Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

consellodacultura.org
from consellodacultura.org More from this publisher
14.05.2013 Views

Ana Varela-Lago e se especulaba que en cinco anos a colonia española sería propietaria dunha grande extensión de terreo no estado. 12 É posible que algúns destes emigrantes visen cumprido o «soño americano» que Hava e o xornal defendían tan fervorosamente, pero os documentos consulares parecen indicar que a maioría dos galegos que se trasladaron a Louisiana en 1880 non o alcanzaron. En agosto de 1884 o cónsul español de novo daba a voz de alarma, informando ao Ministerio de que «continuamente se me presentan familias enteras de las que vinieron hace cuatro años con el contratista Charles Nathan en el Mississippi» e indicaba que «todos están en la mayor miseria y sin colocación» e solicitaban axuda para que os repatriasen. A maior parte deles decidiron dirixirse a Cuba en lugar de regresar a Galicia pois, segundo o cónsul, non querían volver porque «están tan pobres como cuando salieron de España». 13 Os emigrantes recrutados por Nathan non eran os únicos que abandonaban Louisiana a finais do século xix. Os comerciantes e mais os tabaqueiros españois que residiran varios anos en Nova Orleáns empezaban a deixar o estado para establecerse nas novas e cada vez máis prósperas colonias españolas en Florida, onde o auxe da manufactura de puros habanos demandaba unha crecente man de obra. O censo dos Estados Unidos ilustra este movemento demográfico. En 1890 había 389 españois censados en Florida, unha cifra que case se triplicou unha década máis tarde (1084 en 1900). En Louisiana, pola contra, a poboación española diminuíu en máis dun 65%, pasou de 889 en 1890 a 583 en 1900. Os libros de rexistro das sociedades de beneficencia tamén son testemuños desta migración. Entre os fundadores do Centro Español de Tampa en 1891 atopábanse un número importante de socios que pertenceran á Sociedad Unión Española de Beneficencia Mutua de Nova Orleáns nas dúas décadas anteriores. 14 O INMIGRANTE COMO AXENTE INDUSTRIALIZADOR EN TAMPA Se o cónsul español en Nova Orleáns subliñaba o carácter atípico da emigración galega con respecto á europea, sinalando que «la corriente de emigra- 12. Hava, Emigration Espagnole, pp. 16-20. 13. Arturo Baldasano a Ministro de Estado, 30 de agosto de 1884. MAE, atado H-1983. 14. Sobre a orixe do Centro Español de Tampa e os seus vínculos con Nova Orleáns véxase Varela-Lago, A. (1993): «From Patriotism to Mutualism: The Early Years of the Centro Español de Tampa, 1891-1902», Tampa Bay History, vol. 15 (2), pp. 5-23. 6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940) ción europea toma el camino del Noroeste; nunca el del Golfo de Méjico», a emigración galega a Tampa a finais do século xix tamén representa outro aspecto atípico en relación coa narrativa tradicional da emigración europea aos Estados Unidos. 15 En xeral, presentábase este movemento migratorio como o traslado masivo de empobrecidos campesiños europeos, que nutrían de man de obra a florecente industria norteamericana. Con todo, en Florida dáse a situación contraria. Alí son os emigrantes españois e cubanos os que «industrializan» e «modernizan» o que era un estado eminentemente rural a finais do século xix. 16 O desenvolvemento da industria tabaqueira en Florida está intimamente ligado cos conflitos coloniais que marcaron as relacións entre España e Cuba a finais do século xix. A guerra dos dez anos (1868-1878) provocou o traslado de parte desta industria de Cuba á illa de Cayo Hueso, no sur de Florida, buscando estabilidade política e económica, pero as continuas loitas entre os obreiros (cubanos na maioría) e os patróns (xeralmente peninsulares) e o limitado espazo que ofrecía a illa para a expansión da industria levaron a que os fabricantes considerasen outros lugares. A elección de Tampa produciuse en 1884 cando Gavino Gutiérrez, un enxeñeiro santanderino que se dedicaba ao comercio en Nova York, lles suxeriu a Vicente Martínez Ibor e a Ignacio Haya, dous dos máis importantes fabricantes de habanos, que visitasen a zona. A pequena poboación de Tampa ofrecía posibilidades; ademais de gozar dun clima ideal para a elaboración de tabaco, tiña ferrocarril e un excelente porto, relativamente próximo á Habana. En 1885 Martínez Ibor mercou uns terreos ao nordeste de Tampa, onde estableceu a súa fábrica e a comunidade que levaría o seu nome, Ybor City. Durante a década seguinte Tampa experimentou un crecemento espectacular. Seguindo o modelo de Ybor City, en 1892 fundouse West Tampa, outro enclave dedicado á produción de habanos situado ao oeste da cidade. En 1880 Tampa era unha pequena poboación de 720 habitantes; en 1890 convertérase nunha cidade cosmopolita de 5532 habitantes, máis da metade dos cales eran inmigrantes ou fillos de inmigrantes. Os cubanos representaban o grupo máis 15. José Sánchez Bazán a Ministro de Estado, 14 de setembro de 1880. MAE, atado H-1983. 16. A bibliografía sobre a emigración europea aos Estados Unidos é extensísima. A formulación á que me refiro pódese atopar no libro xa clásico de Handlin, O. (1951): The Uprooted, Nova York, Boston, Little, Brown and Company. Para unha revisión desta tese véxase Bodnar, J. (1985): The Transplanted, Bloomington, Indiana University Press. Sobre a presenza inmigrante en Tampa, véxase Mormino, G. e Pozzetta, G. (1987): The Immigrant World of Ybor City, Urbana, University of Illinois Press. [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ] 6

