Untitled - Coordinadora Galega de ENDL

Untitled - Coordinadora Galega de ENDL Untitled - Coordinadora Galega de ENDL

coordinadoraendl.org
from coordinadoraendl.org More from this publisher
15.05.2013 Views

Xuño 2009 IES de Melide 26 26 ENTREVIST ENTREVISTA ENTREVIST A A A JA JAUREGUÍZAR JA UREGUÍZAR que investiga misterios polas cidades galegas, e vai para rapaces. Espero que vos guste se tedes oportunidade e interese de lelo. 15. Canto tempo lle dedicas á creación literaria? Érgome todas as mañás ás seis, e o normal é que escriba ata as oito, máis ou menos. Eu teño dous nenos, e depende do que durman eles, do que me deixen traballar eles, pero o normal é entre unha hora e media e dúas horas. 16. En que te inspiras cando creas as historias. Véñenche simplemente as ideas á cabeza nun momento? Non, as ideas non veñen á cabeza, o normal é que un vaia todo o día lendo prensa, eu estou traballando un xornal, co cal todos os días estou en contacto con moitas historias que me interesan que van creando un pouso e ao final hai unha chispa que prende e sae a historia de aí, pero estou sempre lendo historias, mirando historias en internet e iso crea ao final os libros. 17. Cal dirías que é a túa obra preferida? É complicado dicir isto, porque non é moi xusto o éxito dos libros, a vida dos libros. Hai libros que custou moito facelos e que logo non interesaron a ninguén; outros que escribín rápido e foron un éxito. Un dos que me gusta máis é Salitre, é o que se leu aquí no instituto de Melide, e se me gusta é porque primeiro contei unha historia que me apetecía contar, de intriga, unha historia moi sinxela e que foi moi ben recibida polo público, e iso sempre se agradece moito. 18. Acábanos de chegar a noticia de que fuches o gañador do premio Terra de Melide coa túa obra O Globo de Shakespeare. Como te sentes con este premio, un máis dos moitos que estás acadando? Este é un premio moi importante. Paréceme importante que un concello coma este faga unha aposta por manter un premio como o de Terra de Melide. Eu presenteime a el porque considero que é un dos premios importantes que hai nestes momentos no país. E foi cunha novela que se chama O Globo de Shakespeare, que está chegando nestes momentos ás librarías, e sempre cando un saca un libro ten un certo medo, porque un non sabe como vai reaccionar o público. Se houbese unha fórmula, todos nos dedicariamos a ela, e este libro en concreto, como vai respaldado por un premio, sempre hai un dobre medo porque a xente sempre o vai ler pensando que ese libro levou un premio e que sempre ten que ser un bo libro. Non sei se é un bo libro ou un mal libro, iso téñeno que decidir os lectores, pero sempre hai esa cousa. 19. Poderíasnos falar un pouco da túa obra O Globo de Shakespeare? É unha historia que aconte- Lectura ce en Ribadeo, nunha vila da costa de Lugo na que eu pasei a miña infancia toda, e o que pasa é que hai un pazo no que aparece unha obra inédita de Shakespeare; entón é un pouco contar esa historia. Hai unha intriga e unha serie de personaxes que viven os seus amores e desamores a raíz de que atopan ese suposto manuscrito de Shakespeare. 20. Gustaríache dicir algo para os nosos lectores? Si, gustaríame contarvos o que estiven comentando hoxe nas clases aos rapaces que estabades. Que as historias non están unicamente nos libros, que están tamén nas mensaxes de SMS que vos enviades e nas historias que vos contades de cando vos pasa algo con un rapaz, ou con un profesor. ANDREA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, SILVIA VÁZQUEZ SUFUENTES, PATRICIA ROCA FERNÁNDEZ, S3A

