14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A inserción laboral dos emigrantes en Bos Aires a través da prensa da colectividade galega, 1900-1930

prestixio dos seus fundadores fronte aos seus conterráneos. Moitos deles eran

dirixentes de microsociedades e os seus respectivos órganos de opinión eran comerciantes

de éxito, ou como mínimo, empregados de certa cualificación, «a ser

posíbel de establecementos coñecidos da colonia galega, o que aseguraba ese

capital relacional preciso para triunfar». 2 Esta é unha das causas polas que non

se atopan noticias que afecten o conxunto do país de acollida e pola contra dáselles

máis importancia ás incidencias acontecidas na colectividade. Así, difúndese

entre os galegos a súa historia, ao tempo que se fomenta a unión entre eles, a

través de recomendacións que o propio xornal efectúa para que se acheguen aos

establecementos dos seus paisanos. É precisamente neste feito no que nos baseamos

para dar importancia aos anuncios atopados na prensa étnica xa que para os

propietarios o apelar a unha sorte de «mercado étnico» constituía unha opción

atractiva; polo tanto, non é incoherente crer que boa parte dos negocios que se

anuncian corresponden a inmigrantes galegos. Lembremos que a propia cohesión

da colectividade, na maioría dos casos, reforza os vencellos entre os propios

emigrantes, ademais de facilitar a penetración da prensa étnica entre eles.

Certamente, podemos afirmar como a medida que o status do emigrante,

emprendedor e aforrador, se incrementa, a súa posición entre a colectividade

vai crecendo e, en ocasións, dentro da propia elite de Bos Aires. Este feito

vai paralelo a outro de vital importancia para o tema que nos ocupa, xa que o

prestixio social do propietario fai que parentes ou amigos residentes en Galicia

sexan reclamados por el e se lles ofreza teito e comida. De novo destacamos a

importancia dos vencellos persoais e recíprocos entre familias, parentes e paisanos;

é o que Samuel L. Baily establece para os italianos en Bos Aires e Nova

York, e que perfectamente podemos extrapolar para o caso que nos ocupa. 3

Así mesmo, a relación establecida nun principio é esencial á hora de constituír,

pasados uns anos, o propio negocio, como afirma María Liliana da Orden: «el

tipo de actividad elegida presentaba una fuerte correlación con la existencia de

parientes en la zona». 4 Isto fai que os comercios que nós situamos en diferen-

2. Núñez Seixas, X. M.: Emigrantes, caciques e indianos, Vigo, Xerais, 1998, pp. 105-106 e

«A parroquia de alén mar: algunhas notas sobre o asociacionismo local galego en Bos Aires

(1904-1936)», Semata, n.º 11, 1999, pp. 345-381.

3. Baily, S. L.: «Patrones de residencia de los italianos en Buenos Aires y Nueva York:

1880-1914», Estudios Migratorios Latinoamericanos, n.º 1, 1985, p. 10. Macdonald, J.: «Chain

Migration, Ethnic Neigborhood Formation and Social Networks», The Milbanck Memorial Fund

Quarterly, XLII: 1, 1964, pp. 82-96. Devoto, F.: «Información, cadenas y redes. El papel de los

lazos fuertes y débiles en el movimiento migratorio de los españoles e italianos a la Argentina»,

IUSSP, Committee on Historical Demography, Liège, 1998, pp. 1-20.

4. Orden, M.ª L. da: «La inmigración gallega en Mar del Plata: Trabajo, movilidad y relaciones

personales (1895-1930)», en Núñez Seixas, X. M. (ed.): La Galicia Austral. La inmigración gallega

en la Argentina, Bos Aires, Biblos, 2001, pp. 87-106.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (85-102) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!