Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Gustavo Hervella García e María Seijas Montero tes zonas da capital arxentina sexan focos de atracción de emigrantes, o que aumenta o número de galegos residentes en determinadas rúas bonaerenses e fomenta, aínda que sexa só visualmente, a imaxe do galego como protagonista dunha actividade comercial e como habitante de determinados barrios. Na Arxentina dos primeiros trinta anos do século xx a prensa étnica galega ocupaba un lugar destacado no conxunto das publicacións que en Bos Aires saían á luz 5 . Referímonos a xornais e revistas, unhas veces de carácter xeral e outras lúdico ou de información dunha sociedade, sexa recreativa, sexa mutualista ou instrutiva, cuns lectores que, presumiblemente, eran os membros da colectividade inmigrante galega e residentes en Bos Aires. A eles estaban destinados os anuncios que se atopan ao comezo da publicación, as mesmas casas comerciais no mesmo lugar, número tras número, o que se supón que era unha maneira sinxela de que o lector se acostumase a ver o mesmo establecemento sempre que lese o xornal. Non só eran cabeceiras de información xeral, tamén as había especializadas. Tal era o caso de Almanaque Gallego, publicado en Bos Aires pola editorial Céltiga en 1926 cunha periodicidade anual. Inclúe un calendario para o ano seguinte, no que se sinalan as datas máis destacadas para os galegos e que contén anuncios abundantes de comercios, bancos, compañías de navegación ou librarías, ademais de completar a súa oferta, ao final da publicación, cunha guía de comerciantes e profesionais residentes na capital arxentina. O mesmo podemos dicir do Boletín Oficial de la Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, creado en 1922 pola Sociedad Fomento de Porriño y su Distrito, con anuncios de todo tipo de comercios, dende talleres de lavado a almacéns, xastrarías ou bancos. Como se pode apreciar, trátase dunha publicación realizada por unha sociedade microterritorial e temos que supoñer que o seu alcance de lectores era medio. O que non debemos asimilar é o feito de que os seus anunciantes fosen desta zona de Galicia porque, probablemente, a súa presenza nas páxinas da revista se debía máis ás condicións do mercado en que se desenvolvían que a outras causas. O que si sucede en ocasións é que comercios establecidos en Galicia se anuncian nas súas páxinas, como un feito que presupón que os lectores da publicación serían do mesmo lugar. Un exemplo de publicación cun número de lectores importante, tendo en conta por suposto que non existen ata o momento estatísticas de difusión da prensa periódica, puido ser a revista Galicia. Revista Oficial del Centro Gallego de Buenos Aires, creada en 1926 en substitución do Boletín Oficial del Centro Gallego de Buenos Aires, que publi- 5. Peña Saavedra, V. (dir.).: Repertorio da prensa galega da emigración, Santiago de Compostela, Consello da Cultura Galega, 1998. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

A inserción laboral dos emigrantes en Bos Aires a través da prensa da colectividade galega, 1900-1930 ca o seu primeiro número o 1 de xaneiro de 1913, e á que xa nos referimos liñas atrás. A publicidade que ofrece é moi abundante, con referencias a establecementos comerciais, profesionais liberais, bancos, compañías de viaxe ou axencias de seguros. A distribución dentro dun exemplar era sempre a mesma e cada casa comercial ocupaba o mesmo espazo en todos os números. Os anuncios practicamente están constituídos na súa totalidade por reclamos epigráficos e a presenza de imaxes é testemuñal. Comezan normalmente con chamamentos aos lectores do tipo ¡gallegos!, destinados a chamar a atención baseándose na unión étnica que se establece na emigración. Vexamos un exemplo extraído do xornal El Eco de Galicia, 6 DR. ÁNGEL ANIDO Médico Cirujano Alsina, 974 — Horas de consulta: de 1 a 3. Buenos Aires O anuncio que acabamos de reproducir repítese invariablemente en todos os exemplares desta revista no ano 1899 e sempre no mesmo lugar. Deste xeito, o lector axiña asociaba este espazo a este establecemento, o que facilitaba a súa identificación. Outro tipo de publicidade utilizada para a elaboración do presente traballo, e que é representativa na prensa arxentina, é aquela que dá noticia dunha viaxe a Galicia ou dun cambio de domicilio por parte do emigrante, o que leva á publicación a sinalar o enderezo laboral de quen viaxa, ao tempo que dá así unha publicidade indirecta do negocio, amais de descubrirnos a orixe natural do protagonista. Sería interesante comparar este tipo de publicidade con outra, a que ofertaba obreiros. Referímonos ás bolsas de traballo que mostraban as sociedades e a prensa local, xa que deste xeito saberiamos o interese que tiñan os anuncios dende un punto de vista dobre, tanto para o posible cliente como para o inminente empregado. As grandes institucións mutualistas porteñas tamén exerceron un papel publicitario moi destacado na colectividade, ao invitar os seus membros a comprar en establecementos de galegos, con reclamos do tipo Artículos importados de Galicia ou os seus propietarios a anunciarse na prensa étnica que por aqueles anos existía na capital arxentina. 6. El Eco de Galicia, Bos Aires, 10 de maio de 1899, ano VII, n.º 272, p. 10. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

A inserción laboral dos emigrantes en Bos Aires a través da prensa da colectividade galega, 1900-1930

ca o seu primeiro número o 1 de xaneiro de 1913, e á que xa nos referimos

liñas atrás. A publicidade que ofrece é moi abundante, con referencias a establecementos

comerciais, profesionais liberais, bancos, compañías de viaxe ou

axencias de seguros. A distribución dentro dun exemplar era sempre a mesma

e cada casa comercial ocupaba o mesmo espazo en todos os números.

Os anuncios practicamente están constituídos na súa totalidade por reclamos

epigráficos e a presenza de imaxes é testemuñal. Comezan normalmente

con chamamentos aos lectores do tipo ¡gallegos!, destinados a chamar a atención

baseándose na unión étnica que se establece na emigración.

Vexamos un exemplo extraído do xornal El Eco de Galicia, 6

DR. ÁNGEL ANIDO

Médico Cirujano

Alsina, 974 — Horas de consulta: de 1 a 3.

Buenos Aires

O anuncio que acabamos de reproducir repítese invariablemente en todos

os exemplares desta revista no ano 1899 e sempre no mesmo lugar. Deste xeito,

o lector axiña asociaba este espazo a este establecemento, o que facilitaba a

súa identificación. Outro tipo de publicidade utilizada para a elaboración do

presente traballo, e que é representativa na prensa arxentina, é aquela que dá

noticia dunha viaxe a Galicia ou dun cambio de domicilio por parte do emigrante,

o que leva á publicación a sinalar o enderezo laboral de quen viaxa, ao

tempo que dá así unha publicidade indirecta do negocio, amais de descubrirnos

a orixe natural do protagonista.

Sería interesante comparar este tipo de publicidade con outra, a que ofertaba

obreiros. Referímonos ás bolsas de traballo que mostraban as sociedades

e a prensa local, xa que deste xeito saberiamos o interese que tiñan os anuncios

dende un punto de vista dobre, tanto para o posible cliente como para o

inminente empregado.

As grandes institucións mutualistas porteñas tamén exerceron un papel

publicitario moi destacado na colectividade, ao invitar os seus membros a

comprar en establecementos de galegos, con reclamos do tipo Artículos importados

de Galicia ou os seus propietarios a anunciarse na prensa étnica que por

aqueles anos existía na capital arxentina.

6. El Eco de Galicia, Bos Aires, 10 de maio de 1899, ano VII, n.º 272, p. 10.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!