14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

You also want an ePaper? Increase the reach of your titles

YUMPU automatically turns print PDFs into web optimized ePapers that Google loves.

Ana Varela-Lago

numeroso (2424), seguidos a distancia polos españois (233). Pero en 1900 o

censo da poboación española xa se aproximaba ao millar (963).

Entre os inmigrantes españois predominaban os asturianos e os galegos.

Estes confluíron en Tampa por camiños diversos, pero que tiñan como denominador

común unha emigración temperá a Cuba. Adalberto Ramírez chegou

á illa antillana dende a súa Coruña natal e traballou de tabaqueiro en Cuba,

Nova Orleáns e Nova York antes de instalarse en Tampa en xuño de 1888. En

1889 chegaba a Tampa o ferrolán Fermín Souto, que emigrara a Cuba aos doce

anos e exercera de tabaqueiro en Cuba, Nova York e Cayo Hueso. Peregrino

Rey, nado en Saíme (San Xulián de Bastavales), emigrou a Cuba con trece anos

e alí fíxose tabaqueiro. En 1879 estableceuse en Atlanta e en 1893 trasladouse

a Tampa, onde, ao ano seguinte, fundou co asturiano Ángel Cuesta a firma

Cuesta-Rey, que chegaría a ser a provedora oficial da Casa Real Española.

Se Vicente Martínez Ibor e Ignacio Haya pensaron que en Tampa se

resolverían os seus problemas, estaban equivocados. A incipiente comunidade

tabaqueira experimentou as mesmas tensións entre cubanos e peninsulares

que caracterizaran a industria en Cayo Hueso e Nova York. 17 De feito, a primeira

folga en Ybor City foi protagonizada polos obreiros cubanos de Martínez

Ibor en protesta pola decisión de empregar un peninsular como contable

da fábrica. En Tampa fundou José Martí o Partido Revolucionario Cubano en

1892 e alí organizáronse numerosas expedicións filibusteiras financiadas coas

contribucións dos tabaqueiros cubanos, que doaban o dez por cento do soldo

semanal á causa de Cuba Libre.

En resposta ás actividades dos independentistas cubanos, que ás veces

chegaban á violencia física, en 1891 un grupo de españois decidiron fundar o

Centro Español de Tampa. Aínda que a sociedade se denominaba de «instrucción

y recreo», as tensións entre os dous grupos eran evidentes nos seus estatutos. O

artigo primeiro indicaba que a sociedade protexería os seus membros «por todos

los medios a su alcance de las contingencias a que pudieran verse expuestos por

su condición nacional». O sétimo declaraba que «para ingresar en esta sociedad

es preciso que el aspirante sea español de raza y sentimientos, o simpatice

lealmente con España y su prestigio en América». 18

Aínda que a situación mellorou algo coa fundación do Centro Español,

as tensións entre os dous grupos mantivéronse e aumentaron cando comezou

17. Mormino e Pozzetta, Immigrant World, pp. 63-93. Sobre as actividades dos nacionalistas

cubanos nos Estados Unidos no século xix véxase Poyo, G. (1989): «With All and for the Good of

All»: The Emergence of Popular Nationalism in the Cuban Communities of the United States, 1848-

1898, Durham, Duke University Press.

18. Varela-Lago, «From Patriotism to Mutualism», pp. 8-12.

0 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!