14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (7-29) ]

Os galegos no Río de Xaneiro

tión non está vinculado a ese contexto histórico e si a unha emigración espontánea.

Se algúns emigrantes españois chegaron ao Brasil a través da emigración

subvencionada, outros viaxaron coas súas propias economías e elixiron os centros

urbanos como principal destino. Os galegos, diferenciados do proletariado

español, por posuír algunha parcela de terra, vendían ou arrendaban o que

tiñan para dispor dos medios necesarios para os gastos da emigración (Sánchez

Alonso, 1995: 248). Cos cartos da pasaxe nas mans ían rumbo a Río de

Xaneiro coa esperanza de ascender economicamente nunha cidade onde o seu

rápido crecemento urbano, a finais do século xix, provocaba a aparición dun

nacente sector comercial carente de man de obra. 1 É certo que moitos españois

xa se estableceran en Río de Xaneiro desde o comezo do século xx e isto

compróbase claramente no Censo de 1906, cun rexistro de 14 110 españois,

cantidade que só é superada polos inmigrantes portugueses e italianos (Mendonça

Motta, 1982: 141).

No Río de Xaneiro a comunidade galega é comparada á dos portugueses,

xa que os veciños lusitanos actuaban maioritariamente no comercio, nos chamados

almacéns de secos e molhados, na construción civil e nos transportes, sectores

en que tamén traballaron moitos galegos, principalmente no referido ao pequeno

comercio (Medeiros de Menezes, 1992: 24). Esta afinidade talvez fose un forte

motivo para o ofuscamento dunha identidade galega que a diferenciase como

un grupo forte. O galego é, moitas veces, confundido cos portugueses, non só

por actuar nun mercado de traballo onde estes xa se estableceran moito antes

(no pequeno comercio), senón tamén pola semellanza dos idiomas.

Algúns autores brasileiros refírense aos portugueses como galegos. Por

exemplo no caso do escritor José Murilo de Carvalho, que aborda a actuación

dos emigrantes no escenario carioca posrepublicano: «A massa de 50%

do que chamamos proletariado era constantemente alimentada pela imigração

[...] proveniente especialmente de Portugal. Interioranos de um lado e galegos 2

de outro vinham engrossar a multidão dos jornaleiros, domésticos, ambulantes,

todo um leque de ocupações variadas» (Carvalho, 1987: 77). Outra mención

do mesmo autor sobre a relación ou confusión portugués/galego di que:

«As primeiras greves operárias que agitaram a República tiveram participação

1. Nas últimas décadas do século xix, o Río de Xaneiro comezou a medrar de forma continua,

coa construción de rúas, novos transportes, como o autobús e o automóbil, e a aparición de

bancos e industrias. Na demografía notáronse importantes transformacións, coa chegada de milleiros

de emigrantes estranxeiros. En 1870, a súa poboación era de 235 381 persoas; en 1890

xa contaba con 522 651, en 1906 deu un salto poboacional de 811 443 habitantes (Mendonça

Motta, 1982: 141).

2. A cursiva é nosa.

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!