A emigración galega aos Estados Unidos: galegos en Louisiana, Florida e Nova York (1870-1940)

ción europea toma el camino del Noroeste; nunca el del Golfo de Méjico»,

a emigración galega a Tampa a finais do século xix tamén representa outro

aspecto atípico en relación coa narrativa tradicional da emigración europea aos

Estados Unidos. 15 En xeral, presentábase este movemento migratorio como o

traslado masivo de empobrecidos campesiños europeos, que nutrían de man

de obra a florecente industria norteamericana. Con todo, en Florida dáse a

situación contraria. Alí son os emigrantes españois e cubanos os que «industrializan»

e «modernizan» o que era un estado eminentemente rural a finais

do século xix. 16

O desenvolvemento da industria tabaqueira en Florida está intimamente

ligado cos conflitos coloniais que marcaron as relacións entre España e Cuba

a finais do século xix. A guerra dos dez anos (1868-1878) provocou o traslado

de parte desta industria de Cuba á illa de Cayo Hueso, no sur de Florida,

buscando estabilidade política e económica, pero as continuas loitas entre

os obreiros (cubanos na maioría) e os patróns (xeralmente peninsulares) e o

limitado espazo que ofrecía a illa para a expansión da industria levaron a que

os fabricantes considerasen outros lugares. A elección de Tampa produciuse

en 1884 cando Gavino Gutiérrez, un enxeñeiro santanderino que se dedicaba

ao comercio en Nova York, lles suxeriu a Vicente Martínez Ibor e a Ignacio

Haya, dous dos máis importantes fabricantes de habanos, que visitasen a zona.

A pequena poboación de Tampa ofrecía posibilidades; ademais de gozar dun

clima ideal para a elaboración de tabaco, tiña ferrocarril e un excelente porto,

relativamente próximo á Habana.

En 1885 Martínez Ibor mercou uns terreos ao nordeste de Tampa, onde

estableceu a súa fábrica e a comunidade que levaría o seu nome, Ybor City.

Durante a década seguinte Tampa experimentou un crecemento espectacular.

Seguindo o modelo de Ybor City, en 1892 fundouse West Tampa, outro

enclave dedicado á produción de habanos situado ao oeste da cidade. En 1880

Tampa era unha pequena poboación de 720 habitantes; en 1890 convertérase

nunha cidade cosmopolita de 5532 habitantes, máis da metade dos cales eran

inmigrantes ou fillos de inmigrantes. Os cubanos representaban o grupo máis

15. José Sánchez Bazán a Ministro de Estado, 14 de setembro de 1880. MAE, atado H-1983.

16. A bibliografía sobre a emigración europea aos Estados Unidos é extensísima. A formulación

á que me refiro pódese atopar no libro xa clásico de Handlin, O. (1951): The Uprooted,

Nova York, Boston, Little, Brown and Company. Para unha revisión desta tese véxase Bodnar, J.

(1985): The Transplanted, Bloomington, Indiana University Press. Sobre a presenza inmigrante

en Tampa, véxase Mormino, G. e Pozzetta, G. (1987): The Immigrant World of Ybor City, Urbana,

University of Illinois Press.

[ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ] 6

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!