Lectura MORNING MORNING MORNING MORNING MORNING ST ST STAR ST STAR, AR AR AR , DE DE XOSÉ XOSÉ MIRAND MIRANDA MIRAND Atopámonos no século XIX. Un grande número de bandoleiros esténdese por Galiza formando gavelas. Nisto se basea a novela Morning Star de Xosé Miranda. Este libro conta a historia de Lourenzo Tasende, que é un rapaz duns catorce anos que vive cos seus pais na taberna da Disputa, cerca de Pontevedra. Un día chega á súa casa para quedar, Lázaro Rivadulla, antigo amigo de seu pai, e dende entón a súa vida cambia. A nai morre e tras isto o pai volve a formar parte dunha gavela na que participara sendo novo. Pouco a pouco Lourenzo vaise involucrando neste grupo e vai descubrindo que o obxectivo principal da gavela é un tesouro pirata que o enfronta á gavela de Tomás das Congostras. Nun asalto, enfróntase aos seus compañeiros para salvar unha rapaza, Helena Rouco, da que se namora. Con ela foxe e, mentres o fan, teñen que enfrontarse a numerosos ataques da gavela de Rivadulla que incluso mata o pai de Lourenzo cando os encobre. O rapaz consegue chegar a Lugo e deixar a Helena a salvo cuns parentes. Despois disto Lourenzo achégase a Pontevedra, onde se atopa con Tomás das Congostras e alíase con el para buscar o tesouro escondido. Para iso contan cos bandoleiros da súa gavela e cunhas cartas de Lázaro, das que se apropiara, e que os conducen ata o agocho do tesouro. Lourenzo pasa unha tempada no cárcere do que logra escapar grazas a Helena, que mentres tanto estivo buscando a seus avós. Ao final Lourenzo vive felizmente coa rapaza en Morning Star, novo nome que lle dan á Disputa. Esta novela está escrita en primeira persoa, posto que é o protagonista o que conta a historia cando xa é adulto. Nela mestúranse personaxes ficticios e outros reais, dos cales algúns foron sacados do cantar de cego »A vida e morte afrontosa de Tasende». Os personaxes principais desta novela son: Lourenzo Tasende fillo (protagonista da narración, e un rapaz valente e boa persoa), Lourenzo Tasende pai (provoca a situación determinante para que o seu fillo viva esta historia a causa do seu pasado), Helena Rouco (rapaza bondadosa que lle axuda a Lourenzo en todo e incluso lle ensina a ler), Lázaro Rivadulla (é ruín, cobizoso e egoísta), Tomás das Congostras (é bo home e parece que se encariña co protagonista) e Campanachoca (é o que lle conta a Lourenzo o pasado de seu pai). A historia desenvólvese na zona de Pontevedra principalmente, pero tamén en zonas de Compostela, Lugo e Ourense. Máis concretamente, ocorre entre a Disputa e a casa de Gatomorto, onde se atopa o tesouro. O tempo da historia aproxímase aos dous anos e segue unha orde cronolóxica, pero é contada como unha acción do pasado, o que queda claro ao final da novela no que se nos conta a situación actual dos personaxes. O título desta novela é o nome do barco de Benito Soto (último pirata de occidente) que abordou o «Morning Star» no que levaba o tesouro polo que Lázaro e Tomás se enfrontan na novela. A súa tradución ao galego é «luceiro da alba»,que será a unión entre Lourenzo e Helena, pois cada vez que o miraban recordábanse un ao outro cando tiñan que separarse. Esta novela é entretida e emocionante, pois mantén a intriga en varias ocasións ao longo do libro. Ademais, creo que é bastante fácil de ler, posto que non ten un vocabulario moi complicado. Quizais o que menos me gustou fose o principio, cando conta como vivía antes da chegada de Lázaro no primeiro capítulo. En resumo, creo que é unha boa obra que recomendaría para ler a todos aqueles aos que lles gusten as novelas de aventuras. ANDREA VÁZQUEZ VARELA, B1A IES de Melide Xuño 2009 27 27 27

Xuño 2009 IES de Melide

26

26

ENTREVIST ENTREVISTA ENTREVIST A A A JA JAUREGUÍZAR

JA UREGUÍZAR

que investiga misterios polas

cidades galegas, e vai para

rapaces. Espero que vos guste

se tedes oportunidade e

interese de lelo.

