14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)

Figura 1. Os anuncios de produtos galegos eran comúns na prensa emigrante española en Norteamérica.

As colonias galegas no exterior ofrecían un bo mercado para os produtos típicos da terra (La Gaceta,

Tampa, 1924)

biográfica do escritor tampeño José Yglesias, fillo de galego, cuxo pai volveu

a Galicia en 1921 coa esperanza de curar dunha encefalite que contraera en

Florida e xa non puido regresar. Como non era cidadán americano e se agravou

a súa saúde no barco que o levaba aos Estados Unidos, non se lle permitiu

a entrada. Yglesias morreu poucos anos despois en Galicia, sen se poder

reunir coa súa familia. 24

GALEGOS EN NOVA YORK

Nova York constituía, xunto con Tampa, un dos núcleos máis importantes

de inmigrantes españois nos Estados Unidos. A principios de século moitos

deles traballaban, como en Florida, nas fábricas de tabaco e en industrias

e comercios establecidos por outros emigrantes españois. En 1897, por exemplo,

a casa Mundet & Son, que se dedicaba á elaboración de produtos de cortiza

e con sede en Xirona, abriu unha sucursal en Nova York na que a maioría

dos empregados eran españois. Pero consonte avanza o século xx atopamos

24. Yglesias, J. (1967): The Goodbye Land, Nova York, Pantheon Books. Algúns extractos do libro

foron traducidos ao galego por Carlos Durán e publicados na revista Grial en 1971. Manuel

Rivas tamén se refire á Tierra del Adiós (tradución do título de Yglesias) no seu libro Galicia, el

bonsai atlántico, Madrid, Ed. El País, 1990, pp. 47-64.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!