15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Hai algúns cursos que

son pura teoría, ou

que teñen unha

aplicación práctica

pero non persoal.

Pero neste caso paro

con atención no tema

da violencia de

xénero. Polo menos

tres das traballadoras

de PDI sofren

violencia nas súas

casas.

to que o grupo ten trazas. Hai unha rapaza tímida que vai coas súas amigas e é acosada por un tipo,

do que a ten que rescatar o heroe. Aí nace o amor. Logo dunha canción (si, si, canción e todo, aquí

hai moita arte) arredor dunha árbore, a familia da rapaza decide casala co primeiro individuo acosador,

un curmán. Ela accede e na voda mesma toma veleno e morre. Todas rimos. Pero cando segue a

análise das mensaxes inherentes na película para as mulleres, a todas se nos atraganta o cine. Trinta

persoas que perderon a inocencia de pensar que o que entretén é só iso sen máis.

Trucos pedagóxicos ı A min gústame usar trucos pedagóxicos. O segundo día do curso imos

ver os aspectos máis técnicos de intervención na comunidade desde o enfoque de xénero. Así que lles

poño dúas comunidades na pizarra: nunha a poboación ten emprego mal pago pero van tirando, a

asistencia sanitaria non se usa moito pero está dispoñible, o nivel de alfabetización é do 50%, o horario

de traballo é de 7.00 a 15.00 con tempadas de descanso cando non é tempada de traballo. Na

outra comunidade trabállase sen cobrar (entre paréntese escribo “escravitude”) de 5.00 a 22.00 todos

os días do ano, o nivel de alfabetización é do 2%, a atención sanitaria inexistente e ademais esta

comunidade vive nunha situación de violencia que limita os seus movimentos e a súa liberdade. Logo

poño cara inocente e pídolles que identifiquen a comunidade máis necesitada de apoio. Ninguén

dubida de que é a segunda. Aínda lles leva uns minutos decatarse de quen é cada comunidade. As

dúas son a mesma. Só que unha son os homes e a outra as mulleres. Sen a miopía da discriminación

ninguén ten dúbidas.

Non só teoría ı Hai algúns cursos que son pura teoría, ou que teñen unha aplicación práctica

pero non persoal. Pero neste caso paro con atención no tema da violencia de xénero. Polo menos tres

das traballadoras de PDI sofren violencia nas súas casas. E nos suburbios moitas máis. Iso e acoso

sexual, violación. No grupo hai caras duras e serias. Samsat érguese ao final do curso e fala. Ela, que

traballa de criada ademais de como animadora e a última vez que a vin levaba unha vendaxe no pescozo.

“Teño que solucionar a situación na miña casa”, di. E para min a intención neste caso paréceme

un gran intento.

> 41

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!