14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Ana Varela-Lago

Aínda que o Comité Popular de Tampa non estaba formalmente afiliado

ás Sociedades Hispanas, o seu labor tamén foi importante. Creado o 5 de

agosto de 1936, dúas semanas máis tarde remitía a primeira remesa a España,

por valor de dous mil dólares. Cando rematou a guerra, Tampa enviara a España

máis de 200 000 dólares, ademais de comida, medicinas, ambulancias, 20

toneladas de roupa e, por suposto, o seu produto típico, centos de miles de

cigarros e bolsiñas de picadura para os milicianos na fronte. Fernando de los

Ríos, que visitara a cidade en varias ocasións, salientaba o labor destes emigrantes

nunha intervención en Radio Madrid en 1937. 39 Os seus contactos coa

comunidade contribuirían poucos anos máis tarde a que Tampa acollese un

dos seus exiliados máis ilustres: o ex-sacerdote e líder agrario Basilio Álvarez

Rodríguez. Basilio Álvarez chegou a Tampa en marzo de 1942 acompañado

pola súa muller e mais a filla, e residiu alí, internado nun cuarto do Hospital

do Centro Español de Tampa por mor do seu delicado estado de saúde, os

derradeiros vinte meses de vida. O 18 de novembro de 1943 era enterrado

nunha sinxela e emotiva cerimonia no cemiterio do Centro Español. 40

Este paréceme un colofón axeitado para este artigo sobre a emigración

galega aos Estados Unidos porque combina a experiencia migratoria galega

de finais do século xix en Louisiana coa do exilio galego da posguerra. No

centro do cemiterio onde repousan os restos de Basilio Álvarez eríxese unha

réplica da torre de Hércules, o monumento funerario do emigrante coruñés

Adalberto Ramírez ao que me referín en páxinas anteriores. Ramírez foi secretario

da Unión Benéfica Española en Nova Orleáns en 1878 e fundador do

Centro Español de Tampa en 1891, onde finou en 1939. A pesar dos máis de

sesenta anos de residencia nos Estados Unidos, nunca esqueceu a súa Coruña

natal. O seu orixinal monumento é un testemuño da relevancia da inmigración

galega en Norteamérica. Pero o cemiterio do Centro Español tamén nos lembra

que alí, coma en moitos outros cemiterios dos Estados Unidos, xacen os restos

de homes e mulleres, quizais non tan ilustres coma Basilio Álvarez, pero igualmente

comprometidos, que non puideron ou non quixeron regresar a España

despois da guerra, que comezaron a súa andaina como emigrantes e a remataron

como exiliados.

39. Rodríguez de Lecea, T. (ed.) (1997): Fernando de los Ríos. Obras Completas, vol. V. Escritos

de la Guerra Civil y el Exilio, Madrid, Anthropos, pp. 26-27. Sobre a resposta da colonia latina

de Tampa á Guerra Civil véxase Varela-Lago, A. (1997): «!No pasarán! The Spanish Civil War’s

Impact on Tampa’s Latin Community, 1936-1939», Tampa Bay History, vol. 19 (2), pp. 5-35.

40. Fernando de los Ríos tamén foi responsable de que se lle permitise a entrada nos Estados

Unidos en 1938. Sobre Basilio Álvarez en Nova York véxase González e Ricón, Castelao, pp. 92-94

e 193-207, aínda que se di, erroneamente, que cando abandonou Nova York se dirixiu a Miami.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!