14.05.2013 Views

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

Baixar aquí o pdf - Consello da Cultura Galega

SHOW MORE
SHOW LESS

Create successful ePaper yourself

Turn your PDF publications into a flip-book with our unique Google optimized e-Paper software.

Ana Varela-Lago

e se especulaba que en cinco anos a colonia española sería propietaria dunha

grande extensión de terreo no estado. 12

É posible que algúns destes emigrantes visen cumprido o «soño americano»

que Hava e o xornal defendían tan fervorosamente, pero os documentos

consulares parecen indicar que a maioría dos galegos que se trasladaron a

Louisiana en 1880 non o alcanzaron. En agosto de 1884 o cónsul español de

novo daba a voz de alarma, informando ao Ministerio de que «continuamente

se me presentan familias enteras de las que vinieron hace cuatro años con

el contratista Charles Nathan en el Mississippi» e indicaba que «todos están

en la mayor miseria y sin colocación» e solicitaban axuda para que os repatriasen.

A maior parte deles decidiron dirixirse a Cuba en lugar de regresar a

Galicia pois, segundo o cónsul, non querían volver porque «están tan pobres

como cuando salieron de España». 13

Os emigrantes recrutados por Nathan non eran os únicos que abandonaban

Louisiana a finais do século xix. Os comerciantes e mais os tabaqueiros

españois que residiran varios anos en Nova Orleáns empezaban a deixar

o estado para establecerse nas novas e cada vez máis prósperas colonias españolas

en Florida, onde o auxe da manufactura de puros habanos demandaba

unha crecente man de obra. O censo dos Estados Unidos ilustra este movemento

demográfico. En 1890 había 389 españois censados en Florida, unha

cifra que case se triplicou unha década máis tarde (1084 en 1900). En Louisiana,

pola contra, a poboación española diminuíu en máis dun 65%, pasou

de 889 en 1890 a 583 en 1900. Os libros de rexistro das sociedades de beneficencia

tamén son testemuños desta migración. Entre os fundadores do Centro

Español de Tampa en 1891 atopábanse un número importante de socios

que pertenceran á Sociedad Unión Española de Beneficencia Mutua de Nova

Orleáns nas dúas décadas anteriores. 14

O INMIGRANTE COMO AXENTE INDUSTRIALIZADOR

EN TAMPA

Se o cónsul español en Nova Orleáns subliñaba o carácter atípico da emigración

galega con respecto á europea, sinalando que «la corriente de emigra-

12. Hava, Emigration Espagnole, pp. 16-20.

13. Arturo Baldasano a Ministro de Estado, 30 de agosto de 1884. MAE, atado H-1983.

14. Sobre a orixe do Centro Español de Tampa e os seus vínculos con Nova Orleáns véxase

Varela-Lago, A. (1993): «From Patriotism to Mutualism: The Early Years of the Centro Español

de Tampa, 1891-1902», Tampa Bay History, vol. 15 (2), pp. 5-23.

6 [ ESTUDOS MIGRATORIOS. Revista Galega de Análise das Migracións, Vol. I, Núm. 2, 2008 (63-84) ]

Hooray! Your file is uploaded and ready to be published.

Saved successfully!

Ooh no, something went wrong!