14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)

varias veces campión da liga hispana (figura 3). A paixón polo fútbol era tal

que, en 1927, o Galicia S.C. anunciaba que fretaría un barco para que o equipo

e un millar de afeccionados e socios fixesen turismo e asistisen a varios

xogos de exhibición en España. Os titulares do Times declaraban que o Galicia

S.C. planeaba unha invasión futbolística da península (figura 4). 32

A intensidade desta identidade rexional era un aspecto da colonia inmigrante

que se salientaba, non sen certa preocupación, noutro artigo do New

York Times. Nunha época en que os Estados Unidos subliñaban a necesidade

de asimilación e americanización dos seus inmigrantes, o titular do Times sinalaba

que a colonia española de Nova York vivía no seu pequeno mundo. 33 Non

obstante, a situación era máis complexa. Para empezar, os límites impostos á

emigración española cada vez facían máis difícil a proliferación deste tipo de

sociedades rexionais. De feito, a tendencia, particularmente despois da caída da

bolsa en 1929 e o comezo da Gran Depresión, era á unión das sociedades (La

Nacional e La Cosmopolita; o Centro Hispano Americano e a Unión Benéfica

Española; a Casa de Galicia de Nova York e o Centro Galicia de Newark, Nova

Jersey). Ademais, mesmo cando estas sociedades celebraban festas e romaxes

españolas ou galegas, estas integrábanse cada vez máis dentro do calendario

festivo americano. É dicir, celebraban o 4 de xullo, Labor Day, Halloween e

Thanksgiving. Nos anos vinte tamén aumentaba o número de inmigrantes

españois que se fixeran cidadáns ou tiñan fillos xa nados nos Estados Unidos e

preocupábanse cada vez máis de participar na vida política do país e integrarse

nas súas institucións. Sirva como ilustración o banquete organizado en 1928

pola colonia española de Bayonne (Nova Jersey), a instancias do Club de cidadáns

españois, para celebrar a entrada no corpo de policía da dita cidade do

primeiro hispano: José Salgado, un galego nado na Pobra de Trives. 34

Na década seguinte, a Guerra Civil española ofrecería unha nova dimensión

á complexa relación entre a identidade étnica española e a americana.

A RESPOSTA DA COLONIA Á GUERRA CIVIL ESPAÑOLA

O 15 de abril de 1931 os titulares do Tampa Daily Times declaraban que

os frenéticos «¡Vivas!» á nova república española se escoitaban dende Madrid

32. «Galicia Club charters steamer for soccer invasion of Spain», The New York Times,

25-IV-1927.

33. «City´s Spanish colony lives in its own little world here», The New York Times,

23-III-1924.

34. «Banquete en honor del primer policía hispano en Bayonne», La Prensa, 8-III-1928.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!