15. Canto tempo lle dedicas

á creación literaria?

Érgome todas as mañás ás

seis, e o normal é que escriba

ata as oito, máis ou menos.

Eu teño dous nenos, e

depende do que durman eles,

do que me deixen traballar

eles, pero o normal é entre

unha hora e media e dúas

horas.

16. En que te inspiras

cando creas as historias.

Véñenche simplemente as

ideas á cabeza nun momento?

Non, as ideas non veñen á

cabeza, o normal é que un

vaia todo o día lendo prensa,

eu estou traballando un

xornal, co cal todos os días

estou en contacto con

moitas historias que me interesan

que van creando un

pouso e ao final hai unha

chispa que prende e sae a

historia de aí, pero estou

sempre lendo historias, mirando

historias en internet e iso

crea ao final os libros.

17. Cal dirías que é a túa

obra preferida?

É complicado dicir isto, porque

non é moi xusto o éxito

dos libros, a vida dos libros.

Hai libros que custou moito

facelos e que logo non interesaron

a ninguén; outros

que escribín rápido e foron un

éxito. Un dos que me gusta

máis é Salitre, é o que se leu

aquí no instituto de Melide, e

se me gusta é porque primeiro

contei unha historia que me

apetecía contar, de intriga,

unha historia moi sinxela e

que foi moi ben recibida polo

público, e iso sempre se agradece

moito.

18. Acábanos de chegar a

noticia de que fuches o

gañador do premio Terra

de Melide coa túa obra O

Globo de Shakespeare.

Como te sentes con este

premio, un máis dos

moitos que estás

acadando?

Este é un premio moi importante.

Paréceme importante

que un concello coma este

faga unha aposta por manter

un premio como o de Terra

de Melide. Eu presenteime a

el porque considero que é un

dos premios importantes que

hai nestes momentos no país.

E foi cunha novela que se

chama O Globo de

Shakespeare, que está

chegando nestes momentos

ás librarías, e sempre cando

un saca un libro ten un certo

medo, porque un non sabe

como vai reaccionar o público.

Se houbese unha fórmula,

todos nos dedicariamos a

ela, e este libro en concreto,

como vai respaldado por un

premio, sempre hai un dobre

medo porque a xente sempre

o vai ler pensando que ese

libro levou un premio e que

sempre ten que ser un bo libro.

Non sei se é un bo libro

ou un mal libro, iso téñeno

que decidir os lectores, pero

sempre hai esa cousa.

19. Poderíasnos falar un

pouco da túa obra O Globo

de Shakespeare?

É unha historia que aconte-

Lectura

ce en Ribadeo, nunha vila da

costa de Lugo na que eu

pasei a miña infancia toda, e

o que pasa é que hai un pazo

no que aparece unha obra

inédita de Shakespeare;

entón é un pouco contar esa

historia. Hai unha intriga e

unha serie de personaxes que

viven os seus amores e desamores

a raíz de que atopan

ese suposto manuscrito de

Shakespeare.

20. Gustaríache dicir algo

para os nosos lectores?

Si, gustaríame contarvos o

que estiven comentando hoxe

nas clases aos rapaces que

estabades. Que as historias

non están unicamente nos libros,

que están tamén nas

mensaxes de SMS que vos

enviades e nas historias que

vos contades de cando vos

pasa algo con un rapaz, ou

con un profesor.

ANDREA VÁZQUEZ RODRÍGUEZ, SILVIA

VÁZQUEZ SUFUENTES, PATRICIA ROCA

FERNÁNDEZ, S3A

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!