14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A inserción laboral dos emigrantes en Bos Aires a través da prensa da colectividade galega, 1900-1930

por asentarse na cidade e non no campo. 18 Así, os termos cos que foron designados

son os de gaitas ou yoyegas. Esta imaxe está incrementada polo feito xa

sinalado que facía referencia á presenza evidente de inmigrantes que proviñan

de Galicia en determinados barrios.

2. INSERCIÓN LABORAL DOS EMIGRANTES GALEGOS EN BOS

AIRES

Unha das tarefas máis importantes dos miles de galegos que marcharon

cara a Arxentina a principios do século xx era atopar un lugar onde traballar

e gañar diñeiro para, a curto ou longo prazo, regresar ao seu lugar de orixe. É

dicir, como sinalou S. Baily, a expectativa de todo inmigrante era, nunha primeira

etapa, a de subsistir; pero o éxito consistía en obter un excedente que

lles permitise acadar os obxectivos polos que viñeran. 19

O progreso económico dos galegos en Bos Aires dependía moitas veces

das súas propias capacidades e da sorte que lles ofrecía a cidade receptora. Hai

que ter en conta, como xa sinalamos, que o inmigrante galego era de procedencia

case exclusivamente rural e ao chegar a Bos Aires tiña que integrarse

nunha gran masa urbana, ao elixir precisamente a capital como lugar de destino.

Non debe resultar estraño entón, como xa sinalou a profesora Cagiao Vila

para o caso uruguaio, 20 que a presenza da inmigración galega en Bos Aires sexa

fundamental no seu proceso de urbanización, dado que contribúe á formación

das clases medias, sen esquecer o destacado papel que desempeña no desenvolvemento

da industria e do comercio.

As fontes usadas neste traballo permítennos levar a cabo unha primeira

aproximación á inserción laboral da inmigración galega na capital arxentina.

Así e todo, somos conscientes de que os anuncios comerciais só nos poden

dar unha visión parcial da realidade dos negocios e das actividades profesionais,

máxime no presente caso, no que se utilizou, conscientemente, unha

pequena mostra dos rexistros que localizamos na prensa étnica da época. Concretamente

consultáronse catro letras (A-D) clasificadas alfabeticamente polo

apelido do comerciante ou profesional, o que nos deu un total de 697 rexis-

18. Moya, J. C.: «Parientes y extraños: Actitudes hacia los inmigrantes españoles en la Argentina

en el siglo xix y comienzos del xx», Estudios Migratorios Latinoamericanos, n.º 13, 1989, pp.

504-505.

19. Baily, S. L.: «Hacer la América...», op. cit., 1998, p. 57.

20. Cagiao Vila, P.: «Empresas de inmigrantes gallegos en Uruguay en el Siglo xx», en Actas

primeras jornadas presencia de España en América: Aportación Gallega, Madrid, Deimos, 1989,

pp. 447-460.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!