14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Gustavo Hervella García e María Seijas Montero

1. AS OCUPACIÓNS DOS GALEGOS EN ARXENTINA

Un tópico e un estereotipo existente na literatura e na sociedade arxentina

en xeral é o que asocia os inmigrantes galegos preferentemente con ocupacións

urbanas pouco cualificadas ligadas ao sector terciario e, así mesmo, co

pequeno comercio polo miúdo. Precisamente sobre este grupo social incidiremos

no noso estudo xa que son eles os que se anuncian maiormente na prensa

escrita de Bos Aires. Aínda que isto non foi sempre así, de certo que a imaxe

do galego almacenero tiña un forte predicamento entre os bonaerenses. Segundo

os datos do censo municipal da capital de 1909, os españois eran propietarios

do 22,1% dos pequenos comercios da cidade, deles presuntamente un

50% ou máis eran galegos. 7 Do mesmo xeito ocorría con outros grupos de

inmigrantes –véxase os italianos–, cuxa maioría traballaba por pouco diñeiro

e residía preto dos seus centros de traballo. Outros, en troques, conseguían

un triunfo relativo, e pensamos que son estes os que se anuncian na prensa

étnica que tomamos como fonte principal do noso estudo. Aínda así, como xa

sinalamos en páxinas anteriores, a mostra utilizada non representa o total dos

comerciantes e profesionais radicados en Bos Aires pois, aínda que constitúen

unha serie homoxénea, inclúen só a aqueles profesionais interesados en anunciarse

e que tiñan máis facilidades para buscar un «mercado étnico». Por norma

xeral, as ocupacións máis sobranceiras dos galegos están relacionadas coa

hostalaría, ben en restaurantes ou fondas e hoteis. A non moita distancia, os

bares e cafetarías constitúen un espazo perfectamente manexado polos inmigrantes

galegos en Bos Aires de principios de século. No entanto, os postos

máis destacados son para os almacéns, xa sexan de comestibles, a maior parte

das veces, ou doutro tipo de artigos. 8 Non significa isto que tan só sexan estes

grupos os que existen entre a colectividade, senón que son os máis numerosos.

As profesións liberais superiores, como médico, farmacéutico ou notario,

son tamén destacadas no presente estudo, aínda que a biografía destes elementos

da colectividade se pode estudar, na maioría dos casos, noutros traballos

como o de Vilanova Rodríguez. 9

Tendo en conta o afirmado por Baily, aplicado en principio aos emigrantes

italianos, os galegos, na súa maioría, saen da súa terra para gañar diñeiro,

7. Núñez Seixas, X. M.: «Algunas notas sobre la imagen social de los inmigrantes gallegos en la

Argentina (1860-1940)», Estudios Migratorios Latinoamericanos, n.º 42, 1999, p. 74.

8. En 1907 o presidente da Liga de Almaceneros Minoristas de Bos Aires era o galego Ramón

Ares; Correo de Galicia, 26 de abril de 1908, ano I, n.º 6, p. 3.

9. Vilanova Rodríguez, A.: Los gallegos en la Argentina, Bos Aires, Eds. Galicia, 1966, 2 vols.

0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!