14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)

a guerra en Cuba en 1895. Como fixeran as colonias españolas noutras partes

de América, os españois nos Estados Unidos estableceron Juntas Patrióticas co

fin de recadar fondos para axudar a sufragar a adquisición e modernización de

buques de guerra para a Armada. Pero os españois de Tampa, onde se estableceu

o campamento das tropas americanas en preparación para o desembarco

en Cuba, sabían que a presenza española na illa era moi precaria. Anticipando

a declaración de guerra, en abril de 1898 o Centro Español pechou as portas

e os 400 españois que aínda quedaban na cidade embarcaron cara á Habana;

un éxodo, como o cualificaba o New York Times, que se repetía noutras partes

do país e que pechaba esta primeira fase da emigración galega aos Estados

Unidos no século xix. 19

A EMIGRACIÓN MASIVA (18 -1 24)

O período que cobre dende o final da guerra de Cuba ata o ano 1924,

cando se promulga a lei de cotas nacionais de inmigración nos Estados Unidos,

supón a fase de maior emigración de españois a este país, aínda que nunca

alcanzou as cotas de emigración a países de fala hispana como Cuba ou

Arxentina. 20 O censo de 1900 indica que había nos Estados Unidos 6185 españois;

en 1920 a cifra aumentara a 49 535. Dada a característica mobilidade

da emigración española é seguro que estas cifras censuais non representaban

a realidade da presenza española no país. Un exemplo destas discrepancias

estatísticas é o que ofrecen as declaracións do cónsul español en San Francisco,

que, en 1917, estimaba que só nos dez estados baixo a súa xurisdición xa

residían uns 50 000 españois. Aínda que as cifras concretas sexan discutibles,

a tendencia xeral é clara: a emigración española aos Estados Unidos aumentou

progresivamente no primeiro cuarto do século xx e, en especial, nos anos

correspondentes á Primeira Guerra Mundial. 21

En Tampa o retorno dos españois que embarcaran para Cuba comeza

en canto remata a guerra e o aumento da emigración directamente dende a

península maniféstase nas estatísticas censuais e no crecemento das sociedades

de recreo e instrución. En 1902 establécese na cidade unha delegación do

Centro Asturiano de la Habana, que en 1909 inaugura un magnífico palacio

19. «Spanish Exodus from Tampa», The New York Times, 18-IV-1898.

20. A primeira lei de inmigración baseada en cotas nacionais xa se promulgara en 1921, pero

a lei de 1924 limitaba aínda máis a entrada de inmigrantes particularmente do sur e do leste

europeo.

21. Conde del Valle de Salazar (1917): «Los españoles en California», Boletín del Consejo Superior

de Emigración, tomo IX, pp. 579-582.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!