante

e Anxos en tempos de chuvia, que formou parte da lista do IBBY.

Fóra da literatura infantil e xuvenil ten publicado Galería de esquecidos de Feliciano Lobelos.

ARGUMENTO

Ax e o axente de pantalla Alf han localizar ó xefe da secta do can. Esta secta dedícase a intervir

reiteradamente en pantallas públicas e privadas con mensaxes agresivas e disolventes, manifesta-

mente contrarias á Orde Única Universal coa finalidade de neutralizalo e, se é preciso, destruílo.

É a historia dunha víctima. Un alumno de secundaria que abandonara o centro de estudios despois

de ser sometido a torturas por unha banda de compañeiros coa permisividade da dirección.

Con varios dedos queimados, sen que este feito sexa denunciado, retírase ó seu turullo, no que

permanecerá ó longo de tres anos sen ser descuberto. El comeza coa emisión de mensaxes e, para

os demais, convértese en Dióxenes, o Gran Can.

TEMAS E VALORES

• Disidencia.

Ante a impotencia ou covardía para enfrontarse ó mundo e cambialo, o rapaz retírase ó turullo

e desde alí envía as mensaxes que, como sementes, se van estendendo.

• Violencia no deporte.

A facilidade coa que, nese medio, se pode chegar a unha situación de violencia. Sucede aquí a

raíz dunha mensaxe da secta do can, noutros lugares non sucede.

• Actos terroristas no comercio, os medios de comunicación, lugares de diversión…

…realizados pola secta do can. Actos terroristas tamén realizados desde o lado oficial cando

desaparecen os detidos e os seus números son borrados de tódolos espacios de identificación.

• A realidade e a ficción.

A xente desconfía de qué o que está vendo, sexa real ou simulacros virtuais que poñan a proba

o comportamento dos cidadáns e a eficacia das probas de intervención inmediata.

• Loita contra a autoridade.

A secta non ten xefe, porque os guías fan dos cans animais domésticos.

• Utopías e contrautopías:

«A poboación concentrouse en macrocidades, incrementouse a productividade e xa nunca máis

houbo ricos e pobres. Desapareceron as guerras porque cada macrocidade se fixo autosuficiente

e deixou de haber motivos para que loitasen unhas coas outras. Prescindiuse da reprodución

sexual gracias ós avances na clonación e foi eliminada a diferenciación física entre homes e

mulleres e o desexo sexual porque o sexo era cousa de moitos conflictos entre os humanos.»

ACTIVIDADES

• Desde o comezo do relato vémonos nun ambiente que pode lembrarnos o da novela 1984

de Georges Orwell, de onde sairía o Gran Hermano, ou algunha película coma Blade Runner

ou 2001. Unha odisea no espacio. Aqueles que as viron poden comentárnolas.

• Coma na última película citada, Ax debe desconectar ou destruír a Alf, un robot incapaz de

non cumprir todas e cada unha das instrucións introducidas no seu código. Traballemos as

diferencias, que aquí nos chaman a atención, entre os humanos e as máquinas.

• Os cidadáns son nomeados e recoñecidos por un código de letras e números, como os coches

na actualidade, coma os presos… ¿Que opinamos ó respecto?

• «Non é a primeira vez que unha axente de pantalla de quinta xeración se autodestrúe como

resultado do fracaso na resolución da investigación que lle foi encomendada.» ¿Podedes relacionar

este feito con algo da actualidade?

• O insólito pode pasar desapercibido por non considerarse viable. Pasa aquí con este rapaz que

deixa de saír e non é descuberto; pasa na novela de Xabier P. Docampo O pazo baleiro no

11

que outro rapaz abandona a escola sen que nin profesorado nin familia se decate; pasa nalgún

dos libros de Roald Dahl… ¿Notáchelo nalgunha ocasión? ¡Redactádea!

• «Fóra debe haber outra vida agardando» é a frase final do Informe á autoridade do axente Ax.

Pode servirche como principio dunha historia.

• Unha serie de termos vannos situando na ciencia ficción: ciberpantalla, macrocidade, OUU,

axente de pantalla, Hiper Focus, recepcionador… Buscade outras.

• Referencias de cómic como o nome da rúa Moebius, o nome da Escola Secundaria Miguelanxo.

¿Somos quen de buscar algo destes autores?

• Observa o día no que comeza a historia. ¿Que significado pode ter isto? ¿De que nos resulta

coñecido o nome de Dióxenes?

• Tal e como Ax lle conta ó rapaz no capítulo final, foran os humanos quen escolleron en votación

que foran as máquinas as que tomasen a dirección da sociedade. ¿Que se nos ocorre?

• ¿Como nos explicamos o último parágrafo?

• Vexamos en qué xénero narrativo colocaríamos cada un destes relatos: ciencia ficción, misterio,

realismo… ¿Teñen algo en común todas as narracións? Opinemos sobre todas elas: cál

prefire cada un de nós e por qué…

Pedidos a:

Comercial Grupo Anaya

Polígono de Bergondo

1ª Travesía - Parcela B1

15.165 Bergondo (A Coruña)

Telf.: 981 795 656 / Fax: 981 795 660

XERAIS

Doutor Marañón, 12. 36211 Vigo

Apartado Postal 1446. 36200 Vigo

Teléfonos (986) 21 48 88 - 21 48 80

T elefax: (986) 20 13 66

Correo electrónico: xerais@xerais.es

http: //www.xerais.es/

EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA

© Pilar Sampedro Martínez, 2004

© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2004

Depósito legal: VG. 22-2004

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!