15.05.2013 Views

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

Crónicas desde a India - Vieiros

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

10

Poucas

mulleres

na política

ai momentos en que unha semella quedar atordada ao final do día. En retrospectiva véxo-

H me saíndo a cámara lenta das casas e dos suburbios, como se o mundo me pesase toneladas

nas costas. Os meus pés ralentizados levantan o pó que sobe en lixos visibles por entre os

pregues do meu sari. Normalmente a luz da fin do día está impresa na miña caluga e as pálpebras

pechan máis despacio na dor a esa velocidade. Os suspiros a cámara lenta parecen máis un resoprar

coa sobrecarga... Pero logo, pouco a pouco, as impresións van pasando da lentitude a unha velocidade

normal. E aquilo que tanto me pesaba convértese en combustible ecolóxico. Cando chego á oficina

xa foron crecendo na miña cabeza os pasos e os plans. Véxome capaz de poñelos en marcha.

Excelencia sanitaria ı Hai uns meses organizamos un campo de saúde reprodutiva para as mulleres

do proxecto. As mulleres rara vez comentan temas relacionados coa sexualidade, e en cousas tan básicas

como a menstruación, as rapazas acaban preguntándolles ás amigas porque non teñen nin idea do

que lles pasa. Ata o campo de saúde reproductiva, as rapazas nin sequera sabían o que era unha compresa.

Usaban os mesmos panos que en Galiza hai uns cincuenta anos. Manter as mulleres ignorantes

con respecto ao seu corpo e á súa sexualidade é unha garantía de éxito para o patriarcado.

As mulleres adultas teñen eses mesmos problemas e outros engadidos, relacionados coa actividade

sexual. Mutalakshmi quería saber por qué non tiña descendencia. E a xinecóloga díxolle que tiña

que ir á consulta médica. Dixéronlle que tiña o útero demasiado pequeno para concibir e que tería

> 31

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!