14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Gustavo Hervella García e María Seijas Montero

3. PATRÓNS DE RESIDENCIA DOS GALEGOS EN BOS AIRES

Neste apartado imos destacar o feito, xa demostrado por outros estudos,

de que se observa que os galegos traballan e viven, xa que moitos establecían

o seu domicilio no mesmo lugar onde está o establecemento que rexentan, en

moi poucos barrios. Destacamos Monserrat, Congreso e San Telmo e, xa a distancia,

Constitución e Once. Onde se establecen a maioría dos emigrantes é

preto do porto, nas rúas Hipólito Yrigoyen, Bartolomé Mitre, Avenida de Mayo,

Alsina, Carlos Peregrini, Victoria, Corrientes e Cangallo –que actualmente conserva

en parte este nome e o de General Perón. Nestes lugares é onde se localizaban

a maioría dos comercios e establecementos rexentados por galegos. Estas

zonas ocupan o 85% dos galegos, segundo datos manexados polo profesor

Núñez Seixas. El mesmo afirma que esta densidade favorecía que o espazo

público estivese habitado na súa maior parte por galegos. Foi isto o que favoreceu

o asociacionismo microterritorial galego xa que as primeiras sedes das

sociedades de instrución se estableceron aquí. Tamén, o primeiro enderezo que

os emigrantes acabados de chegar daban era o do negocio en que traballaban,

polo tanto non é unha elucubración baldía pensar que moitos dos enderezos

profesionais que manexamos neste breve estudo tamén constituían as residencias

persoais dos inmigrantes, aínda que non todos os propietarios de negocios

vivían no mesmo lugar onde tiñan o almacén, sobre todo a medida que avanzamos

no século e co desenvolvemento dos transportes de proximidade.

Certamente, aínda que non podemos afirmar que a residencia destes emigrantes

fose aquí, a presenza dos negocios nun espazo relativamente reducido

fai pensar que é nestas zonas onde estaban establecidos a maioría dos chegados

de Galicia xa que eran estes os potenciais clientes. Con todo, estes datos

témolos que tomar con cautela e non podemos deducir deles que no Bos Aires

do primeiro terzo do século xx existisen barrios étnicos. Como afirmou Núñez

Seixas, «como mucho existieron cuadras que, por razones de presencia de

una fábrica o un almacén, aglutinaban a varios emigrantes, paisanos del propietario

del negocio». Así, as redes microsociais de veciñanza e parentela, así

como o liderado de notables, tiveron nestas circunstancias un ambiente favorable

para desenvolverse. A microsociedade Hijos del Ayuntamiento de Coirós

ten os seus membros espallados polos barrios que sinalamos ao principio deste

apartado, particularmente San Telmo. Mais se é precipitado falar de barrios

étnicos, si que podemos sinalar a existencia duns focos máis condensados ca

outros. Existen determinadas rúas onde a presenza de negocios de galegos é

moi intensa, con cuadras que presentan máis de cinco establecementos rexentados

por inmigrantes de Galicia, como pode ser a formada polo cruzamento

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!